Queixo do Cebreiro

O Queixo do Cebreiro é un queixo DO galego producido[1] nos concellos de Baralla, Becerreá, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Triacastela e Pedrafita do Cebreiro.

Elabórase basicamente con leite de vaca ó que se lle pode engadir leite de cabra en cantidades non superiores a un 40%. É un queixo graxo cunha consistencia que depende do grao de maduración. A pasta é graúda e a codia fina.

É de cor branca ou amarela, segundo a maduración. Ten un sabor lixeiramente ácido e picante. A súa forma lembra un gorro de cociñeiro ou a un fungo. Os peregrinos que percorrían o camiño encargáronse desde vello de dalo a coñecer e hai documentación que acredita a súa existencia desde o século XVIII. A produción está limitada a unhas 20-28 toneladas anuais porque as explotacións da zona son poucas e de pequeno tamaño: en 2009 eran sete os gandeiros rexistrados, con dúas queixerías. Nese ano a produción total foi de 24.206 kg.[2]

Queso-cebreiro
DO Queixo do Cebreiro.

Características e tipos

Cebreiro 18 08 12
Queixo do Cebreiro co chapeu en forma de cogomelo.

O leite empregado procederá de gando vacún saneado, das razas rubia galega, parda alpina, frisoa ou dos seus cruzamentos. Tamén se elaboran queixos cunha proporción máxima do 40% do leite de gando caprino.

O leite será enteiro, sen costros nin conservantes. O callo empregado será de orixe animal ou outras enzimas autorizadas.

O queixo do Cebreiro pódese comercializar en dúas modalidades (fresco e curado), cun peso por peza comprendido entre 0,5 e 2 kg-

Forma de fungo ou gorro de cociñeiro, é dicir, composto de dúas partes:

  • Base cilíndrica, de diámetro variable e cunha altura non superior a 12 cm.
  • Sombreiro, que terá entre 1 e 2 cm máis de diámetro que a base e unha altura non superior a 3 cm.

As características da pasta varían en función do grao de maduración, distinguíndose entre os frescos e mailos curados.

Produtores

Son catro as queixerías de queixo do Cebreiro en tres formatos: 300 gramos, medio quilo e un quilo.[3]

  • Queixerías Castelo de Brañas S.L. en Pedrafita do Cebreiro
  • Carmen Arrojo Valcárcel (Queixo do Cebreiro Xan Busto) en As Nogais
  • Carlos Reija Fernández (Queixo do Cebreiro Sto. André) en Castroverde
  • Enrique Fernández Paradela (Queixo do Cebreiro Marqués de Cernadas) en Baralla

Notas

  1. "Web da D.O. Queixo do Cebreiro". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2010. Consultado o 19 de setembro de 2010.
  2. DOP Cebreiro
  3. "Produtores DO". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2013. Consultado o 30 de xaneiro de 2013.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

As Nogais

As Nogais é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares linda con Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Becerreá e Triacastela. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.191 habitantes (1.441 no 2006, 1.477 no 2005, 1.501 no 2004, 1.520 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nogalego .

Cebreiro

O topónimo galego Cebreiro procede do latín cebrarium, 'lugar onde hai moitos asnos bravos, tamén chamados onagros e 'cebros' ' < (e)quos feros + -arium (sufixo abundancial).. Pode referirse a:

Pedrafita do Cebreiro, concello da comarca dos Ancares;

O Cebreiro, parroquia de dito concello;

O Cebreiro, lugar desta parroquia;

Pedrafita do Cebreiro, tamén parroquia de dito concello;

Pedrafita do Cebreiro, lugar destoutra parroquia;

Cebreiro, parroquia do concello do Pino;

Cebreiro, lugar da parroquia da Franqueira, no concello da Cañiza;

Médico Cebreiro, lugar da parroquia de Santa María de Neda, no concello de Neda;

Cebreiros, lugar da parroquia de Covas, no concello do Pereiro de Aguiar.

