Ría do Barqueiro

A ría do Barqueiro é unha ría galega, formada na desembocadura do río Sor no mar Cantábrico. Forma parte das rías Altas.

Coordenadas: 43°44′41″N 7°40′50″O / 43.74472, -7.68056

Ria do barqueiroI
Vista da ría.
Localizacion Ria do Barqueiro.Galicia
Localización da ría do Barqueiro.

Localización

Sitúase entre os concellos do Vicedo (na provincia de Lugo, da Mariña Luguesa) e Mañón (na provincia da Coruña, da comarca do Ortegal). Limita ao oeste coa península de Bares, e ao leste co concello do Vicedo e a illa Coelleira.

Dálle nome á localidade do Barqueiro, porto pesqueiro do concello de Mañón.

Imaxes

Pontes barqueiro1

Ponte sobre a Ría do Barqueiro.

Barqueiro-130

Porto na Ría do Barqueiro.

O Barqueiro

Vista da Ría.

Vicedo 4IX2015

Desembocadura do río Sor na ría do Barqueiro, coa praia de Area Longa (O Vicedo) ó fondo.

Bares 4IX2015

Praia de Bares e ría do Barqueiro vista dende a parroquia de Bares, en Mañón.

Andros Patria

O Andros Patria foi un petroleiro grego sinistrado cando navegaba fronte ás illas Sisargas, o 31 de decembro de 1978. Transportaba 210.000 toneladas de cru, das que verteu ao mar 50.000 provocando unha marea negra que afectou todo o litoral norte de Galicia, entre Caión e Ribadeo, cunha incidencia especial en Valdoviño, ría do Barqueiro e Burela. Morreron 34 dos seus 37 tripulantes .

Coelleira

O topónimo galego Coelleira indica un lugar onde hai coellos. Pode referirse a:

A Coelleira, lugar da parroquia de San Martiño de Piñeiro, no concello de Lugo;

A Coelleira, lugar da parroquia de Parada, no concello de Silleda;

Illa Coelleira, na ría do Barqueiro.

Faro da Estaca de Bares

O faro da Estaca de Bares é un faro localizado na Estaca de Bares, situado a 101 metros de altura na entrada da ría do Barqueiro. É o último faro da costa coruñesa setentrional de toda a Península Ibérica. Está emprazado nunha meseta chamada Ventureiro, sobre un montículo que se prolonga na chamada "punta da Estaca de Bares", da que recibe o nome a que é a fronteira imaxinada onde mesturan as súas augas o Atlántico e o Cantábrico.

A torre ten unha altura de 33 metros; a luz do faro acada un alcance de 25 millas náuticas e está en funcionamento desde o 1 de setembro de 1850. Nun principio prestaban servizo tres torreiros. No ano 1939 instalouse un radiofaro.

Desde 1993 depende da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

Galería de imaxes de Mañón

Galería de imaxes do concello de Mañón na provincia da Coruña.

Galería de imaxes do Vicedo

Galería de imaxes do concello do Vicedo na provincia de Lugo.

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Illa Coelleira

A Illa da Coelleira ou Colleira pertence ó concello do Vicedo, na provincia de Lugo. Está situada na boca oriental da ría do Barqueiro, que separa a costa das provincias da Coruña e Lugo.

Na Illa da Coelleira estivo antigamente un mosteiro, do cal fican restos en proceso de escavación.

Illa de San Martiño

Para a illa situada na ría do Barqueiro, vexa Illa de San Martiño, O Vicedo

Para a illa situada no río Iguazú, vexa Illa de San MartínA Illa de San Martiño (Saint-Martin en francés, Sint Maarten en neerlandés) é unha illa situada no mar Caribe, aproximadamente a 240 km ao leste da illa de Porto Rico. Ten 98 km² de superficie, e en 2009 tiña 77.741 habitantes.

Está dividida territorialmente en dúas metades: a parte sur pertence ás Antillas Neerlandesas (denominada Sint Maarten), mentres que a parte norte é a colectividade de ultramar francesa de Saint Martín, constituída en 2007 logo da súa secesión do departamento de ultramar de Guadalupe.

