Ría de Corme e Laxe

A ría de Corme e Laxe é unha pequena ría galega que forma parte do conxunto das rías Medias que están englobadas nas rías Altas.

Ría de Corme e Laxe
Ría de Corme e Laxe
Localización administrativa
EstadoEspaña
DivisiónGalicia
SubdivisiónProvincia da Coruña
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
Xeografía
AfluentesRío Anllóns
Cidades ribeiregasCorme (Ponteceso) e Laxe
Características
Outros datos
Parte das:Rías Medias nas rías Altas
Dentro da:Costa da Morte
Localizacion Ria de Corme e Laxe.Galicia

situación da ría de Corme e Laxe

Situación xeográfica

A ría de Corme e Laxe esta na costa noroccidental de Galicia, na provincia da Coruña, en plena Costa da Morte. Fórmase na desembocadura do río Anllóns, tomando o seu nome das vilas de Laxe e Corme que se atopan na entrada de dita ría. Está limitada polo cabo Roncudo ao norte e polo cabo Laxe ao sur.

A ría baña os concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Laxe.

Praias e portos

Panoramica de laxe
Panoramica da praia e do porto de Laxe

Posúe numerosas praias ao longo da costa. No concello de Ponteceso están as da Hermida, Osmo e Balares. No concello de Cabana están as praias de Rebordelo e de San Pedro. No concello de Laxe a máis importante é a praia de Laxe.

Posúe dous portos pesqueiros, o porto de Corme e o porto de Laxe.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo.

Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés ou bergantiñán .

Canduas, Cabana de Bergantiños

San Martiño de Canduas é unha parroquia situada ao oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Nacional de Estadística no ano 2018 tiña 917 habitantes (443 homes e 474 mulleres), 111 menos que no 2009, 173 menos que no 2004 e 291 menos que no 2000. Están distribuídos en 21 entidades de poboación.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Galería de imaxes do río Anllóns

O río Anllóns nace no monte Xalo, a 400 metros de altitude, e desemboca na ría de Corme e Laxe

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Laxe

Laxe é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños.

Segundo o IGE en 2018 tiña 3.084 habitantes (3.148 en 2016, 3.313 no 2012, 3.366 no 2011, 3.417 no 2010) dos que 1.543 eran homes e 1.541 eran mulleres.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é laxense.

Praia da Guieira

43°13′N 008°56′O

A praia da Guieira e un areal situado na parroquia de Canduas no concello de Cabana de Bergantiños bañada por as augas do océano Atlántico.

Adoita estar totalmente cuberta cando hai marea chea, quedando coa baixamar unha lingua de area ao descuberto.

Non ten afluencia de bañistas xa que é moi perigoso introducirse nas súas aguas por mor dunha canle que hai para facilitar o paso dos barcos con dirección aos estaleiros de Canduas.

Dende ela contémplase toda a ría de Corme e Laxe, co Monte Branco en fronte, a praia de Balares e a illa Tiñosa.

Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como o pinto (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis) a lapa ou o percebe; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico.

Nela pódese practicar a pesca deportiva.

Praia de Area das Vacas

A praia de Area das Vacas é un pequeno areal situado na parroquia de Canduas, no concello de Cabana de Bergantiños. Esta bañada pola ría de Corme e Laxe, e presenta un estado case natural.

O seu nome vén dado porque era un lugar común onde os veciños da parroquia levaban a pastar as vacas.

Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como o pinto (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis) ou a lapa; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico.

Nela practícase pesca deportiva.

Praia de Piquiti

A praia de Piquiti é un pequeno areal situado na parroquia de Canduas, en Cabana de Bergantiños, a carón da praia de Area das Vacas, con difícil acceso dende Taboído.

Ten vistas a Punta do Roncudo (Corme) e a Corme Aldea, xa que é o primeiro areal mariño da costa cabanesa. Está bañada pola ría de Corme e Laxe e está nun estado virxe e totalmente natural.

Non conta con servizos de aparcadoiro, ducha e socorrismo.

Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como o pinto (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis) ou a lapa; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico.

Nela podese realizar pesca deportiva, non e frecuente encontrar pescadores neste lugar.

Praia de Rebordelo

A praia Rebordelo é un areal situado na parroquia de Canduas, en Cabana de Bergantiños. Está bañada polas augas do océano Atlántico onde se forma a ría de Corme e Laxe en plena Costa da Morte.

Ten un fácil acceso dende o lugar de Rebordelo e é a praia máis visitada polos veciños cabaneses e polos turistas, debido en gran parte a que esta salvagardada de case todos os tipos de vento. Nesta praia desemboca o rego de Rebordelo, e tamén ten unha fervenza natural de augas claras.

Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como o pinto (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis) a lapa ou o percebe; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico.

Conta cun pequeno aparcadoiro e duchas, e no verán con servizo de socorrismo. É a única praia de Cabana que conta con grellas e mesas.

Praia de San Pedro

A praia de San Pedro é un areal situado na parroquia de Canduas, en Cabana de Bergantiños, a carón da praia de Rebordelo. Está bañada pola ría de Corme e Laxe.

