Ría de Corcubión

A ría de Corcubión, atópase na provincia da Coruña, en Galiza.

Ría de Corcubión
Castelo do Cardeal en Corcubión
Localización administrativa
EstadoEspaña
DivisiónGalicia
SubdivisiónProvincia da Coruña
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
Xeografía
SubdivisiónsRía do Ezaro
Illas interioresIllas Lobeiras
AfluentesRío Xallas
Cidades ribeiregasFisterra, Corcubión, Cee, Dumbría e Carnota
Accidentes
OutrosMonte Pindo, praia de Carnota
Características
Outros datos
Parte das:Rías Baixas
Dentro da:Costa da Morte
Mapa
Ría de Corcubión

Situación da ría de Corcubión
Galicia-loc

Características

É a máis setentrional das rías Baixas, baña os municipios de Fisterra, Corcubión, Cee, Dumbría e Carnota.

A ría describe un amplo arco que, desde o cabo Fisterra, a desembocadura do río Xallas (na parroquia do Ézaro) e o monte Pindo, que domina o conxunto, vaise abrindo o dito arco cara ao sur ata a praia de Carnota, polo que se vai transformando nunha enseada.

Véxase tamén

Outros artigos

A Ameixenda, Cee

Santiago da Ameixenda é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cee na comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2013 tiña 526 habitantes (275 mulleres e 251 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 615 habitantes, e 1999 cando tiña 669 habitantes.

Camiño de Fisterra-Muxía

O Camiño de Fisterra é o único dos Camiños de Santiago con orixe na cidade de Compostela. Realmente, trátase da continuación, prolongación ou epílogo dos diferentes Camiños e, de feito, hai unha tendencia a non conceder a categoría de Camiño de Santiago a este itinerario, e mesmo a cualificalo como pagán ou profano, en contraposición ó carácter relixioso doutros itinerarios que si se dirixen cara o Apóstolo , unha vez alcanzada a meta da peregrinación a Santiago. Tras visitar ó Apóstolo na catedral, numerosos peregrinos deciden continuar a ruta para rematar a súa viaxe en Fisterra ou en Muxía.

Con este Camiño, os peregrinos que se dirixen a Fisterra pretenden alcanzar a fin do mundo antigo, o finis terrae. Os que optan por camiñar cara Muxía buscan visitar o santuario da Virxe da Barca, onde a tradición di que quedou petrificada a a barca na que a Virxe veu animar a Santiago na súa predicación en Galicia; a barca sería o que hoxe se coñece como a Pedra de Abalar, a vela sería a Pedra dos Cadrís e unha terceira pedra coñécese como a Pedra do Temón.

Castelo do Príncipe

O Castelo do Príncipe é unha fortaleza construída no século XVIII, sita na parroquia da Ameixenda, no concello de Cee. Foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 1994. Dá nome á aldea de Castelo do Príncipe.

Cee

Cee é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 7539 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceense».

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Fisterra

Fisterra (do latín finis terrae 'fin da terra') é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 4734 habitantes (5.005 no 2009, 5009 no 2006, 5042 no 2005, 5093 no 2004, 5141 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fisterrán».

Galería de imaxes de mapas de vertentes de Galicia

Galería de imaxes de mapas de vertentes de Galicia.

