Que me queres, amor?

Que me queres, amor? é un libro de 16 relatos curtos de Manuel Rivas. Logo de gañar o Premio Torrente Ballester de narrativa, o libro foi publicado por Editorial Galaxia en 1995 xunto con seis relatos novos. En 1996 gañou ademais o Premio Nacional de Narrativa.

Que me queres, amor?
Autor/aManuel Rivas
CubertaXoán G.
OrixeGaliza
LinguaGalego
Tema(s)Relatos de temática social
Xénero(s)Narrativa
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1995
FormatoTapa branda con lapelas. 13,4 ×21 cm.
Páxinas200
ISBNISBN 84-8288-485-9

Relatos

"Qué me queres, amor?"

Este relato, que dá nome ao libro, toma o título dun verso de Fernando Esquío. Tino é un rapaz que quere formar unha familia con Lola, unha caixeira dun supermercado. Atraca un banco canda a un amigo, pero na fuxida dispáranlle un tiro e morre.

"A lingua das bolboretas"

Pardal é un rapaz que vai á escola, nos tempos da Segunda República Española, fillo dun xastre. Co seu mestre, Don Gregorio, fai excursións para coñecer a fauna, e en agradecemento o pai de Pardal regálalle ao profesor un traxe. O profesor dille que despois do verán o Ministerio mandará un microscopio co que lle ver a lingua ás bolboretas. Porén, co Alzamento Nacional é arrestado. A nai de Pardal dille ao marido, de ideoloxía republicana, e ao fillo que reneguen do profesor e que berren contra el para pasar por adeptos ao novo réxime.

O relato deu pé a un filme dirixido por José Luis Cuerda, titulado tamén A lingua das bolboretas (1999).

"Un saxo na néboa"

1949. Un rapaz que traballa de peón nunha obra está a aprender a tocar o saxofón, logo de que un amigo do seu pai llo regalase a este tras emigrar cara a América. Un día un home dille que precisa dun saxofonista na súa orquestra para ir tocar a unha verbena, e o rapaz únese á banda, a Orquestra Azul. Van en tren até a estación de Aranga e seguen a pé cara a Santa Marta de Lombás.

Alí o rapaz é acollido nunha casa onde vive o vigario da comisión de festas, que vive coa súa muller, unha moza chinesa que non fala. Durante a actuación o rapaz ten medo de non saber tocar, e os compañeiros dinlle que simplemente disimule, mais o rapaz mira cara á moza e déixase levar pola música, seguindo un consello que lle dera o seu mestre de saxofón.

"A leiteira de Vermeer"

Jan Vermeer van Delft 021
A leiteira (c. 1658; Rijksmuseum, Ámsterdan).

Un rapaz que vive en Montealto e naceu en 1957, trasunto do propio autor, é fillo dunha leiteira. Nunha visita ao Rijksmuseum de Ámsterdan mira o cadro A leiteira de Johannes Vermeer e lémbrase da nai, á que lle escribe un poema. Ela, despois, ensínalle unha foto dela feita antes de nacer el, na que ten un gran parecido coa muller do cadro.

"Só por aí"

O protagonista é un pai de familia coruñés, comercial de lencería feminina, que esperta e o seu fillo aínda non chegou a casa. Malia a preocupación, comeza a xornada laboral, pola comarca de Bergantiños, a Costa da Morte e a Barbanza, desde Carballo até Ribeira. Nunha gasolineira merca un casete de Aerosmith, pois o seu fillo ten no seu cuarto un póster de Steven Tyler, líder do grupo. Finalmente a muller dille por teléfono que o rapaz xa chegou, e que durmiu só por aí.

"Vostedes serán moi felices"

O doutor Freire é un cirurxián novo, recoñecido polo seu traballo facendo transplantes de órganos. Vive canda a súa esposa nun pazo en Amoril, e unha fin de semana convida a pasar nel ao doutor Kimball, unha eminencia do seu campo, coa súa muller. A anfitrioa ensínalle a casa aos convidados, e amósalles un cadro de Laxeiro. No pazo traballan Reme e Andrés coidando da vivenda; como esa noite hai treboada marcha a conexión eléctrica, que Andrés conecta de novo, coñecendo así ao doutor Kimball.

Andrés bota as cartas para facer adiviñación, e como unha diversión bótallas ao doutor Kimball. Logo de tres lanzamentos, sempre sae no centro o 3 de bastos cara a abaixo. Andrés tómao como algo moi serio, pero Freire dille a Kimball que é sinal de bo agoiro. A muller de Freire pregúntalle a Andrés se cando lle botou a sorte a ela lle dixera a verdade, pois informáraa de que ía ser nai.

"Carmiña"

O'Lis de Sésamo é un home que adoita ir á taberna os domingos na hora da misa. Alí dá en falar co rapaz do bar, e cóntalle que en Sarandón, un lugar ermo, coñeceu a Carmiña. Na casa dela tiñan relacións sexuais, mais sempre se lles achegaba o can dela, Tarzán, ao que O'Lis tiña medo. Logo de lanzarlle un anaco de madeira ao can logo de que se lle achegase demasiado, ela deixa de estar cariñosa. O'Lis regresou ao lugar esa mesma noite e mata o can.

