Ría

A ría é unha entrada de costa, ou gran estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río[1]. As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno [2].

Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia á colmatación, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.

Rianxo e ria de Arousa
A vila de Rianxo na ría de Arousa
Marin Vista Xeral desde monte
A cidade de Marín na ría de Pontevedra
Fotos Galicia II 113
Ría de Muros

Rías

En España son coñecidas as Rías Baixas e as Rías Altas en Galicia, aínda que tamén pódense atopar este tipo de desembocaduras en Asturias, Cantabria, País Vasco e Huelva. En Portugal están tanto a Ría de Aveiro como a Ría Formosa (Algarve).

Percorrendo a costa de sur a norte e de oeste a leste, atopamos nas costas galegas e cantábricas as seguintes rías:

Galicia

Artigo principal: rías de Galicia.

Rías Baixas

Rías Altas

Segundo a o tempo de aparición xeolóxico das rías, as rías por riba de Cabo Fisterra pódense clasificar como rías Altas e Medias. O termo de rías Medias xorde para definir as rías que están entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares e que apareceron posteriormente ás rías Baixas e antes que as cantábricas[9].

Do resto do Mar Cantábrico

  • Ría de Navia
  • Ría de Villaviciosa
  • Ría de Tina Menor
  • Ría de Bilbao
  • Ría de Pasaxes

Rías na Bretaña

  • Rias (chamadas aber en bretón e en francés) en Finistère :
    • Aber-Wrac'h (Aber Ac'h en bretón)
    • Aber-Benoît (Aber Benniged en bretón)
    • Aber-Ildut (Aber Iltud en bretón)
  • Ribeira do Trieux, en Côtes-d'Armor
  • Val do río Rance, en Ille-et-Vilaine

Rías en Portugal

  • Ría de Aveiro
  • Ría de Alvor
  • Ría de Faro
  • Ría Formosa

Rías nas Illas Británicas

Gales

  • Milford Haven, en Pembrokeshire.

Irlanda

  • Lough Swilly, situada na punta norte na rexión da península de Inishowen.

Inglaterra

A costa sur do país ten numerosas rías (rias):

  • Portsmouth Harbour
  • Langstone Harbour,
  • Chichester Harbour,
  • Pagham Harbour,
  • Southampton Water,
  • Poole Harbour

Os esteiros do Exe, Teign e Dart, o Esteiro de Kingsbridge, e Plymouth Sound en Devon, e os esteiros do río Fowey e do río Fal en Cornualles.

Outras

  • Ría de Huelva
  • O litoral atlántico norteamericano, entre Nova York e o cabo Hatteras tamén contén unha serie de rías.

Notas

  1. Goudie A.S. et al. 2004. Encyclopedia Of Geomorphology. ISBN 10: 0415863007 ISBN 13: 9780415863001
  2. No caso das rías europeas este período dernomínase como a transgresión Flandriana
  3. "Baiona". Diccionario enciclopédico galego universal 7. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 44. ISBN 84-7680-429-6. …A rede fluvial está dominada pola presenza do río Miñor, que forma a ría de Baiona…
  4. "Véxase a "Ría de Baiona" no mapa de Baiona". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 260.
  5. Enciclopedia Galega Universal 2. Ir Indo. 1999-2002. p. 497. ISBN 84-7680-288-9. …A rede fluvial está dominada pola presenza do río Miñor, que forma a ría de Baiona…
  6. "Baiona". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. Ría pontevedresa na que desemboca o río Miñor a partir da Ramallosa…
  7. Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). "Ría de Baiona". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 106 C2. ISBN 978-84-8289-328-0.
  8. Mapa Topográfico Nacional. WMTS de cartografía raster del IGN (Mapa). 1:25.000. Instituto Geográfico Nacional de España.
  9. J. R. Vidal-Romaní; A. Martelli, D. Fernández-Mosquera, E. de Uña and J. Yepes. Galicia region: Landforms and morphological evolution of granitic areas. Sith International Conference on Geomorphology of Granitic Areas. Zaragoza, 2005.

Véxase tamén

Outros artigos

Bilbao

Bilbao (en éuscaro: Bilbo) é unha cidade e concello situado ao norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Biscaia, no País Vasco. Atópase situada na comarca do Gran Bilbao e é atravesada polo río Nervión, que a esas alturas do seu percorrido xa toma forma de ría. No ano 2017 tiña unha poboación de 345 110 habitantes e unha extensión de 41,26 km², cunha densidade poboacional de 8 300 hab./km². É o centro dunha área de influencia que se coñece como Gran Bilbao e que chega a albergar a preto dun millón de habitantes.

Desde a súa fundación, a comezos do século XIV, foi un enclave comercial que gozou de particular importancia na cornixa cantábrica grazas á súa actividade portuaria que se baseaba principalmente na exportación da la procedente de Castela e en menor medida do ferro extraído das canteiras biscaíñas. Ao longo do século XIX e principios do XX experimentou unha forte industrialización que a converteu no epicentro da segunda rexión industrializada de España, por detrás de Barcelona. Esta estivo acompañada dunha extraordinaria explosión demográfica e urbanística que orixinou a anexión de varios municipios lindeiros. Na actualidade é unha puxante cidade de servizos, que se atopa nun proceso de revitalización estética, social e económica liderado polo simbólico Museo Guggenheim Bilbao.

