Ría de Ribadeo

A ría de Ribadeo, ou ría do Eo, é formada a partir do río Eo xunto con outros ríos menores, como o río Grande, como un entrante do Cantábrico. Está situada no nordeste de Galiza e oeste de Asturias, actuando como fronteira natural. Ten 10 km de lonxitude e unha largura abondo constante duns 800 m, estreitándose ata os 600 m preto da boca, circunstancia aproveitada para construír sobre ela a Ponte dos Santos, e abríndose abondo máis á altura da enseada de Arnao, xusto á beira da súa boca, ou na enseada da Liñeira, fronte a Ribadeo, ambas na parte oriental.

A ría e o seu espazo natural da parte galega están amparados polas figuras de protección de zona especial de conservación, zona de especial protección para as aves e zona húmida protexida, e a parte asturiana como reserva natural parcial. O conxunto da ría de Ribadeo está dentro da Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e dentro do programa internacional de zonas húmidas Ramsar.

Coordenadas: 43°32′07″N 7°01′54″O / 43.53528, -7.03167

Ría de Ribadeo
Vista do fondo da ría de Ribadeo dende o promontorio sobre a praia dos Bloques.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, ZEPA, Zona húmida protexida, Zona húmida Ramsar, Reserva da Biosfera, Reserva Natural Parcial (en Asturias)
Ano de constitución: 2004
Superficie: 1003 ha.[1]
Lexislación: Decembro de 2004.
Datos de interese
País: Galicia Galicia Principado de Asturias Asturias
Provincias: Lugo, Asturias
Concellos: Ribadeo e Trabada (Galicia), Castropol e Vegadeo (Asturias)
Ríos: Río Eo, río Suarón, río Grande e regato do Esquilo
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:
Localizacion Ria de Ribadeo.Galiza
Localización da ría de Ribadeo (NL de Galiza)

Xeografía e xeoloxía

REo Teixeira1634
A ría de Ribadeo no mapa de Pedro Teixeira, 1634.

Situación

Colle o seu nome da principal vila ribeirá, Ribadeo, a única situada baixo administración galega. Os outros tres enclaves principais son, na beira asturiana e de norte a sur, As Figueiras, Castropol e A Veiga. Ó norte, o límite con Cantábrico ven marcado pola liña Illa Pancha (Galicia) - Punta da Cruz (Asturias).

Accidentes xeográficos

A beira leste, ribeira asturiana, de sur a norte (do Eo ó Cantábrico), aparecen con diversos entrantes: a enseada de o Tarrón, (Vilavedelle, Castropol), a Regueira (San Juan de Moldes, Castropol), enseada da Liñeira (abondo máis grande que calquera das outras, entre a vila de Castropol, a das Figueiras, Castropol), e a de Arnao (a segunda en importancia). Na beira galega, oeste, a máis salientable é a enseada da Vilavella (Ribadeo).

As puntas máis salientables son A Punta, na mesma vila de Castropol e A punta da Cruz, na parte asturiana, e o Puntal e a Punta da Torba, na zona galega.[2]

Hidrografía

Recibe achegas de varios ríos, o Eo é o principal deles e o que aporta a maioría da auga doce que recibe, e outros son o Suarón e o Monxardín (ambos desembocando na Veiga, Asturias) e o río Grande na zona galega. A saída ó mar prodúcese na zona norte, entre os enclaves da Illa Pancha na parte galega (concello de Ribadeo) e a Punta da Cruz na asturiana (concello de Castropol). Polo interior, na desembocadura do río Eo, a variación mareal amortece ó longo de varios quilómetros, chegando ata Abres, zona final na que a ría recibe o nome de ría de Abres.

Xeoloxía

A ría formouse, como todas as rías, polo afundimento dun val fluvial e é unha das rías altas. Está colmatada de materiais fluviais formando marismas na súa primeira metade, e, facendo unha transición a materiais de orixe mariña, na parte central forma os tesos ou tesóns. A ría da acubillo a varias praias, entre as que destacan Arnao (a maior, con diferenza) e San Román, na parte asturiana, e O Cargadoiro na parte galega. Ademais cabe mencionar a praia dos bloques, artificial, ó sur do porto de Ribadeo, e a praia de Cabanela, desaparecida baixo o paseo marítimo de Ribadeo.

