Pull and Bear

Pull and Bear ou Pull&Bear (pronuncia /pʊl ən ˈbɛər/, en castelán /pul am ˈbear/; en inglés: tirar e levar) é unha cadea de tendas de roupa e complementos que está englobada no grupo INDITEX, as súas oficinas centrais e centro loxístico, atópanse no polígono de Río do Pozo, no concello de Narón.

Coordenadas: 43°31′49.84″N 08°12′7.86″O / 43.5305111, -8.2021833

Pull&Bear
Pull&Bear logo
Sede pull and bear naron, río do pozo
Sede e centro loxístico de Pull&Bear en Río do Pozo, Narón
TipoSociedade Anónima
Fundación14 de novembro de 1986 (32 anos)[1] (oficialmente 1991)
MatrizInditex
LocalizaciónAv. Gonzalo Navarro 37-43. Polígono Río do Pozo, 15573 Narón (A Coruña) Galicia Galicia
FundadorAmancio Ortega Gaona
Persoas claveJosé Pablo del Bado Rivas (Presidente)
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa e complementos
Beneficio1.747 millóns de euros (2017)[2]
Número de empregados3.000
Páxina webpullandbear.com

Historia

Old logo pull and bear
Antigo logotipo de Pull and Bear.

A cadea naceu en 1991, debido á diversificación de obxectivo comercial de Inditex, que neses momentos só contaba coas tendas Zara. A cadea está dirixida a un público mozo e informal a prezos accesibles.

Un ano despois da súa creación e seguindo coa política comercial do grupo levada anteriormente con Zara, Pull and Bear abre a súa primeira tenda fóra de España: inaugurouse en Portugal. Dende ese momento a compañía non parou de medrar ata chegar en 2012 ás 440 tendas en 24 países: Malta, Israel, Irlanda, Chipre, Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Kuwait, Xordania, Líbano, Bahrain, Andorra,Polonia, Eslovaquia, Rusia, Serbia, Romanía, O Salvador e Guatemala, sendo algunhas das tendas destes países franquías mentres en España, Portugal, Grecia, Venezuela e México son de propiedade e non existe opción a abrir unha tenda franquiciada.

Pull & Bear Store Locations
Tendas e franquías de P&B.

No 1998 ampliou as súas liñas de roupa con XDYE, unha marca de carácter máis urbano e moderno co que conseguiu un gran éxito[Cómpre referencia] e introducindo por primeira vez coleccións para muller. Tres anos despois apareceu Sickonineteen.

En 2003 Christian Dior levou aos tribunais de Ferrol a Pull & Bear acusándoa de plaxiar un dos seus bolsos. O caso foi arquivado[3]. Pull&Bear chegou a un acordo coa empresa británica Asos para iniciar a principios de 2014 a venda dos seus produtos na súa plataforma online.[4]

Tendas

Pull&Bear Amsterdam
Tenda de P&B en Ámsterdam.
Tendas Pull & Bear
Total España España Unión Europea Unión Europea
970[5] 278[Cómpre referencia] 599[Cómpre referencia]

A finais de 2012 Pull&Bear tiña 816 tendas. En outubro de 2013 Inditex anunciou a ampliación das instalacións de Pull and Bear en Río do Pozo ca construción dun novo edificio para os departamentos creativos e de xestión da marca. O edificio ten 15.000 metros cadrados en dúas plantas e custou 20 millóns de euros, sumando así 70.000 metros.[6]

En 2016 iniciou o patrocinio deportivo co Pantín Classic e Marc Márquez.

Galería de imaxes

Pull and Bear Narón Portas Río do Pozo

Acceso a Pull&Bear en Río do Pozo, Narón.

Pull and Bear Pantin Classic Valdoviño

Tenda de P&B no Pantín Classic.

Notas

  1. "PULL & BEAR ESPAÑA SA".
  2. Pull&Bear reabre su ‘flagship store’ en Portal de l’Àngel e introduce cajas de autocobro modaes.es
  3. "Un juez archiva una denuncia de plagio de Christian Dior contra Inditex" Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 14 de febreiro de 2003.
  4. Riaño, P. Moda.es, ed. "Inditex refuerza su negocio online y se abre con Asos a la venta en plataformas de terceros". Consultado o 24 de outubro de 2013.
  5. "Pull&Bear - Concepto" (en castelán).
  6. Mayoral, Montse. diariodeferrol.com, ed. "Pull&Bear destina más de 20 millones a la edificación de su nueva sede en Narón". Consultado o 26 de outubro de 2013.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Centro Comercial As Cancelas

O Centro Comercial As Cancelas é un recinto de tendas e ocio na cidade de Santiago de Compostela. Foi inaugurado o 15 de novembro de 2012, converténdose no terceiro centro comercial da capital galega, despois de Área Central (1993) e o CC Compostela (1998). O edificio está situado no norte da cidade, na Av. Camiño Francés, a carón da entrada do Camiño de Santiago no núcleo urbano da cidade. Recibe o seu nome por estar construído ó pe do monte das Cancelas.

