Quilómetro por hora

O quilómetro por hora (km/h) é unha unidade derivada do SI de velocidade, tanto escalar como vectorial. Un obxecto que viaxa a unha velocidade media de 1 km/h desprázase 1 quilómetro nunha hora se a velocidade se mantén constante durante ese período.

O símbolo utilizado para esta unidade é km/h, aínda que tamén se utiliza km·h−1. Nalgúns países de fala inglesa utilízase a notación kph.

Esta unidade de medida non pertence ao Sistema Internacional de Unidades (SI). A unidade do SI para a velocidade é o metro por segundo (m/s). Con todo, é a unidade máis utilizada a nivel mundial para indicar velocidades no transporte terrestre, xa sexa transporte por estrada ou transporte por ferrocarril. O kWh e o km/h son as unidades máis amplamente utilizadas que se basean na hora. A hora é a única unidade que non pertence ao SI que é aceptada para utilizarse con unidades do SI pola Oficina Internacional de Pesos e Medidas.

Equivalencias con outras unidades

  • 3,6 km/h ≡ 1 m/s (exacto)
  • 1 km/h ≈ 0,277 78 m/s
  • 1 km/h ≈ 0,621 37 mph ≈ 0,911 34 pie/s
  • 1 no ≡ 1,852 km/h (exacto)
  • 1 milla por hora = 1,609 km/h (exacto)

5 km/h

Velocidade ao camiñar dun humano media.

12 km/h

Velocidade ao trotar dun humano media.

20 km/h

Velocidade en bicicleta por unha costa.

37 km/h

Velocidade que alcanza un atleta de elite nos 100 metros lisos.

50 km/h

Velocidade límite de tránsito en zonas residenciais.

80–90 km/h

Velocidade límite nalgunhas estradas.

110–120 km/h

Velocidade límite nalgunhas autoestradas.

300 km/h

Velocidade que alcanzan algúns trens.

900-1.000 km/h

Velocidade que alcanzan os avións de pasaxeiros.

2.000 km/h

Velocidade que alcanzan algúns avións de combate.

40.320 km/h

Velocidade de escape da Terra

Véxase tamén

Ligazóns externas

Metro

O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983.)

A palabra metro provén do grego metron (μέτρον), e posteriormente foi convertida nunha medida en Francia coa palabra mètre.

Metro por segundo

O metro por segundo (símbolo: m·s⁻¹) é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades tanto para rapidez (escalar) como para o módulo da velocidade (vectorial).

Defínese como a distancia (en metros) dividida polo tempo (en segundos).

Velocidade

A velocidade é unha magnitude física de carácter vectorial que expresa a distancia percorrida por un obxecto na unidade de tempo. Represéntase por ou . Na análise dimensional as súas dimensións son [L]/[T]. A súa unidade no Sistema Internacional de Unidades é o metro por segundo (símbolo, m/s). Tamén é habitual empregar como unidade o km/h (quilómetro/hora).

A velocidade é un vector, é dicir, ten módulo (magnitude), dirección e sentido. A magnitude da velocidade coñécese como celeridade ou rapidez.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.