Quintela de Leirado

Quintela de Leirado é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón Municipal, no ano 2014 tiña 651 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é quintelán.

Coordenadas: 42°8′18″N 8°6′8″O / 42.13833, -8.10222

Quintela de Leirado
Escudo de Quintela de Leirado
Concello de Quintela de Leirado
Casa do Concello de Quintela de Leirado.
Situacion Quintela de Leirado
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación611 hab. (2018)
Área31,3 km²
Densidade19,52 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias
Capital do concelloLeirado
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Antonio Pérez Cortés (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 7

Eleccións municipais en Quintela de Leirado
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes66,67%
Na rede
http://www.quinteladeleirado.es/

Poboación

Censo total 651 (2014)
Menores de 15 anos 31 (4.76%)
Entre 15 e 64 anos 303 (46.54%)
Maiores de 65 anos 317 (48.69%)
Evolución da poboación de Quintela de Leirado   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2.351 2.242 1.987 1.463 831 751 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Conta con cinco parroquias e 30 entidades de poboación. Atópase a 50 km da capital provincial.

Xeografía

Atópase no val do río Deva. Ten unha orografía accidentada, cunha elevada altitude media. Ó sur ten alturas superiores ós 1.000 metros nas estribacións da serra de Leboreiro en cumios coma o Penagache (1.213 metros), os Aguillóns, ou Castelo, de aspecto agreste e fortes pendentes. Ó noroeste localízanse cotos e cerros de cumios e chás de entre 700 e 900 metros de altitude, como o coto de Silva Escura ou o coto da Moura.

O río Deva, afluente do Miño, nace ó pé da serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de altura. Posúe un trazo sinuoso con fortes pendentes, regando toda a zona.

Historia

Os primeiros poboadores foron os Coelernos, supostos habitantes do castro de Redemuíños, castro que foi romanizado.

Na idade Media a parroquia de Leirado estivo supeditada á xurisdición eclesiástica do mosteiro de Ramirás, mentres que as de Santa María de Leirado e Redemuíños pertencían ó señorío do marqués de Malpica.

A configuración parroquial modificouse en 1836 ó crearse a parroquia de Quintela de Leirado, completándose en 1893 coa de Xacebáns.

Quintela na literatura popular

  • Os probes non o ten/ i os ricos non o dan;/ quen queira sentar plaza/ saia ao Cruceiro de Erbán [5].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Quintela de Leirado.
Laboreiro dende Redemuiños

Monte Laboreiro dende Redemuíños.

Igrexa de San Pedro de Leirado

Igrexa de San Pedro de Leirado.

Centro de Saúde de Quintela de Leirado

Centro de saúde.

Vista Xacebáns, Quintela de Leirado 2

Vista de Xacebáns.

Lugares de Quintela de Leirado

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Quintela de Leirado vexa lugares de Quintela de Leirado.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 10 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Quintela de Leirado". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 126. Xaquín Lorenzo di que se trata dun cruceiro preto de Quintela de Leirado, sen dar máis datos. No Nomenclátor non se recolle ningún Erbán (nin Herbán) en toda Galicia.
Atrio, Redemuíños, Quintela de Leirado

Atrio é un lugar da parroquia de Redemuíños, no concello ourensán de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova. Tiña 8 habitantes no ano 2015 segundo datos do INE, dos cales 2 eran homes e 10 eran mulleres.

Celso Montero

Celso Montero Rodríguez, nado en Quintela de Leirado o 14 de novembro de 1930 e finado o 18 de xuño de 2003, foi un sacerdote, xornalista e político galego.

Coelernos

Os coelernos (latín: coelerni) eran un pobo ou civitas galaica da Gallaecia bracarense, que tiveron o seu centro arredor do castro de Castromao, no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Os termos do dominio desta tribo non están claros, aínda que debido á organización xentilicia destes pobos prerromanos se supón que os castros máis achegados ó de Castromao formarían parte desta tribo, polo que dominaría todo o baixo Arnoia (concellos de Celanova, Ramirás, Gomesende, A Arnoia, Cortegada) e estribacións da serra do Laboreiro (Verea, Quintela de Leirado, Padrenda) limitando ao Norte co castro de Armeá (Allariz).

