Ría de Ortigueira

Véxase tamén: Ortigueira - Mera.
Ría de Ortigueira desde el puerto de Ortigueira
Vista da ría en preamar desde o porto de Ortigueira.
Localizacion Ria de Ortigueira.Galicia
Localización da ría de Ortigueira.

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido[1] e como ría de Santa Marta de Ortigueira,[2] é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, actualmente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.[3][4]

Coordenadas: 43°44′11″N 7°49′30″O / 43.73639, -7.82500

Xeografía

Ría de Ortigueira desde la sierra de A Capelada
A ría vista desde a serra da Capelada.

A ría de Ortigueira áchase encaixada entre a serra da Capelada polo oeste e a da Coriscada polo leste. Ambas as serras discorren case paralelas en dirección nordeste e culminan no mar Cantábrico, entre os cabos Ortegal e Estaca de Bares respectivamente.

A ría ocupa un vasto e serpenteante estuario creado polo río Mera. Na súa marxe oriental áchase o río Baleo, que á súa vez forma a pequena ría de Ladrido, que toma o seu nome da parroquia de Ladrido, situada ao pé da súa desembocadura.

As súas augas bañan os municipios de Ortigueira e Cariño.

Ten uns 10 km de lonxitude, unha anchura máxima de 3 km e o seu calado é tan reducido que se baleira case por completo durante a baixamar, deixando exposta unha amplísima chaira intermareal na que predominan os limos e fangos nos seus tramos alto e medio e os fondos areosos no seu tramo final, nas inmediacións da praia de Morouzos.[2]

Ría de Ortigueira, Galiza
Panorámica da ría de Ortigueira.

Climatoloxía

O clima da ría de Ortigueira é oceánico, con temperaturas suaves en verán e invierno e chuvias moi abundantes, normalmente superiores aos 1 000 mm de precipitación media anual.

A humidade relativa é alta durante todo o ano e a temperatura media anual rolda os 13 °C.[5]

Durante os meses que van de xuño a outubro predominan os vientos de dirección nordeste.[6]. Son ventos cálidos que chegan desde o mar cargados de humidade e que arrefrían ao ascenderen ás serras costeiras. Trátase do efecto Föhn: o rápido arrefriameniento condensa o vapor de auga e xera un manto nuboso de estancamento (nube orográfica) a baixa altitude, moi típico dos veráns de toda a costa norte galega, que deixa temperaturas moi suaves e frecuentes, aínda que débiles, precipitacións na marxe de barlovento das serras.

Flora

DidzialapisSakys
Fento común (Pteridium aquilinum).

Como no resto do litoral de Galicia, o bosque autóctono desapareceu practicamente das sús ribeiras debido ao monocultivo de eucalipto, aínda que sobreviven pequenos parches nos que proliferan os salgueiros, bidueiros, castiñeiros, carballos, etc.

No sotobosque abundan as silvas (Rubus lusitanicus) e varias especies de fentos con preponderancia do fento común (Pteridum aquilinum), mentres que na matogueira as especies predominantes son os toxos (Ulex europaeus) e a xesta (Cytisus scoparius).[7]

Ao longo das beiras e nos illotes que non quedan cubertos na preamar medran xuncos (Scirpus holoschoenus e Juncus acutus principalmente) e a principios da primavera, nas zonas sombrías e encharcadas, florecen milleiros de exemplares de lirio amarelo (Iris pseudacorus).

Na chaira intermareal podemos encontrar pradeiras de Zostera sp (cebas) e multitude de especies de algas como, por exemplo, Chondrus crispus, Gelidium sesquipedale, Laminaria ochroleuca e Codium tomentosum.[8]

Por último, os topónimos Ortigueira,[9] e Ortegal (de orixe latina) fan referencia á abundancia de ortigas, que de feito seguen a ser moi abundantes e utilizadas tradicionalmente nesta zona polas súas virtudes terapéuticas e gastronómicas.

Fauna

3 nutrias
Londras no porto de Ortigueira.

Mamíferos

Londra, corzo, xabaril, teixugo, raposo, marta, denociña, esquío, morcego orelludo común, rato de auga, etc.

Aves

A ría de Ortigueira é unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia e constitúe un santuario para un gran número de especies de anátidos, limícolas e garzas que pasan o inverno ao seu abeiro. Outras moitas especies fac escala nas súas ribeiras durante os seus tránsitos migratorios de primavera e outono. (Ver lista máis abaixo).

