Ría de Camariñas

A ría de Camariñas é unha ría galega da provincia da Coruña, pertencente á Costa da Morte.

Hidrogalicia ria de camarinnas
Cunca da Ría de Camariñas.

Localización e características

Limita ó sur con Muxía e ó norte co Cabo Vilán. Nela desemboca o río Grande, que baña os municipios de Camariñas, Muxía e Vimianzo.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Comarca da Terra de Soneira

A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste. Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Galería de imaxes de mapas de vertentes de Galicia

Galería de imaxes de mapas de vertentes de Galicia.

Galería de mapas das rías de Galicia

Galería de mapas das rías de Galicia

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Marea negra

Unha marea negra é chegada á costa da vertedura de hidrocarburos ó mar, a modo dunha marea tinxida de negro formada por unha masa oleaxinosa máis ou menos espesa da emulsión do hidrocarburo en auga. As mareas negras máis graves adoitan ser consecuencia dun accidente dun barco petroleiro ou unha plataforma petrolífera.

Aínda que o termo se aplica cando se trata da chega dunha masa voluminosa nun curto espazo de tempo de cru, fuel ou outro derivado do petróleo, os efectos sobre os ecosistemas son basicamente os mesmos que cando se trata dos vertidos limitados e reducidos producidos a partir doutras orixes, como as limpezas ilegais dos depósitos de fuel en alta mar, erros ou accidentes producidos na carga ou descarga dos barcos etc. Estes vertidos nunca son espectaculares e, por conseguinte, moitas veces pasan desapercibidos pola opinión pública pero son moito máis frecuentes cos derivados de accidentes, tanto en número como en volume vertido ó mar.

Naufraxios de pesqueiros galegos

Ao longo do tempo producíronse numerosos naufraxios de pesqueiros onde se viron implicados buques e tripulacións galegas. Nesta lista aparecen algúns dos acontecidos desde mediados do século XX, dos que existe maior documentación.

Nunca Máis

Nunca Máis é unha plataforma creada en 2003 poucos días despois de se afundir o petroleiro Prestige fronte ás costas galegas. Esta organización aglutinou dende entón a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables.

Con múltiplas manifestacións de variado carácter esixiu a declaración de Galiza como zona catastrófica e a inmediata dotación de recursos de todo tipo para reparar as graves consecuencias económicas, sociais, medioambientais e para a saúde provocadas polo sinistro. Tamén reclamou a posta en marcha de mecanismos de prevención que impedisen que feitos coma este se volvan a repetir no futuro.

Xosé María Torné fixo o deseño da súa bandeira.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Ría

A ría é unha entrada de costa, ou gran estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río. As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno .

Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia á colmatación, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.

Rías Medias

O nome de rías Medias, ou centrais, englobándose ás rías Altas entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares. Formáronse despois das rías Baixas e antes do resto das rías Altas, hai 5 millóns de anos .

Esta costa de rías tamén se pode subdividir en Costa da Morte e Arco Ártabro.

As rías medias son de sur a a norte e de oeste a leste:

Ría de Camariñas.

Ría de Corme e Laxe.

Ría da Coruña ou Ría do Burgo.

Ría de Betanzos.

Ría de Ares.

Ría de Ferrol.

Ría de Cedeira.

Ría de Ortigueira.En xeral son abondo expostas ó mar, é dicir, con entrada ancha en relación á súa profundidade, e excepto as dúas últimas, cunha colmatación media (Cedeira e Ortigueira teñen unha colmatación elevada).

Río Grande, ría de Camariñas

O río Grande, río do Porto ou río da Ponte é un río galego da vertente atlántica que nace no Pico da Meda, na parroquia de Santa Sabiña.

Ríos de Galicia

Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Porén, os altos desniveis provocan a existencia de numerosas fervenzas.

Amais da pesca fluvial, existe aproveitamento industrial dos ríos mediante os muíños e os encoros para a produción de enerxía eléctrica e o abastecemento de auga.

Serra da Pena Forcada

A serra da Pena Forcada é unha pequena cordilleira localizada ao norte da ría de Camariñas, entre Traba e o cabo Vilán. O punto de maior altura é a Torre da Moa con 241 metros sobre o nivel do mar.

Vimianzo

Vimianzo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira e integrado no partido xudicial de Corcubión. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vimiancés». É un dos concellos máis extensos da provincia (187,4 km²) que, segundo o IGE, tiña 7.565 habitantes en 2015 (8.128 no 2010, 8.402 no 2006, 8.466 no 2005, 8.517 no 2004, 8.653 en 2003), cunha baixa densidade de poboación (40,37 hab./km²). Sitúase practicamente equidistante das cidades da Coruña e Santiago de Compostela; pese a ter apenas uns metros de liña costeira está considerado tamén un dos concellos que forman parte da Costa da Morte.

Xeografía de Galicia

A xeografía de Galicia caracterízase polo contraste entre os relevos costeiro, de baixa altitude, e o do interior, dunha maior altitude. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais. A superficie do territorio galego é de 29 574,4 km².

Zona especial de conservación da Costa da Morte

O espazo natural da Costa da Morte é unha contorna catalogada como zona especial de conservación (ZEC) e que protexe o litoral e as augas costeiras que van desde a praia de Alba en Arteixo ata cabo Fisterra. Xa que acolle as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra recibe o seu nome da rexión coruñesa homónima: a Costa da Morte. Destaca por contornas como son as Illas Sisargas, as marismas de Baldaio, a enseada da Ínsua, a lagoa de Traba, a praia do Trece, a ría de Corme e Laxe, e os cabos de Vilán e Fisterra. Protexe unha importante área do mar diante do cabo Fisterra. É unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, como refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís.Coas súas 11.809 ha, o espazo natural da Costa da Morte é o máis extenso dos costeiros galegos. Malia a todo, a zona protexida non é continua en toda a costa. As poboacións costeiras, como son Malpica, Corme, Laxe e Muxía, a ría de Camariñas e o litoral de Arou a Camelle quedan fóra do espazo protexido.Este espazo ten unha alta diversidade de hábitats, nos que destacan os costeiros coas súas dunas e os de vexetación halófita. Ten varias especies de protección prioritaria: Omphalodes littoralis subsp. gallaecica e o sapoconcho mariño Caretta caretta, que non está sempre pero que é habitual velo na costa. O 69,3% da área do espazo natural ten un valor de conservación alto e o 20,3% o maior valor de conservación.A zona de protección de aves (ZEPA) da costa da Morte non casa na súa totalidade do LIC. Vai desde cabo Caión ata cabo Touriñán e abrangue ata as 20 millas náuticas desde a costa, co que chega a ser unha área de protección de 316.283,05 ha.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.