A ría sofre un proceso de colmatación que é tratado periodicamente con dragados, e que produce os tesóns, bancos de area de forma variable,

Isidoro Asensio Amor estudou os procesos de sedimentación na ría.[3]

Espazo natural

Flora e fauna

Aves

Abrangue no seu interior unha zona de especial protección para as aves[4] (ZEPA). É destacable a avifauna da ría, asentada na lama da súa parte interior (sur).

Lexislación

A ría e o seu espazo natural está acollido por diferentes figuras de protección en Galicia e Asturias.

A zona oeste galega está declarada en Galicia como zona de especial protección dos valores naturais e zona especial de conservación (ZEC) denominada "Río Eo", de 1.003 ha., e de "Ribadeo" de 536 ha.; e zona de especial protección para as aves (ZEPA) de 625 ha. [5] Dende o ano 1983, é Refuxio Nacional de Caza.[6]

Asturias declarou como "Reserva Natural Parcial da Ría do Eo" a parte leste da ría, desde a punta Espiela ata Figueras, e ata o sur en Castropol e Vegadeo. [7]

En coordinación, a parte galega e asturiana forman da ría de Ribadeo forman parte da Reserva da Biosfera[8] e da Zona húmida Ramsar "Ría do Eo" de 1.740 ha.

Economía

Instalacións portuarias

No ano 2004 na ría de Ribadeo as instalacións portuarias ocupaban un 4% do espazo. A comezos de 2006 completouse o recheo cunha extensión de 8.000 m2, no porto de Ribadeo, instalacións de Mirasol. Con este recheo incrementouse a área portuaria ata acadar o 5 % do total da ría[9]. En Ribadeo as instalaciones comprenden un porto comercial, outro deportivo e outro pesqueiro. As Figueiras e Castropol tamén teñen instalacións porturarias, pero menores.

Outros empregos

Na parte asturiana da ría están enclavados os estaleiros Gondán[10], con abundante produción de barcos no século XXI.

Nome da ría

Controversia sobre o nome: ría de Ribadeo ou ría do Eo

Na vertente asturiana da ría úsase principalmente o nome de ría del Eo (ou ría do Eo) entre os habitantes da zona; porén, os organismos oficiais, segundo resolución da Dirección Xeral de Cartografía, avalada polo Instituto Xeográfico Nacional, denomínana ría de Ribadeo.[11]

Isto levou a peticións diverxentes por parte dos alcaldes de Vegadeo e Castropol,[12] a Xunta de Galicia ou a Plataforma para a Defensa da Ría de Ribadeo.[13]

O nome de ría de Ribadeo vese avalado por aparecer con ese nome en mapas e cartas mariñas desde o século XVI, e porque tradicionalmente as rías do Cantábrico toman a denominación da poboación de maior entidade na súa desembocadura. Pola súa parte, desde a parte asturiana deféndese que a ría era propiedade de Castropol desde 1154, non sendo ata 1956 cando se tomou a ría como división ou fronteira entre Asturias e Galicia. Así, segundo o Principado de Asturias, o topónimo tradicional de maior uso en ámbalas dúas marxes é «ría del Eo-ría do Eo, de uso exclusivo en Asturias e maioritario en Galicia», argumento rebatido desde o lado galego.

O caso foi tratado pola Comisión especializada de nomes xeográficos nas súas reunións de 19 de decembro de 2007 e 12 de marzo de 2008, estudando os informes da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, a Dirección General de Promoción Cultural y Política Lingüística da Consejería de Cultura y Turismo do Principado de Asturias e a Real Sociedad Geográfica, acordando que o nome oficial recoñecido sexa o de ría de Ribadeo.[14][15][16] Porén, e a pesar da resolución oficial baseada en datos históricos e xeográficos, a polémica continúa, dado o interese asturiano en que se considere o nome que eles defenden como oficioso.

