Pulga

Pulga é o nome común dos insectos da orde Siphonaptera, e presentan un tamaño diminuto. Hai máis de 1.500 especies, entre elas a pulga humana (Pulex irritans). A maioría das pulgas son parasitas externas que se alimentan do sangue de mamíferos e aves. Estes animais poden transmitir doenzas graves como o tifo e a peste bubónica.

Pulga
Rango fósil: Xurásico medio - Actualidade[1]
Pulga.

Pulga.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Subclase: Pterygota
Infraclase: Neoptera
Superorde: Endopterygota
Orde: Siphonaptera
Latreille, 1825
Subordes

Ceratophyllomorpha
Hystrichopsyllomorpha
Pulicomorpha
Pygiopsyllomorpha

Sinonimia

Aphaniptera

Ciclo vital

As pulgas pasan por un completo ciclo vital consistente en ovo, larva, pupa e adulto. O período en que se completa o ciclo de ovo a adulto varía de dúas semanas a oito meses dependendo da temperatura, humidade, alimento e especie. Normalmente, tras se alimentar do sangue, a pulga femia pon entre 15 e 20 ovos por día ata 600 en toda a súa vida, usualmente sobre o hóspede (cans, gatos, ratas, coellos, esquíos, raposos, galiñas, humanos etc). Os ovos depositados soltos na pelaxe caen na súa maioría por todos os sitios, especialmente onde o hospedador repousa, dorme ou aniña (alfombras, mobles tapizados, caixas de cans e gatos, caixas de area etc).

Os ovos abren entre dous días a dous semanas despois, de maneira que saen larvas que se atopan nos interiores das casas nas gretas e fendeduras do chan, ao largo dos rodapés, baixo os bordos das alfombras ou en mobles ou camas. O desenvolvemento á intemperie ten lugar en solos de area e grava, (caixas de area húmidas, baixos das casas sucios, baixo os arbustos etc.) onde o hospedador pode descansar ou durmir. A area e grava son moi axeitadas para o desenvolvemento larvario, que é a razón pola que as pulgas son chamadas erroneamente "pulgas de area".

As larvas son cegas, evitan a luz, pasan por tres mudas larvarias e tardan dunha semana a varios meses en se desenvolver. O seu alimento consiste en sangue dixerido das feces de pulgas adultas, pel morta, pelo, plumas e outros restos orgánicos. As larvas non zugan o sangue. As pupas maduran ao estado de adultos dentro dun casulo de seda tecido pola larva, ao que adhiren pelo das mascotas, fibras das alfombras, po, anacos de herba e outros restos. En arredor de cinco a catorce días, emerxen as pulgas adultas ou poden permanecer en repouso no casulo ata detectar vibración (movemento de persoas ou mascotas), presión (o animal que hospeda apoiado sobre elas), calor, humidade ou dióxido de carbono (significando que unha potencial fonte de sangue está preta). A maioría das pulgas pasa o inverno no estado de larva ou pupa con mellor supervivencia e crecemento durante invernos cálidos e húmidos e a primavera.

Picadura

As picaduras das pulgas de animais domésticos adoitan presentarse nun primeiro momento dun xeito similar a picadura dun mosquito pero é frecuente que neste primeiro momento non proa. Ao cabo de 12-24 horas comeza a proer de forma intensa pero intermitente, podendo durar unha semana. É habitual que as picaduras presenten unha pequena ampola.

As picaduras preséntanse frecuentemente en grupos, seguindo o camiño do animal, sendo moi habitual que empece nos nocellos e remate a altura da cintura pois, onde a roupa se axusta ao corpo, adoita supor unha barreira para o seu desprazamento.

Normalmente os síntomas das picaduras de pulgas son leves, aunque se debe tener coidado con elas xa que podrían chegar a causar infeccións na pel e incluso alerxias.

Pulga de auga

Pulga018eue
Talitrus saltator.

Polas súas similitudes (pequeno tamaño e movemento a saltos), tamén recibe este nome a pulga de area ou de praia (Talitrus saltator), aínda que se trata dun crustáceo que nada ten que ver coa pulga que describe este artigo.

