PubMed

PubMed é un motor de busca de libre acceso á base de dados MEDLINE de citacións e resumos de artigos de investigación biomédica. Ofrecido pola Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos como parte de Entrez. MEDLINE ten ó redor de 4.800 revistas publicadas en Estados Unidos e en máis de 70 países de todo o mundo desde 1966 ata a actualidade.

US-NLM-PubMed-Logo

PMID

PMID, sigla de PubMed Unique Identifier, é un número único asignado a cada cita dun artigo de revistas biomédicas e de ciencias da vida que recolle PubMed.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Aigarchaeota

Aigarchaeota é un novo filo candidato de arqueas que se coñece só por mostras con fragmentos de xenes de ARNr 16S e polo xenoma reconstruído a partir dunha libraria xenética da especie candidata Caldiarchaeum subterraneum non cultivada, atopada nas profundidades dunha mina de ouro en Xapón. Mostras tomadas en ambientes xeotermais terrestres e mariños por todo o mundo conteñen material xenético de Aigarchaeota, que permitiría clasificalos en polo menos tres familias. Algúns autores opinan que en realidade forman parte dos Thaumarchaeota e Caldiarchaeum subterraneum é ás veces clasificado como Thaumarchaeota.. As análises xenéticas realizadas apoian a idea de que os Aigarchaeota pertencen ao clado TACK (formado por Thaumarchaeota, Aigarchaeota, Crenarchaeota e Korarchaeota, as iniciais dos cales forman a sigla). No candidato C. subterraneum o xenoma presenta características bastante diferentes ao doutras arqueas, e atopáronse proteínas como Ub, E1, E2 e unha pequena proteína da familia de dedo RING de cinc que pertencen a un sistema modificador similar ao da ubiquitina, todas as cales teñen motivos estruturais que se parecen aos dos sistemas eucarióticos e se apartan dos procarióticos. Os xenes atopados no xenoma de Caldiarchaeum subterraneum suxiren que podeía crecer quimiolitotroficamente utilizando hidróxeno ou monóxido de carbono como doante de electróns, e oxíxeno e nitrito como aceptores de electróns.

Amilase

A amilase é un enzima que hidroliza o amidón nos seus azucres sinxelos. É un importante enzima dixestivo que se atopa na saliva (amilase salivar) e no zume pancreático (amilase pancreática) e no intestinal (amilase intestinal ou entérica). As amilases son hidrolases glicosídicas e actúan nos enlaces α-1,4-glicosídico. Foi o primeiro enzima descuberto, co nome de diastase.

BRENDA

BRENDA (BRaunschweig ENzyme DAtabase) é unha base de datos que contén un sistema de información que é un dos repositorios máis completos de datos sobre encimas.

Desoxirribonucleótido

Un desoxirribonucleótido é un tipo de nucleótido do que está constituído o ADN. O ADN está formado por millóns de desoxirribonucleótidos polimerizados, formando as súas dúas cadeas. Os desoxirribonucleótidos posúen a mesma estrutura que os ribonucleótidos:

unha base nitroxenada (composto cíclico con átomos de nitróxeno)

un grupo fosfato

unha pentosa (monosacárido de cinco carbonos), que neste caso é a desoxirribosa.A principal diferenza entre un ribonucleótido e un desoxirribonucleótido é a molécula de azucre, que é a ribosa no ribonucleótido e a desoxirribosa no desoxirribonucleótido. Os dous azucres só se diferencian en que a ribosa ten un OH no carbono 2 e a desoxirribosa non (ten un hidróxeno), tal como se ve na figura. Por iso esta última se denomina 2-desoxirribosa ou ás veces 2'-desoxirribosa, xa que nun nucleótido se numeran con primas os carbonos do azucre e sen primas os carbonos da base nitroxenada.

No ADN a desoxirribosa aparece ciclada en forma de D-desoxirribofuranosa e na súa forma anomérica beta (β-D-2'-desoxirribosa).

Tamén hai unha diferenza nas bases nitroxenadas que normalmente aparecen en ribonucleótidos e desoxirribonucleótidos. Ambos os dous poden ter as bases adenina, guanina e citosina, pero normalmente a timina só aparece nos desoxirribonucleótidos e o uracilo só aparece nos desoxirribonucleótidos, e en moi raras ocasións se dá o contrario.

O uso de timina no ADN, en vez de utilizar uracilo, pode deberse a unha presión selectiva que axude a manter a integridade da secuencia xenética, xa que o grupo metilo da timina, facilita a reparación do ADN.Existen dúas formas de sintetizar timina: Utilizando como precursor CDP (citidín difosfato), ou UDP (uridín difosfato). En ambos os casos, a transformación final a dTMP é catalizada polo encima timidilato sintetase.