Comarca da Terra de Celanova

A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Eleccións municipais en Quintela de Leirado

Corporacións democráticas en Quintela de Leirado desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Antonio Pérez Cortés — UCD

1983 Alcalde: José Antonio Pérez Cortés — CG

1987 Alcalde: José Antonio Pérez Cortés — CPG

1991 Alcalde: José Antonio Pérez Cortés — CC

1995 Alcalde: José Antonio Pérez Cortés — PPdeG

1999 Alcalde: José Antonio Pérez Cortés — PPdeG

2003 Alcalde: José Antonio Pérez Cortés — PPdeG

2007 Alcalde: José Antonio Pérez Cortés — PPdeG

2011 Alcalde: José Antonio Pérez Cortés — PPdeG

2015 Alcalde: José Antonio Pérez Cortés — PPCandidatos: José Antonio Pérez Cortés (PP) e Manuel Rivera Rodríguez (PSdeG-PSOE).

Galería de imaxes da comarca da Terra de Celanova

Galería de imaxes da comarca da Terra de Celanova.

A comarca da Terra de Celanova comprende os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Galería de imaxes de Quintela de Leirado

Galería de imaxes do concello de Quintela de Leirado na provincia de Ourense.

José Antonio Pérez Cortés

José Antonio Pérez Cortés, nado en 1945, é un político galego do PPdeG.

Leirado, Quintela de Leirado

San Pedro de Leirado é unha parroquia do concello de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 241 habitantes, deles 114 eran homes e 127 eran mulleres.

Lugares de Quintela de Leirado

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Quintela de Leirado

Mociños, Quintela de Leirado

Santa María de Mociños é unha parroquia do concello de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 94 habitantes, deles 45 eran homes e 49 eran mulleres.

O Alcouce, Redemuíños, Quintela de Leirado

O Alcouce é un lugar da parroquia de Redemuíños, no concello ourensán de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova. Tiña 20 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 11 eran homes e 9 eran mulleres.

Outeiro, Redemuíños, Quintela de Leirado

Outeiro é un lugar da parroquia de Redemuíños, no concello ourensán de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova. Tiña 12 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 2 eran homes e 10 eran mulleres.

Quintela

O topónimo Quintela pode referirse a:

En Galicia

Quintela de Leirado, concello da provincia de Ourense;

Quintela de Leirado, parroquia de dito concello;

Quintela, lugar de dita parroquia;

Quintela, parroquia do concello de Castro de Rei;

Quintela, parroquia do concello de Crecente;

Quintela, parroquia do concello de Redondela;

Quintela de Hedroso, parroquia do concello de Viana do Bolo;

Quintela de Hedroso, lugar de dita parroquia;

Quintela de Umoso, parroquia do concello de Viana do Bolo;

Quintela de Umoso, lugar de dita parroquia;

Quintela do Pando, parroquia do concello de Viana do Bolo;

Quintela do Pando, lugar de dita parroquia;

Quintela, lugar da parroquia de Brocos do concello de Agolada;

Quintela, lugar da parroquia de Santa Comba do concello de Agolada;

Quintela, lugar da parroquia de Ventosa do concello de Agolada;

Quintela, lugar da parroquia da Cervela do concello de Antas de Ulla;

Quintela, lugar da parroquia do Ribeiro do concello de Bande;

Quintela, lugar da parroquia de Santa Comba do concello de Bande;

Quintela, lugar da parroquia de Arroxo do concello de Baralla;

Quintela, lugar da parroquia de Laxes do concello de Baralla;

Quintela, lugar da parroquia de Aguada do concello de Carballedo;

Quintela, lugar da parroquia de Lobelle do concello de Carballedo;

Quintela, lugar da parroquia de Cabanelas do concello do Carballiño;

Quintela, lugar da parroquia de Artes do concello de Carballo;

Quintela, lugar da parroquia de Mazaira do concello de Castro Caldelas;

Quintela, lugar da parroquia de Santa Comba de Orizón do concello de Castro de Rei;

Quintela, lugar da parroquia da Grade do concello de Chantada;

Quintela, lugar da parroquia da Laxe do concello de Chantada;

Quintela, lugar da parroquia de San Salvador de Asma do concello de Chantada;

Quintela, lugar da parroquia de San Bartolomeu de Chamoso do concello do Corgo;

Quintela, lugar da parroquia da Allonca do concello da Fonsagrada;

Quintela, lugar da parroquia da Mota do concello de Guntín;

