Quilómetro cadrado

Un quilómetro cadrado (km²) é a unidade de área que se corresponde cun cadrado dun quilómetro de lado. Equivale a un millón de metros cadrados. No Sistema Internacional de Unidades simbolízase con km², non admitíndose punto, nin maiúscula nin plural.

1 km² = 106 = 1 000 000 = 100 ha

O quilómetro cadrado utilízase habitualmente para medir a área dun país e todas as súas divisións territoriais, así como todo tipo de superficies de gran tamaño.

Véxase tamén

  • Unidades de medida

Ligazón externa

1 km2
1 quilómetro cadrado está composto por 100 ha (hectáreas).
Akwa Ibom

O Estado de Akwa Ibom é un estado pertencente á República Federal de Nixeria.

Ten unha área de 7.081 km² e a súa poboación cífrase en 4 918 234 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade de poboación de 694,6 habitantes por cada quilómetro cadrado.

Limita polo leste con Cross River, polo oeste con Rivers e Abia, e polo sur co Océano Atlántico.

Foi creado en 1987 do antigo estado Cross River e é unha das principais áreas produtoras de petróleo no país. A capital do estado é Uyo. Xuntamente co inglés, as principais linguas faladas son: ibibio, annang, oron, ibeno e eket.

Anambra

Anambra é un dos estados da República Federal de Nixeria.

Ten unha superficie de 4.844 quilómetros cadrados. A poboación no 2007 era de 4 887 379 persoas, o que daba unha densidade de poboación de 1.009 habitantes por cada quilómetro cadrado.

Foi creado a 3 de febreiro de 1976 a partir do antigo estado Centro Oriental. A capital era entón a cidade de Enugu. O 27 de agosto de 1991 naceu o estado de Enugu, pasando a capital e sede do goberno, de Anambra, para a cidade de Awka.

A orixe do nome do estado derivado do río Anambra (Omambala), que é un afluente do río Níxer.

A etnia predominante do estado de Anambra son os igbos (98% da poboación), cunha pequena poboación de igalas (2% da poboación) que viven na parte norte-occidental do estado.Anambra é o oitavo estado máis populoso de Nixeria, e o segundo estado máis densamente poboado tras Lagos.

Bayelsa

Bayelsa é un Estado da República Federal de Nixeria, que se atopa entre os estados de Delta e Rivers, con capital Yenagoa.

Posúe unha superficie de 10.773 quilómetros cadrados, e unha poboación que se cifra en 2 097 241 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade de poboación de 194,7 habitantes por cada quilómetro cadrado.

O idioma falado é o ijaw, aínda que, como no resto de Nixeria, a lingua oficial é o inglés. Foi formado en 1996 a partir do estado de Rivers, sendo un dos estados máis novos.

Cervelló

Cervelló é un municipio español da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Cataluña. O municipio, cunha extensión de 24,25 km², ten un total de 8.393 habitantes, INE 2009. A densidade de poboación é de 348 habitantes por quilómetro cadrado. En 1998 sufriu a secesión do barrio de La Palma que pasou a ser coñecido como La Palma de Cervelló.

Cheyenne, Wyoming

Cheyenne é a capital do estado de Wyoming, nos Estados Unidos. En setembro de 2005 contaba cunha poboación estimada de 55.362 habitantes. É a capital do condado de Laramie e a cidade máis grande do estado. Foi fundada en 1867.

Ten unha área total de 57,9 quilómetros cadrados e unha densidade de poboación de 969.6 habitantes por quilómetro cadrado.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Eastern Highlands

Eastern Highlands, Highlands Orientias ou Terras Altas do Leste, é unha das provincias da Papúa Nova Guinea. A capital da provincia é a cidade de Goroka.

Conta cunha superficie de 11.200 quilómetros cadrados e unha poboación de 432.972 habitantes (2000), o que dá unha densidade de poboación de 24,7 habitantes por quilómetro cadrado.

Ten fronteiras coas provincias papuanas de Madang, Morobe, Gulf e Simbu.

Estado de Abia

O Estado de Abia é un dos estados que constitúe a República Federal de Nixeria, situado no sueste do país. A súa capital é Umuahia, aínda que o principal centro comercial atópase en Aba, un antigo posto comercial británico. O estado creouse en 1991 con parte do territorio do estado de Imo. Os seus habitantes pertencen maioritariamente á etnia igbo. Abia é un dos nove estados pertencentes á rexión do Delta do Níxer. Posúe 17 Áreas de Goberno Local.

Este estado ten unha extensión de territorio que contén unha superficie composta por uns 6.320 quilómetros cadrados. A súa poboación cífrase en 4 350 963 persoas (datos do censo do ano 2007), dando unha densidade de poboación de 688,4 habitantes por cada quilómetro cadrado.

Estado de Sokoto

Sokoto é un dos estados nos que se divide a República Federal de Nixeria, con capital a cidade de Sokoto.

Posúe unha superficie de 25.973 quilómetros cadrados e limita polo norte e noroeste coa República de Níxer, polo leste e sur co estado de Zamfara e polo oeste e suroeste co estado de Kebi.