Entrez

O Entrez Global Query Cross-Database Search System é un motor de busca federada ou portal web que permite aos usuarios buscar en moitas bases de datos de ciencias da saúde no sitio web do National Center for Biotechnology Information (NCBI) norteamericano. O NCBI forma parte da Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos (NLM), a cal é un departamento dos Institutos Nacionais da Saúde (NIH), os cales á súa vez forman parte do Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos. Escolleuse o nome "Entrez" (que é unha benvida en francés invitando a entrar, que significa "Entre") para reflectir o espírito de dar a benvida ao público para que busque nos contidos dispoñibles na Biblioteca Nacional de Medicina.

Entrez Global Query é un sistema integrado de busca e recuperación de datos que proporciona acceso a todas as bases de datos simultaneamente cunha soa cadea de caracteres de busca e unha interface de usuario. Entrez pode recuperar eficientemente estruturas primarias, secundarias e terciarias de moléculas relacionadas, e referencias. O sistema Entrez pode proporcionar vistas de secuencias de xenes e proteínas e mapas de cromosomas. Tamén se pode ter acceso a algúns libros de texto desde o sistema Entrez.

Interaccións proteína-proteína

As interaccións proteína-proteína (IPPs) son os contactos físicos intencionados establecidos entre dúas ou máis proteínas como resultado de eventos bioquímicos ou forzas electrostáticas.

As proteínas son macromoléculas vitais a nivel sistémico e celular, pero raramente actúan soas. As proteínas interaccionan con outras moléculas e unhas con outras. Nunha célula moitos procesos moleculares esenciais lévanse a cabo por complexos moleculares formados por un grande número de compoñentes proteicos organizados segundo as súas interaccións. Estas interaccións están na base de todo o sistema interactómico de todas as células vivas e, as interaccións proteína-proteína incorrectas ou anormais son a base de moitas enfermidades, como a síndrome de Creutzfeld-Jacob, enfermidade de Alzheimer, e cancro.

As IPPs estúdanse desde diferentes perspectivas: bioquímica, qúímica cuántica, dinámica molecular, transdución de sinais, entre outras. Toda esta información permitiu a elaboración de grandes redes de interaccións de proteínas, similares ás redes metabólicas ou xenéticas, que melloraron o coñecemento actual sobre fervenzas bioquímicas e patoxénese de enfermidades, e descubriron novas posibles dianas terapéuticas.

KEGG

KEGG (Kyoto Encyclopedia of Genes and Genomes, Enciclopedia de Xenes e Xenomas de Quioto) é unha colección de bases de datos sobre xenomas, vías biolóxicas, doenzas, fármacos, e substancias químicas. KEGG utilízase para a investigación bioinformática e educación, incluíndo as análises de datos en xenómica, metaxenómica, metabolómica e outros estudos ómicos, modelaxe e simulación en bioloxía de sistemas, e investigación traducional no desenvolvemento de fármacos.

Klebsiella

Klebsiella é un xénero de bacterias gramnegativas con forma de bacilo, inmóbiles, oxidase negativas, que presentan unha gran cápsula de composición basicamente polisacarídica. Recibe o seu nome polo microbiólogo alemán Edwin Klebs (1834–1913). É un patóxeno humano frecuente, que pode orixinar unha ampla variedade de doenzas, principalmente pneumonía, infeccións do tracto urinario, septicemia, e infeccións de tecidos brandos. Produce infeccións nosocomiais (hospitalarias) e algunhas cepas son moi resistentes aos antibióticos.As especies de Klebsiella son ubicuas na natureza. Están presentes no tubo dixestivo e no aparato respiratorio de homes e animais como bacterias comensais. Son frecuentes nas feces e poden ser un indicador de contaminación fecal. Abundan no solo, e auga e son fixadores de nitróxeno.

Mal de Crohn

O mal de Crohn é unha enfermidade crónica que produce a inflamación do intestino. A súa causa é aínda hoxe descoñecida para a Medicina. A doenza provoca a inflamación da parede intestinal en todo o seu grosor. Pode ocorrer en todo o tracto gastrointestinal dende a boca ata o ano aínda que é máis habitual no final do intestino delgado e no intestino groso.

