Pyongyang

Pyongyang é a capital e maior cidade de Corea do Norte. Sitúase na beira occidental do río Taedong preto da costa oeste do país, á que baña o Mar Amarelo. A poboación estimada para o 2007 é duns 3.000.000 de habitantes.

0322 Pyongyang Turm der Juche Idee Aussicht

Pyongyang é unha das máis antigas cidades do Extremo Priente. A súa historia arrinca na lenda sendo dende o principio un centro das sucesivas culturas e dinastías primixenias coreanas. Así, a súa fundación mítica fíxase no 2333 aC, e os primeiros escritos referidos á zona datan do ano 108 aC, sendo dende o ano 427 capital do reino de Koguryo.

Ver Historia urbana de Pyongyang.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Coordenadas: 39°1′10″N 125°44′17″L / 39.01944, -125.73806

Pyongyang
평양시
Pyongyang montage
Vistas da cidade
Localización
Pyongyang en Corea do Norte

Pyongyang
Pyongyang
PaísFlag of North Korea.svg Corea do Norte
RexiónKwansŏ
Xeografía
Altitude27 msnm
Superficie1.100 km²
Demografía
Poboación2.514.692 hab. (2013)
Densidadehab/km²
Outros datos
AlcaldeRyang Man Kil
Aeroporto Internacional de Pequín-Capital

O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital (IATA: PEK, ICAO: ZBAA) é o principal aeroporto internacional que serve a Pequín. Está situado a 32 km ao nordés do centro da cidade, nun enclave do distrito de Chaoyang rodeado polo distrito de Shunyi. O aeroporto pertence á Beijing Capital International Airport Company Limited, unha compañía controlada polo estado que tamén se encarga de operalo.

O aeroporto é o principal centro de conexións de Air China, a aeroliña nacional do país, que voa a uns 120 destinos (sen contar os de carga), dende Pequín. China Eastern Airlines, Hainan Airlines e China Southern Airlines tamén usan o aeroporto como centro de conexións.

Pequín-Capital inaugurou a súa Terminal 3 en 2008, xusto a tempo para os Xogos Olímpicos de 2008, converténdose na segunda terminal máis grande do mundo tras a terminal 3 do Aeroporto Internacional de Dubai e no sexto edificio máis grande en superficie. O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital cobre unha área de 1 480 hectáreas de terra.

Pequín-Capital ascendeu rapidamente nos ránkings de aeroportos máis concorridos do mundo na pasada década. En 2009 converteuse no aeroporto con máis número de pasaxeiros e de movementos de avións de Asia. Ven sendo o segundo aeroporto máis concorrido do mundo en tráfico de pasaxeiros dende o ano 2010. En 2012 rexistrou 557 167 movementos de avións, chegando ao sexto posto mundial. En termos de carga o aeroporto de Pequín-Capital tamén conseguiu un rápido crecemento. No ano 2012 converteuse no 13º máis concorrido do mundo en tráfico de mercadorías, rexistrando 1 787 027 toneladas.

Aeroporto de Moscova-Sheremetyevo

O aeroporto de Moscova-Sheremetyevo (IATA: SVO, ICAO: UUEE) é un aeroporto internacional ruso situado no distrito de Molzhaninovsky District, a 29 km ao noroeste do centro de Moscova. É un centro de conexións para os voos de pasaxeiros da aeroliña nacional rusa Aeroflot, e é un dos tres grandes aeroportos que serven á capital do país, xunto cos de Domodedovo e Vnukovo (o código conxunto para os tres aeroportos é MOW). No ano 2016 pasaron polas súas instalacións 34 030 000 pasaxeiros e houbo 272 970 movementos de avións, sendo o aeroporto máis concorrido de Rusia e da antiga Unión Soviética.

Aeroporto de Shanghai-Pudong

O aeroporto internacional de Shanghai-Pudong (IATA: PVG, ICAO: ZSPD) é un dos dous aeroportos internacionais de Shanghai e un dos principais centros de conexións por aire de China. O aeroporto serve principalmente voos internacionai, mentres que o outro aeroporto da cidade, o de Shanghai-Hongqiao, opera sobre todo voos domésticos e rexionais. Está situado a uns 30 quilómetros ao leste do centro da cidade.

O aeroporto é o principal centro de conexións para China Eastern Airlines e Shanghai Airlines, e un gran centro de conexións internacional para Air China, ademais de ser un centro secundario de China Southern Airlines. Tamén é un centro de conexións para as aeroliñas privadas Juneyao Airlines e Spring Airlines, é un centro de conexións de carga na zona Asia-Pacífico para UPS Airlines e DHL Aviation.