Segundo o censo do ano 2007, contaba cunha poboación de 4 381 970 persoas, o que dá unha densidade demográfica de 168,7 habitantes por quilómetro cadrado.

As dúas etnias maioritarias do estado son os hausa e os fulani. No relixioso, predominan amplamente os musulmáns.

O estado foi creado en 1967 co nome de "North-Western State". Posteriormente, o seu territorio foi sufrindo numerosas modificacións a causa da creación de novos estados. Así, en 1976 cedeu territorios para a creación do estado de Níxer e en 1991 para a creación do estado de Kebbi. Finalmente, en 1996 unha porción de Sokoto foi cedida para a creación do estado de Zamfara.

O estado é eminentemente agrícola e estímase que o 90% da poboación traballa en actividades ligadas á agricultura. Os principais cultivos son: millo, arroz, cacahuete, cana de azucre e tabaco.

Tamén son importantes os vexetais, destacándose o cultivo de manga, laranxa, plátanos, papaia, leituga e espinaca.

Gallegos del Pan

Gallegos del Pan é un concello de España, na provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 15,50 quilómetros cadrados, cunha poboación de 141 habitantes e unha densidade de poboación de 9,1 habitantes por quilómetro cadrado.

Jomala

Jomala é un concello de Åland, rexión autónoma de Finlandia.

O concello ten unha poboación de 4,529 habitantes e unha superficie de 686.96 km2. A densidade de poboación é de 31.78 habitantes por quilómetro cadrado.O concello é maioritariamente suecofalante.

O aeroporto de Mariehamn, o principal aeroporto das Åland, está no territorio municipal de Jomala.

Kwara

Kwara é un dos estados formantes da República Federal de Nixeria. A súa capital é a cidade de Ilorin.

Ten unha extensión de 36.825 km2 e limita polo norte co estado de Níxer, polo leste co estado de Kogi, polo sur cos estados de Ekiti, Osun e Oyo e polo oeste coa Benín.

A poboación cífrase en 2 702 949 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade demográfica de 73,4 habitantes por quilómetro cadrado.

Foi creado en 1967 como un dos 12 primeiros estados que substituíron a antiga subdivisión en rexións. Inicialmente coñecido como West Central State, o seu nome foi mudado polo de Kwara, palabra dun idioma local que alude ao Río Níxer. Nos anos seguintes, parte do seu territorio orixinal foi cedido para a creación de novos estados.

Milne Bay

A Provincia de Milne Bay é unha das provincias da Papúa Nova Guinea. A capital da provincia é a cidade de Alotau.

Conta cunha superficie de 14.000 km2, cunha poboación de 209.054 habitantes (2000), o que dá unha densidade de poboación de quince habitantes por quilómetro cadrado aproximadamente.

Economicamente a provincia depende maiormente do turismo, como tamén da produción da palmeira aceiteira ou da extracción de ouro. Ademais destas grandes industrias hai moitos outros proxectos de produción a pequena escala, como o cultivo de cacao ou copra.

Peñausende

Peñausende é un concello de España, na provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 95,02 quilómetros cadrados, cunha poboación de 489 habitantes e unha densidade de poboación de 5,15 habitantes por quilómetro cadrado.

Provincia de Madang

A Provincia de Madang é unha das provincias da Papúa Nova Guinea. A capital da provincia é a cidade de Madang.

Cunha área total de 29.000 km2 ten unha poboación de 365.106 habitantes (2000), dando unha densidade de poboación de 12,6 habitantes por quilómetro cadrado.

Ripollet

Ripollet é un municipio situado na comarca catalá do Vallès Occidental, forma parte do área metropolitana de Barcelona. O municipio, cunha extensión de 4,39 km², ten un total de 37.151 habitantes. A densidade de poboación é de 8.639,77 habitantes por quilómetro cadrado. Está a unha distancia de 10 km de Barcelona.

Southern Highlands

A Southern Highlands, ou Highlands Meridionais, é unha das divisións administrativas do Estado Independente de Papúa Nova Guinea. A capital da provincia é a cidade de Mendi.

Segundo o censo do ano 2000, tiña 546.265 habitantes. Considerando a superficie do territorio, que é duns 23.800 km², dá unha densidade de poboación de 23 habitantes por quilómetro cadrado.

Taraba

Taraba é un dos estados da República Federal de Nixeria, creado en 1991. A súa capital é a cidade de Jalingo.

Posúe unha extensión duns 54.473 km². A poboación cífrase en 2.774.083 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade de poboación de 50,9 habitantes por cada quilómetro cadrado. Ten fronteiras polo leste con Camerún.

Os ríos Benue, Taraba, Donga e Ibi son os principais ríos do estado, que nacen nas montañas camerunesas, e atravesan o estado de Taraba en dirección norte a sur para desembocar no río Níxer.

Viñas, Zamora

Viñas ou Viñas de Aliste é un concello de España, na provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 40.13 quilómetros cadrados, cunha poboación de 259 habitantes e unha densidade de poboación de 6.45 habitantes por quilómetro cadrado.

Múltiplos e submúltiplos do metro
Sistema anglosaxón
Sistema tradicional galego

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.