Rías Altas

As Rías Altas é a denominación coa que se coñece a parte setentrional do litoral de Galiza. Caracterízanse en xeral polo seu pequeno tamaño e mais pola súa elevada colmatación. Incluíndo as denominadas Rías Medias (Costa da Morte e Arco Ártabro) neste grupo, as Rías Altas abranguerían a parte norte e noroeste da provincia da Coruña e toda a costa da provincia de Lugo, limitando con Asturias ao leste e co cabo de Fisterra ao suroeste.

Con todo, en hidrografía considérase que o cabo Ortegal marca o punto de separación entre as Rías Altas propiamente ditas[1] e as Rías Medias. En rigor, as Rías Altas son cinco:

Rías altas GL
Mapa coas rías altas de Galiza

Galería de Imaxes

Ría de Ferrol desde o Coto de Ancos.retocada

Panorámica da ría de Ferrol, vista desde o Coto de Ancos.

Notas

  1. "A ría de Santa Marta de Ortigueira pertence ás Rías Altas." Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, def. de Ría, tomo 38, páx. 130, pé de foto.

Véxase tamén

Outros artigos

Arco Ártabro

O Arco Ártabro ou Golfo Ártabro é a denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, correspondéndose co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum. Ten un ancho máximo de 5.800 m. e intérnase uns 5.600 m. cara á desembocadura do río Mero na praia de Santa Cristina (Perillo, Oleiros) e forma parte das chamadas Rías Altas (ou Rías Medias, segundo autores).

Caamouco, Ares

San Vicente de Caamouco é a parroquia máis oriental do concello coruñés de Ares. Segundo o Instituto Galego de Estatística tiña 716 habitantes no ano 2015, dos que 340 eran homes e 376 mulleres, o que supón un descenso en relación ó ano 2007 cando tiña 818, aínda que durante o verán a poboación chega a cuadriplicarse.

Caamouco ten boas praias na ría de Ares como as do Raso e Seselle e a vila típica mariñeira de Redes, que é un punto de interese turístico nas Rías Altas.

O Porto do Barqueiro, Mogor, Mañón

O Porto do Barqueiro é un lugar da parroquia de Mogor no concello coruñés de Mañón, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE, en 2011 tiña 547 habitantes (253 homes e 294 mulleres).

É un dos principais atractivos turísticos do concello e onde está a súa casa. Está situado no suroeste da ría homónima, a máis setentrional da provincia da Coruña e das Rías Altas, na costa cantábrica.

Ao leste da ria do Barqueiro está a parroquia de Negradas, pertencente ao concello do Vicedo, na provincia de Lugo.

Ría

A ría é unha entrada de costa, ou gran estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río. As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno .

Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia á colmatación, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.

Ría da Coruña

A ría da Coruña ou ría do Burgo é a ría máis occidental do Golfo Ártabro e forma parte das Rías Altas galegas.

Fórmase pola desembocadura do río Mero no mar e baña catro municipios (A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre).

Tamén se coñece polo nome de ría do Burgo, e ás veces utilízase o termo de "ría da Coruña" para referirse á parte da ría situada entre a ponte da Pasaxe e o mar, e o termo de "ría do Burgo" para referirse á parte situada entre a ponte da Pasaxe e o río Mero.

Ría de Abres

Considérase ría de Abres a parte máis interna da ría de Ribadeo. Ata alí chegan os cambios de marea, internándose en marea alta as pequenas embarcacións que atravesan a ría de Ribadeo normalmente.

Ría de Betanzos

A ría de Betanzos é unha ría galega, unha das doce que conforman as Rías Altas, e unha das catro que forman o Golfo Ártabro. Atópase no norte da provincia da Coruña, e baña os municipios de Sada, Bergondo, Betanzos, Paderne, Miño e Pontedeume.

Ría de Camariñas

A ría de Camariñas é unha ría galega da provincia da Coruña, pertencente á Costa da Morte.

