Ría de Muros e Noia

A ría de Muros e Noia forma parte das Rías Baixas, sendo a que está situada máis ó norte, entre as rías de Corcubión e Arousa. A ría foise formando na desembocadura do río Tambre.

As augas do Tambre son as que orixinan na súa confluencia co mar, un hábitat no que se desenvolverán os bivalvos, que serán o motor económico das vilas que a circundan. As ameixas e os berberechos acadan boas proporcións nos tempos da colleita, a partir do mes de setembro, nos lombos de Testal e o Freixo, grazas a esa simbiose entre as augas doces do río e a salinidade que achega o océano Atlántico.

A ría comeza a partir da punta do Castro de Baroña en Porto do Son, pola súa beira sur, e remata coa punta Carreiro en Louro (Muros), pola súa parte norte.

Entre as vilas a destacar están as que dan nome á ría: Muros, fundada detrás do monte Louro como unha vila mariñeira agochada da vista de piratas e de corsarios alá polo século XVI e XVII e Noia, vila medieval. Tamén Porto do Son, que vive fundamentalmente do turismo e do mar e Portosín, outra vila de interese pertencente ao mesmo concello.

Ría de MUROS. Serres, Muros, Galiza
Ría de Muros dende Serres, Muros.

Marca turística ría da Estrela

Os concellos con saída á ría, Outes, Noia, Muros, Porto do Son, xunto con Lousame, constituíron en 2015 a Asociación de Desenvolvemento Rural Ría Muros-Noia, un organismo intermunicipal que xunta esforzos para a promoción e posta en valor dos recursos da ría e dos concellos que a conforman.[1] Estes concellos crearon unha marca turística, A Ría da Estrela, co logotipo dunha estrela de mar que representa aos cinco concellos que se inclúen no proxecto e evoca aspectos do Camiño como a relación coa vía láctea.[1][2]

A raíz desta nova marca turística naceu o xornal dixital Xornal da Estrela.[3]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes da ría de Muros e Noia.
Noia 060828 Ria

Noia.

Fotos Galicia II 113

Ría de Muros.

Panoramica desde a praia de Aguieira - Porto do Son - 01

Panorámica da ría desde a praia de Aguieira.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Nace a marca turística A Ría da Estrela para promover os recursos da ría Muros-Noia | Cluster Turismo de Galicia". Consultado o 2019-02-12.
  2. Web da Ría da Estrela
  3. "Quen somos". Consultado o 2019-02-12.

Véxase tamén

Outros artigos

A Barquiña, Barro, Noia

A Barquiña é un lugar da parroquia de Barro no concello coruñés de Noia, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 387 habitantes (184 homes e 203 mulleres).

Probablemente se trate do lugar en que se produciu o primeiro asentamento poboacional no concello de Noia, facilitado pola configuración xeográfica do contorno, e o seu linde directo coa ría de Muros e Noia.

Tratábase dunha zona puramente residencial, con nivel de servizos básicos, mais na actualidade cambiou o panorama radicalmente ao incluírse dentro do lugar de Carracido un macrocentro comercial, que nutre a localidade e o resto do concello de Noia e arredores.

Buceta

A buceta é unha embarcación tradicional galega, característica da ría de Muros e Noia, aínda que se estende ata a costa da Morte polo norte e o río Miño cara ao sur.

Galería de imaxes da praia de Aguieira

Praia de Aguieira, Porto do Son.

Galería de imaxes de Boa, Noia

Boa é a parroquia máis occidental do concello de Noia

Galería de imaxes de Noia

Galería de imaxes do concello de Noia na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de Outes

Galería de imaxes do concello de Outes na provincia da Coruña.

Galería de imaxes do río Tambre

O río Tambre nace na parroquia da Porta, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada do Engano.

Illa da Creba

A Illa da Creba é unha illa galega da ría de Muros e Noia, situada a 240 metros da costa da parroquia de Esteiro (Muros). Ten unha característica forma de teta e unha extensión de 7,5 hectáreas. É de propiedade privada, coroada por un caserón, construído sobre as ruínas da antiga capela da nosa Señora da Creba. Posúe dous embarcadoiros que forman unha pequena dársena.