Notas

  1. Huang, D., Engel, M.S., Cai, C., Wu, H., Nel, A. (2012). "Diverse transitional giant fleas from the Mesozoic era of China". Nature, in press. doi 10.1038/nature10839.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
As verzas na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada das verzas na cultura popular galega, recollida de textos etnográficos, dicionarios e enciclopedias.

Para cura-la tose das vacas, dáselles unto de porco envolto nunha folla de verza e crese que cura decontado.

Para as frieiras e as queimaduras da xente utilizábanse couselos fritidos en aceite, envoltos logo nunha folla de verza que se mete na borralla para que quente, e despois, ben quentes, póñense sobre as frieiras.

Aníbal Otero recolle a crenza de que se se refregan as espullas cunha verza encontrada de fertuna no camiño, curan axiña. Cómpre, logo, botar con ela nun lugar onde nunca máis se pase.

Cagliari Calcio

O Cagliari Calcio é un club de fútbol italiano da cidade de Cagliari, en Sardeña. Fundouse en 1920 e compite na Serie A.

Dasypsyllus gallinulae

Dasypsyllus gallinulae é unha especie de pulga parasita das aves orixinaria de Suramérica, aínda que agora está espallada por todo o mundo. É unha pulga grande, doadamente identificable porque o macho ten dúas espiñas con forma de corno pesadas nunha das súas solapas xenitais, e a femia ten unha embocadura profunda no sétimo esternito.Encóntrase nos niños de aves, pero é máis probable atopala no corpo da ave que, por exemplo, a pulga das galiñas Ceratophyllus gallinae, que normalmente se encontra nos niños. Entre os moitos hóspedes de D, gallinae están a galiña de río (Gallinula chloropus), a arcea (Scolopax rusticola), os tetraoninos, o paporroibo (Erithacus rubecula), a estreliña do norte (Regulus regulus), o párido Poecile montanus, e o gabeador Certhia familiaris.

Enrique Jardiel Poncela

Enrique Jardiel Poncela, nado en Madrid o 15 de outubro de 1901 e finado na mesma cidade o 18 de febreiro de 1952, foi un escritor e dramaturgo español.

Hematofaxia

A hematofaxia é o hábito de alimentación daqueles animais que chuchan o sangue a outros animais. Representa unha forma especializada de ectoparasitismo.

Kukuxumusu

Kukuxumusu (en éuscaro bico de pulga) é unha empresa de Pamplona dedicada a deseñar camisetas e outros artigos con debuxos divertidos. Aínda que comezou centrada nas festas de Sanfermín, agora os seus deseños teñen unha temática universal.

Ten a peculiaridade de que se define como unha "fábrica de debuxos" ("The Drawing Factory/Marrazki Fabrika/La Fabrique de Dessins/La Fàbrica de Dibuixos").

María do Carme Kruckenberg

María do Carme Kruckenberg Sanjurjo, nada en Vigo o 3 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 16 de maio de 2015, foi unha escritora galega.

O burro na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do burro na cultura popular galega, na fraseoloxía e na tradición oral galega (refráns, cantigas e adiviñas).

O piollo na cultura popular galega

Tradicionalmente, os piollos combatíanse buscándoos directamente entre os pelos e esmagándoos entre as uñas: catar ou cachea-los piollos. De aí vén o nome popular de matapiollos para o dedo polgar, coas variantes cachapiollos, escachapiollos, escochapiollos, escutapiollos, matapollos ou trincapiollos.

Este é o miudiño / meniño,

este é o seu sobriño,

este é o maior de todos,

este é o furabolos

e este é o matapiollos.

Pediculus humanus

Pediculus humanus é unha especie de insecto da orde Phthiraptera (ou Psocodea), piollos, que parasita ao ser humano e comprende os piollos humanos da cabeza e do corpo (pero non o púbico ou piollo pato). A súa infestación chámase pediculose. Ao contrario da pulga, esta especie non presentou ningunha recesión, polo que a súa distribución segue sendo mundial. Recoñécense dúas subespecies:

Pediculus humanus capitis De Geer, 1778. É o piollo da cabeza, que é inofensivo. Causa a pediculose da cabeza.

Pediculus humanus humanus Linnaeus, 1758, tamén chamado Pediculus humanus corporis. É o piollo do corpo. Causa a pediculose do corpo. Ademais, pode transmitir doenzas infecciosas bacterianas.

