Queimada

A queimada (de queimar, que se supón que evolucionou a partir dunha forma hispánica *caimare, alteración do latín cremare)[1] é unha bebida alcohólica tradicional galega propia da súa gastronomía. Elabórase a base de augardente queimada, con azucre, grans de café e limón. Atribúenselle facultades curativas,[2][3] asemade, o seu consumo está rodeado de tradicións: mentres se elabora pronúnciase un conxuro para protexer contra meigallos e para escorrentar aos espíritos e demais seres malvados de quen a bebe.

Queimada Galicia 4
Queimada ardendo.

Tradición

O ritual da preparación está dirixido a afastar os malos espíritos e as meigas que, segundo a tradición, asexan os homes e mulleres para tentar maldicilos, ben sexa por diversión, por vinganza ou por calquera outro motivo. Calquera ocasión é boa para realizar unha queimada: unha festa, reunións familiares ou de amigos. Tras a cea, na escuridade da noite (que é un dos mellores momentos para realizala), os comensais reúnense arredor do pote no que se elabora, preferibelmente coas luces apagadas, para animar os corazóns e estreitar os lazos de amizade. Un deles encárgase de darlle o toque final erguendo cun cazo o líquido en chamas e deixándoo caer pouco a pouco no recipiente mentres pronuncia o conxuro, o que crea un ambiente moi especial.

Orixes

Camino de Santiago, May 2008
Recipente no que se elabora a queimada.

As orixes da bebida son descoñecidos. Popularmente, á queimada atribúenselle orixes celtas, mais, segundo afirmou en 1972 o catedrático de prehistoria da Universidade de Santiago, Carlos Alonso del Real[4] isto sería imposible, xa que a destilación do augardente en Galicia non pode ser anterior á introdución do alambique (de orixe árabe) a partir do século XII ou XIII, xa na Idade media. Así mesmo, sempre segundo Alonso del Real,[4] o azucre de cana, un dos seus ingredientes fundamentais, tamén o introduciron os árabes na Península Ibérica (a difusión do seu equivalente de remolacha é moi posterior, correspondendo ás Guerras Napoleónicas) Isto levoulle a atribuírlle orixes medievais á bebida.

Posteriormente, o antropólogo Xosé Manuel González Reboredo, afirmou[2] que o consumo de augardente (normalmente sen queimar) era habitual na Galicia rural tradicional, onde tiña fama como medicamento contra o catarro e que nun momento dado -que el sitúa ao redor dos anos cincuenta do século XX[2]- galegos residentes no exterior comezaron a tomar esta bebida nas festas ou despois das comidas. En xuntanzas deste tipo xurdiría o costume de acompañar o consumo da queimada de esconxuros compostos ex-profeso para o momento. Este costume espallouse tan axiña que xa no ano 1955 o oleiro mindoniense Tito Freire, creou o recipiente de barro cocido, con forma de tarteira e patas nos que se adoita preparar habitualmente.[2]

Historia do conxuro

O conxuro ou esconxuro tradicional da queimada foi inventado en Vigo en 1967[5] por Mariano Marcos Abalo para unha festa de xogos florais das moitas que entón tiñan lugar nun barco comisado amarrado no porto da cidade.[6] En 1974 o seu creador engadiulle as referencias a Satán e Belcebú e comezou a representalo na discoteca Fausto da Cidade Olívica.[6] Por esa mesma época, unha imprenta viguesa comezou a vender copias do esconxuro,[6] inicialmente sen a súa autorización e logo pagando unha peseta por exemplar vendido,[6] o éxito fixo que outras empresas comezasen a vender copias pola súa conta, sen ningunha autorización e sen citar o seu nome, o que pode contribuír á crenza de que o esconxuro era dun autor anónimo. No 2001, Mariano Marcos Abalo decidiu rexistrar a propiedade intelectual do esconxuro.[3]

Ingredientes

Os seus ingredientes principais son a augardente e o azucre ós que xeralmente se lles bota tamén casca de limón ou laranxa, uns poucos grans de café sen moer. Á mestura pódenselle engadir cachos de mazá, uvas ou algún outro ingrediente, os cales se engaden de forma independente segundo a tradición da zona.

Preparación

Nun pote de barro cocido (hainos especiais para a queimada) bótanse a augardente e o azucre na proporción duns 120 gramos deste por litro daquela, os demais ingredientes e reméxese todo.

Nun recipiente máis pequeno (normalmente o cazo co que se remove) cóllese, á parte, unha pequena cantidade de queimada, sen limón nin café, móllanse os bordos do garfelo coa bebida e préndeselle lume. Cando estea ardendo, métese o cazo no recipiente grande ata que se estenda por toda a superficie. A continuación reméxese lentamente, deixando que suban as lapas do alcohol, creando cascadas con elas. Reméxese ata que se esgota case que todo o alcohol, facendo que a queimada se apague case por si soa, normalmente rematando polos bordos, que non se apagan. É cara ó final deste proceso cando se recita o esconxuro.

A queimada sérvese quente, incluíndo todos os ingredientes.

