Proxecto Gutenberg

O Proxecto Gutenberg é un proxecto literario de esforzo voluntario para dixitalizar, arquivar e distribuír obras culturais a través da dixitalización de libros. Fundado en 1971, é a máis antiga biblioteca dixital. A maioría dos elementos no seu acervo son textos completos de libros en dominio público. O proxecto tenta liberalos, en formatos duradeiros e abertos, para que poidan ser usados en calquera ordenador.

Historia

O Proxecto Gutenberg foi iniciado por Michael Hart en 1971. Hart, un estudante na Universidade de Illinois, obtivo acceso a un supercomputador Xerox Sigma V no Laboratorio de Investigación de Materiais da universidade. Conseguíu unha conta cunha cantidade de tempo de computación virtualmente ilimitada; o seu valor ten sido calculado variabelmente entre os 100.000 ou 100.000.000 dólares. [1] Hart dixo que queria "retribuír" esta oferta facendo algo que puidese ser considerado de gran valor.

Este computador en particular era un de 15 nodos na rede de computadores que se convertería na actual Internet. Hart cría que un día os computadores serían accesíbeis ao público en xeral e decidiu dispoñibilizar obras de literatura en formato electrónico. Usou unha copia da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América que tiña na súa mochila e este foi o primeiro texto-e do Proxect Gutenberg. Deu o nome ao proxecto en honra de Johannes Gutenberg, o impresor alemán do século XV que impulsou a revolución da imprenta.

A mediados dos anos 1990, Hart xestionaba o Proxecto Gutenberg a partir do Colexio Beneditino de Illinois. Xuntáranse ao esforzo máis voluntarios. A maioría dos textos eran introducidos manualmente até que os dixitalizadores de imaxes e os programas de recoñecemento óptico de caracteres foron mellorando e se tornaron máis accesíbeis, o que permitiu a dixitalización de libros máis factíbel. Hart chegou máis tarde a un acordo coa Universidade Carnegie Mellon, que concordou administrar as finanzas do Proxecto Gutenberg. A medida que o volume de textos electrónicos aumentaba, os voluntarios comezaron a tomar conta das operacións diarias que Hart viña executando.

En 2000 rexistrouse en Mississippi unha organización sen fins lucrativos, a Project Gutenberg Literary Archive Foundation, Inc., para xestionar as necesidades legais do proxecto. As doazóns que lle facían son deducíbeis nos impostos. O voluntario do Proxecto Gutenberg, Gregory Newby, tornouse o primeiro presidente executivo da fundación. Tamén en 2000, Charles Franks fundou o Distributed Proofreaders, que permitiu que a revisión dos textos dixitalizados fose feita dunha forma distribuída, entre varios voluntarios pola Internet. Este esforzo aumentou enormemente o número e a variedade de textos que son adicionados ao Proxecto Gutenberg, así como volveu máis fácil para os novos voluntarios comezaren a contribuír. En 2006, os máis de 9.600 libros producidos polo DP comprendían máis do 45% dos máis de 20.000 libros do Proxecto Gutenberg.

Pietro Di Miceli, un voluntario italiano, desenvolveu e administrou o primeiro sitio do Proxecto Gutenberg e iniciou o desenvolvemento do primeiro catálogo en liña do proxecto. Nos seus dez anos neste papel (1994–2004), as páxinas do Proxecto gañaron un gran número de premios, sendo moitas veces recomendadas en listas dos "mellores da Rede" e contribuíndo na popularidade do Proxecto.[2]

A principios de 2004, un catálogo en liña mellorado tornou os contidos do Proxecto máis fáciles de navegar, acceder e ligar.

O Proxecto Gutenberg é agora hospedado polo ibiblio na Universidade da Carolina do Norte en Chapel Hill.

En 2006, o Proxecto Gutenberg afirmaba ter máis de 20.000 documentos no seu acervo, cunha media de máis de 50 novos libros-e adicionados semanalmente.[3]

Os libros son, sobre todo, obras de literatura da tradición cultural Occidental. Ademais de obras literarias, tales como novelas, poesía, contos e teatro, o Proxecto Gutenberg tamén ten libros de culinaria, obras de referencia e partes de periódicos. O acervo do Proxecto Gutenberg tamén ten algúns items non-textuais tales como ficheiros de audio e partituras musicais.