Cangas

Cangas, ou Cangas do Morrazo, é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2017 tiña 26.490 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.

Cee

Cee é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 7539 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceense».

Comarca do Salnés

A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.

Culleredo

Culleredo (AFI: /kuʎeˈɾeðʊ/) é un concello galego da provincia da Coruña. Pertence á comarca da Coruña e está situado na área central da provincia, na comarca da Coruña, no extremo sur da ría do Burgo, no ano 2014 tiña 29.434 habitantes distribuídos en 62,3 km². O seu xentilicio é culleredés ou culleredense.

Neste concello atópase localizado o aeroporto de Alvedro, un dos tres aeroportos de Galicia. E ese mesmo nome, Alvedro, era o que recibía o concello antigamente.

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Ferrol

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2017 tiña 67.569 habitantes, dos cales 31.692 eran homes e 35.877 mulleres, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.

O concello é unha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Limita por terra con Narón. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Ribadeo

Ribadeo é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, a comezos de 2018 tiña 9900 habitantes (en 2015, 9929), despois de superar por primeira vez en 2011 a barreira dos 10 000 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadense».

Ría da Coruña

A ría da Coruña ou ría do Burgo é a ría máis occidental do Golfo Ártabro e forma parte das Rías Altas galegas.

Fórmase pola desembocadura do río Mero no mar e baña catro municipios (A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre).

Tamén se coñece polo nome de ría do Burgo, e ás veces utilízase o termo de "ría da Coruña" para referirse á parte da ría situada entre a ponte da Pasaxe e o mar, e o termo de "ría do Burgo" para referirse á parte situada entre a ponte da Pasaxe e o río Mero.

Ría de Arousa

A ría de Arousa é a máis grande das rías de Galicia. Forma parte das Rías Baixas e está situada entre a península do Barbanza (provincia da Coruña) ao norte, e a península do Salnés (provincia de Pontevedra) ao sur. É famosa pola súa riqueza mariñeira e as súas praias.

Ría de Ferrol

A ría de Ferrol é unha das rías galegas situada nas rías altas, no Golfo Ártabro.

Ría de Ortigueira

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido e como ría de Santa Marta de Ortigueira, é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, actualmente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.

Ría de Pontevedra

A ría de Pontevedra é unha ría pontevedresa das Rías Baixas. É unha das máis amplas das rías Baixas e ten unha forma regular e dunha lonxitude de 20 km2. Na súa boca están as illas Ons e no seu interior a illa de Tambo. O río Lérez chega ao mar por esta ría.A pesca e a explotación de bateas é o motor económico da costa da ría. O alto número de praias da ría sustenta un turismo importante na rexión.As illas Ons, que están na boca da ría, forman parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Ría de Ribadeo

A ría de Ribadeo, ou ría do Eo, é formada a partir do río Eo xunto con outros ríos menores, como o río Grande, como un entrante do Cantábrico. Está situada no nordeste de Galiza e oeste de Asturias, actuando como fronteira natural. Ten 10 km de lonxitude e unha largura abondo constante duns 800 m, estreitándose ata os 600 m preto da boca, circunstancia aproveitada para construír sobre ela a Ponte dos Santos, e abríndose abondo máis á altura da enseada de Arnao, xusto á beira da súa boca, ou na enseada da Liñeira, fronte a Ribadeo, ambas na parte oriental.

A ría e o seu espazo natural da parte galega están amparados polas figuras de protección de zona especial de conservación, zona de especial protección para as aves e zona húmida protexida, e a parte asturiana como reserva natural parcial. O conxunto da ría de Ribadeo está dentro da Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e dentro do programa internacional de zonas húmidas Ramsar.

Ría de Vigo

A ría de Vigo é a ría galega máis ao sur das Rías Baixas e unha das maiores en extensión. Ábrese ao Atlántico desde cabo Home, ao norte, ata ao cabo Silleiro, ao sur, e queda pechada na metade da boca polas Illas Cíes. A ría estreita na enseada de San Simón. Alí forma un estuario interior no que verten na boca da ría os principais afluentes: Oitavén-Vergudo e o Ulló.

A ría baña os concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona. A riqueza en recursos mariños da ría, os caladoiros e a presenza dun dos principais portos pesqueiros na costa da ría fan posible e explican a alta urbanización do litoral e a alta densidade demográfica.

Os principais espazos naturais que alberga a ría son a enseada de San Simón, as mariñas da Ramallosa e as Illas Cíes.

Rías Baixas

As Rías Baixas son as rías galegas situadas entre a fronteira portuguesa e o cabo Fisterra.

De sur a norte son:

Ría de Vigo

Ría de Pontevedra

Ría de Arousa

Ría de Muros e Noia

Ría de CorcubiónEntre elas atópanse as seguintes baías e enseadas:

Ría de Baiona

Ría de AldánCaracterízanse polo seu tamaño, grandes en relación ó resto das rías de Galiza, e pola súa orientación transversal á costa. A súa colmatación é relativamente baixa.

Río Lérez, ría de Pontevedra

O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.