Queixo de Tetilla

  • Este artigo trata sobre un tipo de queixo, para o xénero de plantas véxase Tetilla (xénero).

O queixo Tetilla é un queixo DO elaborado en Galiza con leite de vaca. Tamén é coñecido como queixo de Illana, por celebrarse a feira máis importante no lugar da Illana (Fisteus, Curtis). En 2010 chegouse a producir 2,8 millóns de queixos.[1]

Spanish cheese in Cardigan market - geograph.org.uk - 336458
Queixos DOP Tetilla

Historia

As primeiras noticias coñecidas sobre o Queixo Tetilla son do século XVIII. En 1753 nun escrito, Juan Bermúdez de Novoa, capelán de San Xoán de Torés (As Nogais, Lugo) anuncia o envío de “dous touciños, unha perna de vaca, media ducia de queixos; tres ducias e media de tetillas; tres ducias e media de linguas de porco” ao seu señor, o marqués de Camarasa.[2]

Produción

O queixo Tetilla elabórase en todo o territorio galego, con leite das razas Frisoa, Pardo Alpina e Rubia galega, procedente exclusivamente de ganderías establecidas na zona de produción e controladas polo Consello Regulador.

Ao remate da súa maduración o queixo Tetilla ten un peso de 0,5 a 1,5 kg, con forma cónica cóncava-convexa (recibe o seu nome polo parecido cun peito feminino. O tamaño da altura debe ser superior ao radio da base e inferior ao diámetro (altura de entre 90 e 150 mm, base de entre 90 e 150 mm de diámetro).

Produto protexido

Queixos de Tetilla
Queixo de tetilla, entre outros.

A D.O.P. Queixo Tetilla ampara o queixo elaborado con leite de vaca das razas Frisoa, Pardo Alpina e Rubia galega.

O leite destinado á súa elaboración debe ser o produto natural e íntegro do muxido de vacas sas que non conteñan costros, conservadores ou produtos medicamentosos.

O Queixo Tetilla é o resultado dunha maduración ou fermentación que comeza no mesmo leite nada máis muxido e segue a través da coagulación e transformacións químicas que definen o produto e que son a consecuencia da simbiose vaca-contorno e da capacidade de transmitir na devandita síntese a súa identidade. É interesante subliñar a influencia das razas salientadas, perfectamente adaptadas ao medio, como unha das causas definitorias da obtención do Queixo Tetilla.

As pezas (entre 0,5 e 1,5 Kg) van provistas de etiqueta, onde se fai referencia á súa condición de Denominación de Orixe Protexida e con contraetiqueta numerada de control do Consello Regulador.

Características

O queixo amparado pola D.O.P. Queixo Tetilla, que se caracteriza pola súa forma cónica ou cónica-convexa; presenta unha codia apreciable, fina e elástica, de menos de 3 mm de espesor, de cor amarela de palla, natural e sen mofos. A pasta é branda, cremosa e uniforme, con poucos ollos e regularmente repartidos, de cor branca-marfil, amarela. O seu aroma, suave e lixeiramente ácido, lembra á materia prima, ao igual que o seu sabor lácteo, de manteiga, lixeiramente ácida e con salgado suave. O período mínimo de maduración é de 7 días dende a súa saída de salmoira.

Ao remate da maduración, o Queixo Tetilla con D.O.P. presenta un contido sobre extracto seco de materia graxa non inferior ao 45%.

Elaboradores autorizados polo Consello Regulador

Queixo Tetilla DO Galicia W3C

Os elaboradores de Queixo Tetilla están repartidos por todo o territorio da Comunidade Autónoma galega.

A Coruña

  • Alimentos Ruta Xacobea, S.L. O Pino (A Coruña)
  • Bo-Queixo. Boqueixón (A Coruña)
  • C.P. Campo Capela, S.C.G. A Capela (A Coruña)
  • C.R.D.O.P. Queso Tetilla, Boqueixón (A Coruña)
  • Lácteos de Moeche, S.L. Moeche (A Coruña)
  • Lácteos O Casal, S.L. San Sadurniño (A Coruña)
  • Lácteos Pérez Olveira, S.A. Santa Comba (A Coruña)
  • Lácteos Terra de Melide, S.L. Melide (A Coruña)
  • Queinaga S.A.T. 871 – XUGA. Curtis (A Coruña)
  • Queixos Cagiao. Paderne (A Coruña)
  • Queixería Barral, S.L. Arzúa (A Coruña)
  • Queizuar, S.L. Touro (A Coruña)
  • Queserías del Eume, S.L. As Pontes (A Coruña)
  • S.A.T. Nº 826 XUGA O Brexeo. Sobrado dos Monxes (A Coruña)

Lugo

  • Antonio Ferreiro Ferreiro. Antas de Ulla (Lugo)
  • Crisanto S.A.T. 1306 XUGA. Vilalba (Lugo)
  • Lácteos Casa Macan, S.L. Taboada (Lugo)
  • Lácteos Lorán, S.L. Abadín (Lugo)
  • Lácteos Xabelo, S.L. Bóveda (Lugo)
  • Leitiga, S.L.U. Outeiro de Rei (Lugo)
  • Pok Quesera, S.L. Palas de Rei (Lugo)
  • Queserías Prado, S.L. Monforte de Lemos (Lugo)
  • Queserías Sarrianas, S.L. Sarria (Lugo)
  • Queixería Catadoiro. Vilalba (Lugo)
  • Queixería Daniberto S.A.T. 1221 XUGA. Vilalba (Lugo)
  • Queixería Prestes, S.L. Vilalba (Lugo)

