Quilómetro

Un quilómetro (escrito con q na súa forma plena, pero abreviado km por convención internacional) é unha unidade de medida derivada do metro, e equivale a mil (1.000) metros.

O seu símbolo é km no Sistema Internacional. Nótese que se escribe con minúscula e sen punto, a non ser que coincida no fin dunha frase.

O vocábulo está constituído polo prefixo quilo (k), que en grego antigo significaba "mil", e metro, que significaba "medir".

É unha unidade de medida derivada das dimensións da terra e recoñecida polo sistema internacional de unidades que define o patrón de metro. Algúns países, como os EUA, aínda non o adoptaron, preferindo usar outras unidades, como a milla terrestre, que corresponde a 1,60934 km.

Como unidade derivada, úsase o km/h para medir a velocidade.

Aegaeon (lúa)

Aegaeon ou Exeón (do grego Αιγαίων) tamén coñecida coma Saturno LIII (designación provisional S/2008 S 1), é unha lúa de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Carolyn Porco do equipo de imaxes da sonda espacial Cassini-Huygens o 3 de marzo do 2009, a partir de obsevacións feitas o 15 de agosto do 2008. Recibiu o seu nome de Αιγαίων (en latín Aegaeon), un dos Hecatónquiros.Aegaeon orbita dentro do brillante segmento do Anel G de Saturno, e posiblemente a lúa sexa a fonte principal do material de dito anel. Cascallos desprendidos da lúa forman un arco brillante preto da beira interior, e estes aá súa vez son espallados ó resto do anel. Aegaeon orbita nunha resonancia orbital de 7:6 con Mimas, a cal causa unha oscilación duns 4 km cada catro anos no seu eixo semimaior. Asumindo que ten un albedo semellante ó de Pallene, estimóuselle un diámetro de medio quilómetro. Orbita Saturno a unha distancia media de 167 500 km en 0,80812 días, ten unha inclinación de 0,001° respecto do ecuador de Saturno, cunha excentricidade do 0,0002.

Cervelló

Cervelló é un municipio español da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Cataluña. O municipio, cunha extensión de 24,25 km², ten un total de 8.393 habitantes, INE 2009. A densidade de poboación é de 348 habitantes por quilómetro cadrado. En 1998 sufriu a secesión do barrio de La Palma que pasou a ser coñecido como La Palma de Cervelló.

China Airlines

China Airlines (CAL) (chinés: 中華航空; pinyin: Zhonghuá Hángkong) é a aeroliña nacional e a máis grande da república de China (Taiwán). A súa sede atópase no aeroporto Internacional de Taiwán Taoyuan e ten 11.154 empregados. China Airlines opera uns 1.400 voos semanais a 115 aeroportos de 114 cidades (incluídos códigos compartidos) de Asia, Europa, Norteamérica e Oceanía. A división de carga opera 91 voos semanais a 33 destinos. A aeroliña foi no 2013 a 21ª do mundo en termos de beneficios de pasaxeiros por quilómetro, e a 10ª por carga. China Airlines ten tres subsidiarias: Mandarin Airlines realiza voos a destinos domésticos de baixa demanda; China Airlines Cargo, membro de Skyteam Cargo, opera unha frota de cargueiros e xestiona a carga da compañía matriz; Tigerair Taiwan é unha aeroliña de baixo custo creada por China Airlines e o grupo singapurense Tigerair Holdings.

Comarca da Limia

A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia. A cal pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na serra do Larouco. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na depresión de Maceda, así como nas serras centrais ourensás.

A comarca ocupa unha extensión de 801,9 km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 (IGE), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.

O cultivo de cereais e a pataca, produto con denominación de orixe, predominan na maior parte das terras de labradío. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.

A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de Galicia, con 350 familias vivindo exclusivamente da agricultura e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 Has de cereais, cun 55% de trigo; seméntanse unhas 4000 Has de pataca, a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos (fertilizantes, sementes, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.

Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa Coren nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.

A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, (serradoiros de madeira, canteiras, areeiras etc.).

A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.

Devesos, Ortigueira

San Sebastián de Devesos é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 112 habitantes (62 mulleres e 50 homes) distribuídos en 41 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 225 habitantes.

Estación de Miño-Castro

Miño-Castro foi unha estación e posteriormente apeadoiro de tren de Adif situada na localidade de Miño, na provincia da Coruña. Está situado na estrada AC-154, a un quilómetro cara Ferrol e na actualidade non ten paradas comercias.

Gallegos del Pan

Gallegos del Pan é un concello de España, na provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 15,50 quilómetros cadrados, cunha poboación de 141 habitantes e unha densidade de poboación de 9,1 habitantes por quilómetro cadrado.

Illas Lobeiras

As Illas Lobeiras son un pequeno arquipélago galego pertencente á provincia da Coruña, en fronte da costa de Carnota, en plena ría de Corcubión. Está formado por dous grupos de illas separadas entre elas por un quilómetro e medio.

