Ría de Cedeira

A Ría de Cedeira é unha ría galega da provincia da Coruña. Está formada pola desembocadura dos ríos Condomiñas , Dás Mestas e Forcadas. O río Condomiñas atravesa a vila de Cedeira, porto pesqueiro do municipio homónimo que dá nome á ría. O río dás Mestas fai de límite entre os municipios de Cedeira e Valdoviño (ambos son bañados polas augas da ría). O encoro das Forcadas fornece a comarca de ferroltera, o río Forcadas desemboca na ría xa no municipio de Valdoviño, no lateral da praia de Vilarrube, formando o litoral sur da ría.

Constitúe unha reserva mariña de interese pesqueira.

Ría de Cedeira. Galiza C16
Cedeira

Cedeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 7.147 habitantes (7.465 no 2009, 7.443 no 2006, 7.429 no 2005, 7.477 no 2004, 7.498 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cedeirense» ou «cedeirés».

Cedeira, Cedeira

Santa María do Mar de Cedeira é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 4824 habitantes (2408 mulleres e 2416 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 4998 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Cerdido

Cerdido é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 1249 habitantes (1361 no 2010, 1496 no 2006, 1522 no 2005, 1558 no 2004, 1589 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cerdidense».

Esteiro, Cedeira

San Fiz de Esteiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 562 habitantes (284 homes e 278 mulleres), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 588 habitantes.

Forcadas

O topónimo galego Forcadas pode referirse a:

Forcadas, parroquia do concello de Chandrexa de Queixa;

Forcadas, lugar de dita parroquia;

As Forcadas, lugar da parroquia de Santa Comba, no concello de Bande;

As Forcadas, lugar da parroquia de Devesos, no concello de Ortigueira;

As Forcadas, lugar da parroquia de Corme Porto, no concello de Ponteceso;

As Forcadas, lugar da parroquia de Amandi, no concello de Sober;

As Forcadas, lugar da parroquia de Belesar, no concello de Vilalba;

O río Forcadas, que desauga na ría de Cedeira;

O encoro das Forcadas, en dito río;

O rego das Forcadas, afluente do río Picarrexo, na provincia de Lugo.

Galería de imaxes de Cedeira

Galería de imaxes do concello de Cedeira na provincia da Coruña.

Galería de mapas das rías de Galicia

Galería de mapas das rías de Galicia

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Ilmenita

A ilmenita (FeTiO3) é un mineral feblemente magnético, de color negra ou gris, que se encontra nas rochas metamórficas e nas rochas básicas eruptivas (gabro, diabase, piroxenita). O nome provén das montañas "Ilmen" en Rusia, un dos principais depósitos. A maioría da ilmenita atópase recuberta de capas, como por exemplo, de area de praia. Contén o 47,34% de FeO e o 52,66% de TiO2, aínda que esta proporción é variable pola entrada do óxido férrico, substituíble por magnesio e manganeso.

Preséntase en forma de cristais normalmente tabulares delgados e romboédricos. Nas areas das praias acostuman estar partículas moi miúdas deste mineral, con diámetros de entre 0,1 e 0,2 mm.

Loira

O topónimo Loira pode referirse a:

Loira, parroquia do concello de Valdoviño;

Loira, lugar da parroquia de Seixo, no concello de Marín;

Loira, lugar da parroquia de Labacengos, no concello de Moeche;

A Loira, lugar da parroquia de Barallobre, no concello de Fene;

A Loira, lugar da parroquia de Pantín, no concello de Valdoviño;

Río Loira, que desemboca na ría de Cedeira;

Río Loira, que desemboca na ría de Pontevedra.Amais, Loira é o exónimo en lingua galega do francés Loire. Pode referirse a:

Río Loira, río francés que desemboca en Nantes. Dá nome a:

Loiré, concello do departamento de Maine e Loira, na rexión dos Países do Loira;

Loiré-sur-Nie, concello do departamento de Charente Marítimo, na rexión de Poitou-Charentes;