A maioría dos documentos están en inglés, mais existen tamén cifras significativas noutras linguas. En agosto de 2006, as linguas distintas do inglés máis representadas eran (por orden): francés, alemán, finlandés, neerlandés, español e portugués. Tamén existen obras en lingua galega.

Sempre que é posíbel, os lanzamentos do Gutenberg están dispoñíbeis en texto puro, sobre todo utilizando a codificación de caracteres ASCII máis frecuentemente estendida para ISO-8859-1, aínda que tamén poden ser lanzados noutros formatos enviados polos voluntarios, sendo o máis común o HTML. Os formatos que non son facilmente editábeis, como o PDF, evítanse no posíbel no Proxecto Gutenberg, aínda que algúns sexan habituais. Hai anos que existen discusións sobre a utilización dalgún tipo de XML porén os progresos canto a ese asunto foron lentos.

Ideais

Michael Hart dixo en 2004, "A misión do Proxecto Gutenberg é simple: 'Estimular a creación e distribución de libros electrónicos.'" [4]

Un dos lemas do proxecto é "quebrar as barreiras da ignorancia e do analfabetismo" visto que os seus voluntarios pretenden propagar o alfabetismo do público e o aprecio polo patrimonio literario, tal como as bibliotecas públicas comezaran a facer nos finais do século XIX.

O Proxecto Gutenberg está conscientemente descentralizado. Por exemplo, non existe ningunha política de selección que dite que textos deben ser adicionados. En lugar diso, os voluntarios traballan individualmente naquilo no que estean interesados ou que teñan dispoñíbel. O acervo do Proxecto Gutenberg destínase a conservar os items a longo prazo de forma que non se poidan perder por un accidente localizado. Nun esforzo para asegurar isto, toda a colección é salvagardada regularmente e copiada en servidores en varias localizacións diferentes.

Problemas de dereitos de autor

O Proxecto Gutenberg é moi cauteloso en verificar o estado dos seus libros electrónicos de acordo cos dereitos de autor dos Estados Unidos de América. Os materiais son engadidos ao arquivo do Proxecto Gutenberg despois de recibida unha clarificación de dereitos de autor, e os rexistros desas clarificacións son gardados para referencias futuras.

Ao contrario doutros proxectos de bibliotecas dixitais, o Proxecto Gutenberg non invoca novos dereitos sobre os títulos que publica. En vez diso, anima á súa reprodución e distribución libres.

A maioría dos documentos do Proxecto Gutenberg son distribuídos en dominio público baixo as leis de dereitos de autor dos Estados Unidos. A licenza incluída en cada libro electrónico coloca algunhas restricións ao que pode ser feito cos textos (tal como distribuílos dunha forma modificada ou para fins comerciais) desde que a marca rexistrada "Project Gutenberg" sexa utilizada. Se o cabezallo for removido e a marca rexistrada non for utilizada, entón os textos en dominio público poden ser reutilizados sen restrición ningunha.

Tamén existen algúns textos protexidos por dereitos de autor que o Proxecto Gutenberg distribúe con autorización. Estes están suxeitos a máis restricións, especificadas polo detentor dos dereitos.

En 1998 a Sonny Bono Copyright Term Extension Act estendeu a duración dos dereitos de autor xa existentes por 20 anos máis. Isto impediu que o Proxecto Gutenberg aumentase moitos títulos que, doutro modo, estarían en dominio público nos Estados Unidos.

Críticas

O Proxecto Gutenberg foi criticado pola falta de rigor escolástico nos seus textos electrónicos: por exemplo, nos detalles inadecuados canto ás edicións usadas e na omisión de proemios orixinalmente publicados e aparatos críticos. Unha melloría de marca na preservación dese tipo de texto pode ser encontrada comparando os primeiros textos cos máis recentes; a maior parte dos novos textos electrónicos preserva a información da edición e os proemios. As edicións non son as máis recentes edicións escolares, unha vez que estas edicións máis modernas non están normalmente no dominio público.

O Proxecto Gutenberg esixe que todos os seus textos electrónicos inclúan unha versión en texto puro en ASCII sempre que iso sexa factíbel, acreditando que ese é o formato máis probabelmente lexíbel nun futuro lonxano (Non se esixe unha versión en texto puro en ASCII para matemática ou linguas que sexan difíciles de representar en ASCII). O Proxecto Gutenberg tamén inclúe unha variedade de formatos normalmente abertos xuntamente cos ASCII e xerados a partir destes.

