Río Amarelo

O Río Amarelo, tamén coñecido coma Huang He, é o segundo río máis longo da China, só superado polo río Yangtzé, e o sexto da Terra. Mide 5.464 km, e ocupa unha conca de 752.000 km².[1]

É de grande importancia para a economía chinesa pois o seu val ten terras fértiles, bos pastos e importantes xacementos minerais.

Foi nese río onde a civilización chinesa comezou. O nome Río Amarelo foi dado por causa do luor amarelo que lle dá.

YellowRiver Gorges
Curso alto do Río Amarelo
Río Amarelo
Lanzhou-rio-amarillo-d01
O río Amarelo cruzando Lanzhou.
PaísFlag of the People's Republic of China.svg China
RexiónMongolia Interior e Ningxia (Provincias de Gansu, Henan, Qinghai, Shandong, Shanxi e Shaanxi)
Nacementomontañas Bayan Har(Qinghai)
Lonxitude4.845 km
Caudal medio2.571 /s
DesembocaduraMar de Bohai
Yellowrivermap
Localización do río Amarelo

Etimoloxía

A primeira literatura chinesa refírese ao río Amarelo simplemente como 河 (en chinés antigo: *C.gˤaj[2]), unha personaxe que chegou a significar simplemente «río» no uso moderno. A primeira aparición do nome 黄河 (en chinés antigo: *N-kʷˤaŋ C.gˤaj; chinés medio: Hwang Ha[2]) atópase no Libro de Han escrito durante a dinastía Han Occidental (206 a. C. - 9 d. C.). O adexectivo "amarelo" describe a cor perenne da auga turbia no curso inferior do río, que é debido ao loess que leva augas abaixo. Outra historia conta que o dragón K'au-fu intentou atravesar o ceo montado nun dos dez soles, ao mediodía o dragón desplomouse no primeiro río que viu e bebeu ata a última pinga, quedando só un longo leito de barro amarelo.

Un dos nomes máis antigos en mongol era o de río Negro,[3] xa que corre claro antes da súa entrada na meseta de Loes, mais o nome actual do río entre os habitantes de Mongolia Interior é Ȟatan Gol (Хатан гол}}, "río Raíña").[4] En Mongolia, chámaselle simplemente Šar Mörön (Шар мөрөн, "río Amarelo").

En Qinghai, o nome tibetano do río é «río do Pavo Real» ((en tibetano); (en chinés)).

Historia

Inicio da Civilización Chinesa

Os primeiros chineses probábelmente emigraron do sur, do val do Río Mekong para o norte, establecéndose nas terras fértiles das proximidades do Río Amarelo. Nesta terra irrigada, os antigos chineses cultivaron paínzo, hortalizas e froitas nativas, sobre todo ao longo dos cursos alto e medio do río. No sector baixo do Río Amarelo, cultivábase arroz. Durante o terceiro milenio antes de Cristo, o excedente de produción favoreceu o establecemento de vilas permanentes, como Banpo e Erlitou, e logo a mediados daquel milenio había case que un continuo poboamento ao longo do río, asentando as bases da civilización.

Tempos antigos

Yellow River, Qing Dynasty
O río Amarelo, como se representa nun mapa ilustrado da dinastía Qing (seccións).
Portrait map of China
Mapa de principios do século XIX que representa o curso do río Amarelo (en azul na parte superior do mapa).

Algúns mapas históricos do período das Primaveras e Outonos[5] e da dinastía Qin[6] reflicten que o río Amarelo nesas épocas discorría considerablemente ao norte do seu curso actual. Eses mapas mostran que despois de que o río superase a cidade de Luoyang, fluía ao longo da fronteira entre as actuais provincias de Shanxi e Henan, e logo continuaba pola fronteira entre as de Hebei e Shandong, para desembocar finalmente na baía de Bohai, preto da actual Tianjin. Outra desembocadura do río seguía esencialmente o curso actual.[7]

O río deixou eses cursos no ano 602 a. C.[5] e cambiou completamente ao sur da península de Shandong.[7] A sabotaxe de diques, canles e encoros, e as inundacións deliberadas provocadas polos estados rivais, convertéronse nunha táctica militar habitual durante o período dos Reinos Combatentes.[8] Hai acreditadas unha grande inundación no ano 11 a. C. —á que se lle atribúe a caída da dinastía Xin, de curta duración— e outra no ano 70 d. C., cando o río volveu ao norte de Shandong, en esencia, ao curso actual.