Quintela, lugar da parroquia de Rubián de Cima do concello do Incio;

Quintela, lugar da parroquia de Catasós do concello de Lalín;

Quintela, lugar da parroquia de Toldaos do concello de Láncara;

Quintela, lugar da parroquia de Trasliste do concello de Láncara;

Quintela, lugar da parroquia da Illa do concello de Lobios;

Quintela, lugar da parroquia de Coeo do concello de Lugo;

Quintela, lugar da parroquia das Varelas do concello de Melide;

Quintela, lugar das parroquias de San Martiño de Moaña e Virxe do Carme de Moaña, do concello de Moaña;

Quintela, lugar da parroquia de Canedo do concello de Ourense;

Quintela, lugar da parroquia de Cis do concello de Oza-Cesuras;

Quintela, lugar da parroquia de Piñeiro do concello da Páramo;

Quintela, lugar da parroquia de San Vicente de Gondrame do concello da Páramo;

Quintela, lugar da parroquia de Calvelle do concello do Pereiro de Aguiar;

Quintela, lugar da parroquia de San Román do concello de Santiso;

Quintela, lugar da parroquia da Chanca do concello de Sarria;

Quintela, lugar da parroquia de San Sadurniño de Froián do concello de Sarria;

Quintela, lugar da parroquia de Manduas do concello de Silleda;

Quintela, lugar da parroquia da Florida do concello de Vigo;

Quintela de Abaixo, lugar da parroquia de Pedrafita do concello da Teixeira;

Quintela de Arriba, lugar da parroquia de Pedrafita do concello da Teixeira;

Quintela de Velle, lugar da parroquia de Velle do concello de Ourense;

Porto Quintela, lugar da parroquia de Santa Comba do concello de Bande;En Portugal

Quintela, freguesía do concello de Sernancelhe;

Quintela, lugar da freguesía de Argivai;

Quintela, lugar da freguesía de Rego, no concello de Celorico de Basto;Na provincia de León

Quintela, parroquia do concello de Barxas.

Quintela de Leirado, Quintela de Leirado

San Paulo de Quintela de Leirado é unha parroquia do concello de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 192 habitantes, deles 86 eran homes e 106 eran mulleres.

Redemuíños, Quintela de Leirado

San Salvador de Redemuíños é unha parroquia do concello de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 183 habitantes (79 homes e 104 mulleres).

A igrexa parroquial inclúe un fermoso retablo, coa parte central enmarcada por columnas salomónicas. Sobre o altar hai unha imaxe da Virxe. Na parte central, destacando sobre o conxunto, represéntase o Salvador. Coroa o retablo un Cristo en Maxestade sentado á dereita do Padre e San Paulo.

No contorno da igrexa está a casa reitoral, cun reloxo de sol tallado na pedra, coroado pola figura dun músico, tamén tallado en pedra, que está tocando unha guitarra.

Serra da Moura

A Serra da Moura ou Serra de Silvaescura, está situada entre os concellos de Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás, Celanova e Verea. Ten unha orientación NO-SL, da aba oeste nacen pequenos afluentes ao río Deva e na leste ao río Tuño, polo norte está conectada á Serra da Pena e polo sur á Serra de Laboreiro e á extensión desta, a Serra da Edra.

A máxima altitude é o Coto da Moura con 950m entre Quintela de Leirado e Ramirás, aínda que tamén destacan outros cumios como O Castelo(819m), a Pena das Verrugas(883m) ou O Cimón(801m).

A vexetación de matogueira xunto coas amplas pasteiras fan que esta zona se aproveite para a cría de gando vacún e equino. Na cima tamén se sitúan dúas antenas de telecomunicacións.

Serra do Laboreiro

A serra do Laboreiro é un macizo montañoso de perfís suaves situado entre Galiza e Portugal na denominada Raia Seca, que se eleva dende o val do río Deva para formar un amplo altiplano duns 1200 m de altitude media que se estende pola freguesía portuguesa de Castro Laboreiro. Dos seus cumios nacen ríos que van ao Miño (Deva e Troncoso), ao Arnoia (Tuño e Ourille), e ao Limia (Cadós, Grou e Casal na vertente galega e Castro Laboreiro na portuguesa).

Xacebáns, Quintela de Leirado

Santiago de Xacebáns é unha parroquia do concello ourensán de Quintela de Leirado, na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 91 habitantes (43 homes e 48 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.