Río Anllóns

Véxase tamén: Lugar de importancia comunitaria do Río Anllóns.
Río Anllóns
Ponte sobre o río Anllóns
O río Anllóns ó seu paso baixo a ponte de Ponteceso.
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoPedra de Santa Marta nos montes do Xalo, entre Mantiñán (A Laracha) e a Ermida (Culleredo) [1], ou segundo outros autores na
fonte de Miguel Belido en Soandres (A Laracha)
Lonxitude54,4 km [2]
Conca516,3 km² [2]
Caudal medio11,4 m³/s [2]
Caudal relativo22,1 L/s/km² [2]
DesembocaduraRía de Corme e Laxe
Altitude desembocadura0 m
Hidrogalicia ria de corme e laxe
Cuncas dos ríos que desembocan na ría de Corme e Laxe, en azul

O Anllóns, anteriormente chamado río Ber[Cómpre referencia], é un río galego da vertente atlántica que nace nos montes do Xalo entre Mantiñán, A Laracha, e a Ermida, Culleredo.[1][3], a uns 400 metros de altitude. Outros autores indican que nace na fonte de Miguel Belido na parroquia de Soandres (A Laracha)[4], e desemboca na ría de Corme e Laxe.

O tramo de río e as súas ribeiras que van desde Carballo e Coristanco ata case a ría de Corme e Laxe foi declarado lugar de importancia comunitaria e zona de especial conservación en 2004.[5][6]

Toponimia

O topónimo Anllóns, que lle dá nome ao río, podería provir de angulones, do latín angulus, que faría alusión aos meandros da súa desembocadura.[7]

Descrición

Percorrido

Percorre 54,4 km polos concellos de A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños e Ponteceso.[1][8]

Afluentes

Recibe as augas dun bo número de regatos como o Rosende, Graña, o Quenxe, o Acheiro, o Abaixo, o Queo ou o Bertón, durante o curso alto. Tras pasar o monte Neme recibe as augas do Gándara, o Bandeira, o Vao, o Calvar, o Portecelo ou o Batán. No curso baixo, tras pasar Verdes, os rápidos fan que acelere a súa velocidade. Nesta zona recibe as augas do Lourido, o Ponteceso, o Prados ou o Bouzas. Xa na desembocadura recibe a auga do rego dos Muíños, chamado así debido aos numerosos muíños de auga que hai nel.

Réxime hídrico

O seu caudal medio é de 9.931 m³/s.

Intervención humana

Construcións

No Anllóns atópanse os coñecidos muíños da Saimia. Hoxe en día xa non traballan, aínda que as súas instalacións están en pé.

Aproveitamento

No concello de Ponteceso atópase o encoro de Anllóns, da empresa Hisdrospania, e no de Cabana de Bergantiños o de Corcoesto, de Gas Natural Fenosa.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal na Galería de imaxes do río Anllóns
Desembocadura Anllons 8VIII2011 01

Desembocadura do río Anllóns vista dende Monte Branco

Carballo Galicia 005

O parque do Anllóns, no centro da Vila de Carballo

Rio Anllons.Carballo.Galiza.1

Ponte sobre o río Anllóns, no centro de Carballo

Carballo Galicia

Ponte sobre o Anllóns, Carballo, Galicia

Ponteceso e Rio Anllons dende o Monte Branco

Vista da vila de Ponteceso e o río Anllóns dende o Monte Branco

Estuario do río Anllóns

Vista do estuario do Río Anllóns na súa desembocadura desde o paseo de Cabana de Bergantiños

O río Anllóns ao seu paso por Verdes

O río ao seu paso por Verdes, Coristanco.

Esteiro do Anllóns

Vista do estuario do río Anllóns desde Canduas.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Instituto Geográfico Nacional de España. "Cartografía Raster" (Mapa). Iberpix. Buscar Mantiñán. (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 12/10/2016.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. pp. 107–108. ISBN 978-84-8341-136-0.
  3. Anexo 7: Geomorfología - Augas de Galicia Arquivado 27 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
  4. "Ruta A Laracha - Soandres". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016.
  5. ". Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017.
  6. "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017.
  7. Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 24-6-2017.
  8. Río Anllons :: El río de la comarca de Bergantiños Arquivado 12 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Anllóns, Ponteceso

San Fins de Anllóns é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 227 habitantes (112 homes e 115 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 313 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 238 habitantes, sendo 117 homes e 121 mulleres.

A parroquia debe o seu nome ao río Anllóns, que a atravesa.

Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo.

Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .

Canduas, Cabana de Bergantiños

San Martiño de Canduas é unha parroquia situada ao oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Nacional de Estadística no ano 2018 tiña 917 habitantes (443 homes e 474 mulleres), 111 menos que no 2009, 173 menos que no 2004 e 291 menos que no 2000. Están distribuídos en 21 entidades de poboación.

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Cereo, Coristanco

Santa María de Cereo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 415 habitantes (214 mulleres e 201 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 468 habitantes. Segundo o IGE, no 2016 a súa poboación descendera ata os 290 habitantes, sendo 133 homes e 157 mulleres.

Coiro, A Laracha

San Xián de Coiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 464 habitantes (227 homes e 237 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 473 habitantes.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Coristanco

Coristanco é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no 2014 tiña 6706 habitantes (6974 no 2012, 7102 no 2011, 7165 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «coristanqués».

Galería de imaxes de Cerceda

Galería de imaxes do concello de Cerceda na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de Coristanco

Galería de imaxes do concello de Coristanco na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de Ponteceso

Galería de imaxes do concello de Ponteceso na provincia da Coruña.

Galería de imaxes do río Anllóns

O río Anllóns nace no monte Xalo, a 400 metros de altitude, e desemboca na ría de Corme e Laxe

O Esto, Cabana de Bergantiños

San Xoán Bautista do Esto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 218 habitantes (115 mulleres e 103 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 306 habitantes.

Río Calvar

O río Calvar é un afluente do río Anllóns pola súa marxe esquerda.

Río Grande, río Rosende

O río Grande é un afluente do Rosende pola marxe esquerda. Discorre pola Depresión Meridiana.

Río Rosende

O río Rosende é un afluente do Anllóns pola marxe esquerda.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Verdes, Coristanco

Santo Adrán de Verdes é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 73 habitantes (36 mulleres e 37 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 88 habitantes.

Zona especial de conservación do Río Anllóns

O espazo natural do Río Anllóns é un contorno catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que ampara as ribeiras do río Anllóns nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Coristanco e Carballo. O espazo natural vai dende o seu alto cos regos de Calvelo, da Balsa ou río Rosende en Carballo e Coristanco ata o seu tramo final, xa chegando á ría de Corme e Laxe. Esta ZEC únese á ZEC da Costa da Morte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.