Idade Media

En 923, Tuan Ning, un xeneral Liang desesperado, volveu romper os diques, inundando uns 2600 km² de terras nun intento fracasado de protexer a capital Liang da dinastía Tang tardía. Unha proposta semellante do enxeñeiro Song Li Chun para inundar as partes baixas do río e protexer así as chairas centrais dos Khitai foi revogada en 1020: o Tratado de Shanyuan entre os dous estados prohibira expresamente aos Song establecer novos fosos ou cambiar o curso do río.[9]

As rupturas producíronse a pesar de todo: unha en 1034, en Henglong, dividiu o curso en tres e inundou repetidamente as rexións do norte de Dezhou e de Bozhou (Song).[9] Os Song traballaron inutilmente —con máis de 35 000 empregados, 100 000 recrutas e 220 000 toneladas de madeira e bambú nun só ano[9]— durante cinco anos intentando restablecer o curso anterior antes de abandonar o proxecto en 1041. O río, entón máis lento, causou unha fenda en Shanghu que ocasionou que a saída principal fose cara ao norte cara a Tianjin en 1048[7] e que en 1194 bloquease a desembocadura do río Huai.[10] A acumulación de depósitos de limo foi tal que mesmo despois de que o río Amarelo cambiase máis adiante o seu curso, o Huai xa non foi capaz de fluír ao longo do seu único cauce histórico.

Produción hidroeléctrica

6058-Liujiaxia-Dam
Central Hidroeléctrica de Liujiaxia.

Na actualidade existen 16 centrais hidroeléctricas ao longo do río Amarelo, ordenadas a continuación segundo o ano no que comezaron a funcionar.

  • Presa de Sanmenxia (1960), de 106 m de altura.
  • Central hidroeléctrica de Sanshenggong (1966).
  • Central hidroeléctrica da garganta de Qingtong (1968) (Qingtongxia City, Ningxia).
  • Presa de Liujiaxia (1974) (condado de Yongjing, Gansu).
  • Presa de Yanguoxia (1975) (condado de Yongjing, Gansu).
  • Central hidroeléctrica de Tianqiao (1977).
  • Presa de Bapanxia (1980) (Distrito de Xigu, Gansu).
  • Presa de Longyangxia (1992) (condado de Gonghe, Qinghai), cunha altura de 178 m.
  • Presa de Lijiaxia (1997) (condado de Jainca, Qinghai), cunha altura de 165 m.
  • Central hidroeléctrica da garganta de Da (1998);
  • Central hidroeléctrica da garganta de Li (1999);
  • Presa de Wanjiazhai (1999);
  • Presa de Xiaolangdi (2001) (Jiyuan, Henan), de 154 m de altura.
  • Presa de Gonboxia (2006), (condado de Longhua, Qinghai), cunha altura de 132 m.
  • Presa de Laxiwa (2010) (condado de Guide, Qinghai), cunha altura de 250 m.
  • Presa de Jishixia (2010), (condado de Longhua, Qinghai), cunha altura de 101 m.

Segundo se informou no ano 2000, as sete maiores centrais (Longyangxia, Lijiaxia, Liujiaxia, Yanguoxia, Bapanxia, ​​Daxia e Qinglongxia) xa tiñan en funcionamento unha capacidade instalada total de 5.618 MW[11].