Loire-les-Marais, concello do departamento de Charente Marítimo, na rexión de Poitou-Charentes;

Loire-sur-Rhône, concello do departamento de Ródano, na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes;

Departamento de Loira, departamento da rexión de Ródano-Alpes;

Saona e Loira, departamento da rexión de Bourgogne;

Maine e Loira, departamento da rexión dos Países do Loira;

Loira Atlántico, departamento da rexión de Países do Loira;

Alto Loira, departamento da rexión de Auvernia;

Indre e Loira, departamento da rexión de Centro-Val de Loira;

Centro-Val de Loira, rexión francesa;

Países do Loira, rexión francesa.

Piñeiro, Cedeira

San Cosme de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 437 habitantes (230 mulleres e 207 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 407 habitantes.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Punta Candeeira, Cervo, Cedeira

Punta Candeeira, tamén chamado Punta Candieira, é un lugar da costa da parroquia de Cervo no concello de Cedeira na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2007 tiña tres habitantes (un home e dúas mulleres), a mesma cantidade ca en 2003.

Neste lugar está o Faro de Punta Candeeira, sendo o fareiro e a súa familia os únicos veciños.

Ría

A ría é unha entrada de costa, ou gran estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río. As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno .

Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia á colmatación, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.

Rías Medias

O nome de rías Medias, ou centrais, englobándose ás rías Altas entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares. Formáronse despois das rías Baixas e antes do resto das rías Altas, hai 5 millóns de anos .

Esta costa de rías tamén se pode subdividir en Costa da Morte e Arco Ártabro.

As rías medias son de sur a a norte e de oeste a leste:

Ría de Camariñas.

Ría de Corme e Laxe.

Ría da Coruña ou Ría do Burgo.

Ría de Betanzos.

Ría de Ares.

Ría de Ferrol.

Ría de Cedeira.

Ría de Ortigueira.En xeral son abondo expostas ó mar, é dicir, con entrada ancha en relación á súa profundidade, e excepto as dúas últimas, cunha colmatación media (Cedeira e Ortigueira teñen unha colmatación elevada).

Río Loira

Hai varios ríos co nome de Loira:

Río Loira, río de Galicia que desemboca na ría de Cedeira;

Río Loira, río de Galicia que desemboca na ría de Pontevedra;

Río Loira (en francés Loire), río de Francia que desemboca en Nantes.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Valdoviño

Valdoviño é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 contaba con 6.796 habitantes (6.978 no 2009, 6.896 no 2006, 6.888 no 2005, 6.854 no 2004, 6.877 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valdoviñés».

O nome do concello fai pensar a algúns nunha agricultura baseada na vide, así Val do viño sería a orixe do topónimo. Tamén hai quen manexa outra hipótese: Val do Aviño, rego que atravesa o chan do municipio, se ben as últimas investigacións, indican que o nome provén do propietario dunha pequena explotación agraria, chamado Baldovino, Baldoviño ou Balduino, do que hai abondosa documentación nos textos medievais.Ocupa unha franxa costeira desde a praia de Campelo ata a entrada da ría de Cedeira.

Nesta poboación leváronse a cabo no século XVIII (1767) os primeiros cultivos de patacas traídas desde América.

As praias do término municipal de Valdoviño son moi populares polo seu paisaxe natural e entre os aficionados ao surf. Entre elas, destacan o areal da Frouxeira, duns 3,6 km de lonxitude, e a praia de Pantín, onde anualmente cada mes de setembro celebrase o Pantín Classic, campionato internacional de surf que comenzou súa andadura en 1988.

A lagoa da Frouxeira é un destacado ecosistema de gran valor ornitolóxico por ser lugar de descanso de aves migratorias e de cría dalgunhas especies de aves.

Álvaro Porto Dapena

José Álvaro Porto Dapena, nado en San Xiao de Narón (Narón) en 1940 e finado en Cedeira o 6 de outubro de 2018, foi un filólogo e profesor universitario galego, membro correspondente da Real Academia Española de la Lengua.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.