Conxuro ou esconxuro

Queimada Conjuro
Recitando o conxuro.

Un dos conxuros da queimada foi escrito por Mariano Marcos Abalo en 1967 e revisado en 1974[7], e comeza así:

Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.

Demos, trasgos e diaños, [...]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes sobre a queimada.
Camino de Santiago, May 2008
Queimada
Queimada fuego
Queimada Galicia 3

Notas

  1. "Queimada". Portal das Palabras. Consultado o 15 de agosto de 2016.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 [1] González Reboredo, Xosé Manuel (2000). "A construción de referentes de identidade etno-nacional. Algunhas mostras sobre Galicia". Etinicidade e Nacionalismo. Consello da cultura Galega. ISBN 84-95415-34-8.
  3. 3,0 3,1 [2] Arquivado 22/11/2010, en Wayback Machine. «O café na queimada é unha copia dos cataláns»
  4. 4,0 4,1 Alonso del Real, Carlos: Os orixes da queimada. Capítulo programático dun libro en preparación, en Graal Nº 35, 1972, pp. 74 a 82
  5. [3] A cita estival de 38 seminaristas
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 [4] «Sábese que o conxuro é meu, e iso bástame»
  7. R. Queimaliños (09-08-2005). La Voz de Galicia, ed. "«O café na queimada é unha copia dos cataláns»". Arquivado dende o orixinal o 09-07-2015. Consultado o 07-05-2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

25 de marzo

O 25 de marzo é o 84º día do ano do calendario gregoriano e o 85º nos anos bisestos. Quedan 271 días para finalizar o ano.

A Casa Queimada, Lesón, A Pobra do Caramiñal

A Casa Queimada é un lugar da parroquia de Lesón no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña 18 habitantes (8 homes e 10 mulleres).

A Queimada, Rodeiro, Oza-Cesuras

A Queimada é un lugar da parroquia de Rodeiro no concello coruñés de Oza-Cesuras na comarca de Betanzos. Situado no cruce da AC-230 e DP-3203.

Cana de azucre

Para ver outros vexetais con este nome ver: cana (vexetal).

A cana de azucre (Saccharum officinarum), é unha das seis especies do xénero Saccharum, gramíneas altas que proveñen do sueste asiático. É un vexetal co cal se fabrican azucre e alcol.

Hai uns 13 millóns de hectáreas de cultivo de cana de azucre no mundo, espallados por uns 100 países. Os principais produtores mundiais son o Brasil, a India e a República Popular da China.

Castro, Cerdedo-Cotobade

Santa Baia de Castro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 120 habitantes (55 homes e 65 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 204 habitantes.

Cernada

O topónimo galego Cernada (da voz medieval *cinerata, do latín cinis) indica unha terra queimada para o seu poboamento. Pode referirse a:

Cernada, lugar da parroquia de Couzadoiro, no concello de Ortigueira;

Cernada, lugar da parroquia de Naraío, no concello de San Sadurniño.

A Cernada, lugar da parroquia de Seivane de Vilarente, no concello de Abadín;

A Cernada, lugar da parroquia de Montecubeiro, no concello de Castroverde;

A Cernada, lugar da parroquia de Rocas, no concello de Esgos;

A Cernada, lugar da parroquia de Vincios, no concello de Gondomar;

A Cernada, lugar da parroquia de Muñís, no concello de Navia de Suarna;

A Cernada, lugar da parroquia de San Xosé de Ribarteme, no concello das Neves;

A Cernada, lugar da parroquia do Sisto, no concello de Ourol;

A Cernada, lugar da parroquia de Augas Santas, no concello de Palas de Rei;

A Cernada, lugar da parroquia do Deveso, no concello das Pontes de García Rodríguez.

Cernadas

O topónimo galego Cernadas (da voz medieval *cinerata, do latín cinis) indica unha terra queimada para o seu poboamento. Pode referirse a:

Cernadas, lugar da parroquia de Avión, no concello de Avión;

Cernadas, lugar da parroquia de Penarrubia, no concello de Baralla;

Cernadas, lugar da parroquia de Santa Xiá de Monfero, no concello de Monfero;

Cernadas, lugar da parroquia de Buscás, no concello de Ordes;

Cernadas, lugar da parroquia do Freixo de Sabardes, no concello de Outes;

Cernadas, lugar da parroquia de Portomouro, no concello de Val do Dubra;

Cernadas, lugar da parroquia de Mezonzo, no concello de Vilasantar;

As Cernadas, lugar da parroquia de Oza, no concello da Coruña.