Por outra parte, e de acordo co nome legal, o ex-presidente do Goberno de España, Leopoldo Calvo-Sotelo, foi investido polo rei Xoán Carlos I, o 24 de xuño de 2002, como o primeiro marqués da ría de Ribadeo (con Grandeza de España).[17]

Galería de Imaxes

Ría de Ribadeo resolución do Ministerio de Fomento

Resolución da Comisión de nomes do Ministerio de Fomento sobre o nome da ría de Ribadeo.

Ría de Ribadeo2

Esquema de correntes na ría de Ribadeo.

Ría de Ribadeo1

Esquema de tesóns (bancos de area) na ría de Ribadeo.

Illapanchapeq

Vista da Illa Pancha.

Ribadeo ría vista 1

Vista da ría con Vegadeo ao fondo.

Punta da Cruz, Ría de Ribadeo

A Punta da Cruz, co mar Cantábrico ao fondo.

050402Zepapeq

A zona zepa, preto da Veiga, antiga 'Veiga de Ribadeo'

Ría de Abres illa

Vista do final da ría (xa ría de Abres).

Ría de Abres

Vista do final da ría (xa ría de Abres) enfocando cara ao SL.

A ría de Ribadeo e o mar Cantábrico

A saída da ría ó mar. Á esquerda, a illa Pancha.

Interior da ría de Ribadeo dende a Ponte dos Santos

Interior da ría de Ribadeo dende a Ponte dos Santos

Hidrografía Galicia Cunca Mariña Oriental gl

Hidrografía de Galicia entre a ría de Ribadeo e a ría de Foz

Notas

  1. Considenrando o ZEC na súa parte Galega
  2. "sigpac". sigpac.mapa.es (en castelán). Consultado o 2018-11-27.
  3. Roberto R. Rodríguez (13/10/2015). Ribadeando, eds. "No centenarío de Isidoro Ansensio Amor".
  4. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (PDF). DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Consultado o 22/1/2016.
  5. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (PDF). DOG. Consultado o 6/11/2016.
  6. Guía Turística de Ribadeo, D.L.LU 28-2016
  7. Asturies, paraiso natural. (eds.). "Ría do Eo".
  8. "Información xeográfica de Galicia". Información xeográfica de Galicia. Consultado o 6/11/2016.
  9. "Mapa Sigpac". Sigpac. Coordenadas 43º32' N, 7º2'17" O. Consultado o 6/11/2016.
  10. "Asteleiros Gondán". Consultado o 6/11/2016.
  11. resolución de la Dirección General de Cartografía, avalada por el Instituto Geográfico Nacional
  12. El Comercio, 15 de setembro de 2005
  13. Una plataforma gallega pide al Instituto Geográfico que oficialice «Ría de Ribadeo»
  14. Noticia sobre la controversia y la resolución de la Comisión Geográfica Nacional
  15. Fomento oficializa el topónimo de ría de Ribadeo
  16. Informe sobre la resolución adoptada por la comisión especializada de nombres geográficos con relación al tomónimo Ría de Ribadeo
  17. "El marquesado de la Ría de Ribadeo pervivirá tras fallecer Calvo-Sotelo" La Voz de Galicia, 28 de maio de 2008.
29 de xullo

O 29 de xullo é o 210º día do ano do calendario gregoriano e o 211º nos anos bisestos. Quedan 155 días para finalizar o ano.

A-8

A autovía do Cantábrico (A-8) e autoestrada do Cantábrico (AP-8) é unha vía terrestre de dobre calzada e sentido que se estende ao longo do norte de España paralela á costa do mar Cantábrico que comeza en Bilbao na unión da AP-8 coa AP-68 e remata en Baamonde (provincia de Lugo) onde liga coa A-6. Ten unha lonxitude de 486 quilómetros. Na Rede de Estradas Europeas ten a denominación E-70.

A partir de Bilbao a autoestrada AP-8 pasa a denominarse A-8 (non ten peaxe) e continúa cara a Galicia pasando por Santander, Xixón e Avilés, na rolda de Xixón conecta coa AS-I (autovía Mineira) que comunica con Langreo, Mieres e León. Tamén na circunvalación xixonesa conecta coa AS-II (autovía Industrial) novo eixo de comunicación entre Xixón e Oviedo. Nos arredores de Xixón está o nó de Serín que conecta coa A-66 en dirección Oviedo e León. Fai a circunvalación de Navia e atravesa a ría de Ribadeo pola ponte dos Santos. En Vilalba liga coa autoestrada Vilalba-As Pontes-Ferrol. Termina en Baamonde desembocando na A-6 entre A Coruña e Lugo.