"O míster & Iron Maiden"

Un rapaz está a mirar por televisión un partido do Deportivo da Coruña na casa familiar. O club xógase o campionato de liga 1994/95 da primeira división española, logo dunha boa tempada. O equipo está adestrado por Arsenio Iglesias, e o rapaz comeza a berrar logo de que retirase do campo a Julio Salinas. Os berros comezan a subir de ton, e o pai dille que non sexa tan duro, pois antes da chegada de Arsenio o club non tivera o éxito que ten agora, e trala súa marcha habería de botalo en falta.

Ao día seguinte o rapaz vai co pai a mariscar, a coller percebes no Roncudo (Corme). O fillo, de resaca por embebedarse a noite anterior, manexa o motor da barca mentres o pai salta a terra. Mais un golpe de mar golpea a embarcación, que peta contra as Penas Cercadas.

"O inmenso camposanto da Habana"

Cabaplanca grave
Camposanto de Cristovo Colón na Habana. Tumba de José Raúl Capablanca.

Amaro é un home que estivo emigrado na Habana, traballando na necrópole de Cristovo Colón, un dos camposantos da cidade cubana. De regreso na Coruña frecuenta a taberna da familia no Orzán. Unha noite bebe viño cun mariñeiro, mais váiselle das mans e acaba morrendo.

"A moza do pantalón pirata"

Dous homes, que fuman tabaco negro e que de novos foron porteiros de fútbol, preparan un atentado contra o ditador do seu país. Teñen unha bomba colocada nunha ponte que farán estoupar ao paso do dirixente, e eles observan desde un muíño próximo. Saben que cada vez que pasa pola ponte, axentes de seguridade cortan o tráfico e impiden que a xente se achegue. Porén, ese día chega unha rapaza en bicicleta que se detén a mirar o río. Sorprendidos, os homes deciden non facer estoupar a bomba.

Anos despois, un dos homes escribe un relato sobre o acontecido, e a filla dille que mellor fose estoupar a bomba, e el dille que agora xa é tarde.

"Conga, conga"

Pico é un rapaz que traballa de pallaso en festas privadas. En Mera vai a un chalé de xente rica para celebrar a festa do fillo, que fai nove anos. Comeza a divertilos, cantándolles cancións e xogos como a carreira de sacos, mais Óscar (o rapaz que está de aniversario) e outro rapaz fan unha trasnada e déixano pechado nun pavillón con plantas e animais tropicais. Rescatado pola nai, vaise duchar, e cando está no baño espido e desmaquillado atópano os dous rapaces que lle fixeron a trasnada.

"As cousas"

Nun piso houbo unha morte logo dun disparo. Os obxectos da vivenda, como unha televisión, un exemplar do Hamlet de Shakespeare, a pistola ou o reloxo, comezan a falar sobre a vida do morto e dunha súa moza.

"Debuxos animados"

Mary é unha guionista de debuxos animados, que vive en Manhattan. Unha empresa de salchichas encárgalle a creación dunha serie na que o protagonista se alimente dese produto, para promocionalo logo de que a competencia, unha empresa de salchichas vexetais, fixese o mesmo. A serie axiña acada éxito.

Unha noite de treboada chama a Hahn Cock, o guionista da outra serie da competencia, para que lle vaia facer compañía. El chega á casa dela con xenreira, mais ela dille que odia o personaxe que creou e acaban facendo o amor. Despois ela vaille preparar a cea, salchichas vexetais, cun pouco de veleno fulminante.

"Unha flor branca para os morcegos"

O protagonista é un home que de novo traballou limpando cubas de viño á beira do río Avia e agora é policía. Persegue un narcotraficante, Don, mais este logra escapar del e mesmo pon en perigo a vida do policía, e logo dun fracaso nunha persecución é relevado a funcións administrativas.

Unha noite unha muller chega a comisaría e pídelle axuda, pois pensa que Toni Grief, un personaxe dunha serie de televisión, quere matala. Acompáñaa ao seu piso no Berbés e pasa a noite vixiando no salón. Alí mira as fotos familiares da señora, e descobre que é a nai de Don, o narco que persegue. Pola mañá, ao almorzar, ela pídelle perdón dille que perde a cabeza pola noite por mor da soidade. El pídelle que a acompañe até a casa do fillo, á beira da ría de Arousa, para pregarlle ao fillo que coide da nai, facendo así que se sinta culpable.

"A luz de Yoko"

Unha familia vai de mudanza. O fillo está enganchado á televisión, especialmente á serie de debuxos animados Hell's Kingdom, na que Baby Devil é o protagonista. Ao chegar á nova casa, o rapaz esperta de noite e vai ao salón a comprobar se funciona o televisor, un pequeno apaello portátil de marca Yoko.

"A chegada da sabedoría co tempo"

En Dublín vive Old M., un home solitario, que adoita frecuentar as mesmas tabernas nas que tomar unha pinta de cervexa. Unha noite John Bruton entabla conversa con el, e decide convidalo a unha cervexa. Porén, el decide retirarse e deixar o convite para outra noite, e marcha sorrinte cara a casa.