Notas

  1. Yellow River (Huang He) Delta, China, Asia. Geol.lsu.edu (2000-02-28). Retrieved on 2013-02-04.
  2. 2,0 2,1 Baxter, Wm. H. & Sagart, Laurent. Baxter–Sagart Old Chinese Reconstruction, p. 41. 2011. Consultado o 11 de outubro de 2011.
  3. Parker, Edward H. China: Her History, Diplomacy, and Commerce, from the Earliest Times to the Present Day, p. 11. Dutton (Nova York), 1917.
  4. Geonames.de Arquivado 16 de xullo de 2016 en Wayback Machine.. "geonames.de: Huang He Arquivado 05 de marzo de 2018 en Wayback Machine.".
  5. 5,0 5,1 Gernet, Jacques. Le monde chinois, p. 59. Map "4. Major states of the Chunqiu period (Spring and Autumn)". (en francés)
    English version:
    {{{1}}}
  6. Véxase por exemplo en: «Qin Dynasty Map».
  7. 7,0 7,1 7,2 Tregear, T.R. A Geography of China, p. 218. 1965.
  8. Allaby, Michael & Garrat, Richard. Facts on File Dangerous Weather Series: Floods, p. 142. Infobase Pub., 2003. ISBN 0-8160-5282-4. Consultado o 15 de outubro de 2011.
  9. 9,0 9,1 9,2 Elvin, Mark & Liu Cuirong (eds.) Studies in Environment and History: Sediments of Time: Environment and Society in Chinese History, pp. 554 ff. Cambridge Uni. Press, 1998. ISBN 0-521-56381-X. Consultado o 15-10-2011.
  10. Grousset, Rene. The Rise and Splendour of the Chinese Empire, p. 303. University of California Press, 1959.
  11. Yellow River Upstream Important to West-East Power Transmission (en inglés) People's Daily, 14 decembro de 2000

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Asia

Asia ( pronunciación ) é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial. Limita ó norte a (Rusia) co océano Glaciar Ártico, ó leste co océano Pacífico e ó sur co océano Índico, ó oeste co mar Vermello, onde se xunta coa África pola canle de Suez. Tamén ó oeste limita co mar Exeo (Asia Menor), cordilleira do Cáucaso, mar Caspio, río Ural e os montes Urais. Ademais do territorio continental, tamén ten territorios insulares: as Kuriles, Sakhalin, as illas xaponesas, a illa de Formosa (Taiwán), as Filipinas, as Illas de Sonda, Sri Lanka e milleiros de illas menores. Cobre o 8,6% da superficie da Terra, o 29,4% sen contar os mares e nel habita máis do 60% da poboación mundial, uns 4.000 millóns de persoas.

Na división convencional de continentes, de orixe europea, Asia e Europa aparecen como dúas entidades diferentes por razóns culturais e históricas, mais en termos xeográficos, forman realmente un único continente, Eurasia. Tamén África está unida a Eurasia polo istmo de Suez polo que tamén se pode considerar Europa, Asia e África como un único supercontinente, Eurafrasia.

Dado o seu tamaño e diversidade, o concepto de Asia - un nome que se remonta á antigüidade clásica - en realidade pode ter máis que ver coa xeografía humana que coa xeografía física. Asia varía considerablemente entre e dentro das súas rexións con respecto aos grupos étnicos, as culturas, os ambientes, a economía, os lazos históricos e os sistemas de goberno.

Bandeira da República Popular da China

A bandeira da República Popular da China é un pano de cor vermella que simboliza a revolución, con cinco estrelas amarelas de cinco puntas que simbolizan á súa vez a unidade do pobo revolucionario baixo a dirección do Partido Comunista da China. Como se pode apreciar as estrelas pequenas aparecen orientadas cara á estrela de maior tamaño.

A bandeira foi deseñada por Zang Liansong, un cidadán de Zhejiang e en China é coñecida como 五星红旗 (en pinyin: Wǔ Xīng Hóng Qí) que significa "a bandeira vermella das cinco estrelas". É izada todos os días na Praza Tian'anmen polo Exército Popular de Liberación co himno da Marcha dos Voluntarios, aínda que cando a data é 1 de outubro, día nacional chinés, a bandeira ízase cunha cerimonia especial previa ao desfile militar.