Peste

A peste é unha enfermidade infectocontaxiosa que afecta tanto a animais como a humanos, e que causa a bacteria Yersinia pestis que se espalla a través das pulgas das ratas Rattus rattus ou outros roedores.

Pulga de area

A pulga da area ou pulga da praia (Talitrus saltator) é un crustáceo anfípodo de pequeno tamaño, medindo os machos entre 16 e 22 milímetros. É abundante na zona intermareal das praias da Península Ibérica.

A súa alimentación consiste en algas e restos orgánicos en descomposición, que obtén limpando os grans de area un por un. A pulga de praia forma parte da alimentación de moitas especies de aves e peixes. A femia caracterízase por inxerir as súas propias crías para que se alimente do seu corpo.

Robert Hooke

Robert Hooke, nado en Freshwater (illa de Wight) o 18 de xullo de 1635 e finado en Londres o 3 de marzo de 1702, foi un científico experimental inglés dos máis importantes da historia da ciencia, polemista incansable cun xenio creativo de primeira orde. Os seus intereses abarcaron campos tan dispares como a bioloxía, a medicina, a cronometría, a física planetaria, a microscopía, a náutica e a arquitectura.

Participou na creación da primeira sociedade científica da historia, a Royal Society de Londres. As súas polémicas con Newton sobre a paternidade da lei da gravitación universal pasaron a formar parte da historia da ciencia.

Teo

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 18.254 habitantes (8.962 homes e 9.292 mulleres) (17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Unión Deportiva Alzira

A Unión Deportiva Alzira (en valenciano: Unió Esportiva Alzira) é un club de fútbol español da cidade de Alzira, na Comunidade Valenciana. Foi fundado en 1922 e xoga na Terceira División Española, logo de descender en 2011.

Vector epidemiolóxico

En epidemioloxía, un vector é un axente biolóxico (persoa, animal ou microorganismo) que transporta e transmite un patóxeno infeccioso a outro ser vivo.

Xenopsylla cheopis

A Xenopsylla cheopis, coñecida como pulga da rata oriental, é unha especie de insecto sifonáptero da familia Pulicidae. Estas pulgas son parasitos dos roedores, principalmente do xénero Rattus, e son un vector primario para a peste bubónica e o tifo murino. A transmisión destas enfermidades ocorre cando a pulga se alimenta primeiro dun roedor infectado e despois pica a un humano.

Yersinia pestis

Yersinia pestis (antes chamada Pasteurella pestis) é unha especie de bacterias gramnegativas con forma de bacilo ou cocobacilo, anaerobia facultativa, que pode infectar a humanos e outros animais, e é a causante das pragas de peste dos últimos 1300 anos.A infección por Y. pestis en humanos pode presentarse de tres formas principais: peste pneumónica, peste septicémica, e peste bubónica. Todas as formas foron responsables de epidemias de grande mortalidade na historia humana, como a Peste de Xustiniano no século VI e a Peste negra que matou a 1/3 da poboación europea no século XIV. Pénsase que esas pragas se orixinaron en poboacións de roedores de China.Y. pestis foi descuberta en 1894 por Alexandre Yersin,un médico e bacteriólogo francosuízo do Instituto Pasteur, durante unha peste epidémica en Hong Kong. Yersin era membro da escola de pensamento de Pasteur. Por outra parte, Kitasato Shibasaburō, un bacteriólogo xaponés formado en Alemaña na metodoloxía de Robert Koch, tamén se ocupou naquela época da procura do axente causante da peste. Porén, foi Yersin quen realmente asociou a peste con Yersinia pestis. Orixinalmente a bacteria recibiu o nome de Pasteurella pestis, pero o organismo foi renomeado en 1967 co seu nome actual.

A Organización Mundial da Saúde informa todos os anos de miles de casos de peste, aínda que hoxe cun adecuado e rápido tratamento, o prognóstico das vítimas mellorou moito. Durante a guerra do Vietnam os casos en Asia multiplicáronse por 5 ou por 6, posiblemente debido á destrución dos ecosistemas e a unha maior proximidade entre os homes e os animais. A peste tamén afecta moi prexudicialmente a outros mamíferos (furóns, cans das praderías etc.)

Insectos Categoría:Insectos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.