Galería de mapas das rías de Galicia

Galería de mapas das rías de Galicia

Gallaecimonas

Gallaecimonas é un xénero de bacterias recentemente descrito, descuberto na costa galega. A primeira especie descrita deste xénero foi Gallaecimonas pentaromativorans gen. nov., sp. nov. descuberta por Rodríguez Blanco et al. en 2010 en sedimentos intermareais da ría de Corcubión en Cee, A Coruña . Trátase dunha proteobacteria da clase Gammaproteobacteria con forma de bacilo gramnegativo , halotolerante, que se caracteriza por poder degradar hidrocarburos aromáticos policíclicos de elevado peso molecular de 5 aneis. O xene do ARNr 16S mostrou heteroxeneidade, e na cepa estudada CEE_131(T), as súas secuencias indicaron unha distante relación cos xéneros Rheinheimera e Serratia. O seu contido G+C (guanina e citosina) foi de 41,7 mol%.É especialmente interesante a capacidade de degradar hidrocarburos aromáticos policíclicos desta bacteria, porque estes hidrocarburos son contaminantes moi comúns vertidos no medio polas actividades humanas, e os de elevado peso molecular con de 4 a 6 aneis son difíciles de degradar, tenden a acumularse nos sedimentos e son mutaxénicos, carcinóxenos ou teratoxénicos.O nome do xénero procede do nome latino de Galicia, Gallaecia, e do grego monas, mónada. O nome da especie fai referencia a que degrada compostos aromáticos de 5 aneis: pent + aromati + vorans ("devorador de compostos aromáticos con 5 aneis").Posteriormente, en 2012, Jianning Wang et al. descubriron nun consorcio de bacterias degradadoras de petróleo en mostras extraídas nos arredores da illa de Xiamen (China) a especie Gallaecimonas xiamenensis sp. nov. As análises das secuencias de ARNr da cepa 3C-1-T indicaron que pertencía ao xénero Gallaecimonas cunha semellanza de secuencia do 96,6% ao 96,8 %. O seu contido G+C era do 61,3 mol%. Trátase dun bacilo gramnegativo móbil, que non pode reducir o nitrato.

Great Liverpool

O Great Liverpool foi un barco de bandeira británica que cubría a parte occidental da liña de pasaxe entre a India e o Reino Unido, e que afundiu fronte ás costas de Corcubión en 1846.

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Illas Lobeiras

As Illas Lobeiras son un pequeno arquipélago galego pertencente á provincia da Coruña, en fronte da costa de Carnota, en plena ría de Corcubión. Está formado por dous grupos de illas separadas entre elas por un quilómetro e medio.

Manuel López Sendón

Manuel López Sendón, nado en Carnota en 1909 e falecido en Santiago de Compostela o 8 de decembro de 1985, foi un médico e político falanxista galego.

Monte Pindo

O monte Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura que se atopa no concello coruñés de Carnota.O monte Pindo xunto con outros ecosistemas como as praias de Carnota, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Carnota - Monte Pindo dentro da Rede Natura 2000. Ese ZEC de Carnota - Monte Pindo ten unha superficie de 4 629 ha e abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Prestige

O Prestige foi un buque petroleiro monocasco construído no Xapón en 1976 que afundiu fronte ás costas galegas o 19 de novembro de 2002, producindo unha inmensa marea negra que afectou a unha ampla zona comprendida dende o norte de Portugal ata as Landas ou Vendée, en Francia, provocando a maior catástrofe ecolóxica na historia de Galicia e unha mobilización social e política. Desta mobilización xurdiu a plataforma Nunca Máis.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Ría

A ría é unha entrada de costa, ou gran estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río. As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno .

Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia á colmatación, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.

Rías Baixas

As Rías Baixas son as rías galegas situadas entre a fronteira portuguesa e o cabo Fisterra.

De sur a norte son:

Ría de Vigo

Ría de Pontevedra

Ría de Arousa

Ría de Muros e Noia

Ría de CorcubiónEntre elas atópanse as seguintes baías e enseadas:

Ría de Baiona

Ría de AldánCaracterízanse polo seu tamaño, grandes en relación ó resto das rías de Galiza, e pola súa orientación transversal á costa. A súa colmatación é relativamente baixa.

Río Xallas

O río Xallas pertence á vertente atlántica galega. Nace preto dos montes do Castelo (Santa Comba), discorre polos concellos de Coristanco, Santa Comba, A Baña e Zas, e forma o límite entre Mazaricos, Carnota e Dumbría. Finalmente, desemboca na enseada de Ézaro, formando unha fervenza rodeada de espectaculares microformas graníticas no Monte Pindo. As augas céibanse os domingos do verán ao mediodía e, desde 2006, os sábados á noite, con espectáculo de luces.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.