Berce da civilización

O termo berce da civilización refírese a localizacións onde, segundo os datos arqueolóxicos, puido ter xurdido a civilización. O pensamento actual é que non houbo un único berce, senón varias civilizacións que se desenvolveron independentemente, co Crecente Fértil (Mesopotamia e Antigo Exipto) considerados os máis antigos. Outras civilizacións xurdiron en Asia entre as diferentes culturas que poboaban os vales dos ríos, como na chaira indoganxética do subcontinente indio e no río Amarelo da China. O alcance e a influencia destas primeiras civilizacións en Oriente Próximo e Asia Oriental está en disputa. Os estudosos concordan que as civilizacións de Mesoamérica, principalmente no actual México, e civilización de Caral no actual Perú xurdiron independentemente das de Eurasia.Os estudosos definiron diversos criterios propios das civilizacións, como o uso da escrita, as cidades, as sociedades de clases, a agricultura, os edificios públicos, a metalurxia e a arquitectura monumental. O termo berce da civilización foi empregado en gran variedade de culturas e áreas, en particular a Idade do Cobre do Antiguo Oriente Próximo, o Crecente Fértil, a Antiga India e a Antiga China. Tamén foi aplicado para Anatolia, o Levante mediterráneo e Irán.

Canle (enxeñería)

Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidos co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento.

Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.

O estudo da utilización das canles desenvolveuse ao longo dos séculos e moitos xenios, como Leonardo da Vinci, dedicaron moita enerxía para a súa mellora. Entre outras, achegaron ideas para o desenvolvemento das canles que circundan Milán, chamados navigli, totalmente artificiais e que conectan a cidade cos ríos Tesino e Adda. A través de estes podíase chegar indirectamente por vías fluviais cara ao norte ata o lago Maggiore e cara ao leste, utilizando o río Po ata o mar Adriático. Por medio destas vías fluviais, relativamente pequenas e pouco profundas, facíase o transporte de mercadorías mediante barcazas de fondo case plano e así conseguiuse levar os materiais que se usaron para a construción da cidade.

Entre os exemplos de grandes canles que cambiaron en gran medida a economía de continentes completos están a canle de Suez e a canle de Panamá. Coa apertura destas grandes obras de enxeñaría, os tempos dos transportes intercontinentais reducíronse drasticamente e marcaron un crecemento exponencial do comercio de occidente co Extremo Oriente.

Outro tipo de canles moi característico é o que permite a navegación no interior das cidades. Un exemplo de canles navegables internos son os de Tarento, onde as canles permiten o acceso dos buques de guerra ata o arsenal militar da cidade. Con todo, o mellor exemplo é Venecia; aínda que outras cidades como Amsterdam posúen varios quilómetros de vías navegables no seu interior, Venecia é o único exemplo no mundo dunha cidade na que o modo de moverse, ademais de a pé, é a través da súa intricada rede de canles.

Dinastía Ming

A Dinastía Ming (en chinés 明朝; pinyin: Ming Chao), tamén coñecida como Imperio do Gran Ming (en chinés tradicional 大明国, en chinés simplificado 大明国; pinyin Da Ming Guo), foi a penúltima dinastía gobernante en China e que gobernou durante 276 anos (entre 1368 e 1644) trala caída do Imperio Mongol liderado pola dinastía Yuan. A Ming foi descrita por algúns como "unha das máis grandes épocas de orde de goberno e estabilidade social da historia humana", foi a derradeira dinastía de China rexida pola etnia Han. Aínda que a primeira capital, Pequín, caeu en 1644 a causa dunha rebelión encabezada por Li Zicheng (quen estableceu a Dinastía Shun, axiña substituída pola Dinastía Qing, de orixe manchú), os réximes leais aos Ming, chamados no seu conxunto Dinastía Ming do Sur, sobreviviron ata 1662.