O aeroporto de Pudong ten dúas terminais de pasaxeiros principais, flanqueadas en ámbolos dous lados por catro pistas de aterraxe paralelas. Dende o ano 2016 está planeada a construción dunha terceira terminal de pasaxeiros, unha terminal satélite e dúas pistas máis coa intención de incrementar a súa capacidade dos 60 aos 80 millóns de pasaxeiros anuais e para poder manexar seis millóns de toneladas de carga.

O aeroporto de Pudong é o terceiro do mundo en termos de carga, con 3,4 millóns de toneladas en 2016. Nese mesmo ano pasaron polas súas instalacións 66 002 414, sendo o segundo aeroporto máis concorrido de China, o quinto de Asia e o noveno do mundo.

Aeroporto de Shenyang-Taoxian

O aeroporto internacional de Shenyang-Taoxian (IATA: SHE, OACI: ZYTX) é un aeroporto chinés que serve á cidade de Shenyang, capital da provincia de Liaoning no nordés do país. Está situado a uns 20 quilómetros ao sur do centro da cidade e é unha cidade focal para China Southern Airlines.

Air Koryo

Air Koryo (Chosŏn'gŭl: 고려항공; MR: Koryŏ Hanggong) é a aeroliña nacional de Corea do Norte. É propiedade do estado e ten a súa sede en Sunan-guyŏk, Pyongyang. Está baseada no aeroporto de Pyongyang e opera voos regulares internacionais e servizos chárter a destinos en Asia. A aeroliña ten oficinas en Pequín, Shanghai e Shenyang, na China; en Moscova e Vladivostok, en Rusia; en Berlín, Alemaña; e en Kuwait.

Corea do Norte

Corea do Norte, oficialmente República Popular e Democrática de Corea, é un país asiático que ocupa a metade norte da Península de Corea. Ten fronteira ao norte con China e con Rusia; a leste co Mar do Xapón; ao sur con Corea do Sur e ao oeste coa Baía da Corea. A súa capital e cidade máis poboada é Pyongyang.

É membro da Organización das Nacións Unidas dende 1991, así como do Movemento de Países Non Aliñados e do G77.

Demografía de Corea do Norte

A poboación de Corea do Norte é unha das máis homoxéneas do mundo, étnica e lingüisticamente, incluíndo apenas pequenas comunidades chinesas e xaponesas, así como vietnamitas.

A lingua coreana non forma parte de ningunha familia lingüística maior, aínda que se investigan posibles relacións co xaponés e outras linguas altaicas. O sistema de escritura do coreano, chamado hangul, foi inventado no século XV polo rei Sejong o Grande para substituír ao sistema de caracteres chineses, coñecidos en Corea como hanja, que xa non se usan de forma oficial. Corea do Norte continúa co sistema de romanización McCune-Reischauer do coreano, contrastando con Corea do Sur que revisou a romanización no ano 2000.

Corea ten unha herdanza budista e confucionista, con comunidades cristiás e de chondogyo tradicional. Pyongyang, a capital de Corea do Norte, era o centro de actividade cristiá antes da Guerra de Corea. Segundo estimacións de 2009, Corea do Norte ten unha poboación de 24 051 218 habitantes, cunha idade media de 32 anos. A mortalidade infantil é de 21,86 por mil e a esperanza de vida de 63,81 anos. O 99% da poboación por encima dos 15 anos pode ler e escribir en coreano.

Estadio Azteca

O Estadio Azteca é un estadio de fútbol situado en Santa Úrsula, Cidade de México, México. Ten unha capacidade de 104.000 espectadores para partidos de fútbol e ata 120.000 para concertos. Grazas ás 104.000 localidades do campo, este estadio é considerado o terceiro máis grande do mundo logo do Estadio Renungrado Primeiro de Maio de Pyongyang, Corea do Norte e do Salt Lake Stadium de Calcuta, India. Foi deseñado polos arquitectos Pedro Ramírez Vázquez e Rafael Mijares Alcérreca pra acoller os Xogos Olímpicos de 1968 e o Mundial de Fútbol México 1970.

Guy Delisle

Guy Delisle, nado no Quebec o 19 de xullo de 1966, é un debuxante francófono canadense.

Historia de Pyongyang

Na historia urbana de Pyongyang, aínda que antiquísima, resulta obxecto de controversia a orixe certa da cidade. Semella máis no terreo da lenda asociala con Asadal, primeira capital do reino fundacional coreano Gojoseon (data mítica do 2333 a.C. ata 108 a.C.), pero nese período foi xa unha cidade importante. En todo caso aparecen asentamentos na área de Pyongyang das culturas Chulmun (Jeulmun, 8000 a 1500 a.C.) e Mumun (1500 a 300 a.C.).