Proxectos afiliados

Todos os proxectos afiliados son organizacións independentemente que partillan os mesmos ideais e foilles dado permiso para utilizaren a marca rexistrada Project Gutenberg. Teñen normalmente un enfoque nacional ou lingüístico especial.

  • Project Gutenberg Australia aloxa moitos textos que están no dominio público de acordo co Dereito australiano, mais aínda protexidos por dereitos (ou en estado incerto) nos Estados Unidos, con enfoque nos escritores australianos e libros sobre a Australia.
  • PG-EU é un proxecto-irmán que opera baixo os dereitos de autor na Unión Europea. Un dos seus obxectivos é incluír tantas linguas cuanto sexa posíbel no Proxecto Gutenberg. Funciona en Unicode para asegurar que todos os alfabetos poidan ser representados fácil e correctamente.
  • Project Gutenberg of the Philippines [1] pretende editar tantos libros cuanto sexa posíbel, con enfoque especial nas Filipinas e nas linguas filipinas.
  • Proxect Gutenberg Europe [2][Ligazón morta] é un proxecto dirixido polo Proxect Rastko en Servia e Montenegro. Pretende ser un Proxecto Gutenberg para toda Europa, e comezou a publicar os seus primeiros proxectos en 2005. Corre o programa Distributed Proofreaders para producir rapidamente textos electrónicos.
  • Proxect Gutenberg Luxembourg [3] publica sobre todo, mais non exclusivamente, libros escritos en luxemburgués.
  • Proxect Gutenberg Consortia Center [4] é un afiliado que se especializa na colección de documentos. Non ten a supervisión editorial ou a consistencia de formato do Proxecto Gutenberg principal. Están representadas coleccións temáticas en numerosas linguas.
  • Proxekti Lönnrot [5] é un proxecto iniciado por voluntarios do Proxecto Gutenberg Finlandés.

A pesar de ter sido dada autorización para utilizar o nome Gutenberg ao Projekt Gutenberg-DE hai algúns anos, non todos o consideran un proxecto afiliado debido ás súas diferenzas filosóficas. O Projekt Gutenberg-DE invoca dereitos de autor nos seus produtos e limita o aceso a versións dos seus textos navegábeis por Internet.

Notas

  1. Michael Hart (Agosto de 1992). "Historia e Filosofia do Proxect Gutenberg". Consultado o 2007-02-09.[Ligazón morta]
  2. "Créditos". Consultado o 2006-12-05.
  3. De acordo co gutindex-2006 Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine., publicáronse 1.653 novos ítem no Proxecto Gutenberg nas primeiras 33 semanas de 2006. Isto fai unha media de 50,09 por semana, sen incluír os engadidos nos proxectos afiliados.
  4. Declaración de Misión do Proxect Gutenberg[Ligazón morta], Actualizado a 23 de outubro de 2004

(O Project Gutenberg chama aos seus produtos "libros electrónicos" e ese termo é aquí utilizado. O termo correspondente utilizado na Wikipedia é libro dixital.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Aristófanes

Aristófanes (448 a.C. - 380 a.C., en grego Ἀριστοφάνης) foi un cómico e dramaturgo grego.

Conto de fadas

Os contos de fadas ou contos marabillosos son unha forma de cultura popular de tradición oral. Malia estaren presentes en todas as culturas, non foron recollidos por escrito até comezos do século XVIII, na famosa colectánea dos irmáns Grimm.

Na súa forma escrita, os contos de fadas son narrativas en prosa sobre as fortunas e desgrazas dun heroe ou heroína que, logo de ter pasado por varias aventuras de natureza máis ou menos sobrenatural, vive feliz por sempre xamais. Entre os ingredientes da historia hai normalmente maxia, encantamentos, disfraces e conxuros que con frecuencia ofrecen interpretacións sutís sobre a psicoloxía e natureza humanas.

As mil e unha noites, escrita arredor do século IX, contiña algunhas destas historias marabillosas. As tres coleccións principais de contos de fadas na literatura europea son:

Os contos da Nai Gansa (Contes de ma mère l'Oye, 1697) de Charles Perrault;

Contos de Grimm (Kinder- und Hausmärchen, 1812, 1814, 1822) dos Irmáns Grimm;

Contos de Fadas (Eventyr, 1835), de Hans Christian Andersen.Moitos escritores modernos teñen creado historias neste xénero literario, como William Thackeray, Charles Kingsley ou Oscar Wilde.

