Pura Vázquez

Carmen Pura Vázquez Iglesias, nada en Ourense, no barrio do Polvorín, o 31 de marzo de 1918 e finada na mesma cidade o 25 de xullo de 2006, foi unha poetisa galega. Representante da poesía de posguerra, apostou por unha saída lírica e existencialista fronte a liñas máis combativas. Poetisa en galego e castelán, e irmá da escritora Dora Vázquez, tamén se conta entre as escritoras vencelladas á emigración. Foi a primeira muller que comezou a publicar en galego nos xornais e revistas de Galiza e da emigración tras a guerra civil. Tamén foi unha das pioneiras no eido da literatura infantil e xuvenil.

Pura Vázquez
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento31 de marzo de 1918
 Ourense
Falecemento25 de xullo de 2006
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
XénerosPoesía
EstudosMaxisterio
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Insua dos Poetas - Pura e Dora Vázquez
Escultura en homenaxe a Pura e Dora Vázquez na Insua dos Poetas.
Insua dos Poetas - Pura e Dora Vázquez 2
Escultura en homenaxe a Pura e Dora Vázquez na Insua dos Poetas.

Criouse na cidade da Coruña desde case o seu nacemenento ata os sete anos, cando regresou coa súa familia a Ourense, logo de que seu pai, funcionario de Correos, fora sancionado durante a guerra civil. Estudou alí a primaria, o bacharelato e a carreira de Maxisterio. Desempeñou a primeira escola, logo da oposición, en diversas localidades da provincia ourensá e logo por Segovia, Toledo, Sevilla ou Madrid. Nesta última capital xubilouse en 1985, cando enviuvou, e regresou definitivamente a Ourense, onde viviu os seus últimos vinte anos de vida.

En 1955 viaxou por primeira vez a Venezuela, onde foi encargada polas autoridades venezolanas de organizar e dirixir un xardín de infancia piloto en Caracas. Un ano despois, é chamada pola Universidade Central para ser secretaria da Escola de Xornalismo, que daquela funcionaba dentro da Facultade de Letras. Alí tamén mantivo contactos co ámbito literario da emigración galega. Regresou á docencia na península en 1968.

Poesía

.....
Presume
a bubela
co seu moño
de cores
.....

—Pura Vázquez[1]

Comezou a escribir e publicar desde moi noviña, en revistas e prensa galegas, fundamentalmente ourensás. En 1944 a Deputación de Ourense publícalle o seu primeiro libro de poesía en castelá. Antes, en 1943, publicáranlle xa persoas particulares unha edición de 18 exemplares doutro libro tamén escrito en castelán, pero que incluía xa nove poemas en galego, o que para aquela data era algo insólito. Neste idioma publica tamén xa entón contos e poesías en xornais e revistas galegas de Galiza e da emigración, como no Centro Galego de Bos Aires.

En 1952 edítase como número dous da Colección Xistral, o seu libro Íntimas totalmente xa escrito en galego. En Galiza, e logo en Castela e en Venezuela, segue publicando poesía, alternando o galego co castelán. Posteriormente atravesou un intervalo de preto de nove anos sen escribir, por motivos familiares e de saúde.

Xa xubilada e volvida para a casa familiar das Mercedes, en Ourense, publicou en 1990 e 1991 unha antoloxía poética en castelán e outra en galego, onde recolleu parte da obra que fora editando en todos os seus anos anteriores. A partir dese momento, seguiu publicando poesía, fundamentalmente en galego. Moitas das súas obras foron editadas por ela mesma, fóra de editoriais comerciais, e escritas a miúdo a catro mans coa súa irmá Dora Vázquez.

Premios e homenaxes

Produción literaria en galego

Poesía

Narrativa

  • Os Aldán foron a América, 1996, Deputación de Ourense.
  • Edras do vento: narrativa, 2001, edición da autora.
  • O frade era galego e outros relatos, 2002, Edicións do Castro.