Ría de Cedeira

A Ría de Cedeira é unha ría galega da provincia da Coruña. Está formada pola desembocadura dos ríos Condomiñas , Dás Mestas e Forcadas. O río Condomiñas atravesa a vila de Cedeira, porto pesqueiro do municipio homónimo que dá nome á ría. O río dás Mestas fai de límite entre os municipios de Cedeira e Valdoviño (ambos son bañados polas augas da ría). O encoro das Forcadas fornece a comarca de ferroltera, o río Forcadas desemboca na ría xa no municipio de Valdoviño, no lateral da praia de Vilarrube, formando o litoral sur da ría.

Constitúe unha reserva mariña de interese pesqueira.

Ría de Corme e Laxe

A ría de Corme e Laxe é unha pequena ría galega que forma parte do conxunto das rías Medias que están englobadas nas rías Altas.

Ría de Ferrol

A ría de Ferrol é unha das rías galegas situada nas rías altas, no Golfo Ártabro.

Ría de Foz

A ría de Foz, é unha ría galega da provincia de Lugo, en Galicia, España. Pertence ás Rías Altas.

Está formada pola desembocadura do río Masma, as súas augas bañan os municipios de Barreiros e Foz. Facendo de límite entre ambos os municipios. A boca do estuario está bastante pechada pola praia de Altar e por instalacións portuarias e de defensa da costa (praia da Rapadoira). En Foz a ría acolle un porto pesqueiro e un porto deportivo.

Ría de Lires

A ría de Lires é unha ría galega situada na Costa da Morte. Os seus limites son o cabo Fisterra ó sur e o cabo Touriñán ó norte.[Cómpre referencia] E unha ría moi aberta ó mar. Nela desemboca o río Castro. Esta e unha das rías mais pequenas de Galicia

Ría de Ortigueira

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido e como ría de Santa Marta de Ortigueira, é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, actualmente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.

Ría de Ribadeo

A ría de Ribadeo, ou ría do Eo, é formada a partir do río Eo xunto con outros ríos menores, como o río Grande, como un entrante do Cantábrico. Está situada no nordeste de Galiza e oeste de Asturias, actuando como fronteira natural. Ten 10 km de lonxitude e unha largura abondo constante duns 800 m, estreitándose ata os 600 m preto da boca, circunstancia aproveitada para construír sobre ela a Ponte dos Santos, e abríndose abondo máis á altura da enseada de Arnao, xusto á beira da súa boca, ou na enseada da Liñeira, fronte a Ribadeo, ambas na parte oriental.

A ría e o seu espazo natural da parte galega están amparados polas figuras de protección de zona especial de conservación, zona de especial protección para as aves e zona húmida protexida, e a parte asturiana como reserva natural parcial. O conxunto da ría de Ribadeo está dentro da Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e dentro do programa internacional de zonas húmidas Ramsar.

Ría de Viveiro

A ría de Viveiro é unha ría da provincia de Lugo, en Galicia. Forma parte das rías Altas.

Está formada pola desembocadura do río Landro, está exclusivamente no concello de Viveiro. Ábrense á ría o porto pesqueiro da parroquia de Celeiro, a capital municipal do concello e a zona residencial de segunda vivenda na parroquia de Covas.

Ría do Barqueiro

A ría do Barqueiro é unha ría galega, formada na desembocadura do río Sor no mar Cantábrico. Forma parte das rías Altas.

Rías Medias

O nome de rías Medias, ou centrais, englobándose ás rías Altas entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares. Formáronse despois das rías Baixas e antes do resto das rías Altas, hai 5 millóns de anos .

Esta costa de rías tamén se pode subdividir en Costa da Morte e Arco Ártabro.

As rías medias son de sur a a norte e de oeste a leste:

Ría de Camariñas.

Ría de Corme e Laxe.

Ría da Coruña ou Ría do Burgo.

Ría de Betanzos.

Ría de Ares.

Ría de Ferrol.

Ría de Cedeira.

Ría de Ortigueira.En xeral son abondo expostas ó mar, é dicir, con entrada ancha en relación á súa profundidade, e excepto as dúas últimas, cunha colmatación media (Cedeira e Ortigueira teñen unha colmatación elevada).

Viveiro

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. O mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental, da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.

O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.

A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.

Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.