Illas de San Pedro

As Illas de San Pedro son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situadas no municipio da Coruña, na parroquia de San Pedro de Visma, ao pé do Monte de San Pedro. Son 5 illotes case chairos moi próximos uns aos outros, separados por unha canle inferior ao quilómetro e a 250 metros da costa. O conxunto das illas suma unha extensión de 15 hectáreas (a maior conta con 4). Tradicional zona de marisqueo. A súa vexetación é de carácter herbáceo onde se distinguen 14 especies diferentes.

Os illotes tamén teñen nomes de seu e son: Illa Vendaval ou Cetárea, Illa do Pé, Aguión, As tres illas e Os Fernandiños.

En 2009 o arquipélago foi declarado espazo natural de interese local de xeito provisorio durante dous anos, mais non se prorrogou. En 2016 o concello aprobou por unanimidade o procedemento para a súa declaración definitiva e a declaración provisional foi aprobada pola Xunta o 16 de novembro de 2017.

Perafort

Perafort é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña, situado na comarca do Tarragonès. Está formado por dous núcleos de poboación: Perafort e Puigdelfí, situado a menos dun quilómetro.

Peñausende

Peñausende é un concello de España, na provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 95,02 quilómetros cadrados, cunha poboación de 489 habitantes e unha densidade de poboación de 5,15 habitantes por quilómetro cadrado.

Quilómetro cadrado

Un quilómetro cadrado (km²) é a unidade de área que se corresponde cun cadrado dun quilómetro de lado. Equivale a un millón de metros cadrados. No Sistema Internacional de Unidades simbolízase con km², non admitíndose punto, nin maiúscula nin plural.

1 km² = 106 m² = 1 000 000 m² = 100 haO quilómetro cadrado utilízase habitualmente para medir a área dun país e todas as súas divisións territoriais, así como todo tipo de superficies de gran tamaño.

Quilómetro cúbico

O quilómetro cúbico (km3) é unha unidade de volume, derivada do Sistema Internacional de Unidades. Correspóndese co volume dun cubo dun quilómetro de lado.

Equivale 1 000 000 000 de metros cúbicos (m3), ou a 1 000 000 decámetros cúbicos (dam3), ou a 1 000 hectómetros cúbicos (hm3).

Quilómetro por hora

O quilómetro por hora (km/h) é unha unidade derivada do SI de velocidade, tanto escalar como vectorial. Un obxecto que viaxa a unha velocidade media de 1 km/h desprázase 1 quilómetro nunha hora se a velocidade se mantén constante durante ese período.

O símbolo utilizado para esta unidade é km/h, aínda que tamén se utiliza km·h−1. Nalgúns países de fala inglesa utilízase a notación kph.

Esta unidade de medida non pertence ao Sistema Internacional de Unidades (SI). A unidade do SI para a velocidade é o metro por segundo (m/s). Con todo, é a unidade máis utilizada a nivel mundial para indicar velocidades no transporte terrestre, xa sexa transporte por estrada ou transporte por ferrocarril. O kWh e o km/h son as unidades máis amplamente utilizadas que se basean na hora. A hora é a única unidade que non pertence ao SI que é aceptada para utilizarse con unidades do SI pola Oficina Internacional de Pesos e Medidas.

Ripollet

Ripollet é un municipio situado na comarca catalá do Vallès Occidental, forma parte do área metropolitana de Barcelona. O municipio, cunha extensión de 4,39 km², ten un total de 37.151 habitantes. A densidade de poboación é de 8.639,77 habitantes por quilómetro cadrado. Está a unha distancia de 10 km de Barcelona.

S/2003 J 12

S/2003 J 12 é unha lúa de Xúpiter, e é a lúa máis pequena do Sistema Solar. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2003.S/2003 J 12 ten ó redor dun 1 quilómetro de diámetro, orbita Xúpiter a unha distancia media de 17,883 Gm en 489,72 días, cunha inclinación de 143° respecto da eclíptica (143° respecto do ecuador de Xúpiter), de movemento retrógrado e cunha excentricidade orbital de 0,4920.É a lúa irregular de movemento retrógrado que orbita máis próxima a Xúpiter, e semella non pertencer a ningún grupo de satélites.

S/2003 J 9

S/2003 J 9 é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003.S/2003 J 9 ten un 1 quilómetro de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,858 millóns de kms, tarda 752,839 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (165° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,276. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.

Velocidade

A velocidade é unha magnitude física de carácter vectorial que expresa a distancia percorrida por un obxecto na unidade de tempo. Represéntase por ou . Na análise dimensional as súas dimensións son [L]/[T]. A súa unidade no Sistema Internacional de Unidades é o metro por segundo (símbolo, m/s). Tamén é habitual empregar como unidade o km/h (quilómetro/hora).

A velocidade é un vector, é dicir, ten módulo (magnitude), dirección e sentido. A magnitude da velocidade coñécese como celeridade ou rapidez.

Viñas, Zamora

Viñas ou Viñas de Aliste é un concello de España, na provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 40.13 quilómetros cadrados, cunha poboación de 259 habitantes e unha densidade de poboación de 6.45 habitantes por quilómetro cadrado.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.