Rábade

Rábade é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1604 habitantes (1668 no 2006, 1668 no 2005, 1630 no 2004, 1626 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é rabadense.

Coordenadas: 43°7′20.252″N 7°37′24.742″O / 43.12229222, -7.62353944

Rábade
Bandeira de Rábade
---
Escudo de Rábade
Casa do Concello de Rábade
Casa do concello
Situacion Rábade
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Lugo
Poboación1.501 hab. (2018)
Área5,2 km²
Densidade288,65 hab./km²
Entidades de poboación1 parroquias
Capital do concelloRábade
Política (2019[2])
AlcaldeFrancisco Xosé Fernández Montes (IR [3])
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 1
Outros: IR 4
Eleccións municipais en Rábade
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes48,40%
Na rede
www.rabade.org

Demografía

Censo total 2014 1604 habitantes
Menores de 15 anos 171 (10,66 %)
Entre 15 e 64 anos 998 (62,22 %)
Maiores de 65 anos 435 (27,12 %)

Xeografía

O concello de Rábade está integrado na comarca de Lugo, no cuadrante nordés de Galicia. Situado a 13,5 km de Lugo, o concello limita cos de Begonte polo norte e oeste, e Outeiro de Rei polo leste e sur.

A súa reducida extensión territorial, de 5,2 km², correspóndese con tan só un 0,41 % da comarca, sendo o segundo concello máis pequeno de Galicia[5]. Ten unha alta densidade de poboación. Está constituído por unha única parroquia e entidade de poboación, a vila de Rábade. Rábade experimentou unha progresiva transformación orientada a converterse nun importante centro de comunicacións e núcleo de servizos, sendo especialmente importante o seu crecemento nas décadas de 1970 e 1980.

Historia

Rábade figura nos itinerarios medievais, concretamente nos traxectos que unían Vilalba e Rábade, por un lado, e Rábade e Parga por outro, na vía romana entre Betanzos e Lugo. Na idade media está datada a ponte antiga de Rábade, concretamente nos séculos XIII-XIV, e sobre esta ponte establecerase a portaxe ou pago por dereito de paso.

Trala División territorial de España en 1833 Rábade integrouse primeiro no concello de Outeiro de Rei en 1835, e posteriormente no de Begonte, logo da reforma de 1840. En 1925, Rábade convértese en concello independente ó segregarse de Begonte.

En 1875 inaugurouse o tramo LugoA Coruña da liña Palencia-A Coruña, con estación en Rábade, aínda en servizo actualmente. A vila está tamén atravesada pola estrada N-VI, e en paralelo a ela pasa a autovía A-6.

Festas

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Rábade.
Rábade, Unidade Atención Primaria

Unidade de atención primaria

Estación de Rábade Lugo

Estación de tren de Rábade

Ara aos Lugoves

Ara aos Lugoves

Rábade, placa altimétrica

Rábade, placa altimétrica

Ponte Vella de Rábade

Ponte Vella sobre o río Miño

Lugares de Rábade

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rábade vexa: Lugares de Rábade.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Rábade". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Só por diante de Mondariz-Balneario, con 2,3 km².

Véxase tamén

Bibliografía

20 de xaneiro

O 20 de xaneiro é o 20º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 345 días para finalizar o ano, 346 nos anos bisestos.

28 de xaneiro

O 28 de xaneiro é o 28º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 337 días para finalizar o ano, 338 nos anos bisestos.

8 de setembro

O 8 de setembro é o 251º día do ano do calendario gregoriano e o 252º nos anos bisestos. Quedan 114 días para finalizar o ano.

A mellor televisión do mundo

A mellor televisión do mundo foi un programa semanal da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1987-1988, dirixíao Manuel Abad quen tamén o presentaba xunto con Ana Cermeño, Mercedes Suárez e Carmen Rábade. O programa estaba dedicado á televisión e nel emitíanse producións, tanto de ficción como documentais, de todo o mundo que polo seu carácter anovador ou polos seus recursos expresivos experimentais constituísen exemplos notorios de televisión de calidade. En cada programa preséntabase unha xustificación da elección da produción que se ía emitir, traducida ou subtitulada, na primeira emisión presentouse o telefilme da Channel Four británica Max Headroom: 20 Minutes into the Future, onde aparecía Max Headroom, unha animación que semellaba xerada por computador e que se converteu nun carácter recorrente do programa.