A Veiga, Asturias

A Veiga (en castelán: Vegadeo) é un concello situado na costa do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia, no fondo da ría de Ribadeo. O seu nome orixinal é A Veiga de Ribadeo como aínda aparece na actualidade nunha inscrición no templete da música do parque d'El Medal, no centro da capital municipal.

Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. En xaneiro de 2016 converteuse no primeiro municipio da comarca do Eo-Navia en situar o galego ao mesmo nivel ca o castelán.

Abres

O topónimo Abres pode referirse a:

Abres, lugar da parroquia de Anxeriz, no concello de Tordoia;

A Ría de Abres, parroquia do concello de Trabada;

Abres, parroquia asturiana do concello de Vegadeo;

Santiso de Abres, concello de Asturias;

Ría de Abres, parte máis interna da ría de Ribadeo.

Castropol

Castropol é un concello asturiano galegofalante, limítrofe con Galiza coa ría de Ribadeo por medio. No ano 2005 tiña 3.998 habitantes.

A capital do Concello é Castropol, e ten como vila de tanta ou maior importancia actual ás Figueiras, ámbalas dúas con porto sobre a ría. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «castropolego» ou «castropolés».

Forte de San Damián

O Castelo de San Damián, tamén coñecido como Forte de San Damián, é unha fortaleza situada en Ribadeo, a carón da ría de Ribadeo.

Illa Pancha

A illa Pancha é o extremo occidental da saída da ría de Ribadeo, fronte á Punta da Cruz.

Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo

Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo, nado en Madrid o 14 de abril de 1926 e falecido en Pozuelo de Alarcón, Madrid, o 3 de maio de 2008, foi un enxeñeiro e político español, Marqués da Ría de Ribadeo.

Liña Ribadeo - Vilaoudriz

A liña Ribadeo - Vilaoudriz foi unha liña de ferrocarril de vía estreita que discorría polo val do río Eo e a ría de Ribadeo levando material e persoas das minas de ferro de Vilaoudriz dende a actual Pontenova até o porto de Ribadeo. Promovida inicialmente pola Sociedad Minera de Villaodriz, ao cabo serviu tamén para o transporte de pasaxeiros. Tiña un percorrido de 33,867 km, e estivo activa entre 1903 e 1965.

Mariña de Lugo

A Mariña luguesa é unha comarca natural situada ó correr do litoral da provincia de Lugo, abranguendo os municipios entre o cordal de montañas e o Mar Cantábrico. Administrativamente está dividida en tres Comarcas: A Mariña Occidental (con capital en Viveiro), A Mariña Central (con capital en Mondoñedo) e A Mariña Oriental (con capital en Ribadeo).

A súa situación, ó norte da provincia (e polo tanto, da Comunidade Autónoma de Galicia,), fai que sexa bañada polo Mar Cantábrico, tendo o seu límite oriental na Ría de Ribadeo, que fai de fronteira con Asturias, e o límite occidental na ría do Barqueiro, máis aló da que está a provincia da Coruña

Ove, Ribadeo

San Xoán de Ove é unha parroquia do concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Pertence ao arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo en 2004 tiña 439 habitantes, agrupados en 27 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade media de 25,5 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 387 habitantes, sendo 199 homes e 188 mulleres.

As entidades de poboación son As Aceñas (4), Acevedo (4), A Capela (10), As Casas Novas (10), O Chao de Ove (13), O Covo (5), A Eirexa (31), Estación Feve (9), A Faxarda (27), Frieira a Nova (13), Frieira a Vella (11), Os Garitos (10), A Graña (12), Os Guildeiros (1), Llano (16), Os Malatos (9), A Palmeira (71), Pastoriza (18), Reme (9), O Río de Ove (9), O Río de Ramos (abandonado), O Río Pequeno (4), Santa Cruz (15), Seixadelo (2), O Valín (3), A Veigadaira (30) e Vilar (1). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son A Escaleira, A Estación, Grañol, Ove, A Pega, San Lázaro, As Travesas de Ove, A Vilavella e O Xardín.