Era dos descubrimentos

A chamada era dos descubrimentos ou era das exploracións foi un período histórico que deu comezo a principios do século XV estendéndose ata comezos do século XVII. Durante esta época os navíos de Europa percorreron os mares do mundo en busca de novos socios e rutas comerciais cos que contribuír ao incipiente capitalismo europeo. Durante estas exploracións, os europeos descubriron nacións e cartografaron territorios que anteriormente non coñecían. Entre os exploradores máis famosos de Era dos Descubrimentos atópanse Cristóbal Colón, Vasco da Gama, Pedro Álvares Cabral, Juan de la Cosa, Bartolomé Díaz, Xoán Caboto, Juan Ponce de León, Fernão de Magalhães e Juan Sebastián Elcano. Afrontaron a navegación oceánica cuns medios precarios: non podían determinar con precisión a lonxitude, os cascos de madeira das naves eran atacados por bromas, a alimentación resulaba inaxeitada para as longas travesías e a hixiene e as condicións de vida a bordo eran malas. Con todo, impulsados pola economía, e para acrecentar territorios de imperios e nacións, aqueles homes realizaron expedicións que ensancharon o mundo coñecido.

Han

Han (汉族 ou 漢族) é a etnia maioritaria na China e o maior grupo étnico do mundo. Os Han constitúen o 91% da poboación da China e o 19% da poboación humana. Os Han son coñecidos en Occidente como a etnia chinesa. O seu nome deriva da dinastía Han e proceden orixinariamente da rexión dor río Amarelo, no norte da China, aínda que dende hai milenios estenderon o seu territorio cara ao sur. Durante o século XX tamén aumentou de forma significativa a presenza de chineses han nas rexións máis occidentais da China: Tíbet e Xinjiang.

O termo han procede do nome da dinastía Han. Así mesmo, unha das denominacións máis habituais da lingua chinesa na República Popular da China é "lingua dos han" (漢語 / 汉语, hànyǔ)

Aínda que ás veces se fala de "etnia chinesa", han é o termo correcto utilizado na República Popular da China para diferenciar á etnia maioritaria, que se expresa nos diversos dialectos do chinés, doutros grupos étnicos, con linguas e culturas diferentes, que existen na China, como os tibetanos, os mongois e os uigures, entre outros.

En total, o Goberno da República Popular da China recoñece 55 grupos étnicos, ademais dos han, no territorio do país.

Hidrografía

A hidrografía é unha parte da xeografía física que clasifica e estuda as masas de auga do planeta.

Historia da China

A historia da China, como cronoloxía dunha das civilizacións máis antigas do mundo con continuidade até a actualidade, ten as súas orixes na conca do río Amarelo, onde xurdiron as primeiras dinastías Xia e Shang. A existencia de documentos escritos dende a antigüidade permitiron o desenvolvemento na China dunha tradición historiográfica moi precisa, que ofrece unha narración continua dende as primeiras dinastías até a idade contemporánea.

China é unha das civilizacións antigas máis vellas de todo o mundo que durou dende antes de que Cristo nacese até os nosos tempos. O zodíaco chinés ten 12 animais que son: o can, a serpe, a rata, o boi, a cabra, o mono, o porco, o tigre, o coello, o galo, o dragón e o cabalo, cada un destes animais reina durante todo un ano.

A enorme extensión de territorio ocupado polo estado actual da República Popular China fai que a historia de todo este territorio sexa a dun gran número de pobos. O fío condutor da historia china céntrase no grupo étnico han, que están intimamente asociados á evolución da lingua chinesa e o seu sistema de escritura, baseado nos caracteres. Nesta continuidade cultural e lingüística establécese unha liña expositiva da historia da civilización china, que, dende os textos máis antigos do I milenio a. C., como os clásicos confucianos, e polas grandes historias dinásticas promovidas polos emperadores, se segue utilizando. Os descubrimentos arqueolóxicos do século XX, moi en especial os dos ósos oraculares, que recollen as primeiras manifestacións escritas en chinés, contribuíron nas últimas décadas a un coñecemento máis detallado das orixes da civilización china.

