Ría de Foz

A ría de Foz, é unha ría galega da provincia de Lugo, en Galicia, España. Pertence ás Rías Altas.

Está formada pola desembocadura do río Masma, as súas augas bañan os municipios de Barreiros e Foz. Facendo de límite entre ambos os municipios. A boca do estuario está bastante pechada pola praia de Altar e por instalacións portuarias e de defensa da costa (praia da Rapadoira). En Foz a ría acolle un porto pesqueiro e un porto deportivo.

Coordenadas: 43°34′7″N 7°14′54″O / 43.56861, -7.24833

Localizacion Ria de Foz.Galiza
Localización da ría de Foz (NE de Galicia)
A Espiñeira, Vilaronte, Foz

A Espiñeira é un lugar da parroquia de Vilaronte, no concello de Foz, na comarca da Mariña Central. Segundo o INE en 2010 tiña 105 habitantes (55 mulleres e 50 homes), o que supón unha diminución respecto do ano 2000 cando tiña 115 habitantes.

Castelo da Frouxeira

O castelo da Frouxeira é unha fortificación situada na parroquia de Santa Cilla do Valadouro (concello de Foz), no pico da Frouxeira, a case cincocentos metros sobre o nivel do mar. As súas ruínas están declaradas Ben de Interese Cultural.

Galería de imaxes de mapas de vertentes de Galicia

Galería de imaxes de mapas de vertentes de Galicia.

Galería de mapas das rías de Galicia

Galería de mapas das rías de Galicia

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Hórreo galego

O hórreo galego é un edificio de uso agrícola destinado a secar, curar e gardar o millo antes de debullalo e moelo. Consta dunha cámara de almacenaxe oblonga, estreita e permeable ao paso do ar, separada do chan para evitar a entrada de humidade e animais.

En Galicia conviven tres tipoloxías básicas de hórreo: o tipo galego (tamén chamado «galego-portugués»), o tipo asturiano e o hórreo de corres. No nordeste de Galicia e no occidente de Asturias é doado atopar hórreos do tipo galego e do tipo asturiano no mesmo lugar, aínda que con diferente denominación.

Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón

A liña de ferrocarril de vía estreita de Ferrol a Xixón comunica ambos os dous extremos pola costa do Cantábrico e Atlántico. Foi inaugurada o 6 de setembro de 1972, aínda que algúns tramos se puxeron en servizo antes, e desde o momento da súa construción foi integrada en FEVE.

Non seus comezos ten aproveitado material da liña Ribadeo-Vilaoudriz.

Dispón de vía única, electrificado entre Xixón e Cuideiru. Dependeu de FEVE ata o 31 de decembro de 2012, cando se unificaron os operadores estatais de vía estreita e vía larga. A infraestrutura foi transferida a ADIF e a explotación dos servizos a Renfe Operadora.​

Monte Corneira

O Monte Corneira ten o seu pico facendo límite entre os concellos de Foz, Barreiros e Lourenzá. Ten unha altura de 432 m, segundo o SIXPAC.

É accesible por diversos camiños, pero dificilmente en coche. Dende o seu cumio divísanse lugares como A Frouxeira ou a ría de Foz.

Nunca Máis

Nunca Máis é unha plataforma creada en 2003 poucos días despois de se afundir o petroleiro Prestige fronte ás costas galegas. Esta organización aglutinou dende entón a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables.

Con múltiplas manifestacións de variado carácter esixiu a declaración de Galiza como zona catastrófica e a inmediata dotación de recursos de todo tipo para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medioambientais e para a saúde provocadas polo sinistro. Tamén reclamou a posta en marcha de mecanismos de prevención que impedisen que feitos coma este se volvan a repetir no futuro.

Xosé María Torné fixo o deseño da súa bandeira.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Ría

A ría é unha entrada de costa, ou gran estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río. As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno .

Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia á colmatación, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.

