Río Anllo

O río Anllo é un pequeno curso fluvial galego da provincia de Lugo, afluente do Miño, no seu curso alto e pola súa marxe dereita.

Río Anllo
Río Anllo ao seu paso por Fanoi, Abadín
O río Anllo ao seu paso por Fanoi, Abadín.
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoOs Currás (Abadín)
Cordal de Neda [1][2][3]
Altitude538 m
Lonxitude42 km [2]
DesembocaduraRío Miño [1]
Altitude desembocadura393 m
Cadea fluvialRío Anllo,
Río Miño
Hidrogalicia rio minno
Conca do río Miño no territorio galego

Étimo

O nome pode corresponder a un étimo latino *rivu angulu, "río en ángulo"[4], posibelmente respondendo ao seu curso sinuoso, como está ben demostrado para Riaño, na provincia de León.

Descrición

Río Anllo (Galiza)
Sinal do río Anllo.

O Anllo nace ó pé do Cordal de Neda, na xunta dos regos da Ponte Vella e de Lousas, na ponte dos Currás, no concello lugués de Abadín, co nome de Rego da Xesta.[1][2][3] Nos seus primeiros quilómetros de percorrido recolle as augas de numerosos regos que baixan dende o Xistral e o Cordal de Neda, e recibe os nomes de Rego de Gontán, e Río Abadín.[1] Logo de atravesar a parroquia das Goás recibe definitivamente o nome de Anllo. Penetra no concello de Cospeito e divídese en dous brazos: o esquerdo coñecese como Río Guisande e desemboca no Támoga tras bañar a Lagoa de Cospeito, mentres que o Anllo continúa polo brazo dereito.[1][3]. Máis adiante volve dividirse en dous, formando unha gran ínsua na parroquía de Roás.[1] Despois de atravesar as parroquias de Momán e Xermar desauga no Miño no muíño do Toural, á altura do lugar de Amorín, na parroquia de Triabá, Castro de Rei.[1] O seu percorrido total é de 42 km.[2]

O Anllo é un río de réxime pluvial, consonte unha pluviosidade de tipo oceánico, sendo a media de precipitacións da súa conca de 1.166 mm anuais. [Cómpre referencia]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°21'12.2"N 7°27'28.3"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Anllo". Gran Enciclopedia Galega 3. El Progreso - Diario de Pontevedra. p. 42. ISBN 84-87804-05-5.
  3. 3,0 3,1 3,2 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 40. ISBN 978-84-8341-136-0.
  4. Cabeza Quiles, F. (2000). Os nomes da terra. Toxosoutos, Noia (A Coruña). ISBN 84-89129-97-5.

Véxase tamén

Outros artigos

Anllo

O topónimo galego Anllo pode referirse a:

Río Anllo, curso fluvial galego afluente do río Miño;

Anllo, parroquia do concello de San Amaro;

Anllo, lugar de dita parroquia;

Anllo, parroquia do concello de Sober;

O Campo de Anllo, lugar de dita parroquia;

Pacios de Anllo, lugar de dita parroquia;

San Martiño de Anllo, parroquia do concello de Sober;

Anllo, lugar da parroquia de Santa Cristina de Asma, no concello de Carballedo;

Anllo, lugar da parroquia de Baltar, no concello da Pastoriza;

Anllo, lugar da parroquia de Castrelo, no concello de San Cristovo de Cea;

Salto do Anllo, no río Lérez, entre Montes (Campo Lameiro) e Sacos (Cerdedo-Cotobade).Amais, como apelido pode referirse a:

María Yáñez Anllo, xornalista galega (n. 1978);

Héctor Anllo, publicista galego.

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.