A superficie comercial total de As Cancelas é de 50.800 metros cadrados, dividida en 3 andares, cun total de 114 locales. No primeiro andar atópase un hipermercado e outros 46 locais de tendas variadas. No segundo andar atópanse principalmente tendas de roupa, calzado e complementos. Pola súa banda, o terceiro andar está enfocado ó ocio e á restauración. No soto hai dous andares de aparcadoiro con capacidade para 2.150 coches.

A construción do recinto foi promovido polas inmobiliarias Carrefour Property España e REALIA ó 50% cada unha, a través da sociedade "As Cancelas Siglo XXI".

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Inditex

Industria de Diseño Textil, S.A. (Inditex) é un grupo galego da industria téxtil. É o primeiro grupo europeo de confección de roupa diante de H&M, a xaponesa Uniqlo e a estadounidense Gap. Sendo a terceira empresa do sector a nivel mundial tras Nike (34.350 millóns de dólares) e LVMH (42.636 millóns de euros; Louis Vuitton, Moët Hennessy). Ten a súa sede central no Polígono de Sabón en Arteixo, A Coruña. Está composto por case un cento de compañías de deseño, fabricación e distribución téxtil. Amancio Ortega, o home máis rico de España (e de Europa) é o fundador e o accionista maioritario. O seu presidente actual é Pablo Isla.

Inditex a 31 de xaneiro de 2018 ten 7.475 tendas en todo o mundo e posúe as marcas Massimo Dutti, Bershka, Oysho, Pull and Bear, Stradivarius, Zara, Tempe e Uterqüe, e tamén a marca de baixo custo Lefties. En marzo de 2015 Inditex acadou un valor en bolsa de 89.761 millóns de euros, sendo a segunda empresa do IBEX-35, despois do Banco Santander, en valoración.

A maioría da produción atópase en países con man de obra barata como Marrocos, China e Turquía, malia que boa parte da produción continúa en España e Portugal, en particular a da marca Zara. Ademais, Inditex ten unha fábrica de deseño e produción de calzado na vila de Elx.

José Pablo del Bado Rivas

José Pablo del Bado Rivas nado o 26 de maio de 1958 é directivo de empresas sendo director de Pull and Bear. Reside en Oleiros.Comezou a traballar con Amancio Ortega e Rodríguez Cebrián a mediados dos anos 70 á busca de clientes. Del Bado era coñecido en Arteixo como “o fillo que a Amancio Ortega lle gustaría ter”. A partir de 2011 os familiares políticos de Amancio Ortega afastárono de Inditex ocupando postos en distintas empresas do grupo.

Lefties

Lefties é unha empresa galega de roupa e complementos, propiedade de Inditex e con sede na vila de Tordera, en Barcelona.

Marineda City

Marineda City ou Marineda City Ocio, Shopping & Business é un complexo comercial e de ocio da cidade da Coruña situado no polígono da Grela, preto do concello de Arteixo. O complexo debe o seu nome ao sobrenome co que a escritora Emilia Pardo Bazán se refería á cidade herculina nas súas novelas.

O centro comercial foi construído e xestionado por Invest Cos. Custou preto de 450 millóns de euros. Nos comezos Manuel Jove era propietario do 33,3%, José Collazo do 30%, José Antonio Souto do 20% e Modesto Rodríguez do 16,6%. O centro comercial foi mercado por Merlin Properties en 2014, pagou 260 millóns de euros.

Narón

Narón (xentilicio «naronés/naronesa») é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrolterra, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2016 tiña 39.426 habitantes, o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

É un concello mixto, con sete parroquias (Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos e O Val) eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 29.000 hab. formado polos barrios da Gándara, A Solaina, O Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Freixeiro e Xuvia, destacando pola súa poboación as catro primeiras. Reordenado polo Concello de Narón baixo o nome de Narón ou Cidade de Narón, que agrupa máis das 3/4 partes da poboación de Narón.

Often

Often foi unha marca de roupa e complementos de Inditex, inicialmente organizada dende Pull & Bear, chegando a ter 54 tendas. A cadea pechou vendendo os seus establecementos a Friday´s Project de Julián Imaz, un dos provedores de Inditex, e integrando na marca Pull and Bear o resto.

Often foi un dos tres proxectos fracasados de Inditex no negocio da moda. Os outros dous foron Brezos e X-DYE. Brezos estaba especializada en roupa cara de muller. Chegou a ter cinco tendas antes de ser absorbida por Bershka. X-DYE, roupa vaquera, pechou con dúas tendas.

Polígono industrial Río do Pozo

O polígono industrial Río do Pozo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello de Narón.

Empresas do grupo Inditex
Empresas de Inditex:
Empresas ligadas a Inditex:
Accionistas de Inditex:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.