As causas do mal de Crohn son descoñecidas aínda que parecen relacionadas cos hábitos alimentarios e cunha disfunción inmunitaria (aparentemente ligada ó xene IBD5 do quinto cromosoma e máis o décimo sexto cromosoma). Algúns investigadores sosteñen actualmente que a expansión desta doenza está relacionada co emprego masivo de refrixeradores e neveiras. Segundo esta hipótese, certos individuos, predispostos xeneticamente, veríanse afectados pola proliferación de bacterias capaces de espallarse a temperaturas baixas e contaminar os alimentos conservados en refrixeración.

É unha enfermidade cunha incidencia baixa, aínda que cada vez máis frecuente nos países industrializados. Afecta por igual a homes e mulleres. Sorprendentemente, acada unha incidencia maior entre individuos de raza xudía. As persoas con familiares afectados por colite ulcerosa. A doenza maniféstase antes dos 30 anos aínda que adoita aparecer xa entre os 14 e os 24 anos.

Malia que se coñecen ataques agudos do mal de Crohn, normalmente a enfermidade preséntase de forma crónica, alternando, de xeito curiosamente regular, momentos en que se manifesta con períodos de boa saúde. Tampouco se sabe o por que deste ciclo e as causas que gobernan a reaparición da enfermidade. Adoita complicarse con obstrucións intestinais, fístulas e abscesos de pus. Tamén son habituais as hemorraxias rectais e o risco de desenvolver, co tempo, cancro de colon.

Xa que logo, non existe tratamento para a enfermidade de Crohn. As terapias son soamente paliativas dos síntomas. As obstrucións intestinais e os abscesos graves requiren cirurxía, pero tampouco estas intervencións curan a doenza.

Metanobacterias

As metanobacterias (Methanobacteria) son unha clase taxonómica de microorganismos pertencentes ás arqueas euriarqueotas. É unha das clases de metanóxenos que hai entre os Euryarchaeota. Poden ter forma de bacilo ou esféricas. Adoitan ser termófilos e hipertermófilos que habitan en fontes termais ou mesófilos que viven no sistema dixestivo de animais. A súa única orde é Methanobacteriales.

Methanosarcinales

Methanosarcinales é unha orde de microorganismos arqueanos de metabolismo metanóxeno da clase Methanomicrobia. As características dos seus xenes de ARNr 16S fan que se considere que forman un clado propio. Viven en hábitats anaeróbicos de auga doce e salgada, sedimentos, rume de ungulados, lodos, augas residuais, esterco, dixestores anaeróbicos. Hai especies de Methanosarcinales en ambientes con todos os rangos de salinidade. Crecen utilizando o acetato, que converten en metano e dióxido de carbono, ou, na familia Methanosarcinaceae, catabolizan compostos metilo como metanol, metilaminas ou metilsulfuro (moitas Methanosarcinaceae poden usar o H2 para reducir o metilo). En ambientes anóxicos escuros e con CO2 como único aceptor de electróns as Methanosarcinales, como Methanosarcina e Methanosaeta, son os únicos organismos que poden degradar o acetato. Presentan unha parede celular proteica e algúns unha vaíña de heteropolisacárido (pero sen peptidoglicano nin pseudomureína). Teñen forma de cocos, pseudosarcinas ou bacilos envaiñados.

National Center for Biotechnology Information

O National Center for Biotechnology Information (NCBI), en galego Centro Nacional para a Información Biotecnolóxica, forma parte da Biblioteca Nacional de Medicina de Estados Unidos (National Library of Medicine), unha rama dos Institutos Nacionais de Saúde (National Institutes of Health ou NIH). Está localizado en Bethesda, Maryland e foi fundado o 4 de novembro de 1988 coa misión de ser unha importante fonte de información de bioloxía molecular.

Netilmicina

A netilmicina é un antibiótico de amplo espectro que pertence á familia dos aminoglicósidos, utilizado xeralmente en forma de sulfato de netilmicina. É un antibiótico semisintético derivado da sisomicina, a cal é producida pola bacteria Micromonospora inyoensis, polo que a netilmicina se pode denominar tamén 1-N-etil-sisomicina .

Actúa uníndose á subunidade de 30 S do ribosoma e ao ARNr 16S, o que interfire coa formación do complexo de iniciación co ARNm e impide a síntese correcta das proteínas.

Este fármaco non se absorbe polo tracto dixestivo, polo que se administra en forma de infusión ou inxectable.

A netilmicina é activa contra moitos bacilos gramnegativos que son resistentes á xentamicina, aínda que é menos activa contra a Pseudomonas aeruginosa do que a tobramicina.

Parathormona

A parathormona (PTH) ou hormona paratiroide é unha hormona peptídica de 84 aminoácidos segregada polas células principais da glándula paratiroide, que actúa incrementando a concentración de calcio (Ca2+) no sangue (efecto oposto ao da hormona calcitonina da tiroide, que fai decrecer a concentración de calcio).