Linda ao leste coas parroquias de Piñeira e Ribadeo (a cal xa absorbeu algunhas das aldeas desta parroquia no norte), Villapol (que o limita a Ría de Ribadeo de Asturias), ao sur con Vilausende (coa que fai límite a través de río Grande) e ao oeste con Covelas e A Devesa. Ten unha altitude media de 40 m. Polo seu territorio pasan diversas vías de comunicación, incluíndo a N-642, a LU-133 e a Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

Piñeira, Ribadeo

San Xoán de Piñeira é unha freguesía do concello de Ribadeo, pertencente ao arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo no ano 2004 tiña 354 habitantes, agrupados en 10 entidades e un lugar, cunha densidade de 60,1 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 322 habitantes, sendo 165 homes e 157 mulleres.

As entidades de poboación son O Alto dos Pinos (13), Barreiro (9), As Cruces (10), Dompiñor (69), A Eirexa (25), Folgosa (35), O Morgullón (16), O Outeiro (8), Río (32) e Vilar (105). O lugar (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) é Arelongo.

Limita ao norte co Mar Cantábrico, ao leste coa Ría de Ribadeo (que a separa de Asturias) e as parroquias de Ribadeo e Ove, ao sur coa de Ove e Vilaselán e cara ao oeste as de Vilaframil, A Devesa, Vilaselán e Rinlo. Ten unha altitude media de 36 m.

Ponte dos Santos

A ponte dos Santos, inaugurada o 29 de xullo de 1987, cruza a ría de Ribadeo, unindo Asturias e Galicia pola costa. Inicialmente foi construída para soportar a amplitude dunha estrada normal, pero no 2008 foi inaugurada (1 de outubro de 2008) a ampliación que consistiu en adecuala para un desdobramento de calzada para soportar o paso dunha autovía (A-8).

Recibe o nome polas dúas capelas que ten a ría a cada beira, a de San Román nas Figueiras (Castropol) e a de San Miguel en Ribadeo.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón abrangue os concellos de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz en Galicia, e de Castropol, A Veiga, Taramundi, San Tirso de Abres, Vilanova de Oscos, Santalla de Oscos e Samartín de Oscos en Asturias. Ten unha extensión de 1595,889 km² e inclúe a máis da totalidade da cunca do río Eo dende o seu nacemento en Fonteo ata a súa desembocadura na ría de Ribadeo, a propia ría e boa parte das cuncas que nela desembocan, así como anacos das cuncas dos ríos Miño, Navia e Porcía, encadrando unha unidade de biodiversidade, cultural e patrimonial. Cando foi designada, a zona tiña unha poboación de 32 974 habitantes, se ben case tódolos municipios observan decrecemento de poboación.

Ribadeo

Ribadeo é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, a comezos de 2018 tiña 9900 habitantes (en 2015, 9929), despois de superar por primeira vez en 2011 a barreira dos 10 000 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadense».

Rías Altas

As Rías Altas é a denominación coa que se coñece a parte setentrional do litoral de Galiza. Caracterízanse en xeral polo seu pequeno tamaño e mais pola súa elevada colmatación. Incluíndo as denominadas Rías Medias (Costa da Morte e Arco Ártabro) neste grupo, as Rías Altas abranguerían a parte norte e noroeste da provincia da Coruña e toda a costa da provincia de Lugo, limitando con Asturias ao leste e co cabo de Fisterra ao suroeste.

Con todo, en hidrografía considérase que o cabo Ortegal marca o punto de separación entre as Rías Altas propiamente ditas e as Rías Medias. En rigor, as Rías Altas son cinco:

Ría de Ortigueira

Ría do Barqueiro

Ría de Viveiro

Ría de Foz

Ría de Ribadeo

Río Eo

O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 819 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns.

Río Grande, ría de Ribadeo

O río Grande é un río da provincia de Lugo.

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.