Cor

A cor é a impresión producida por un ton de luz nos órganos visuais, ou máis exactamente, é unha percepción visual que se xera no cerebro dos humanos e outros animais ao interpretar as sinais nerviosos que lle envían os fotorreceptores na retina do ollo, que á súa vez interpretan e distinguen as distintas lonxitudes de onda que captan da parte visible do espectro electromagnético.

Todo corpo iluminado absorbe unha parte das ondas electromagnéticas e reflicte as restantes. As ondas reflectidas son captadas polo ollo e interpretadas no cerebro como distintas cores segundo as lonxitudes de ondas correspondentes.

A cor é un aspecto físico da natureza. A cor dun material determínase pola lonxitude de onda dos raios luminosos que refliten as súas moléculas constituíntes. Un obxecto terá unha cor determinada se reflicte (non absorbe) exactamente os raios correspondentes á frecuencia daquela cor.

Así, un obxecto é vermello se absorbe todos os raios de luz, agás o vermello.

A cor relaciónase cos diferentes lonxitudes de onda do espectro electromagnético. Son percibidas a través dos órganos de visión na faixa da "zona visíbel" como unha sensación que nos permite diferenciar os obxectos do espazo con maior precisión.

Considerando as cores como luz, a cor branca resulta da superposición de todas as cores, en canto o negro é a ausencia de luz. A luz branca pódese descompor en todas as cores (o espectro) por medio dun prisma. Na natureza, esta descomposición orixina un arco da vella.

Ecgberht I de Kent

Ecgberht (ou Ecgberhtus, Ecgberct, Ecgbriht, Ægbriht, Ecgbryht e Ecgbyrht), finado o 4 de xullo de 673, foi un rei de Kent que gobernou desde 664 até a súa morte, sucedendo ao seu pai Eorcenberht.

Ficción

Denomínase ficción á simulación da realidade que realizan as obras literarias, cinematográficas ou doutro tipo, cando presentan un mundo imaxinario ao receptor. O termo procede do latín fictus ("finxido", "inventado"), participio do verbo fingere.

Porén, non todos os feitos presentados nunha ficción son necesariamente imaxinarios; é o caso por exemplo da novela histórica, que toma para base feitos históricos revelados, pero que aproveita as vacuidades da Historia para presentar personaxes ou acontecementos, sacados da imaxinación do autor.

Galifontes

Galifontes é a versión en galego do Wikisource, unha biblioteca dixital de fontes de texto libres en formato wiki, operado pola Wikimedia Foundation. O proxecto é un repositorio de obras no dominio público ou con licenza libre. O contido inclúe obras publicadas ou documentos históricos, que cumpran certos requisitos de verificabilidade.

O concepto orixinal para o Wikisource foi o de ser un almacén de textos históricos útiles ou importantes, coa intención de dar apoio aos artigos da Wikipedia coma fonte primaria de evidencias e verificabilidade, e coma arquivo de seu. A colección tivo un enfoque inicial nos materiais históricos e culturais, distinguíndose de outros arquivos dixitais coma o Proxecto Gutenberg.

Gerhart Hauptmann

Gerhart Hauptmann, nado en Obersalzbrunn (actual Szczawno Zdrój, Polonia) o 15 de novembro de 1862 e finado en Agnetendorf o 6 de xuño de 1946, foi un dramaturgo, novelista e poeta alemán.

Jaime Balmes

Jaime Balmes, nado en Vic o 28 de agosto de 1810 e finado ibídem o 9 de xullo de 1848, foi un filósofo, teólogo, apoloxista, sociólogo e tratadista político catalán.

LibriVox

LibriVox é unha biblioteca dixital en liña, con libros en formato de son (Audiolibros), en Dominio público e de balde. Os lectores que gravan a súa propia lectura en voz alta, creando así o audiolibro, son sempre voluntarios, e proceden de distintas partes do mundo. En decembro de 2015 había 9290 audiolibros dispoñibles para o seu escoita e descarga. O 90% da colección de gravacións está en lingua inglesa, aínda que LibriVox produce tamén audiolibros en 36 linguas.