Chégase a ela desde o lugar de San Pedro, se ben non ten un acceso fácil.

Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como o pinto (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis), a lapa ou o percebe; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico.

Apenas recibe a visita de bañistas, e está en estado virxe e natural. Está encaixada entre dous brazos montañosos que a resgardan dos ventos. Non conta cos servizos de aparcadoiro, duchas nin socorrismo.

Praia do Pendón

A Praia do Pendón é un areal situado na parroquia de Canduas, en Cabana de Bergantiños, a carón da senda marítima. Preto dela está o club náutico do concello e un museo taberna en proceso de construción.

Está situada no estuario do río Anllóns, preto xa da ría de Corme e Laxe.

A súa flora e fauna son moi especiais, xa que a barra é un lugar de parada das aves migratorias. Dende esta praia pódense divisar moitas especies de aves que son difíciles de encontrar noutros lugares, como por exemplo a gaivota, o corvo mariño, mazarico ou parrulos e outras aves menos frecuentes como: garzas, garzotas, píllaras, ou gabitas.

Está equipada cun pequeno aparcadoiro e ducha, e en verán conta con servizo de socorrismo.

Pódese practicar a pesca deportiva, e é frecuente ver grupos de persoas practicando esta actividade. Tamén é un sitio propicio para piragüismo ou windsurf.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Ría

A ría é unha entrada de costa, ou gran estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río. As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno .

Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia á colmatación, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.

Rías Medias

O nome de rías Medias, ou centrais, englobándose ás rías Altas entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares. Formáronse despois das rías Baixas e antes do resto das rías Altas, hai 5 millóns de anos .

Esta costa de rías tamén se pode subdividir en Costa da Morte e Arco Ártabro.

As rías medias son de sur a a norte e de oeste a leste:

Ría de Camariñas.

Ría de Corme e Laxe.

Ría da Coruña ou Ría do Burgo.

Ría de Betanzos.

Ría de Ares.

Ría de Ferrol.

Ría de Cedeira.

Ría de Ortigueira.En xeral son abondo expostas ó mar, é dicir, con entrada ancha en relación á súa profundidade, e excepto as dúas últimas, cunha colmatación media (Cedeira e Ortigueira teñen unha colmatación elevada).

Río Anllóns

O Anllóns, anteriormente chamado río Ber[Cómpre referencia], é un río galego da vertente atlántica que nace nos montes do Xalo entre Mantiñán, A Laracha, e a Ermida, Culleredo., a uns 400 metros de altitude. Outros autores indican que nace na fonte de Miguel Belido na parroquia de Soandres (A Laracha), e desemboca na ría de Corme e Laxe.

O topónimo Anllóns, que lle dá nome ao río, podería provir de angulones, do latín angulus, que faría alusión aos meandros da súa desembocadura.O tramo de río e as súas ribeiras que van desde Carballo e Coristanco ata case a ría de Corme e Laxe foi declarado lugar de importancia comunitaria e zona de especial conservación en 2004.

Zona especial de conservación da Costa da Morte

O espazo natural da Costa da Morte é unha contorna catalogada como zona especial de conservación (ZEC) e que protexe o litoral e as augas costeiras que van desde a praia de Alba en Arteixo ata cabo Fisterra. Xa que acolle as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra recibe o seu nome da rexión coruñesa homónima: a Costa da Morte. Destaca por contornas como son as Illas Sisargas, as marismas de Baldaio, a enseada da Ínsua, a lagoa de Traba, a praia do Trece, a ría de Corme e Laxe, e os cabos de Vilán e Fisterra. Protexe unha importante área do mar diante do cabo Fisterra. É unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, como refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís.Coas súas 11.809 ha, o espazo natural da Costa da Morte é o máis extenso dos costeiros galegos. Malia a todo, a zona protexida non é continua en toda a costa. As poboacións costeiras, como son Malpica, Corme, Laxe e Muxía, a ría de Camariñas e o litoral de Arou a Camelle quedan fóra do espazo protexido.Este espazo ten unha alta diversidade de hábitats, nos que destacan os costeiros coas súas dunas e os de vexetación halófita. Ten varias especies de protección prioritaria: Omphalodes littoralis subsp. gallaecica e o sapoconcho mariño Caretta caretta, que non está sempre pero que é habitual velo na costa. O 69,3% da área do espazo natural ten un valor de conservación alto e o 20,3% o maior valor de conservación.A zona de protección de aves (ZEPA) da costa da Morte non casa na súa totalidade do LIC. Vai desde cabo Caión ata cabo Touriñán e abrangue ata as 20 millas náuticas desde a costa, co que chega a ser unha área de protección de 316.283,05 ha.

Zona especial de conservación do Río Anllóns

O espazo natural do Río Anllóns é un contorno catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que ampara as ribeiras do río Anllóns nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Coristanco e Carballo. O espazo natural vai dende o seu alto cos regos de Calvelo, da Balsa ou río Rosende en Carballo e Coristanco ata o seu tramo final, xa chegando á ría de Corme e Laxe. Esta ZEC únese á ZEC da Costa da Morte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.