Colectivamente, ambos os territorios son coñecidos como St. Martin/St. Maarten ou St. Martins. As principais cidades son Marigot, no lado francés, e Philipsburg, no lado neerlandés.

Illa de San Martiño, O Vicedo

A illa (ou insua) de San Martiño sitúase na foz do río Sor, na ría do Barqueiro. Pertence á parroquia de Negradas, no concello do Vicedo.

Mariña de Lugo

A Mariña luguesa é unha comarca natural situada ó correr do litoral da provincia de Lugo, abranguendo os municipios entre o cordal de montañas e o Mar Cantábrico. Administrativamente está dividida en tres Comarcas: A Mariña Occidental (con capital en Viveiro), A Mariña Central (con capital en Mondoñedo) e A Mariña Oriental (con capital en Ribadeo).

A súa situación, ó norte da provincia (e polo tanto, da Comunidade Autónoma de Galicia,), fai que sexa bañada polo Mar Cantábrico, tendo o seu límite oriental na Ría de Ribadeo, que fai de fronteira con Asturias, e o límite occidental na ría do Barqueiro, máis aló da que está a provincia da Coruña

Mañón

Mañón é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. É o concello máis setentrional de Galicia e da península Ibérica. Segundo o IGE en 2015 tiña 1 454 habitantes (1 589 no 2011, 1 765 no 2006, 1 803 no 2005, 1 830 no 2004, 1 848 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mañonés».

O Barqueiro

O topónimo O Barqueiro pode referirse a:

O Barqueiro, lugar da parroquia de Santa Cruz do Salto no concello de Cabanas.

O Barqueiro, lugar da parroquia de Mañón no concello de Mañón.

O Porto do Barqueiro, lugar da parroquia de Mogor no concello de Mañón.

A ría do Barqueiro, na Mariña Luguesa.

Ourol

Ourol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2014 tiña 1.090 habitantes (1.301 no 2006, 1.324 no 2005, 1.365 no 2004, 1.407 no 2003).

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Ría

A ría é unha entrada de costa, ou gran estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río. As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno .

Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia á colmatación, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.

Rías Altas

As Rías Altas é a denominación coa que se coñece a parte setentrional do litoral de Galiza. Caracterízanse en xeral polo seu pequeno tamaño e mais pola súa elevada colmatación. Incluíndo as denominadas Rías Medias (Costa da Morte e Arco Ártabro) neste grupo, as Rías Altas abranguerían a parte norte e noroeste da provincia da Coruña e toda a costa da provincia de Lugo, limitando con Asturias ao leste e co cabo de Fisterra ao suroeste.

Con todo, en hidrografía considérase que o cabo Ortegal marca o punto de separación entre as Rías Altas propiamente ditas e as Rías Medias. En rigor, as Rías Altas son cinco:

Ría de Ortigueira

Ría do Barqueiro

Ría de Viveiro

Ría de Foz

Ría de Ribadeo

Río Sor

O río Sor é un curso fluvial galego da vertente cantábrica, cuxo percorrido é fronteira natural das provincias de Lugo e A Coruña ata que desemboca na Ría do Barqueiro.

Fórmano dous pequenos ríos, o Tras da Serra que nace na Veiga da Nata, no concello das Pontes de García Rodríguez, e o Santar, que nace en terras de Muras. Os dous xúntanse na Ribeira da Señora en Ambosores, parroquia á que dan o nome.

A partir da súa formación, o río Sor baña terras do concello coruñés de Mañón pola súa esquerda, e dos concellos lugueses de Ourol e O Vicedo pola súa dereita.

San Miguel de Negradas, O Vicedo

San Miguel de Negradas é unha parroquia do concello do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 230 habitantes.

Está situada no extremo noroeste da provincia de Lugo, lindando coa ría do Barqueiro e co concello de Mañón. Rexístranse poboamentos xa desde a época prerromana, incluído un castro na illa de San Martiño. Foi concello independente ata mediados do século XIX.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.