Serra do Cebreiro, unha das serras orientais de Galicia.Amais como apelido pode referirse a:

Francisco Cebreiro Barros, médico e político galego;

Álvaro Cebreiro, debuxante galego (1903 - 1956);

María do Cebreiro, escritora galega (n. 1976).

Cervantes

Cervantes é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE no 2015 tiña 1.487 habitantes (1.844 no 2007, 1.914 no 2006, 1.973 no 2005, 2.031 no 2004, 2.080 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervantego».

Denominacións de Orixe de Galicia

As denominacións de orixe de Galicia abranguen diversos produtos representativos da gastronomía de Galicia, clasificados como denominación de orixe protexida. Na actualidade existen 27 produtos galegos con este distintivo, que van dende os queixos aos mexillóns, pasando polos viños os licores, a carne, o pan e ata os grelos.

Festas de interese turístico de Galicia

A seguinte é unha lista de festas de interese turístico de Galicia. Trátase dunha denominación honorífica outorgada a festexos ou acontecementos que se celebran en Galicia e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico. A declaración de Festas de Interese Turístico Galego é un nomeamento outorgado polo Consello da Xunta de Galicia a través dunha proposta por parte da Consellería de Economía e Industria.

As Festas de Interese Turístico Nacional e de Interese Turístico Internacional, son declaradas pola Secretaría de Estado de Turismo, dependente do Ministerio de Industria.

Galería de imaxes de gastronomía en Galicia

Galería de imaxes de gastronomía en Galicia.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Navia de Suarna

Navia de Suarna é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.211 habitantes (1.615 no 2006, 1.680 no 2005, 1.732 no 2004, 1.807 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «naviego».

O queixo na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de queixos na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Pedrafita do Cebreiro

Pedrafita do Cebreiro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 1.032 habitantes (563 homes e 469 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cebreirego».

Queixo

O queixo ( pronunciación ) é un alimento feito co leite callado de varios animais, incluíndo vacas, cabras, ovellas, búfala ou camelo femia.

Refraneiro galego do queixo

A queixo e touciño, grolo de viño.

Do queixo do Cebreiro comer ata o sombreiro.

Do queixo non me queixo, que me queixo do que deixo.

En san Xoán, pouco queixo e moito pan.

En san Xoán, tanto queixo como pan.

En san Xoán, tanto queixo como pan; polo san Pedro, tanto queixo coma un dedo, e polo Santiago, agárraselle ó rabo.

Por san Xoan, tanto queixo como pan.

O pan, con ollos; o queixo, cego; e o viño, anexo.

O pan, con ollos; o queixo, sin ollos; o viño, que salte ós ollos.

Queixo, sin ollos; e pan, con ollos.

O queixo e o barbeito, en abril ou maio sea feito.

O queixo millor é fresco, porque non está tan seco.

O queixo sano é o que dá o avaro.

Queixo cego, pan olludo e viño que chispe no bullo.

Queixo pesado, pan liviano.

Tanto o pan coma o queixo e tanto o queixo coma o pan, cómoo se mo dan.

Tanto pan como queixo, e tanto queixo como pan, ben o como se mo dan.

Tanto queixo como pan non se debe dar.

Uvas con queixo saben a beixo.

Val máis queixo de nabo, que catro de maio.

Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante.

Gando na corte, pouco leite e queixo forte.

No mes de abril fai queixos mil.

O falar lévase dos queixos.

Pan con ollos, queixo cego e viño que salte ós ollos.

Queixo pesado, pan liviano.

Val máis un queixo de nabo que catro de maio.

Viño que salte, queixo que chore e o pan que cante.

Triacastela

Triacastela (do latín tria castella, 'tres castros') é un concello da provincia de Lugo en Galicia. Pertence á comarca de Sarria. Segundo o INE en 2018 tiña 643 habitantes (821 no 2006, 820 no 2005, 839 no 2004, 852 no 2003).

Bebidas espirituosas
Carnes
Queixos e manteigas
Embutidos
Froitas
Hortalizas
Legumes
Mel
Peixes, moluscos e crustáceos
Panadería, pastelería, repostería
Viños

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.