Ría de Arousa

A ría de Arousa é a máis grande das rías de Galicia. Forma parte das Rías Baixas e está situada entre a península do Barbanza (provincia da Coruña) ao norte, e a península do Salnés (provincia de Pontevedra) ao sur. É famosa pola súa riqueza mariñeira e as súas praias.

Localizacion Ria de Arousa.Galicia
Localización

Xeografía

Plano de la Ría de Arosa por Domingo Fontán año de 1828
"Plano de la Ría de Arosa por Domingo Fontán año de 1828" (o norte está á esquerda).

Os lugares máis destacables son A Illa de Arousa, co parque natural de Carreirón, as illas de Cortegada e Sálvora, que son parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas e O Grove coa illa da Toxa.

Régana os ríos Ulla e Umia. As poboacións máis importantes son Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo ao norte e Vilagarcía, Vilanova, Cambados e O Grove ao sur.

A súa costa meridional empeza a desenvolverse a partir do estuario do río Ulla, entre Rianxo e Carril. Este fondo da ría ten un aspecto lacustre, debido á tranquilidade das augas, protexidas do mar aberto pola Illa de Arousa, e a suavidade do litoral. O centro desta zona é a vila populosa e industrial de Vilagarcía de Arousa. Un segundo sector estará formado pola costa que vai dende a punta das Sinas, ata a Illa da Toxa. A histórica e monumental vila de Cambados é o principal punto de referencia, e os accidentes costeiros sobresalientes son o seno da desembocadura do Umia e a enseada do Grove, tamén de aspecto lacustre. A península do Grove ten a braveza do mar aberto que case non paran nin o vento nin o mar, que se fai notar na súa costa e praias.

A profundidade tamén oscila entre os 70 m na boca da ría e os 20 m na entrada á enseada de Vilagarcía. É a máis profunda e máis ampla das rías galegas, só superada pola ría de Vigo en lonxitude.

A penetración da ría é de 26 km e o ancho moi variable, oscilando desde os 15 km entre Ribeira e Cambados, e os 3 km entre a punta de Cabío e A Illa de Arousa.

A principal característica, a parte do sinuoso e recortado litoral, é a infinidade de illas, illotes e rochas que sobresaen por toda a ría.

A ría e o Apóstolo

Artigo principal: Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

A Ruta Marítima Xacobea pola ría de Arousa e o río Ulla conmemora a chegada a Galicia, por mar, segundo a tradición, do corpo do Apóstolo Santiago o Maior, tralo seu martirio en Xerusalén; ordenou a súa decapitación Herodes Agripa I no ano 44, recóllese nos Feitos dos Apóstolos, de san Lucas.

As antigas tradicións cristiás, recollidas nos textos medievais, relatan que varios dos seus discípulos recolleron o corpo de Santiago, amortallarono e trasladarono partindo do porto de Iafa a través de todo o Mediterráneo e da costa atlántica ibérica, ata os confíns de Occidente. Os restos do Apóstolo entraron en Galicia pola ría de Arousa e remontaron o río Ulla, arribando na cidade romana de Iria Flavia.

A ría de Arousa na literatura popular

  • Pasei a ría de Arousa/ nunha barquiña de vela,/ non vin cousa máis bonita/ nin penso volver a vela [1].
  • Pasei a ría de Arousa/ nunha lanchiña de vela,/ non vin cousa máis bonita/ nin penso volver vela [2].
  • Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía [3].

Galería de imaxes

Vista (parte central) dende A Curota (Pobra do caramiñal).
Vista (parte central) dende A Curota (Pobra do caramiñal). 
Vista (parte norte) dende A Curota (Pobra do caramiñal).
Vista (parte norte) dende A Curota (Pobra do caramiñal). 
Vista (parte sur) dende A Curota (Pobra do Caramiñal).
Vista (parte sur) dende A Curota (Pobra do Caramiñal). 
Ría de Arousa (Galiza)
 

Notas

  1. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 13.
  2. Gran Enciclopedia Galega III, s. v. Arousa.
  3. Fermín Bouza-Brey: “Cantigas populares da Arousa”, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No orixinal: de unha, de outra. Neste caso, a cantiga refírese a unha capela dedicada a San Bertomeu que había, no século XVIII, nas illas Malveiras (de Vilagarcía de Arousa). Así mesmo, en cartas de navegación antigas, estas illas aparecen como ínsua de San Bartolomeu.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

A Illa de Arousa

A Illa de Arousa é unha illa e concello da provincia de Pontevedra, situada no interior da ría de Arousa. Segundo o IGE en 2015 tiña 4956 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é arousán/arousana.

Castelo de Lobeira

O castelo de Lobeira era unha fortificación medieval situada no monte Lobeira, nun enclave natural que proporciona un miradoiro cara á ría de Arousa, no concello de Vilanova de Arousa, na comarca do Salnés.

Castelo de Vitres

O castelo de Vitres era unha torre defensiva sita na base do Masteiro, na Serra do Barbanza, nun promontorio a 472 m de altitude que domina a ría de Arousa. A vía romana XX per loca marítima pasa pola base da torre, e aínda se conserva o pavimento da calzada. As ruínas están próximas á aldea de Mosquete, na parroquia de Boiro, no concello de Boiro.

Comarca do Salnés

A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.

Complexo Intermareal Umia-O Grove

O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como catalogado zona especial de conservación e zona de protección de aves desde 1990. Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa, cunha extensión total de 7490 hectáreas. Como espazo comprendido dentro da Rede Natura 2000, inclúe tamén as illas Ons e Onza.

