Ría de Betanzos

A ría de Betanzos é unha ría galega, unha das doce que conforman as Rías Altas, e unha das catro que forman o Golfo Ártabro. Atópase no norte da provincia da Coruña, e baña os municipios de Sada, Bergondo, Betanzos, Paderne, Miño e Pontedeume.

Plano del Pais adyacente a las tres rías de la Coruña, Betanzos y Ferrol, llamado de las Mariñas, por el D.r D.n Domingo Fontán
PLANO DEL PAIS
adyacente a las tres rías de la
CORUÑA, BETANZOS Y FERROL,
llamado de las Mariñas,
Por el D.r D.n Domingo Fontán

Descrición

A ría nace na cidade de Betanzos, como consecuencia da desembocadura conxunta dos ríos Mendo e Mandeo. Discorre entre marismas e xunqueiras durante uns oito quilómetros, para ampliarse notablemente a partir de entón, e acabar uníndose á ría de Ares no cabo coñecido como Punta Carboeira. Ademais dos mencionados ríos, desembocan nas súas augas o Lambre e o Baxoi, ambos pola súa marxe dereita.

Duramente castigada polas mareas negras provocadas polos petroleiros Urquiola (1975) e Mar Exeo (1992), ámbolos dous sinistrados no veciño porto da Coruña, a ría loita por recuperar a riqueza marisqueira que noutrora a caracterizaba. Conta con algunhas das mellores praias de Galicia, destacando especialmente a de Perbes e a praia Grande, no concello de Miño, e a de Gandarío, no termo municipal de Bergondo.

Aínda que na antigüidade foi navegable en toda a súa extensión, os sedimentos depositados nos seus fondos e ribeiras foron reducindo ostensiblemente o seu calado, ata permitir a navegación unicamente no seu tramo final. Porén, esta circunstancia permitiu a construción de tres pontes sobre as súas augas: unha de ferrocarril e dous viadutos, que permiten acurtar o traxecto que separa A Coruña de Ferrol.

Esta condición permitiu, con todo, a súa catalogación como espazo natural protexido dentro da Rede Natura 2000 impulsada pola Unión Europea dentro do conxunto Betanzos-Río Mandeo. Así, a ría de Betanzos conságrase como un Lugar de Importancia Comunitaria debido á súa riqueza faunística típica dun espazo intermareal.

Galería de imaxes

Panorámica da ría de Ares, vista dende Pontedeume.
Panorámica da ría de Ares, vista dende Pontedeume
A ponte do Pedrido sobre a ría entre Bergondo e Paderne.
A ponte do Pedrido sobre a ría entre Bergondo e Paderne

Véxase tamén

Outros artigos

Arco Ártabro

O Arco Ártabro ou Golfo Ártabro é a denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, correspondéndose co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum. Ten un ancho máximo de 5.800 m. e intérnase uns 5.600 m. cara á desembocadura do río Mero na praia de Santa Cristina (Perillo, Oleiros) e forma parte das chamadas Rías Altas (ou Rías Medias, segundo autores).

Betanzos

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010).

Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia. Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes. Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465. Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada conxunto histórico-artístico.Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; e conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo.

A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é betanceiro, brigantino ou popularmente garelo.

Betanzos - Mandeo

Betanzos-Mandeo é un espazo protexido galego é un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue 1.020 ha dos concellos de Aranga, Abegondo, Betanzos, Coirós, Irixoa, Miño, Paderne e Oza-Cesuras. Acolle a boa parte do río Mandeo e o río Mendo, rexión onde se conservan as tradicionais fragas de ribeira e as marismas na desembocadura do río, na ría de Betanzos. A importancia da súa conservación reside na súa flora de ribeira e da vexetación da marisma, típica do Cantábrico e do Atlántico meridional. Tamén, por ser un hábitat onde se conserva o salmón atlántico.É tamén unha zona de especial protección dos valores naturais.

Curtis

Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña limítrofe coa provincia de Lugo. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 4048 habitantes (4159 no 2012, 4214 no 2011, 4228 no 2010). O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello, e Curtis que tamén é o nome histórico do concello. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «curtense» .