Ensaios e artigos xornalísticos

  • Terra matria dos soños, 1999, Abano, Ourense.
  • O mundo máxico das ideas, 2001, edición da autora.

Literatura infanto-xuvenil

  • Rondas de norte a sur: poesía infantil, 1968, Caixa de Aforros Provincial de Ourense.
  • Versos para os nenos da aldea, 1968, Ourense.
  • Un niño para xílgaros cantores, 2002, publicado en internet.

Obras colectivas

Obras con Dora Vázquez

  • O páxaro azul e O trasno enredador, en Monicreques, 1974, La Región.
  • Oriolos neneiros, 1975, edición das autoras.
  • Segundo Pereira, en Dúas novelas galegas, 1978, edición das autoras.
  • Estreliña na Terra e O anel, en Ronseles, 1980, La Región.
  • Viaxe ó país dos contos e da poesía, 1985, Caixa Ourense.
  • Teatro completo para nenos, 2000, Abano, Ourense.

Produción literaria en castelán

Algunhas das súas obras en castelán son:

Poesía

  • Márgenes veladas: poesía, 1944, Ourense.
  • Peregrino de amor, Ourense.
  • En torno a la voz, Ourense.
  • Desde la niebla, 1951, Casa de Antonio Machado, Segovia.
  • Tiempo mío, 1952, Palma, Madrid.
  • Mañana del amor: poesía, 1956, Surco.
  • Destinos, Lírica Hispana, Caracas.
  • 13 poemas a mi sombra, Arte, Caracas.
  • Presencia de Venezuela, Lírica Hispana, Caracas.
  • Contacto humano del recuerdo: poemas, 1985, Rondas.
  • Herida soledad hacia lo alto, 1988, Torremozas.
  • Antología poética en castellano, 1990, edición da autora.
  • Zodíaco, opúsculo, 1992.
  • Los silencios de Alargán, 1994.

Literatura infanto-xuvenil

  • Columpio de luna a sol, Boris Bureba, Madrid.

Obras con Dora Vázquez

  • Los poetas, 1971, edición da autora.

Notas

  1. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do bubela. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 75. ISBN 84-7154-379-6.

Véxase tamén

Ligazóns externas

25 de xullo

O 25 de xullo é o 206º día do ano do calendario gregoriano e o 207º nos anos bisestos. Este día celébrase o Día Nacional de Galicia. Quedan 159 días para finalizar o ano.

31 de marzo

O 31 de marzo é o 90º día do ano do calendario gregoriano e o 91º nos anos bisestos. Quedan 275 días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Colección Salnés

A colección Salnés foi unha colección literaria de Editorial Galaxia dedicada a primeiras edicións de poesía contemporánea en lingua galega. Estaba dirixida por Celso Emilio Ferreiro, Emilio Álvarez Blázquez e Salvador Lorenzana (pseudónimo de Francisco Fernández del Riego).

Dora Vázquez

Dorinda Remedios Vázquez Iglesias, nada no barrio do Polvorín (Ourense) o 21 de agosto de 1913 e finada o 23 de setembro de 2010 na mesma cidade, foi unha escritora galega. Foi irmá da tamén escritora Pura Vázquez.

Ediciones Galicia

Ediciones Galicia foi unha editorial galego-arxentina, do Centro Gallego de Buenos Aires.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Rapazas, rapaces e rapazadas

Rapazas, rapaces e rapazadas é o noveno álbum de estudio (e undécimo na discografía) do cantante de folk galego Suso Vaamonde. Foi publicado en 1997 baixo o selo Produccións Trebón.

Trátase dun dobre CD para nenas e nenos con letras populares e máis dos poetas Pura Vázquez, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra, Antón Zapata, Dora Vázquez, Manuel Cuña Novás, Camilo José Cela, Luís Pimentel, Crecente Vega, Neira Vilas, Emilio Álvarez Blázquez, e Manuel María.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Álbum de Mulleres

O Álbum de Mulleres é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que botou a andar en decembro do ano 2005.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.