Fruíme, Lousame

San Mariño de Fruíme é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 358 habitantes (174 homes e 184 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación.

Illa da Rúa

A Illa da Rúa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada case no centro da Ría de Arousa, a 4 quilómetros ao sueste do porto de Ribeira, concello ó que pertence.

É unha das illas máis illadas da ría de Arousa, e unha das máis destacadas a pesar das súas escasas 4 hectáreas de superficie. É enteiramente rochosa, formada por grandes birlos de granito e de abordaxe difícil. Posúe un faro importante para o balizamento da ría, que é xemelgo do da Illa de Ons, construído polo mesmo arquitecto, Rafael de la Cerda, en 1864. A pesar do inhóspito da illa, estivo habitada por fareiros ata a automatización do faro.

É unha bonita illa para visitar, onde atoparemos moitas gaivotas, e un pozo de auga, sendo unha das poucas illas co súa propia subministración de auga.

Vexo Rúa, vexo Rúa/ e de paso vexo España./ As mociñas de Palmeira/ xa teñen palabra dada

Illa da Toxa

A illa da Toxa é unha pequena illa situada na ría de Arousa, dentro das Rías Baixas, pertencente ao Concello do Grove e situada a uns 30 km de Pontevedra. Desde hai anos boa parte da illa esta enfocada cara ao turismo con distintos complexos hostaleiros, bloques de apartamentos, campo de golf, numeroso comercios e un casino.

Constitúe un lugar da parroquia de San Martiño do Grove, cunha poboación censada en 2016 de 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), segundo o Instituto Galego de Estatística; o que representa un descenso substancial respecto ó ano 2010, cando contaba con 49 veciños. Naturalmente, esta é unha cifra irreal xa que a poboación flotante da illa (ocupando as prazas hoteleiras e segundas residencias, máis os traballadores dos diferentes establecementos) é moito máis alta.

Illa de Sálvora

A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia de Aguiño (concello de Ribeira), creada no ano 1959. Anteriormente a illa dependía da parroquia de Carreira, a que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de Cíes, Ons e Cortegada no Parque nacional das Illas Atlánticas no ano 2002.

Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Na illa, que foi de titularidade privada ata 2007, atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catarina, un almacén de finais do século XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.

Meaño

Meaño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE no ano 2016 tiña unha poboación de 5.341 habitantes, o que representa un descenso con respecto ó ano 2005, cando contaba con 5.475 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meañés».

Noalla, Sanxenxo

Santo Estevo de Noalla é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 2.552 habitantes (1.322 mulleres e 1.230 homes), o que representa, na práctica, unha poboación estable respecto ós últimos anos: en 2009 tiña 2.561 habitantes; en 2008, 2.533; e en 2000, 2.453.

Limita ó norte coa ría de Arousa; ó noroeste co istmo da Lanzada, do concello do Grove; ó oeste e ó sur co océano Atlántico; e ó este coas parroquias de Vilalonga, Gondar, Adina e Arra. A parroquia ten unha superficie de 8,7 km2, o que a converte na parroquia máis extensa, distribuída en 17 entidades de poboación.

O Grove

O Grove é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 758 habitantes. Forma unha península situada na beira sur da ría de Arousa. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «groveiro», «grovense» ou popularmente «meco».

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Rianxo

Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ó norte cos municipios de Lousame e Rois, ó oeste con Boiro, ó leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ó sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.

Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes (11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km², e unha superficie de 58,8 km².

O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.

Rías Baixas

As Rías Baixas son as rías galegas situadas entre a fronteira portuguesa e o cabo Fisterra.

De sur a norte son:

Ría de Vigo

Ría de Pontevedra

Ría de Arousa

Ría de Muros e Noia

Ría de CorcubiónEntre elas atópanse as seguintes baías e enseadas:

Ría de Baiona

Ría de AldánCaracterízanse polo seu tamaño, grandes en relación ó resto das rías de Galiza, e pola súa orientación transversal á costa. A súa colmatación é relativamente baixa.

Río Te

O río Te ou río da Torre é o principal curso de auga que atravesa a parroquia de Taragoña. Non obstante, é un pequeno río galego da provincia da Coruña, Galicia, que desauga no Atlántico, na ría de Arousa, ademais de ser o que segue en importancia ao río Ulla no concello de Rianxo.

Si o río de Te/ fora de coñá/ máis de catro mozos/ irían alá .

Río Umia

O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km². Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.

Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de Arousa

San Martiño de Sobrán é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 1 354 habitantes (697 mulleres e 657 homes), todos eles no lugar de Vilaxoán, único lugar desta parroquia que recollen tanto o Nomenclátor de Galicia como o IGE . Os censos do IGE reflicten un descenso poboacional respecto ós anos 2010, cando tiña 1 428 veciños, e 2005, cando eran 1 447.

Atópase á beira esquerda da ría de Arousa. Nela atópase a igrexa de San Martiño de Sobrán.

Vilalonga, Sanxenxo

San Pedro de Vilalonga é unha parroquia que se localiza no concello de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 2.261 habitantes (1.140 mulleres e 1.121 homes), o que representa un leve descenso respecto ó ano 2011, cando tiña 2.312 habitantes, e ó ano 2000, cando tiña 2.287.

Na división territorial eclesiástica, a parroquia de San Pedro de Vilalonga comprende tamén a extinguida parroquia de San Tomé de Gondar.

Limita ó norte coa ría de Arousa, ó sueste coa parroquia de Gondar, e ó suroeste coa de Noalla. A superficie da parroquia é de 5,4 km 2 (incluíndo Gondar), distribuídos en 19 entidades de poboación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.