Ría de Viveiro

A ría de Viveiro é unha ría da provincia de Lugo, en Galicia. Forma parte das rías Altas.

Está formada pola desembocadura do río Landro, está exclusivamente no concello de Viveiro. Ábrense á ría o porto pesqueiro da parroquia de Celeiro, a capital municipal do concello e a zona residencial de segunda vivenda na parroquia de Covas.

Coordenadas: 43°41′25″N 7°35′43″O / 43.69028, -7.59528

Localizacion Ria de Viveiro.Galicia
Localización da ría de Viveiro (NE de Galicia)

Imaxes da ría

RiaViveiro050731

Canle de saída da ría

PortoDeportivoViveiro050731

Vistas do porto deportivo

CovasViveiro050731

Vista da zona de Covas

25 de febreiro

O 25 de febreiro é o 56º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 309 días para finalizar o ano, 310 nos anos bisestos.

2 de novembro

O 2 de novembro é o 306º día do ano do calendario gregoriano (307º nos anos bisestos). Quedan 59 días para finalizar o ano.

Capela da Misericordia de Viveiro

A capela da Misericordia ou capela da Nosa Señora da Misericordia é un templo relixioso situado en Viveiro. Está situada no barrio da Misericordia, nos arrabaldes do núcleo urbano, do outro lado da ría de Viveiro, sobre a cal pasa a ponte da Misericordia.

Celeiro, Viveiro

Santiago de Celeiro é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 1.917 habitantes (942 homes e 975 mulleres) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución de 112 habitantes en relación ao ano 2000.

Covas, Viveiro

San Xoán de Covas é unha parroquia do concello lugués de Viveiro na comarca da Mariña Occidental. No ano 2007 tiña 3.684 habitantes (1.806 homes e 1.878 mulleres) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento de 39 habitantes en relación ao ano 2000.

Fragata Santa María Magdalena

Santa María Magdalena foi unha fragata de guerra da Armada Española naufragada xunto co bergantín Palomo en 1810 na ría de Viveiro. Santa María Magdalena, baixo o mando do capitán Blas de Salcedo, fora construída en 1773 no Arsenal de Ferrol e montaba 38 canóns. O bergantín Palomo, mandado polo tenente de fragata Diego de Quevedo fora construído en 1793 no mesmo arsenal e montaba 18 canóns.

Os dous buques formaban parte da frota hispano-inglesa que, baixo o mando do capitán Joaquín Zarauz, tiña como misión defender a costa cantábrica fronte aos franceses.

Completaban a frota o corsario Insurgente Roncalesa, unha balandra inglesa e 20 buques de transporte.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galería de imaxes de Viveiro

Galería de imaxes do concello de Viveiro na provincia de Lugo.

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Illa de Area

A Illa de Area (Illa da Insua da Area) é un illote de Lugo situado en plena ría de Viveiro, municipio ao que pertence. Ten unha característica orografía intricada cuberta de verde e cun arboredo de vellos piñeiros e eucaliptos. No pasado era moi frecuentada por campistas, actividade hoxe prohibida. Chegou a estar habitada estacionalmente durante o verán (a pesar do seu reducido tamaño), por iso consérvanse aínda as ruínas dalgunhas casas. O illote despoboouse a mediados do século XX.

Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón

A liña de ferrocarril de vía estreita de Ferrol a Xixón comunica ambos os dous extremos pola costa do Cantábrico e Atlántico. Foi inaugurada o 6 de setembro de 1972, aínda que algúns tramos se puxeron en servizo antes, e desde o momento da súa construción foi integrada en FEVE.

Non seus comezos ten aproveitado material da liña Ribadeo-Vilaoudriz.

Dispón de vía única, electrificado entre Xixón e Cuideiru. Dependeu de FEVE ata o 31 de decembro de 2012, cando se unificaron os operadores estatais de vía estreita e vía larga. A infraestrutura foi transferida a ADIF e a explotación dos servizos a Renfe Operadora.​

Ourol

Ourol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2014 tiña 1.090 habitantes (1.301 no 2006, 1.324 no 2005, 1.365 no 2004, 1.407 no 2003).

Ponte da Misericordia

A ponte da Misericordia é unha construción sobre a ría de Viveiro, entre a Porta de Carlos V e a capela da Misericordia, da que recibe o nome.

Porto de Celeiro

O porto de Celeiro é un peirao de pesca situado na parroquia de Celeiro, ao norte do núcleo urbano de Viveiro, e abrigado pola ría de Viveiro.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Ría

A ría é unha entrada de costa, ou gran estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río. As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno .

Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia á colmatación, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.

Rías Altas

As Rías Altas é a denominación coa que se coñece a parte setentrional do litoral de Galiza. Caracterízanse en xeral polo seu pequeno tamaño e mais pola súa elevada colmatación. Incluíndo as denominadas Rías Medias (Costa da Morte e Arco Ártabro) neste grupo, as Rías Altas abranguerían a parte norte e noroeste da provincia da Coruña e toda a costa da provincia de Lugo, limitando con Asturias ao leste e co cabo de Fisterra ao suroeste.

Con todo, en hidrografía considérase que o cabo Ortegal marca o punto de separación entre as Rías Altas propiamente ditas e as Rías Medias. En rigor, as Rías Altas son cinco:

Ría de Ortigueira

Ría do Barqueiro

Ría de Viveiro

Ría de Foz

Ría de Ribadeo

Río Landro

O río Landro ou Landrove é un curso fluvial galego, pertencente á vertente cantábrica. Segue unha dirección S-N e desemboca na ría de Viveiro. Ten un percorrido de 42 km e a súa bacía esténdese por 268 km².

Viveiro

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. O mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental, da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.

O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.

A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.

Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.