Hiar

Hiar, segundo a mitoloxía galega, é un dos fillos de Brigo, o primeiro poboador de Galicia.

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Ponte da ría de Betanzos

A ponte da ría de Betanzos é un viaduto da AP-9 que une os concellos de Bergondo e Paderne sobre a ría de Betanzos.

Ponte do Pedrido

A ponte do Pedrido é unha ponte en arco que cruza a ría de Betanzos, unindo os concellos de Bergondo e Paderne (ámbolos dous na provincia da Coruña). Foi proxectado polos enxeñeiros Eduardo Torroja Miret e César Villalba Granda.

Praia Grande de Miño

A praia Grande de Miño é un areal da ría de Betanzos, pertencente ao concello de Miño. A praia pecha unhas marismas polas que desemboca o río Baxoi nun dos extremos da praia. Ao longo de todo o areal hai un paseo peonil e no medio dela hai un pequeno monte de piñeiros. A praia ten bandeira azul dende 1984. Ten aceso directo á AP-9.

En 2012 e 2013 foi elixida polos lectores de 20 minutos como o mellor areal de España.En 2016 a praia de Miño, Perbes e Ribeira perderon as Bandeiras Azuis por non ser quen o concello de atopar socorristas titulados.

Praia de Perbes

A praia de Perbes é un areal da ría de Betanzos, pertencente ao concello de Miño. A praia ten Bandeira Azul. Hai un camping na zona.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é unha reserva da biosfera declarada o 28 de maio de 2013, que abrangue 17 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos e Terra de Melide. A reserva ten unha superficie de 113.970 hectáreas e nela vive unha poboación dunhas 190.000 persoas.

Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000 e un monumento natural.

Rías Medias

O nome de rías Medias, ou centrais, englobándose ás rías Altas entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares. Formáronse despois das rías Baixas e antes do resto das rías Altas, hai 5 millóns de anos .

Esta costa de rías tamén se pode subdividir en Costa da Morte e Arco Ártabro.

As rías medias son de sur a a norte e de oeste a leste:

Ría de Camariñas.

Ría de Corme e Laxe.

Ría da Coruña ou Ría do Burgo.

Ría de Betanzos.

Ría de Ares.

Ría de Ferrol.

Ría de Cedeira.

Ría de Ortigueira.En xeral son abondo expostas ó mar, é dicir, con entrada ancha en relación á súa profundidade, e excepto as dúas últimas, cunha colmatación media (Cedeira e Ortigueira teñen unha colmatación elevada).

Río Baxoi

O río Baxoi ou Baixoi é un río galego que nace na serra de Queixeiro e desemboca na ría de Betanzos atravesando de leste a oeste os concellos coruñeses de Monfero, Vilarmaior e Miño. A súa cunca abrangue tamén terras de Andrade, no concello de Pontedeume. Ten unha lonxitude aproximada duns 21 km. e recibe distintos nomes ao longo do seu percorrido.

Río Lambre

O Lambre é un pequeno río galego da provincia da Coruña, que verte as súas augas na ría de Betanzos.

Río Mandeo

O Río Mandeo nace no Marco das Pías na vertente occidental do Alto dos Moscós, a uns 700 metros de altitude e preto do lugar do Mandeo. Atravesa os concellos de Sobrado, Curtis, Aranga, Irixoa, Coirós, Paderne e Betanzos. Forma a ría de Betanzos xunto co río Mendo.

Río Mendo

O río Mendo nace en Curtis na parroquia de Foxado, pasa polos concellos de Oza-Cesuras e Coirós, fai de límite destes dous mencionados, e acaba desembocando na vila de Betanzos, formando, xunto co Río Mandeo, a Ría de Betanzos.

Río Xarío

O río Xarío é un río galego de só catro quilómetros e medio de curso. É afluente do río Baxoi, ao que se une pouco antes de que este desemboque na ría de Betanzos.

Sobrado

Sobrado é un concello situado no sueste da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE no 2015 tiña 1911 habitantes (2139 no 2010, 2289 no 2006, 2316 no 2005, 2360 no 2004, 2400 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sobradés».

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.