A narración tradicional china da historia baséase no chamado ciclo dinástico, mediante o cal os acontecementos históricos explícanse como o resultado de sucesivas dinastías de reis e emperadores que pasan por etapas alternas de auxe e declive. Os emperadores poñíanlle aos anos o seu apelido, o 1700 foi en china o ano 38 da era Kangxi, mentres que o 1750 era o ano 15 da era Qianlong. Incluso hoxe en día, en Taiwán ao ano 2007 denomínase en certos contextos como o 96 da República. Este uso das dinastías e os seus emperadores para a propia datación dos anos fixo imprescindible o dominio da cronoloxía dinástica para penetrar no estudo da historia de China.

Jinan

Jinan (en chinés: 济南市) é unha importante cidade do leste de China, capital da provincia de Shandong. Situada na ribeira do río Amarelo no seu curso inferior, ascenden ao sur da urbe as estfibacións do sagrado Monte Tai. Conta cunha poboación de 6 814 000 habitantes (2010 censo prov.) para unha área municipal de 8177 km².

Na actualidade un centro industrial e de transportes, ten unha longa historia que afunde as súas orixes nalgunha das culturas que conformaron a civilización chinesa (a neolítica cultura de Longshan). Coñecida dende o século VIII aC como Li-hsia, importante vila do estado de Chi, foi un senlleiro centro relixioso budista entre os séculos IV e VII da nosa era, mantendo despois (dinastías Sui, Tang, Song e Ming) un constante crecemento coma destacada capital comercial e administrativa.

Mar Amarelo

O mar Amarelo ou Mar Occidental é a parte norte do mar da China, que á súa vez é un mar menor do océano Pacífico. Atópase entre a China continental e a península de Corea. O seu nome provén das partículas de area que lle dan esa cor característica e que chegan do río Amarelo.

A baía máis interior do mar Amarelo recibe o nome de mar de Bohai (antes coñecido coma baía de Pechihli ou baía de Chihli). Aquí desembocan o río Amarelo (a través da provincia de Xandón e a súa capital Jinan) e o Hai He (a través de Beixín e Tianxín).

A baía de Liaodón, entre a provincia chinesa de Liaonín e o noroeste de Corea do Norte tamén fai parte do mar Amarelo. O mar de Bohai e a baía de Liaodón están separados pola península de Liaodón, con Dalian no seu punto máis ó sur.

Mar de Bohai

o Mar de Bohai ou Mar de Bo, tamén coñecido domo Golfo de Bohai, Golfo de Bo ou Baía de Pohai ((en chinés) 渤海), é o golfo máis interior do Mar Amarelo e Baía de Corea na costa Nordés e Norte de China. Ten aproximadamente unha superficie de 78.000 km² e a súa proximidade a Beijing convértea nunha das rutas marítimas máis transitadas do mundo.

República Popular da China

A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara á densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Rhinopithecus roxellana

O Rhinopithecus roxellana é unha especie de primate catarrino da familia Cercopithecidae endémica da China. A súa distribución limítase ás montañas Hengduan, nas provincias de Sichuan e Gansu; as montañas Qinling, na provincia de Shaanxi; e as montañas Shennongjia, na provincia de Hubei. Estas montañas atópanse ó norte do río Yangtze e sur do río Amarelo.

Habita nos bosques que se atopan en elevacións de 1400 a 3500 msnm dentro da súa localización. É de hábitos arborícolas, mais os machos adoitan estar en terra a metade do día, as femias e as crías menos tempo. É o único mono que tolera a presenza habitual de neve.