Katmandú

Katmandú (en nepalés: काठमांडौ) é a capital e a maior cidade do Nepal. É a única cidade do país co status administrativo de Mahanagar (cidade metropolitana). Katmandú é o núcleo da meirande aglomeración urbana do Nepal, localizada no Val de Katmandú, e que está formada por Lalitpur, Kirtipur, Madhyapur Thimi, Bhaktapur e un gran número de pequenas comunidades. Segundo o censo de 2011, a cidade metropolitana de Katmandú tiña unha poboación de 1 003 285 e unha área de 49.45 km².

A cidade atópase a unha altura aproximada de 1400m. Está rodeada por catro grandes montañas: Shivapuri, Phulchoki, Nagarjun e Chandragiri. O val de Katmandú forma parte de tres distritos (Katmandú, Lalitpur e Bhaktapur), e ten a maior densidade de poboación do país, sendo o fogar dunha doceava parte dos habitantes.

Kim Dae-jung

Kim Dae-jung (en hangul: 김대중; en hanja: 金大中), nado en Haui-do (Corea do Sur) o 3 de decembro de 1925 e finado o 18 de agosto de 2009 en Seúl, foi un político surcoreano, retirado, que foi presidente do seu país e galardoado co Premio Nobel da Paz do 2000 «polo seu traballo para a democracia e os dereitos humanos en Corea do Sur e no leste de Asia, xeralmente, e pola paz e a reconciliación con Corea do Norte, particularmente».

Kim Il-sung

Kim Il-sung (en coreano: 김일성), nado o 15 de abril de 1912 en Mangyŏngdae e falecido o 8 de xullo de 1994 en Pyongyang, foi un político comunista norcoreano, gobernante de Corea do Norte dende 1948 ata a súa morte. Ademais, foi tamén secretario xeral do Partido dos Traballadores de Corea.

O seu mandato como líder da República Democrática de Corea foi a miúdo descrito como autocrático, estabelecendo un omnipresente culto a súa personalidade. Dende mediados de 1960 promoveu o seu propio desenvolvemento da organización nacional comunista, o Juche. Nun estudo elaborado pola Biblioteca do Congreso de Washington, D.C. sobre Corea do Norte en 2009, foi descrito como "unha das figuras máis interesantes do século XX".

Trala súa morte en 1994, foi sucedido polo seu fillo Kim Jong-il. Corea do Norte refírese oficialmente a Kim Il-sung como o "Gran Líder" (en coreano: 수령, Suryong) e é chamado na Constitución "Líder Eterno" do país. O seu aniversario é día festivo en Corea do Norte.

Kim Jong-un

Kim Jong-un (en coreano: 김정은, IPA: [kim dʑʌŋ ɯn]), tamén coñecido como Kim Jong-eun ou Kim Jung-eun, anteriormente Kim Jong-woon ou Kim Jung-woon, nado o 8 de xaneiro de 1983, é o líder supremo de Corea do Norte. É o terceiro e máis novo fillo do seu defunto predecesor, Kim Jong-il e a súa consorte Ko Young-hee.

Dende finais de 2010, Jong-un comezou ser visto como futuro herdeiro no liderado da nación e, despois da morte do seu pai, foi anunciado como o "gran sucesor" pola televisión estatal de Corea do Norte. Foi declarado Comandante Supremo do Exército Popular de Corea o 24 de decembro de 2011. É un Daejang do Exército de Popular de Corea, un rango militar equivalente á un Xeneral. Dise que estudou de forma privada ciencias da computación en Corea do Norte. Ten dúas licenciaturas, unha en física na Universidade Kim Il-sung e outra na Academia Militar Kim Il-sung.

En 2012 foi elixido pola Asemblea Popular Suprema, como Primeiro Presidente da Comisión Nacional de Defensa da República Popular Democrática de Corea, o cargo de goberno máis alto do país e foi reelixido en 2014. En 2016 o nome do cargo mudou polo de Presidente da Comisión de Asuntos de Estado da República Popular Democrática de Corea. Foi reelixido en 2019.

Partido dos Traballadores de Corea

O Partido dos Traballadores de Corea, tamén traducido como Partido dos Traballadores Coreanos (en coreano:조선로동당, Chosŏn Rodongdang), é o partido que goberna a República Democrática Popular de Corea, máis coñecida como Corea do Norte. Este partido baséase na ideoloxía Juche, que fusiona o leninismo co nacionalismo e coa cultura tradicional coreana. Conta con 607 escanos na Asemblea Popular Suprema.

Pyongyang (banda deseñada)

Pyongyang é unha novela de banda deseñada autobiográfica do escritor canadense Guy Delisle, na que describe a súa estancia en Pyongyang, a capital de Corea do Norte.

En 2018 foi traducido ao galego por Belén Poutón e publicado pola editorial Rinoceronte.

