Río Almofrei

O río Almofrei é un pequeno río galego que flúe na provincia de Pontevedra. É afluente, pola beira esquerda, do río Lérez e a súa lonxitude é de aproximadamente 26 km, o que o converten no máis longo dos seus tributarios.

Río Almofrei
PonteBorela2
O Almofrei pasando baixo unha ponte de Borela
PaísGalicia Galicia
NacementoMontes do Seixo
Lonxitude26 km
Conca77,5 km²
Caudal medio3,58 m³/s
DesembocaduraRío Lérez
Pontebora
Ponte en Bora, preto da súa desembocadura

Étimo

A denominación do río está vinculada ao lugar e parroquia de Almofrei (Cerdedo-Cotobade), que bañan as súas augas, de xeito que ben expresado o seu nome sería "río de Almofrei", o que é bastante característico na denominación de numerosos ríos menores. Á súa vez o nome da parroquia é de orixe xermánica dun posesor, seguramente altomedieval, con nome gótico latinizado, Ermaufredus, que polo xenitivo, Ermaufredi, pasou por evolución ao galego Almofrei.[Cómpre referencia]

Outros autores falan dunha orixe árabe da palabra,[1] que conservaría en galego o significado de funda na que se leva a cama de viaxe.[2]

Descrición

Fontes

O Almofrei nace preto do lugar de Fraguas, na freguesía de Santiago de Caroi, dentro do concello de Cerdedo-Cotobade, por debaixo do monte Seixo, que está xa no municipio da Lama, a uns 671 msnm.

Percorrido

Logo do seu nacemento e ao longo do seu curso atravesa outras das freguesías de Cerdedo-Cotobade: Corredoira, Loureiro, Carballedo, Rebordelo, Borela e Almofrei, que é a que lle empresta o seu nome ao río. Pouco despois de pasar por esta, entra na parroquia de Bora, xa do concello de Pontevedra, para moi logo desaugar no río Lérez á altura do lugar de Ponte Bora. O sentido xeral do percurso do río é de NO a SE.

Afluentes

Os afluentes do Almofrei son pequenos regatos de escaso desenvolvemento lonxitudinal. Pola dereita salientan o rego da Pereira, o rego de Chan das Latas e o rego do Pego. Pola esquerda, o rego de Borela, no curso medio xa, é o máis importante.

Réxime hídrico

O Almofrei é un típico río de réxime hídrico pluvial de tipo oceánico, consonte coas características da súa conca, que segundo a altura recolle anualmente entre 1.500 mm e máis de 2.000 mm. A súa bacía esténdese sobre 77,5 km² e o seu caudal medio é de 3,58 m³/s.

Intervención humana

Construcións

Ó longo do seu percorrido hai un bo numero de muíños, un batán, e praias e piscinas fluviais.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do río Almofrei.
Ponte Serrapio

Ponte Serrapio, en Corredoira.

PAlmofrei

Ponte medieval en Almofrei.

Cotobade. Río Almofrei 2

Ó seu paso por Cotobade.

Cotobade. Rio Almofrei

Ó seu paso por Cotobade.

Cotobade, río Almofrei

Ó seu paso por Cotobade.

Cotobade. Río Almofrei

Ó seu paso por Cotobade.

Cotobade. Ponte no rio Almofrei

Ó seu paso por Cotobade.

Cotobade-Rio Almofrei

Ó seu paso por Cotobade.

Via Apia do Almofrey2 (5345916272)

Vía romana a carón do Almofrei.

Notas

  1. Reinhart, P. A. D.; Engelmann, W. A. Glossaire des mots espagnols et portugais derives de l'arabe. Brill Archive, 1982.
  2. Rodríguez González, E. Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Editorial Galaxia, 2001. ISBN 84-8288-428-X, 9788482884288.

Véxase tamén

A Anta, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

A Anta é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2015 tiña 11 habitantes (6 homes e 5 mulleres), o que supón un descenso respecto ó 2005, cando tiña 14.

Neste lugar atópanse o muíño da Anta (no río Cabaleiros) e o muíño do Batán (río Almofrei).

A Arrotea, Almofrei, Cerdedo-Cotobade

A Arrotea é un lugar da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE do 2010 tiña 35 habitantes (19 homes e 16 mulleres), os mesmos ca en 2007.

Neste lugar hai unha ponte do século XVI sobre o río Almofrei, dun van de 7,7 metros de luz. O seu ollo é de medio punto lixeiramente apuntado, con perfil antepeito. Por ela discorre unha calzada empedrada. A carón da ponte hai un muíño, na actualidade inactivo.

A Braña, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

A Braña é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 5 habitantes (3 homes e 2 mulleres), un máis ca en 2006.

O topónimo fai referencia a que está situado nunha braña, na desembocadura do rego de Chan das Latas no río Almofrei. Neste lugar atópase o pazo da Braña, así como dous cruceiros. Un deles está feito por Alejandro de Covelo, e o outro foi instalado en 1977.

A Chan, Carballedo, Cerdedo-Cotobade

A Chan é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 59 habitantes (25 homes e 34 mulleres), 5 máis ca en 2005.

Debe o seu topónimo a que está localizado nun territorio plano, á beira do río Almofrei. É a capital do concello, como tamén o foi do extinto concello de Cotobade ata 2016, e nel sitúanse a casa consistorial e diversos edificios de servizos.

Neste lugar atópase a capela de San Roque, cun cruceiro adxacente. Hai outros dous cruceiros, un deles feito en 1988 por Alfonso González Arís.

