Queixumes dos pinos

Queixumes dos pinos é un libro de poemas escrito por Eduardo Pondal e publicado por Latorre y Martínez, editores, na Coruña, na imprenta de La Voz de Galicia en 1886.[1]

Queixumes dos pinos
Queixumes dos pinos, Eduardo Pondal, Latorre y Martínez editores, La Coruña, imprenta de La Voz de Galicia, 1886. PDF.pdf
Autor/aEduardo Pondal
ColecciónBiblioteca Gallega
Xénero(s)poesía
EditorialLa Voz de Galicia
Data de pub.1886
Páxinas225
EditorLatorre y Martínez

Descrición

Pondal recolleu nel a maior parte dos poemas publicados en 1877 en Rumores de los pinos, aínda que reelaborándoos, traducindo algúns ao galego e facendo desaparecer outros escritos en castelán. O conxunto inicial, que estaba composto por trinta composicións, foise ampliando en posteriores edicións, incluíndo poemas como "Os pinos".

A segunda edición publicouse pola Academia Gallega, na Coruña, na imprenta de Zincke Hermanos, en 1935, con introdución de Manuel Murguía, e epílogo de Manuel Lugrís Freire.

Notas

  1. "Queixumes dos pinos". BVG. Consultado o 15 de xuño de 2013.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Andrés Martínez Salazar

Andrés Martínez Salazar, nado en Astorga o 8 de febreiro de 1846 e falecido na Coruña o 6 de outubro de 1923, foi un historiador, investigador e editor do rexurdimento galego.

Batallón Literario da Costa da Morte

O Batallón Literario da Costa da Morte foi un grupo poético xurdido nunha cafetaría de Cee o 1 de maio de 1996 cuxo nome está inspirado no Batallón Literario de Santiago, emerxido na Universidade de Santiago de Compostela no século XIX. Considérase ao grupo literario “Arre Sentelha!” como xerme do batallón así como tamén “Blas Espín” ou o colectivo “Un medio”, desenvolvidos tamén na Costa da Morte, xa que algúns dos seus membros participaron neses grupos. Nesta primeira xuntanza reuníronse os fundadores que eran Miro Villar, Federico L. Santalla (secretario), Rafa Villar, Xandra Tedín, Modesto Fraga, Xabier Rodrígues Fidalgo e Estevo Creus.

O Batallón inclúe un amplo número de integrantes procedentes na súa maioría da Costa da Morte e de diversas idades. Podemos destacar algúns nomes a parte dos anteriores como Alexandre Nerium, Mónica Góñez ou Concha Blanco. Entre os seus participantes non só se atopan poetas, se non tamén importantes narradores e narradoras como por exemplo María Canosa.

É salientábel a súa organización e participación en certames e recitais poéticos. Tamén publicaron algúns volumes colectivos e un boletín poético.

Biblioteca Básica da Cultura Galega

A Biblioteca Básica da Cultura Galega é un produto editorial formado por unha colección de cincuenta libros, en lingua galega, publicados dende 1982 pola Editorial Galaxia, co patrocinio das deputacións de Galicia.

Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

Biblioteca Gallega

A Biblioteca Gallega, foi unha editorial galega, fundada na Coruña en 1885 por Andrés Martínez Salazar e Juan Fernández Latorre.

Edicións Castrelos

Edicións Castrelos foi unha editorial galega fundada en 1964 e radicada en Vigo. A Editorial Galaxia mercouna en 1979.

Eduardo Pondal

Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega, autor da letra do Himno de Galicia. Foi un dos tres grandes poetas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. En 1965 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Facho

Facho, mañiza de palla atada á que se lle prendía lume ou fogueira acesa nun alto que adoitaba usarse para avisar e guiar os mariñeiros que se atopaban no mar.

Literatura galega do Rexurdimento

O Rexurdimento foi un movemento social, literario e intelectual, localizado no tempo na segunda metade do século XIX. Vería o seu inicio este período da literatura galega en 1863, coa publicación do poemario de Rosalía de Castro Cantares Gallegos. O seu final, porén, habería que situalo en 1890 coa publicación da obra de Valentín Lamas Carvajal A musa das aldeas.

Cando falamos do Rexurdimento literario, estámonos a referir sobre todo a un movemento poético, posto que a prosa e o teatro participarán del tardiamente.

Manuel Ferreiro Fernández

Manuel Ferreiro Fernández, nado en Saavedra (Begonte) en 1955, é un lingüista e escritor galego.

Mauricio Farto Parra

Mauricio Farto Parra, nado en Santibáñez de Valcorba (Valladolid) o 21 de setembro de 1867 e finado na Coruña o 23 de abril de 1947 foi un músico español.

Meicende, Pastoriza, Arteixo

Meicende é un lugar da parroquia de Pastoriza, no concello coruñés de Arteixo. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 3.669 habitantes (1.860 homes e 1.809 mulleres), o que supón un descenso de 40 habitantes en relación ao ano anterior.

A pesar da súa pertenza ao concello de Arteixo, o núcleo de Meicende atópase 7 km afastado do centro do concello, lindando xa co concello da Coruña e nas proximidades da Refinería da Coruña e da factoría de Alcoa no polígono de Agrela-Bens.

Nacións celtas

O termo nacións celtas fai referencia a uns territorios (nacións a maior parte das veces sen estado propio) do oeste da Europa Occidental que comparten o uso de linguas celtas e/ou trazos culturais atribuibles á devandita cultura. Neste contexto, o termo "nacións" cobra significado entendendo este como un colectivo étnico de persoas asociado historicamente a un territorio raíz e que comparten unha identidade común propia, manifestada ben na lingua, ben na cultura ou na mentalidade propia común.

Os Pinos

Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Precursores

Denomínanse como precursores aqueles escritores que desenvolveron a súa actividade literaria entre os anos 1833 e 1863. Son as voces ilustradas e patrióticas dos galegos que denuncian a situación da lingua e a cultura galegas.[Cómpre referencia] A súa temática é máis próxima ao realismo xa que primordialmente reflicten acontecementos que lles toca vivir a eles e aos do seu redor. Reciben este nome por cumpriren o papel de iniciadores da literatura galega e o renacemento da súa cultura. Os precursores desenvolven órganos xornalistas na lingua galega e así prepararon o terreo para a chegada do Rexurdimento pleno.

Rexurdimento

Rexurdimento (do verbo rexurdir formado sobre xurdir que procede do termo latino surgere 'erguer') é o nome co que se coñece o século XIX (ou a segunda metade do mesmo) na historia de Galiza e expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en 1863 de Cantares gallegos, obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento Pleno, e as obras anteriores a esta data acostuman clasificarse como pertencentes aos precursores. A Rosalía hai que engadir a Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e mais Manuel Curros Enríquez como os principais escritores en galego desta época.

Xavier Senín

Francisco Xavier Senín Fernández, nado en Pontecesures o 13 de maio de 1949, é un tradutor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.