As Cernadas, lugar da parroquia de Churío, no concello de Irixoa;

As Cernadas, lugar da parroquia de Montemaior, no concello da Laracha;

As Cernadas, lugar da parroquia de Filgueira de Traba, no concello de Oza-Cesuras;

As Cernadas, lugar da parroquia de Lérez, no concello de Pontevedra;

As Cernadas, lugar da parroquia de Xuño, no concello de Porto do Son;

As Cernadas, lugar da parroquia de Lira, no concello de Salvaterra de Miño;

As Cernadas, lugar da parroquia de Setecoros, no concello de Valga;

As Cernadas, lugar da parroquia de Santa Cristina de Cobres, no concello de Vilaboa;

As Cernadas, lugar da parroquia de Ladra, no concello de Vilalba;

As Cernadas, lugar da parroquia de Cabreiros, no concello de Xermade;

Cernadas de Abaixo, lugar da parroquia de Vilamateo, no concello de Vilarmaior;

Cernadas de Arriba, lugar da parroquia de Vilamateo, no concello de Vilarmaior.Amais, como apelido pode referirse a:

Diego Antonio Cernadas de Castro, sacerdote e escritor galego, máis coñecido como O Cura de Fruíme (1702-1777).

Cervo

Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».

Galería de imaxes de gastronomía en Galicia

Galería de imaxes de gastronomía en Galicia.

Galería de imaxes sobre a queimada

Galería de imaxes sobre a queimada.

A queimada é unha bebida alcohólica tradicional galega propia da súa gastronomía.

Gastronomía de Galicia

A gastronomía de Galicia ten unha gran tradición e variedade, sendo un dos aspectos de maior importancia na cultura e sociedade galegas.

Está moi establecida a celebración de grandes comidas, ben en familia, ben en eventos, actos ou encontros. En Galiza teñen lugar gran número de festas gastronómicas, a maioría delas no verán. Un dos seus maiores estudosos foi o escritor Álvaro Cunqueiro.

Os petiscos, a diferenza doutros lugares, son consistentes e non se reducen a unhas simples olivas ou patacas; adoitan ser gratuítos ou de moi baixo prezo, sobre todo na provincia de Lugo, onde a súa gratuidade, ao ser acompañados por un viño ou unha cervexa, é unha tradición convertida xa nun reclamo turístico. Ademais dos petiscos, tamén son frecuentes as tapas.

Lesón, A Pobra do Caramiñal

Santa Cruz de Lesón é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Pobra do Caramiñal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 1.369 habitantes (697 mulleres e 682 homes) distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.459 habitantes.

Miranda, Castroverde

Santiago de Miranda é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 68 habitantes (36 mulleres e 32 homes), distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 74 habitantes.

Queimada (homónimos)

A queimada pode referirse a:

Queimada, bebida alcólica galega.

Queimada, filme de Gillo Pontecorvo (1969);

Queimada, grupo musical pontevedrés da década de 1970;

Fatolha queimada, prato típico de Portugal;Como topónimo, dá nome aos seguintes lugares:

Queimada, freguesía portuguesa do concello de Armamar;

Queimada, lugar da freguesía de Ovil, do concello portugués de Baião;

Fajã da Queimada, concello de Velas, illa de São Jorge, nas Azores;

Queimadas, municipio brasileiro en Baía;

Queimadas, municipio brasileiro en Paraíba.

Rabal, Oímbra

Santo André de Rabal é unha aldea e parroquia do concello de Oímbra, na provincia e diocese de Ourense, partido xudicial de Verín. No ano 2007 tiña 198 habitantes.

Rodeiro, Oza-Cesuras

Santa María de Rodeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 269 habitantes (132 mulleres e 137 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 350 habitantes.

Terra queimada

A política de terra queimada ou de terra arrasada é unha táctica militar que consiste en destruír absolutamente todo o que poida ser de utilidade ao inimigo cando unha forza avanza a través dun territorio ou se retira del.

A orixe histórica do termo terra queimada provén seguramente da práctica de queimar os campos de cereais durante as guerras e conflitos na antigüidade. Con todo, non se limita en absoluto a colleitas ou víveres, senón que inclúe calquera tipo de refuxio, transporte ou posibilidade de subministración ao inimigo.

A táctica da terra queimada é unha acción que vincula os aspectos militares e económicos ou mesmo psicolóxicos dunha estratexia militar. Estas accións destrutivas teñen a vantaxe de que non requiren adiantos tecnolóxicos nin unha especialización particular por parte dos combatentes que a aplican. Cando se emprega en territorio inimigo preténdese destruír a súa vontade de resistir mediante a intimidación, provocando sufrimento ás poboacións locais xa que destrúe as súas propiedades e medios de subsistencia. Se se aplica en territorio propio ao retirarse, o obxectivo é atrasar ou mesmo deter o avance inimigo ao deixarlle sen recursos que aproveitar, ou entorpecendo o seu movemento.

A terra queimada resultou historicamente moi eficaz para faccións que doutra forma non fosen capaces de resistir o avance de exércitos mellor organizados e máis poderosos, aínda que na guerra moderna a súa utilidade é menor, xa que todo continxente armado adoita cargar coas súas propias subministracións en lugar de vivir do terreo, como se facía séculos atrás. Nese contexto, tamén se empregou a política de terra queimada na loita contra movementos guerrilleiros co fin de dificultar aos insurxentes a subministración e a ocultación entre a poboación civil.

Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa é un concello, e unha cidade, da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés.

Vilanova de Arousa

Vilanova de Arousa é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 10.406 habitantes, dos que 5.304 eran mulleres e 5.102 eran homes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilanovés» ou «arousán».

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.