Anfibios e réptiles

Hyla arborea¡¡, ra vermella, tritón ibérico, píntega común, salamántiga galega, víbora de Seoane e lagarto das silveiras.

Resulta sorprendente a existencia dunha colonia de lagarta da serra (Iberolacerta montícola) a nivel do mar, en pleno casco urbano de Ortigueira.

Aves observadas

A continuación, dáse unha relación das especies presentes na ría de Ortiguieira ao longo do ano:

Anas platyrhynchos male female quadrat
Parella de lavancos: ♂ á esquerda, ♀ á dereita.
Especies sedentarias
azor común azulenta común carrizo chasco común Cisticola juncidis
corvo grande corvo pequeno curuxa común escribenta común escribenta riscada
estreliña común falcón peregrino ferreiriño rabilongo gabeador común gabián común
gaivota patiamarela galiña de río lavandeira branca lavanco liñaceiro común martiño peixeiro
pentumeiro merlo acuático merlo común miñato común paporroibo paporrubio real
papuxa cabecinegra papuxa das amoras pardal comúnpega pega rebordá perdiz
peto verde peto real pimpín común pombo torcaz rabirrubio tizón rula turca
verderolo común xílgaro
Especies invernantes
avefría asubiador bilurico bailón bilurico común bilurico patirrubio bilurico pativerde
carrán ártico carrán común carrán cristado cerreta corvo mariño cristado corvo mariño real
cullereiro cullerete estorniño negro estorniño pinto gabita común gaivotón
gaivota chorona gaivota escura garza branca garza real garzota laverca
mazarico chiador mazarico rabinegro mazarico real pato cinsento pato rabilongo patirrubio
pica alpina pica costeira píllara riscada píllara cincenta píllara real pilro cincento
pilro común pilro gordo pilro tridáctilo mergullón orelleiro mergullón pequeno mergullón real
Especies estivais
andoriña avenoiteira cincenta cirrio común picanzo vermello
Especies accidentais e/ou en paso migratorio
aguia peixeira arao romeiro cuco escribenta amarela
escribenta nival gaivota polar lagarteiro mascato
mergo pequeno mergo trullo mobella grande pedreiro cincento
píllara rubia píldora dourada píllara papuda rula

Galería de imaxes

20160208054949!Wildschein, Nähe Pulverstampftor (cropped)

Xabaril
(Sus scrofa)

Vulpes vulpes 2

Raposo
(Vulpes vulpes)

Arvicola sapidus 02 by-dpc

Rato de auga
(Arvicola sapidus).

Cormorán grande

Corvo mariño real
(Phalocrocorax carbo).

Martin pescador (Alcedo athis)

Martiño peixeiro
(Alcedo athis).

Correlimos común

Pilro común
(Calidris alpina) que aínda conserva parte da súa plumaxe nupcial.

Correlimos gordo

Pilro gordo
(Calidris canutus) en paso migratorio postnupcial.

Chioglossa lusitanica.004

Salamántiga galega
(Chioglossa lusitanica).

Posidonia oceanica Portofino 01

Pradería de Posidonia.

Ortiga

Ortiga
(Urtica dioica).

Lirio amarillo (Iris pseudacorus)

Lirio amarelo
(Iris pseudacorus).

Ulex europaeus4

Toxo arnal
(Ulex europaeus).

Protección

- Zona especial de conservación (ZEC ES1110001) "Ortigueira-Mera"