A PTH incrementa a concentración de calcio sanguínea actuando sobre o receptor da hormona paratiroide 1 (abundante no óso e riles) e sobre o receptor da hormona paratiroide 2 (abundante no sistema nervioso central, páncreas, testículos, e placenta). A vida media da PTH no organismo é de aproximadamente 4 minutos. Ten unha masa molecular de 9,4 kDa.

PubChem

PubChem é unha base de datos de moléculas. É un sistema operado e mantido polo National Center for Biotechnology Information (NCBI), parte da National Library of Medicine, dependente á súa vez dos National Institutes of Health estadounidenses. Pódese consultar gratuitamente a través de internet, ademais de poder descargar os datos de millóns de estruturas vía FTP. A maioría das moléculas listadas en PubChem teñen un peso molecular inferior a 2000 uma. A American Chemical Society tentou restrinxir as súas actividades, alegando que competían co seu Chemical Abstracts Service. Máis de 50 provedores de bases de datos contribúen ao crecemento de PubChem.

PubMed Central

PubMed Central (PMC) é un repositorio dixital de uso libre no que se arquivan artigos eruditos completos de acceso público que foron publicados en revistas científicas das ciencias da vida e biomédicas. É unha das maiores bases de datos de investigación dentro do conxunto de recursos que foron desenvolvidos polo National Center for Biotechnology Information (NCBI) de Estados Unidos, pero é moito máis que un simple repositorio de documentos. Os documentos incluídos en PMC sofren un procedemento de indexación e formateo que ten como resultado o melloramento de metadatos, ontoloxía médica, e identificadores únicos que enriquecen os datos estruturados XML para cada artigo ou depósito. Os contidos de PMC poden ser facilmente interligados a moitas outras bases de datos do NCBI e pode accederse a eles a través de buscas en Entrez e en sistemas de recuperación, mellorando aínda máis a capacidade do público para descubrir gratuitamente, ler e basearse neste conxunto de documentos sobre o coñecemento biomédico.PubMed Central non debe de confundirse con PubMed. Trátase de dous servizos moi diferentes. Aínda que PubMed é unha base de datos na que se poden buscar citas biomédicas e resumos, os artigos co texto completo referenciados no rexistro de PubMed encóntranse almacenados fisicamente noutro lugar (ás veces son artigos impresos ou en liña, algunhas veces gratuítos e outras accesibles pagando algún tipo de subscrición). PubMed Central é un arquivo dixital gratuíto de artigos, accesible a calquera desde calquera lugar por medio dun buscador web básico. O texto completo de todos os artigos de PubMed Central pode lerse gratuitamente, con diversas disposicións para a reutilización.

En febreiro de 2014, o arquivo PMC contiña uns 2,9 millóns de artigos, con contribucións que proceden directamente das editoriais ou autores que depositan os seus propios orixinais no repositorio segundo a Política de Acceso Público dos NIH. Só no período de doce meses desde xuño de 2013 a xuño de 2014 os depósitos iniciados por autores excedían os 103.000 documentos. PMC tamén identifica unhas 4.000 revistas que agora participan en maior ou menor grao nesta capacidade de depositar automaticamente os seus contidos publicados no repositorio de PMC. Algunhas editoriais participantes atrasan a liberación dos seus artigos en PubMed Central durante un tempo establecido despois da súa publicación, o que se adoita denominar “período de embargo”, que pode ser desde uns poucos meses a algúns anos dependendo da revista (os "embargos" de seis a doce meses son os máis comúns).

Thermoplasmata

Thermoplasmata é unha clase de arqueas Euryarchaeota.Trátase de arqueas acidófilas que crecen a pHs óptimos arredor de 2, e algúns, como Picrophilus crecen a pH 0,06, que é o mínimo coñecido para un organismo. A maioría das especies son tamén termófilas. Moitos dos termoplasmados non teñen parede celular, pero algúns si, como o mencionado Picrophilus. Actualmente todas as especies da clase clasifícanse nunha única orde, as Thermoplasmatales.

Thermoplasmatales

Thermoplasmatales é unha orde de arqueas da clase Thermoplasmata. Todas son acidófilas, crecen optimamente a pH por debaixo de 2. O xénero Picrophilus é actualmente o máis acidófilo coñecido e pode vivir a un pH de só 0,06. Moitos destes organismos non teñen parede celular, aínda que Picrophilus si a ten. A maioría dos seus membros son termófilos.

Thermoprotei

Thermoprotei é unha clase de arqueas Crenarchaeota.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.