Ría da Coruña

A ría da Coruña ou ría do Burgo é a ría máis occidental do Golfo Ártabro e forma parte das Rías Altas galegas.[1] Fórmase pola desembocadura do río Mero no mar e baña catro municipios (A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre). Tamén se coñece polo nome de ría do Burgo, e ás veces utilízase o termo de "ría da Coruña" para referirse á parte da ría situada entre a ponte da Pasaxe e o mar, e o termo de "ría do Burgo" para referirse á parte situada entre a ponte da Pasaxe e o río Mero[2].

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Ría da Coruña ou ría do Burgo
Praia de Portocovo e castelo de Santa Cruz
Localización administrativa
EstadoEspaña
DivisiónGalicia
SubdivisiónA Coruña
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
Xeografía
Mares contiguosGolfo Ártabro
SubdivisiónsRía do Burgo
AfluentesRío Mero
Cidades ribeiregasA Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre
Características
Mapa
Hidrogalicia ria da corunna

Conca fluvial da ría da Coruña, en azul escuro, dentro do conxunto das concas do Arco Ártabro.
Golfo artabro

Situación da ría do Burgo dentro do golfo Ártabro.
Plano del Pais adyacente a las tres rías de la Coruña, Betanzos y Ferrol, llamado de las Mariñas, por el D.r D.n Domingo Fontán
PLANO DEL PAIS
adyacente a las tres rías de la
CORUÑA, BETANZOS Y FERROL,
llamado de las Mariñas,
Por el D.r D.n Domingo Fontán

Galería de imaxes

Dorneda: praia de Naval e punta de Boidecanto.
Dorneda: praia de Naval e punta de Boidecanto. 
Vista de Perillo, coa praia de Santa Cristina en primeiro termo.
Vista de Perillo, coa praia de Santa Cristina en primeiro termo. 
Boca da ría da Coruña, entre a Torre de Hércules e o faro de Mera.
Boca da ría da Coruña, entre a Torre de Hércules e o faro de Mera
Enseada de Mera.
Enseada de Mera
A praia de Oza, coa costa de Liáns e Dorneda (Oleiros) ao fondo.
A praia de Oza, coa costa de Liáns e Dorneda (Oleiros) ao fondo. 

Notas

  1. Rías Altas en Turgalicia.
  2. Sandoval, Antonio (20 de decembro de 2004). "Aves de la Ría do Burgo, A Coruña" (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2015.
12 de maio

O 12 de maio é o 132º día do ano do calendario gregoriano e o 133º nos anos bisestos. Quedan 233 días para finalizar o ano.

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Casa Cornide

A casa Cornide é un edificio de estilo barroco situado na Cidade Vella da Coruña.

Casa da Aduana da Coruña

A Aduana Real é un edificio de estilo clasicista situado no barrio da Pescadería da Coruña.

Castelo de Eirís

O castelo de Eirís, é un castelo da cidade da Coruña construído no século XVI e actualmente en ruínas. O forte de Valparaiso foi erixido para protexer a entrada da ría da Coruña, formando parte do sistema de defensa da cidade xunto cos castelos de San Diego, Santa Cruz e Santo Antón.A edificación recibe o seu nome por ser o Marqués de Valparaíso o que lle propuxo a Filipe IV a construción deste forte.

Castelo de Santa Cruz

O castelo de Santa Cruz trátase dun castelo situado no Porto de Santa Cruz (Liáns, Oleiros), emprazado nunha illa e que serviu de efectiva defensa da ría da Coruña en contadas ocasións.

Castro de Nostián

O castro de Nostián é un poboado pertencente á cultura castrexa situado no lugar de Nostián, cerca da refinería da Coruña.

Convento de San Domingos da Coruña

O convento de San Domingos é un convento da Orde dos Predicadores situado na cidade vella da Coruña.

Liáns, Oleiros

Santaia de Liáns é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Oleiros. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 9.720 habitantes (5017 mulleres e 4703 homes) o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 6.209 habitantes.