Ría de Ribadeo

A ría de Ribadeo, ou ría do Eo, é formada a partir do río Eo xunto con outros ríos menores, como o río Grande, como un entrante do Cantábrico. Está situada no nordeste de Galiza e oeste de Asturias, actuando como fronteira natural. Ten 10 km de lonxitude e unha largura abondo constante duns 800 m, estreitándose ata os 600 m preto da boca, circunstancia aproveitada para construír sobre ela a Ponte dos Santos, e abríndose abondo máis á altura da enseada de Arnao, xusto á beira da súa boca, ou na enseada da Liñeira, fronte a Ribadeo, ambas na parte oriental.

A ría e o seu espazo natural da parte galega están amparados polas figuras de protección de zona especial de conservación, zona de especial protección para as aves e zona húmida protexida, e a parte asturiana como reserva natural parcial. O conxunto da ría de Ribadeo está dentro da Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e dentro do programa internacional de zonas húmidas Ramsar.

Rías Altas

As Rías Altas é a denominación coa que se coñece a parte setentrional do litoral de Galiza. Caracterízanse en xeral polo seu pequeno tamaño e mais pola súa elevada colmatación. Incluíndo as denominadas Rías Medias (Costa da Morte e Arco Ártabro) neste grupo, as Rías Altas abranguerían a parte norte e noroeste da provincia da Coruña e toda a costa da provincia de Lugo, limitando con Asturias ao leste e co cabo de Fisterra ao suroeste.

Con todo, en hidrografía considérase que o cabo Ortegal marca o punto de separación entre as Rías Altas propiamente ditas e as Rías Medias. En rigor, as Rías Altas son cinco:

Ría de Ortigueira

Ría do Barqueiro

Ría de Viveiro

Ría de Foz

Ría de Ribadeo

Río Masma

O río Masma é un río da provincia de Lugo. Pertence polo tanto á vertente cantábrica.

Nace na serra do Xistral, no concello do Valadouro. Percorre os concellos de Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz. Despois de 46 km de percorrido desemboca na ría de Foz, xunto á praia da Rapadoira e á praia de Altar no mar Cantábrico.

A superficie da súa conca supera escasamente os 290 quilómetros cadrados.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

San Martiño de Mondoñedo, Foz

San Martiño de Mondoñedo é unha parroquia do concello de Foz na comarca da Mariña Central. Ten unha superficie de 5 km², e 19 entidades de poboación. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 599 habitantes (296 homes e 303 mulleres), 63 menos ca en 2007 (326 homes e 336 mulleres) e 109 menos que en 1999.

Santa Cilla do Valadouro, Foz

Santa Cilla do Valadouro é unha parroquia do concello de Foz na comarca da Mariña Central, na provincia de Lugo que se estende por unha superficie de 13,22 Km². Tiña 276 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 128 homes e 148 mulleres distribuídos en 7 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 64 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 340 habitantes (164 homes e 176 mulleres) e 125 menos que en 1999.

Nesta parroquia atópase o monte da Frouxeira no que está o castelo da Frouxeira.

Zona de especial protección para as aves

As Zonas de especial protección para as aves (ZEPA), son catalogadas polos estados membros da Unión Europea como zonas naturais de singular relevancia para a conservación da avifauna ameazada de extinción, de acordo co establecido na directiva comunitaria 79/409/CEE e modificacións subseguintes («Directiva das Aves» da UE). Na rede galega de espazos protexidos son unha categoría dentro das "Zonas de especial protección dos valores naturais" (ZEPVN).

Nas zonas de protección prohíbese ou limítase a caza de aves, regúlase a posíbel comercialización; estando obrigados os a actuar para conservar as condicións medioambientais requiridas para o descanso, reprodución e alimentación das aves. A convención parte do recoñecemento de que as aves do territorio europeo son patrimonio común e han de ser protexidas a través dunha xestión homoxénea que conserve os seus hábitats.

Zonas especiais de conservación en Galicia

A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.

Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.