Abe Rábade

Abelardo Xesús Rábade Villar, nado en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 1977, é un pianista galego de jazz.

Begonte

Begonte é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o INE a súa poboación no 2016 era de 3115 habitantes (3413 no 2010, 3587 no 2006, 3616 no 2005, 3682 no 2004, 3684 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é begontés ou begontino.

Comarca de Lugo

A comarca de Lugo é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Lugo. A esta comarca pertencen os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade.

Eleccións municipais en Begonte

Corporacións democráticas en Begonte desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Pena Rábade — Independentes

1983 Alcalde: José Pena Rábade — CG

1987 Alcalde: José Pena Rábade — AP

1991 Alcalde: José Pena Rábade — PPdeG

1995 Alcalde: José Pena Rábade — PPdeG

1999 Alcalde: José Pena Rábade — PPdeG

2003 Alcalde: José Pena Rábade — PPdeG

2007 Alcalde: José Antonio Vázquez García — IBT

2011 Alcalde: José Ulla Rocha — PPdeG

2015 Alcalde: José Ulla Rocha — PPdeGCandidaturas: José Ulla Rocha (PP), Ramón Campos Rodríguez (PSdeG-PSOE) e María Xosé Pardo Redondo (BNG).

2019 Alcalde: José Ulla Rocha — PPdeGCandidaturas: Susana Ferreiro Vázquez (PSdeG-PSOE), Manuela Castro López (BNG) e José Ulla Rocha (PPdeG).

Eleccións municipais en Rábade

Corporacións democráticas en Rábade desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Alfonso María González Barrera — UCD

1983 Alcalde: Alfonso María González Barrera — CP

1987 Alcalde: Alfonso María González Barrera — AP

1991 Alcalde: Alfonso María González Barrera — PPdeG

1995 Alcalde: Alfonso María González Barrera — PPdeG

1999 Alcalde: Francisco Xosé Fernández Montes — Independientes por Rábade

2003 Alcalde: Francisco Xosé Fernández Montes — Independientes por RábadeModelo:Rábade 2003

2007 Alcalde: Francisco Xosé Fernández Montes — Independientes por RábadeModelo:Rábade 2007

2011 Alcalde: Francisco Xosé Fernández Montes — Independientes por Rábade

2015 Alcalde: Francisco Xosé Fernández Montes — Independientes por RábadeCandidatos: María Remedios González Cabarcos (PP), Francisco Xosé Fernández Montes (IR), Miguel Ángel Vilar Rivas (PSdeG-PSOE) e Iván Sangiao Darriba (BNG).

Estación de Rábade

Rábade é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Rábade, na provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Francisco Fernández Montes

Francisco Xosé Fernández Montes, nado en 1963, é un avogado e político galego de Independentes por Rábade, alcalde de Rábade.

Galería de imaxes da comarca de Lugo

Galería de imaxes da comarca de Lugo.

A comarca de Lugo comprende os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade.

Helena Villar Janeiro

Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá o 28 de setembro de 1940, é unha escritora galega. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017.

Jorge Coira

Jorge Coira Nieto, nado en Rábade en 1971, é un director de cine e guionista galego.

María do Cebreiro

María do Cebreiro Rábade Villar, nada en Santiago de Compostela o 5 de xullo de 1976, é unha poeta e ensaísta galega e doutora en Teoría da Literatura.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Roberto Trashorras

Roberto Trashorras Gayoso, nado en Rábade o 28 de febreiro do 1981, é un ex-futbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Xesús Rábade

Xesús Rábade Paredes, nado en Seixas (Cospeito) o 20 de xaneiro de 1949, é un escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.