Narración

Os relatos están ambientados na súa maioría na cidade da Coruña, aínda que en diversos tempos históricos, desde 1936 até 1995. Aparecen reflectidos numerosas referencias á cultura local, como topónimos da vila (Orzán, Montealto, Feáns) e á cultura da época (orquestra Mallo). Aparecen tamén as cidades de Nova York, Dublín e Vigo, e referencias á cultura musical de finais do século XX, como os grupos Aerosmith e Iron Maiden.

Altérnase a narración en terceira persoa coa primeira en relatos como "A lingua das bolboretas" ou "A leiteira de Vermeer".

Nos relatos aparecen varios versos, nalgúns casos propios ("A leiteira de Vermeer"), populares ("A moza do pantalón pirata", "Conga, conga") ou culta (versos de Fernando Esquío en "Que me queres, amor?", de Antonio Machado" n'"A lingua das bolboretas" e unha estrofa do poema "Lela" de Castelao no relato "O inmenso camposanto da Habana"). Aparece tamén unha cita de W. B. Yeats ("A chegada da sabedoría co tempo"). O relato "Debuxos animados" está adicado ás tartarugas ninja, e "Unha flor branca para os morcegos" a Camilo Nogueira.

Traducións

  • Ao catalán por Lluïsa Soás co título de Què vols de mi, amor? publicado en 1997 pola Edicions Proa (Grup 62), Col. A tot vent[2].
  • Ao portugués por Pedro Tamen co título de Que me queres, amor? publicado en 1998 por Dom Quixote, Col. Ficção universal[3].
  • Ao inglés unha antoloxía de relatos (Butterfly's Tongue; Saxophone in the Mist; Carmiña) por Jonathan Dunne e Margaret Jull Costa co título de Butterfly's Tongue publicado en 2000 por Harvill Press[4].
  • Unha nova antoloxía de relatos ao inglés por Jonathan Dunne co título de Vermeer's Milkmaid and Other Stories publicado en 2002 por Harvill[5].
  • Ao turco por Halil Beytas co título de Kelebeklerin dili publicado en 2003 por Dogan Kitap[6].
  • Ao italiano por Danilo Manera co título de La lingua delle farfalle publicado en 2005 por Feltrinelli, Col. I Narratori[7].
  • Ao búlgaro por Liliana Tabakova co título de КАКВО ИСКАШ ОТ МЕН, ЛЮБОВ? publicado en 2013 por Small Stations Press[8].

Notas

  1. Wikiwand
  2. Ficha en BiTraGa.
  3. Ficha en BiTraGa.
  4. Ficha en BiTraGa.
  5. Ficha en BiTraGa.
  6. Ficha en BiTraGa.
  7. Ficha en BiTraGa.
  8. Ficha en BiTraGa.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Ficha na web da editorial.
A lingua das bolboretas

A lingua das bolboretas é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.

Apeadoiro de Aranga

O apeadoiro de Aranga foi un apeadoiro de Adif, situado na parroquia de Vilarraso no concello de Aranga, provincia da Coruña. Próximo ós lugares tanto do Apeadeiro de Orosa coma ó do Apeadeiro, este último na parroquia de Aranga, estaba situado na liña férrea A Coruña-León e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963, é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.

Década de 1990

A década de 1990 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1990 e remata o 31 de decembro de 1999.

Luís Tosar

Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar.Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás, concello de Cospeito o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol. É o cantante da banda Di Elas.

Manuel Rivas

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta, xornalista galego e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.

Orquestra Mallo

A Orquesta Mallo é un conxunto musical fundado na Coruña en 1930 polo acordeonista de Carballo Antonio Mallo. É unha das orquestras máis antigas de Galiza, e a súa actividade só se viu interrompida pola guerra civil española. Consolidada e independente, a Mallo é unha das orquestras máis salientables do panorama galego.

Premio Nacional de Narrativa de España

O Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa é un galardón literario de longa traxectoria que outorga anualmente o Ministerio de Cultura de España. Premia a mellor obra na modalidade de narrativa escrita por un autor español, en calquera das linguas españolas, entre tódalas obras deste xénero publicadas en España no ano anterior. Está dotado con 20.000 euros.

Ten os seus antecedentes na Orde de creación do Ministerio da Gobernación de 25 de xaneiro de 1949. A súa configuración actual data de 1995. Os seus máis de vinte anos de historia permitíronlle asistir á renovación da novela española.

Premio Torrente Ballester

O Premio de narrativa Torrente Ballester foi instituído en 1989 pola Deputación da Coruña. Aberto en principio a obras escritas tanto en galego como en castelán, dende 2016 creáronse dúas modalidades, en galego e en castelán.

Uxía Blanco

María Eugenia Dolores Blanco Iglesias, máis coñedica como Uxía Blanco, nada en Touro en 1952, é unha actriz e presentadora galega, licenciada en Xeografía e Historia, concelleira delegada da área de igualdade, xuventude e normalización lingüística do Concello de Vigo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.