Segunda guerra mundial

A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou á maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente a máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países. Nun estado de "guerra total", os principais participantes adicaron a súa capacidade económica, industrial e científica ó completo ó esforzo de guerra, eliminando as distincións entre recursos militares e civís. Marcada polas mortes masivas de civís, incluíndo o Holocausto no que faleceron uns 11 millóns de persoas e os bombardeos estratéxicos de centros industriais e de poboación nos que faleceron ó redor dun millón de persoas, incluíndo os bombardeos de Hiroshima e Nagasaki, tivo como resultado final un total de entre 50 e 58 millóns de mortes. Isto fixo da segunda guerra mundial o conflito militar con maior número de mortos na historia da humanidade.

En 1937 o Imperio do Xapón pretendía dominar Asia e o Pacífico e xa estaba en guerra coa República da China, mais a data de inicio da guerra mundial dátase xeralmente no 1 de setembro de 1939 coa invasión de Polonia por parte de Alemaña e as subsecuentes declaracións de guerra de Alemaña a Francia e o Reino Unido. Dende finais de 1939 ata comezos de 1941, mediante unha serie de campañas militares e tratados, Alemaña conquistou ou pasou a controlar gran parte da Europa continental, e formou a alianza do Eixe xunto con Italia e o Xapón. Por medio do Pacto Molotov-Ribbentrop de agosto de 1939, Alemaña e a Unión Soviética dividiron e anexionaron territorios dos seus veciños europeos, incluíndo Polonia, Finlandia, Romanía e os países bálticos. A guerra continuou entre as principais potencias europeas do Eixe e a coalición do Reino Unido e a Commonwealth, con varias campañas no norte e leste de África, a batalla aérea de Inglaterra, a campaña de bombardeo do Blitz, a campaña dos Balcáns e a continuada batalla do Atlántico. En xuño de 1941 as potencias europeas do Eixe comezaron unha invasión da Unión Soviética, abrindo o maior teatro de guerra terrestre da historia, o que bloqueou a gran parte das súas forzas nunha guerra de desgaste. En decembro de 1941 o Xapón atacou os Estados Unidos e invadiu territorios europeos no océano Pacífico, conquistando con rapidez gran parte do Pacífico occidental.

O avance do Eixe detívose en 1942 cando o Xapón perdeu a batalla de Midway preto de Hawai, e cando Alemaña sufriu sendas derrotas no norte de África e Stalingrado. En 1943, tras unha serie de derrotas alemás na Fronte Oriental, a invasión Aliada de Sicilia e Italia deron como resultado a rendición de Italia. Xunto coas vitorias Aliadas no Pacífico, o Eixe perdeu a iniciativa da guerra e levou a cabo unha retirada estratéxica en tódalas frontes. En 1944 os Aliados Occidentais invadiron a Francia ocupada por Alemaña, mentres que a Unión Soviética recuperou o territorio perdido e comezou unha invasión de Alemaña e os seus aliados. Durante os anos 1944 e 1945 os xaponeses sufriron varios reveses no continente asiático, no sur e centro da China e en Birmania, mentres que os Aliados conseguiron debilitar á Armada Xaponesa e capturaron varias illas chave do Pacífico Occidental.

A guerra en Europa concluíu coa invasión de Alemaña por parte dos Aliados Occidentais e da Unión Soviética, culminando na captura de Berlín e a subsecuente rendición incondicional de Alemaña o 8 de maio de 1945. Trala Declaración de Potsdam dos Aliados o 26 de xullo de 1945 e o rexeitamento do Xapón da rendición baixo os seus termos, os Estados Unidos lanzaron bombas atómicas nas cidades xaponesas de Hiroshima e Nagasaki o 6 e o 9 de agosto respectivamente. Cunha inminente invasión do arquipélago xaponés, a posibilidade de novos bombardeos atómicos e a declaración de guerra da Unión Soviética e a invasión de Manchuria, o Xapón rendeuse o 15 de agosto de 1945.