Ourense

  • COOP. Santa Mariña de Loureiro. O Irixo (Ourense)
  • Quesos de la Montaña de Entrimo. Entrimo (Ourense)
  • Quesos Feijoo, S.L. Celanova (Ourense)

Pontevedra

  • Central Lechera Gallega, S.A. Cuntis (Pontevedra)
  • Cobideza, S.C.G. Agolada (Pontevedra)
  • Hoxe, S.C.G. Lalín (Pontevedra)
  • Lácteos Anzuxao, S.L. Lalín (Pontevedra)
  • Lácteos Farelo, S.L. Agolada (Pontevedra)
  • Queserías Daniel Torres, S.L. A Estrada (Pontevedra)

Regulamentación

  • Denominación de Orixe recoñecida pola Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 18 de marzo de 1992 (DOG 1.04.92)
  • Regulamento aprobado pola Orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 18 de xuño de 1993, e ratificado pola Orde do MAPA do 24 de novembro de 1993 (BOE 25.12.93)
  • Rexistrada como Denominación de Orixe Protexida polo Regulamento (CE) 1107/96, da Comisión, do 17 de xuño de 1996 (DOCE 21.6.96).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Notas

  1. "A DO. Queixo Tetilla recupera produción e prevé acadar este ano os 2 millóns de queixos".
  2. "Historia del Queso Tetilla".
Bica

A bica é un biscoito doce típico de elaboración artesanal de gran difusión en Galicia. É utilizada nos almorzos ou como acompañante á hora do café. Pola súa textura esponxosa é ideal acompañada de queixos graxos e de curta maduración (como pode ser o queixo de tetilla). Tamén é habitual tomalo acompañado con licor café .

A bica que se fai en Ourense, máis en concreto nos concellos de Avión e Beariz, así como en toda a zona do Ribeiro non é unha bica doce. Faise con fariña de millo e é parecida a unha empanada. Cócese debaixo dun testo cuberto de brasas e parece máis unha empanada ca un pan. Pódese encher coma as empanadas, aínda que non é normal facelo. Na provincia de Pontevedra, polo menos nos concellos de Arbo e Crecente, faise tamén este tipo de bica, aínda que pódese cocer enriba dunha pedra da lareira ou encol da cociña de ferro. A cor da bica é amarela, e ten bastante codia, pois semella ser unha tortilla de patacas (redonda e esmagada). Sabe moi ben co caldo.

Denominacións de Orixe de Galicia

As denominacións de orixe de Galicia abranguen diversos produtos representativos da gastronomía de Galicia, clasificados como denominación de orixe protexida. Na actualidade existen 27 produtos galegos con este distintivo, que van dende os queixos aos mexillóns, pasando polos viños os licores, a carne, o pan e ata os grelos.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Lista de siglas e acrónimos de alimentación

Na seguinte lista de siglas e acrónimos de alimentación incluiranse os seguintes:

Termos relacionados cos alimentos e os seus compoñentes ou principios inmediatos.

Termos relacionados coa industria alimentaria e a presentación e comercialización de alimentos.

Termos relacionados coa nutrición e máis os trastornos ou patoloxías derivadas dunha alimentación deficiente.

Termos identificativos de organismos, oficiais ou non, nacionais ou internacionais, dedicados específica ou fundamentalmente á alimentación.

Queinaga

Queinaga é unha empresa galega de produtos lácteos de Curtis (A Coruña). A empresa produce queixos coa denominación de orixe protexida Queixo de Arzúa-Ulloa e Queixo de Tetilla. Transforma 3 millóns de litros de leite para producir 400.000 quilos de queixo ao ano.

Queixo

O queixo ( pronunciación ) é un alimento feito co leite callado de varios animais, incluíndo vacas, cabras, ovellas, búfala ou camelo femia.

Queixo de Arzúa-Ulloa

O queixo de Arzúa ou queixo de Ulloa é un queixo DO galego, de leite de vaca, que se acolle protexido pola denominación de orixe Arzúa-Ulloa. Tamén se lle pode chamar queixo de Lugo, queixo de Chantada ou queixo de Curtis nas diversas localidades da súa ampla zona de fabricación.

Quián, Sergude, Boqueixón

Quián é un lugar da parroquia de Sergude no concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 29 habitantes (15 homes e 14 mulleres).

O pazo de Quián pertenceu á familia dos Campuzano. O edificio ten torre ameada cunha capela anexa, e no recinto hai un cruceiro de plataforma octogonal con pedestal, cruz e remates floreados. O pazo, pertencente á Xunta de Galicia, acolle a sede da Asociación pura raza do cabalo galego, as denominacións de orixe do queixo de tetilla, mel de Galicia e augardente de Galicia, así como o Centro de Formación e Experimentación Agro-Forestal de Sergude.

Bebidas espirituosas
Carnes
Queixos e manteigas
Embutidos
Froitas
Hortalizas
Legumes
Mel
Peixes, moluscos e crustáceos
Panadería, pastelería, repostería
Viños

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.