The Magic Whip

The Magic Whip é o oitavo álbum da banda inglesa de rock alternativo Blur, publicado o 27 de abril de 2015 a través dos selos Parlophone e Warner Bros. Records. O disco foi gravado entre Hong Kong e Londres e trátase o seu primeiro traballo de estudio dende Think Tank (2003), sendo o período máis longo entre dos álbums de estudio na súa carreira.

Torre Juche

A Torre do Ideario Juche ou Torre Juche (en chosŏn'gŭl 주체사상탑, hanja 主體思想塔, romanización revisada Juche Sasangt'ap, McCune-Reischauer Chuch'e Sasangt'ap) é un monumento situado en Pyongyang, Corea do Norte. Está situada na beira leste do río Taedong, fronte á Praza Kim Il Sung, foi erixida para conmemorar o 70º aniversario de Kim Il Sung e súa construción finalizou en 1982. Dise que foi deseñada polo fillo de Kim Il Sung, Kim Jong-Il, aínda que entrevistas a exfuncionarios norcoreanos contradín esta afirmación.A estrutura ten unha altitude de 170 metros con forma de obelisco de catro lados que se van estreitando segundo se ascende. A torre está composta por 25.550 bloques (o máis alto dos cales está feito de granito). O número de bloques representa o número de días de vida de Kim Il Sung, é dicir, 70 anos multiplicado por 365 días (sen contar anos bisestos). A torre está coroada por un facho iluminado de 20 metros de altura e 45 toneladas de peso. É posible subir ata o alto da torre.

Asociada á torre hai unha escultura de 30 metros de altura na que están representadas tres figuras; unha cun martelo, outra cun fouciño e a terceira cunha pluma de escribir; que simbolizan: o "obreiro", o "campesiño" e o "intelectual". Hai seis grupos escultóricos máis pequenos, cada un de 10 metros de altura, que simbolizan outros aspectos da ideoloxía de Kim Il Sung. Tamén preto da torre hai un muro con 82 placas conmemorativas, supóstamente enviadas por estranxeiros adeptos ao réxime. Arredor da torre hai, á súa vez, fontes e xardíns.

O nome da torre provén da ideoloxía Juche, desenvolvida por Kim Il Sung mediante unha combinación de autarquía, autodependencia, tradicionalismo coreano e socialismo.

A pesar de que Pyongyang, a capital de Corea do Norte, sofre acotío apagóns de luz, a torre permanece sempre acesa como símbolo da fortaleza do réxime.

Tres Reinos de Corea

Os Tres Reinos de Corea foron os reinos de Goguryeo, Baekje e Silla, que ocuparon a Península de Corea e Manchuria, entre o S. I a.C. do S.VII d.C.. Outros pequenos reinos e estados tribais existiron antes e durante dito período, incluíndo Gaya, Dongye, Okjeo, Buyeo, Usan, Tamna etc.

Tradicionalmente, o período faise coincidir co 57 a.C., cando o reino Saro (despois Silla) no sueste da península obtivo a autonomía de China, no imperio da dinastía Han. No norte Goguryeo e no sur o río Yalu (Río Amnok en coreano) tiveron a independencia no 37 a.C. No 18 a.C., dous príncipes Goguryeo mantiveron unha disputa sobre a sucesión e estableceron Beaekje no suroeste da península (hoxe Seúl), con capital en Ungjin (hoxe Gongju or Chongju) e despois en Sabi (hoxe Puyo) no suroeste de Seúl. O reino Gaya foi separado de Beakje no S.I.

O final da dinastía Han, ó comezo do S.III, deixou o desenvolvemento dos tres reinos liberado. Os tres tiñan a mesma cultura. O Confucianismo era a expresión da alta sociedade coreana dende o S.I a.C. Despois foi totalmente desprazado polo Budismo.

Goguryeo, O maior dos tres, tiña dás capitais alternativas. Nangnang (hoxe Pyongyang) e Kungae sobre o río Yalu. Ó comezo, o estado situado sobre o bordo da China conquistou pouco a pouco vastos territorios de Manchuria, e finalmente chineses dende Nangnang no 313. A influencia cultural chinesa permaneceu, de xeito que o budismo foi a relixión oficial dende 372.

No S.IV, Baekje foi moi próspero e dominou polo menos a metade da península, a súa parte sur.

Renomeado Silla no 503, o coñecido como reino de Silla absorbeu o reino de Kaya ou Gaya dentro das súas fronteiras na metade do S.IV. A capital de Silla era Gumsong (hoxe Gyeongju ou Kyongju). O budismo foi relixión oficial a partir de 528.

Aliado con China, dinastía Tang, Silla conquistou Goguryeo no 668, tras telo feito con Baekje no 660, pasando o período de unificación de Silla e poñendo fin o período dos Tres Reinos.

O nome "Samguk", ou "Tres Reinos" foi usado nos títulos dos clásicos coreanos Samguk Sagi e Samguk Yusa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.