- Zona Húmida de Importancia Internacional. Convenio RAMSAR

- Zona de Especial Protección Para as Aves ZEPA ES0000086

Notas

  1. Dirección General del Instituto Geográfico Nacional, del Ministerio de Fomento. Datos geográficos y toponimia. Espacios anturales. Atlas nacional de España. Ría de Santa Marta de Ortigueira Arquivado 13 de xuño de 2016 en Wayback Machine.. Consultada o 31 de outubro de 2016
  2. 2,0 2,1 Dávila Díaz, Julio (1931): Geografía descriptiva de la comarca de Ortigueira. A Coruña: Establecimientos gráficos Zincker Hermanos, Cantón Grande, 21.
  3. Consellería de Medio Ambiente. Xunta de Galicia: "Decreto 127/2008, de 5 de junio, por el que se desarrolla el régimen jurídico de los humedales protegidos y se crea el Inventario de humedales de Galicia". Diario Oficial de Galicia. Consultado o 31 de outubro de 2016.
  4. Consellería de Agricultura, Ganadería y Montes. Xunta de Galicia: "Decreto 157/1995, de 3 de junio, por el que se incluyen las zonas denominadas Umia-O Grove, A Lanzada, laguna Bodeira y punta Carreirón; ría de Ortigueira; laguna y arenal de Valdoviño y ría del Eo en el Registro General de Espacios Naturales de Galicia". Diario Oficial de Galicia. Consultado o 31 de outubro de 2016.
  5. MeteoGalicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia: Exposición sobre meteorología. Consultada o 31 de outubro de 2016.
  6. Portos de Galicia. Consellería do Mar. Xunta de Galicia: La Costa Atlántica Gallega Arquivado 07 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. Consultada o 31 de outubro de 2016.
  7. Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente. Dirección Xeral de Conservación da Natureza: Humedales de Galicia. Consultada o 31 de outubro de 2015.
  8. Concello de Ortigueira. "Camino de la costa". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2016.
  9. Concello de Ortigueira. "El proceso de cristianización". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2016.

Véxase tamén

Outros artigos

Sitios Ramsar en España

Ligazóns externas

Castelo do Casón

O Castelo do Casón é unha estrutura con restos de muralla e foxos situada no alto denominado O Castelo do Casón (291 m), nun brazo da Serra da Capelada, flanqueado polos regos de Casón e de Landoi e que domina a vista sobre a ría de Ortigueira. De carácter defensivo e de vixilancia, xa foi estudado por Federico Maciñeira. Ao parecer os restos atopados apuntan aos dunha fortaleza medieval, quizais construída á súa vez sobre os restos dun antigo poboado castrexo. Dende el obsérvase toda a ría de Ortigueira.

Cerdido

Cerdido é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 1249 habitantes (1361 no 2010, 1496 no 2006, 1522 no 2005, 1558 no 2004, 1589 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cerdidense».

Cuíña, Ortigueira

Santiago de Cuíña é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 321 habitantes (166 mulleres e 155 homes) distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 365 habitantes.

Galería de imaxes de Cariño

Galería de imaxes do concello de Cariño na provincia da Coruña.

Hórreo tipo Cabanas

O hórreo tipo Cabanas é un tipo de hórreo galego que se pode atopar nunha zona delimitada pola liña que une a ría de Ortigueira con As Pontes de García Rodríguez e continúa ao longo do val do río Eume ata Pontedeume.

Hórreo tipo Mondoñedo

O hórreo tipo Mondoñedo é un tipo de hórreo galego que se dá en zonas da franxa costeira cantábrica dende a ría de Ortigueira ata Cadavedo, en Asturias, internándose ata abarcar Pol e Mondoñedo, tocando os bordes da meseta luguesa. A súa área de distribución corresponde cunha zona de moito cultivo do millo e acada unha elevada densidade, das maiores observadas. Nela convive con outras tipoloxías, concretamente co hórreo tipo Ribadeo e, máis ao leste, co hórreo asturiano, xa pasados os vales dos ríos Eo e Navia.

Illa de San Vicente

A illa de San Vicente (illa de San Vicenzo) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada na ría de Ortigueira. Pertence á parroquia ortigueiresa de Luama, e ten 1,3 hectáreas de superficie.

É de forma oval e está cuberta por unha masa arbórea na súa cara sur, protexida dos embates do Atlántico, mentres a cara norte está cuberta de toxeiras e matogueiras propias do litoral. Cando baixa a marea, a illa queda unida a terra mediante un extenso banco de area. Está nunha paraxe de alto interese ecolóxico (sub-rías de Ladrido e Baleo), polo que a illa, xunto coas marismas que a rodean están protexidas. Segundo menciona Julio Dávila Díaz na súa obra Xeografía Descritiva (1931), na Idade Media existiu na illa un pequeno mosteiro nun principio ocupado polos templarios e máis tarde polos franciscanos.

Ladrido, Ortigueira

Santa Eulalia de Ladrido é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 275 habitantes (150 mulleres e 125 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 435 habitantes.

Landoi, Cariño

Santiago de Landoi é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 169 habitantes (84 mulleres e 85 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 218 habitantes.