Marisqueo

O marisqueo é unha actividade de recolección de moluscos bivalvos que se atopan formando bancos naturais en toda a beiramar. O marisqueo defínese legalmente como unha "modalidade específica de pesca, consistente na actividade dirixida á captura de mariscos".

Mera, Oleiros

Mera é unha vila costeira do norte do concello de Oleiros que se estende polos límites entre as parroquias de Serantes e Maianca. A súa situación na ría da Coruña convértea nun destino turístico moi frecuentado no verán. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 506 habitantes (245 homes e 261 mulleres).

O Porto de Santa Cruz, Liáns, Oleiros

O Porto de Santa Cruz é unha vila costeira da parroquia de Liáns no concello de Oleiros, na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 2596 habitantes (1192 homes e 1404 mulleres).

PALEXCO

O Palacio de Exposicións e Congresos, máis coñecido como PALEXCO, é un centro de convencións da cidade da Coruña, situado no Peirao de Transatlánticos do Porto da Coruña, no centro da cidade. Comezou a súa actividade en Marzo do 2005.

O edificio foi deseñado polos arquitectos César Portela e Ricardo Bofill. O edificio forma parte dun complexo de 22.000 metros cadrados e consta de tres niveis, denominados 0, 2 e 3.

Praia de Riazor

A praia de Riazor é unha praia urbana da cidade da Coruña. Conta coa distinción de Bandeira Azul, como tamén a súa continuación cara ao nordés, a praia do Orzán.

Praia do Orzán

A praia do Orzán é unha praia urbana da cidade da Coruña situada na enseada do Orzán, xunto ao paseo marítimo.

Praza das Bárbaras

A praza das Bárbaras é unha praciña situada na Cidade Vella da Coruña na que se atopa un convento das clarisas. Confórmana dous muros exteriores do convento das Madres Clarisas, está adornada con acacias e conta cun cruceiro no centro. Foi declarada conxunto histórico-artístico o 11 de marzo de 1971.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Rías Medias

O nome de rías Medias, ou centrais, englobándose ás rías Altas entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares. Formáronse despois das rías Baixas e antes do resto das rías Altas, hai 5 millóns de anos .

Esta costa de rías tamén se pode subdividir en Costa da Morte e Arco Ártabro.

As rías medias son de sur a a norte e de oeste a leste:

Ría de Camariñas.

Ría de Corme e Laxe.

Ría da Coruña ou Ría do Burgo.

Ría de Betanzos.

Ría de Ares.

Ría de Ferrol.

Ría de Cedeira.

Ría de Ortigueira.En xeral son abondo expostas ó mar, é dicir, con entrada ancha en relación á súa profundidade, e excepto as dúas últimas, cunha colmatación media (Cedeira e Ortigueira teñen unha colmatación elevada).

Ártabros

Os ártabros ou arrotrebas eran unha tribo de orixe celta asentada na Gallaecia lucense ó noroeste da península Ibérica. Eran os poboadores da zona que comprende a ría da Coruña e a ría de Ferrol ata a chegada de Xulio César no ano 62 a. C. Segundo o historiador Benito Vicetto o fundador dos ártabros sería Artai, o primoxénito de Breogán.Xunto cos célticos e os nerios parecen configurar un grupo diferenciado dentro do pobo dos galaicos. Viría en apoio desta hipótese a ausencia das habituais ofrendas aos deuses galaico-lusitanos, Bandua e Reue, en substitución de Cosso (divindade tamén presente en territorio dos ástures pero non na Bracarense e Lusitania). A súa diferenciación respecto de outros galaicos tamén é comentada por Estrabón:

Estrabón refírese aos célticos da Beturia, asentados no val do actual Guadiana, e aos túrdulos célticos da costa media de Portugal. Se desertaron tras cruzar o río Limia, despréndese que non atoparon nos brácaros e nos callaecos, as mesmas relacións de identidade que cos célticos do norte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.