Monte Louro, Louro, Muros

Monte Louro é un lugar situado na parroquia de Louro, no concello coruñés de Muros. O monte está concretamente na parroquia sobre a banda norte da ría de Muros e Noia.

A estrada pasa entre o monte e a praia de Louro, situada entre as puntas Carreiro e Lens. Forma parte do lugar de importancia comunitaria Monte e lagoa de Louro e ten un interese xeolóxico especial por ser un inselberg granítico, ou monte que destaca nunha chaira, rodeado dunha plataforma de abrasión.

Monte Tremuzo

O monte Tremuzo é un curuto galego situado a 524 metros sobre o nivel do mar, localizado na zona central da ría de Muros e Noia, tendo o seu cume no concello de Outes. Dende a cima deste monte é posible albiscar o treito final do río Tambre así como o desembocadura do río Tines na enseada do Engano. No alto dispón dunha área de recreo e dun parque eólico.

Muros

Muros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das rías Baixas.

Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 9.117 habitantes (9.787 no 2009, 9.999 no 2006, 9.995 no 2005, 10.050 no 2004, 10.095 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é muradá para o feminino ou muradán para o masculino.

Muros (homónimos)

Co topónimo Muros podemos atopar en Galicia:

comarca de Muros, unha comarca na provincia de Pontevedra.

Muros, un concello da provincia da Coruña, na comarca de Muros.

Muros, unha parroquia do concello de Muros.

Muros, un lugar da parroquia de Muros no concello de Muros.

Muros, un lugar da parroquia de San Vicente de Fervenzas no concello coruñés de Aranga.

Muros, un lugar da parroquia de Pígara no concello lugués de Guitiriz.

Muros, un lugar da parroquia do Alto de Xestoso no concello coruñés de Monfero.

Ría de Muros e Noia, unha ría das Rías Baixas.

Noal, Porto do Son

San Vicente de Noal é unha parroquia situada ao norte do concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Limita ó nordeste coa parroquia de Nebra, ó sur coa de Baroña, ó leste co concello de Boiro, e ó oeste a parroquia está bañada pola ría de Muros e Noia. Nesta parroquia atópase a capital do concello. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 2.457 habitantes (1.233 homes e 1.224 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación.

Ponte sobre a ría de Noia

A ponte sobre a ría de Noia une o lugar da Barquiña (Barro) e o porto de Testal (O Obre), no concello de Noia, sobre a ría de Muros e Noia, cunha lonxitude de 1.657 metros. Foi inaugurada en 2014 e trátase da primeira ponte atirantada construída pola Administración autonómica.Forma parte dunha variante (estrada AC-549) que une o corredor CG-1.5 na Barquiña coa estrada AC-550 no lugar de Taramancos (Boa), cunha lonxitude total de 4,8 km.

Rías Baixas

As Rías Baixas son as rías galegas situadas entre a fronteira portuguesa e o cabo Fisterra.

De sur a norte son:

Ría de Vigo

Ría de Pontevedra

Ría de Arousa

Ría de Muros e Noia

Ría de CorcubiónEntre elas atópanse as seguintes baías e enseadas:

Ría de Baiona

Ría de AldánCaracterízanse polo seu tamaño, grandes en relación ó resto das rías de Galiza, e pola súa orientación transversal á costa. A súa colmatación é relativamente baixa.

Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

Río Traba

O río Traba é un pequeno curso fluvial da provincia da Coruña, que verte as súas augas no océano Atlántico.

Serra do Barbanza

.

A serra do Barbanza é unha pequena cordilleira montañosa situada na península do Barbanza, na provincia da Coruña. Atópase entre a ría de Muros e Noia e a de Arousa, no extremo occidental de Galicia. Acada cotas superiores aos 600 metros sobre o nivel do mar, a apenas 5 quilómetros do litoral. O punto de máxima altura é o monte Iroite, con 685 metros. Tamén pertence a esta serra o monte da Curota.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.