Mera

O topónimo galego Mera pode referirse a:

En Galiza

Barcia de Mera, parroquia do concello de Covelo;

Mera, lugar de dita parroquia;

Mera, lugar da parroquia de Barcia, no concello de Navia de Suarna;

Mera, lugar dividido entre as parroquias de Maianca e Serantes, no concello de Oleiros;

A Mera, lugar da parroquia de Orbazai, no concello de Lugo;

A Mera, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira;

A Mera, lugar da parroquia de Silleda, no concello de Silleda;

Mera de Abaixo, parroquia do concello de Ortigueira;

Ponte de Mera, lugar de dita parroquia;

Mera de Arriba, parroquia do concello de Ortigueira;

San Pedro de Mera, parroquia do concello de Lugo, na comarca de Lugo;

Santalla de Bóveda de Mera, parroquia do concello de Lugo, na comarca de Lugo;

Bóveda de Mera, lugar de dita parroquia;

Vilachá de Mera, parroquia do concello de Lugo, na comarca de Lugo;

Río Mera, desemboca na ría de Ortigueira;

Río Mera, afluente do río Tambre;

Río Mera, afluente do río Miño;

Río Mera, afluente do río do mesmo nome;

Os Muíños da Mera, lugar da parroquia de San Martiño de Calvos de Sobrecamiño, no concello de Arzúa.Fóra de Galiza

Río Mera, río de Suíza e Italia.

Mera de Abaixo, Ortigueira

Santiago de Mera de Abaixo é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 234 habitantes (129 mulleres e 105 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 349 habitantes.

Ortigueira - Mera

Ortigueira-Mera é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) protexido desde 2001 que abrangue 3.868 ha dos concellos de Cariño, Cerdido, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez e As Somozas, ó carón da ría de Ortigueira e de Ladrido. Os seus lugares de referencia son Santa Marta de Ortigueira, Cariño e Moeche.É unha zona especial de protección de aves, gran número de aves acuáticas invernan na zona, en especial o mazarico curlí.

Rías Altas

As Rías Altas é a denominación coa que se coñece a parte setentrional do litoral de Galiza. Caracterízanse en xeral polo seu pequeno tamaño e mais pola súa elevada colmatación. Incluíndo as denominadas Rías Medias (Costa da Morte e Arco Ártabro) neste grupo, as Rías Altas abranguerían a parte norte e noroeste da provincia da Coruña e toda a costa da provincia de Lugo, limitando con Asturias ao leste e co cabo de Fisterra ao suroeste.

Con todo, en hidrografía considérase que o cabo Ortegal marca o punto de separación entre as Rías Altas propiamente ditas e as Rías Medias. En rigor, as Rías Altas son cinco:

Ría de Ortigueira

Ría do Barqueiro

Ría de Viveiro

Ría de Foz

Ría de Ribadeo

Rías Medias

O nome de rías Medias, ou centrais, englobándose ás rías Altas entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares. Formáronse despois das rías Baixas e antes do resto das rías Altas, hai 5 millóns de anos .

Esta costa de rías tamén se pode subdividir en Costa da Morte e Arco Ártabro.

As rías medias son de sur a a norte e de oeste a leste:

Ría de Camariñas.

Ría de Corme e Laxe.

Ría da Coruña ou Ría do Burgo.

Ría de Betanzos.

Ría de Ares.

Ría de Ferrol.

Ría de Cedeira.

Ría de Ortigueira.En xeral son abondo expostas ó mar, é dicir, con entrada ancha en relación á súa profundidade, e excepto as dúas últimas, cunha colmatación media (Cedeira e Ortigueira teñen unha colmatación elevada).

Río Baleo

O río Baleo é un curso fluvial galego, pertence á vertente cantábrica.

Nace a uns 340 m de altitude, nas estribacións da Faladoira e na Serra do Pando. Desemboca na ría de Ortigueira.

Río Mera, ría de Ortigueira

O río Mera é un curso fluvial galego, pertence á vertente cantábrica.

San Claudio, Ortigueira

Santa María de San Claudio é unha parroquia que se localiza no concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 471 habitantes (253 mulleres e 218 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 655 habitantes.

Senra, Ortigueira

San Xulián de Senra é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 337 habitantes (179 mulleres e 152 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 503 habitantes.

Veiga, Ortigueira

Santo Adrao de Veiga é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 299 habitantes (141 mulleres e 158 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 455 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.