A segunda guerra mundial alterou os aliñamentos políticos e a estrutura social do mundo. Estableceuse a Organización das Nacións Unidas co obxectivo de fomentar a cooperación internacional e previr conflitos futuros semellantes, e as grandes potencias mundiais vitoriosas —os Estados Unidos, a Unión Soviética, a China, o Reino Unido e Francia— convertéronse en membros permanentes do seu Consello de Seguridade. A Unión Soviética e os Estados Unidos xurdiron como superpotencias mundiais, preparando o escenario da guerra fría que duraría 46 anos. Ó mesmo tempo a influencia mundial das potencias europeas diminuíu considerablemente, dando lugar a descolonización de Asia e África. A maioría de países que viron a súa industria danada pola guerra comezaron diversos esforzos para unha recuperación económica, e a integración política, especialmente en Europa, xurdiu como un esforzo para atallar conflitos evitando posibles guerras e co obxectivo de crear unha identidade común europea.

Shandong

Shandong é unha provincia costeira da República Popular da China, situada no leste do país, ó sur do río Amarelo, e bañada polas augas do mar Amarelo. O seu nome significa literalmente leste das montañas, pola presenza das montañas Taihang no oeste da provincia.

Trátase da provincia chinesa máis poboada, con máis de 95 millóns de habitantes. A parte da capital Jinan, outras cidades da provincia millonarias en habitantes son Qingdao e Zibo.

Tianjin

Tianjin (pronunciado:Tián-Chín, en chinés: 天津, en pinyin: Tiānjìn, transcrición antiga: Tientsin), é un municipio da República Popular de China con rango equivalente ao dunha provincia. Está situado no nordés do país, preto da capital, Beijing (Pequín), á beira do río Hai, a 40 km da súa desembocadura no golfo de Bohai, no mar Amarelo. É a cuarta cidade máis poboada de China, tras Shanghai, Beijing e Guangzhou. O municipio ten unha superficie de 170 km2 onde viven un total de 15 469 500 habitantes (censo de 2016).Tianjin é unha das cinco cidades centrais nacionais, e ten unha gran relevancia histórica. A cidad amurallada de Tianjin foi construída en 1404. Como porto destacado desde 1860, Tianjin foi un importante porto marítimo e a porta de entrada a Beijing. Durante o rebelión dos bóxers a cidade foi a sede do Goberno Provisional de Tianjin. Baixo o Imperio Ta-tsing e a República de China, Tianjin converteuse nunha das cidades máis grandes da rexión. Nesa época, numerosos edificios e mansións de estilo europeo foron construídos en concesións, moitas das cales están ben conservadas hoxe en día. Despois da fundación de la República Popular de China, Tianjin sufriu unha depresión debido á política do goberno central e ao terremoto de Tangshan, pero recuperouse a partir de 1990.Na actualidade, Tianjin é unha cidade con dous núcleos, coa súa área urbana principal (incluíndo a cidad vella) situada ao longo do río Hai, que conecta cos ríos Amarelo e Yangtzé mediante o Gran Canal, e Binhai, un novo núcleo urbano situado ao leste da cidade vella, na costa do golfo de Bohai. A finais de 2010, ao redor de 285 empresas Fortune 500 estableceran a súa base en Binhai, que é un novo polo de crecemento en China e un centro da industria avanzada e da actividade financeira.

Xi'an

Xi'an (chinés: 西安, pinyin: Xī'ān, romanización antiga: Sian), en chinés "Paz Occidental") é unha cidade de China, na provincia de Shaanxi no val do Wei. Ten preto de 4.2 millóns de habitantes e é un centro industrial, comercial e turístico. Foi a capital de China ó longo de varias dinastías: Chin (255 a 206 AC), Han (202 AC a 25 DC) e Tang (618 a 907).

Zhengzhou

Zhengzhou (en chinés 郑州市) é a capital e a cidade máis grande da provincia de Henan, República Popular da China. Localizada na marxe sur do río Amarelo, esta cidade-prefectura ocupa unha área de 7.507 km² e, segundo o censo de 2010, conta cunha poboación de 8.626.505 habitantes. É unha das oito capitais antigas da China.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.