A Cima de Vila, Caroi, Cerdedo-Cotobade

A Cima de Vila é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE no ano 2007 tiña 25 habitantes (10 homes e 15 mulleres), un máis que no 2006.

Neste lugar hai dúas mámoas, a das Zacoteiras e a de Chan do Caveiro, dous túmulos megalíticos datados no neolítico.

Tamén se atopa o muíño da Cima de Vila, no río Almofrei, e a Neveira, xa no monte do Seixo, onde se aprisionaba a neve que, transportada en cabalerías, se vendía no porto de Marín.

O nome débese a que é o lugar situado a maior altitude da parroquia, a uns 650 metros de altitude. Así mesmo, é o lugar habitado máis oriental do concello.

A Eirexe, Caroi, Cerdedo-Cotobade

A Eirexe é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE no ano 2007 tiña 10 habitantes (7 homes e 3 mulleres), un menos que no 2006.

Neste lugar está a igrexa parroquial de Santiago de Caroi, dando nome ó lugar. Tamén hai un muíño, no río Almofrei, e dous cruceiros.

A Graña, Caroi, Cerdedo-Cotobade

A Graña é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

Segundo o IGE no ano 2007 tiña 15 habitantes (7 homes e 8 mulleres), dous menos que no 2006.

Neste lugar está o muíño das Bouzas, no río Almofrei.

O topónimo, ó igual que noutros lugares co nome da Graña, posiblemente fai mención a unha antiga explotación gandeira ou agrícola rexida por un monxe labrego ou mestre.

A Pedra Picada, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

A Pedra Picada é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 7 habitantes (5 homes e 2 mulleres), o que supón un descenso respecto ó 2005, cando tiña 17.

Neste lugar está o cruceiro de Pedrapicada, obra de Lino Vidal. Tamén hai tres muíños: o muíño Pequeno e o muíño de Gamato (río Cabaleiros) e o muíño de Amaro (río Almofrei).

A Ponte Borela, Borela, Cerdedo-Cotobade

A Ponte Borela é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 35 habitantes (18 homes e 17 mulleres), 5 máis ca en 2006.

Neste lugar atópase a capela da nosa Señora de Lourdes, moi preto da ponte medieval sobre o río Almofrei que dá nome ó lugar. A capela é de planta rectangular e cuberta a dúas augas, cunha porta de arco de medio punto. A ponte, do século XV, é dun van de arco oxival, de 8,15 metros de luz. Tamén hai un cruceiro de 1843.

Almofrei, Cerdedo-Cotobade

San Lourenzo de Almofrei é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 268 habitantes (136 homes e 132 mulleres), 8 menos ca en 2007. Dos 9 lugares da parroquia, 5 están habitados.

O topónimo ''Almofrei é de orixe xermánica, indicando o nome gótico latinizado do posesor Ermaufredus, seguramente altomedieval. O xenitivo Ermaufredi evolucionou a Almofrei, que dá nome á súa vez ó río Almofrei.

Bora, Pontevedra

Santa Mariña de Bora é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 814 habitantes (411 mulleres e 403 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución do 6,65 % en relación ao ano 2000 cando tiña 872 habitantes.

A festa patronal, santa Mariña, celébrase os días 22 e 23 de xullo.

Borela, Cerdedo-Cotobade

San Martiño de Borela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no 2007 tiña 381 habitantes (190 homes e 191 mulleres), un menos ca en 2006. Dos seus 11 lugares, 9 están habitados.

Bouzas, Caroi, Cerdedo-Cotobade

Bouzas é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 18 habitantes (8 homes e 10 mulleres), dous máis ca en 2006.

Neste lugar está o muíño das Bouzas, no río Almofrei.

Corredoira, Cerdedo-Cotobade

San Gregorio de Corredoira é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 127 habitantes (64 homes e 63 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2005 cando tiña 166 habitantes.

Fraguas, Caroi, Cerdedo-Cotobade

Fraguas é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 17 habitantes (6 homes e 11 mulleres), dez menos ca en 2006.

Neste lugar hai dous muíños, ámbolos dous no río Barbeira. Neste lugar nace o río Almofrei.

Galería de imaxes do río Almofrei

O río Almofrei é un pequeno río galego que flúe na provincia de Pontevedra. É afluente, pola beira esquerda, do río Lérez.

O Meixoeiro, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

O Meixoeiro é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 16 habitantes (10 homes e 6 mulleres), o que supón un descenso respecto ó 2005, cando tiña 21.

Neste lugar hai sete muíños, todos no río Almofrei: muíño de Rimouro, muíño da Freixa, muíño da Veiga, muíño de Rei, muíño do Cachacho, muíño Novo e muíño da Ponte. Ademais está o cruceiro de Suataberna, no camiño á Laxa.

O Porto, Caroi, Cerdedo-Cotobade

O Porto é un lugar da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña oito habitantes (cinco homes e tres mulleres), sete máis ca en 2006.

Neste lugar está o muíño das Bouzas, no río Almofrei.

O Val, Corredoira, Cerdedo-Cotobade

O Val é un lugar da parroquia de Corredoira, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 11 habitantes (4 homes e 7 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ó ano 2005, cando tiña 17.

Neste lugar está o cruceiro do Val. Tamén hai tres muíños: o muíño de Pombiño, muíño de Maquía e muíño da Ponte, os tres no río Almofrei.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.