Libro electrónico

Un libro electrónico, tamén coñecido polo seu nome en inglés (e-book ou eBook) é un tipo de libro que se caracteriza por ser accesible en forma dixital e que pode estar composto de texto, son e/ou imaxes. Pode ser lido na pantalla dun ordenador ou noutros dispositivos, como tabletas e teléfonos intelixentes. Ás veces é definido como "unha versión dixital dun libro impreso" Porén, o dicionario da RAG defíneo como unha tipoloxía específica de libro que se pode ler nos lectores de libro electrónico, adicándolle a estes aparellos a primeira acepción do termo.

Napoleón I de Francia

Napoleone di Bouonaparte ou Napoleón Bonaparte (en francés [napoleɔ̃ bɔnɑpaʁt]), nado en Ajaccio (Córsega) o 15 de agosto de 1769 e finado en Santa Helena o 5 de maio de 1821, foi emperador de Francia a principios do século XIX e o home máis poderoso e influente de Europa. O seu reinado dá nome a toda unha época da historia de Europa, a unha longa serie de guerras, e simboliza a loita entre as correntes liberais da Revolución Francesa e o absolutismo e tradicionalismo do antigo réxime. A súa impronta quedaría na permanencia das súas reformas legais e administrativas, e no recoñecemento unánime do seu prodixioso talento militar.

Ovidio

Publio Ovidio Nasón, (latín: Publius Ovidius Naso) nado en Sulmona o 20 de marzo do 43 a. de C. e finado en Tomis, actual Constanza no mar Negro no 17 ou 18 d. C., foi un poeta romano que escribiu sobre temas de amor, mulleres abandonadas e transformacións mitolóxicas. Contase, xunto con Virxilio e Horacio, como un dos tres poetas por excelencia da literatura latina. Ovidio foi amplamente considerado o máis grande mestre do dístico elexíaco. A súa poesía, moi imitada durante o final da Idade Antiga e a Idade Medieval, tivo unha influencia decisiva na arte e a literatura de Europa durante moitos séculos.

Ovidio escribía en dísticos elexíacos con só dúas excepcións: o seu Medea perdida, os dous fragmentos da que se conservan están en trimetres iámbicos e en anapestos, respectivamente, e a súa grande Metamorfoses, que escribiu en hexámetros dactílicos, o mesmo que a Eneida de Virxilio e os poemas épicos (Ilíada e a Odisea) de Homero. Ovidio ofrece unha épica diferente á dos seus predecesores, unha historia cronolóxica do cosmos desde a creación ata o seu propio día, e incorpora moitos mitos e lendas sobre transformacións sobrenaturais propias das tradicións grega e romana.

Paul von Heyse

Paul Johann Ludwig von Heyse, nado en Berlín o 15 de marzo de 1830 e falecido en Múnic o 2 de abril de 1914, foi un escritor alemán.

Estudou linguas clásicas na Universidade de Berlín coa idea de ser profesor de filoloxía; pero o éxito de L'Arrabbiata 1855, levouno a dedicarse á literatura.

Foille concedido o Premio Nobel de Literatura en 1910. Durante a súa estadía en Berlín foi membro do grupo poético Tunnel über der Spree, e en Múnic forma parte do grupo Krokodil, cidade onde morreu o 2 de abril de 1914.

Plutón (deus)

Plutón  foi o deus do inframundo na mitoloxía romana. O seu equivalente na mitoloxía grega era Hades, aínda que Plutón era máis benigno. En canto á etimoloxía do nome confúndeselle coa de Pluto, o deus grego das riquezas.

Valentín Lamas Carvajal

Valentín Lamas Carvajal, nado en Ourense o 1 de novembro de 1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego. No ano 1972 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega, contando ambas con moi boa acollida: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tio Marcos d'a Portela, e publicar o Catecismo do labrego.

Verner von Heidenstam

Carl Gustaf Verner von Heidenstam, nado en Olshammar o 6 de xullo de 1859 e finado en Estocolmo o 20 de maio de 1940, foi un escritor sueco.

Walter Scott

Walter Scott, nado en Edimburgo o 15 de agosto de 1771 e finado en Abbotsford o 21 de setembro de 1832, foi un prolífico escritor escocés.

William Harrison Ainsworth

William Harrison Ainsworth, nado en Manchester en 1805 e finado en Reigate en 1882, foi un escritor británico. Cultivou o xénero histórico, publicou máis de 40 novelas. Influíu na escrita de Charles Dickens.

Xenofonte de Atenas

Xenofonte ou en grego Ξενοφῶν, nado no -431 e finado no -354, foi un historiador, militar e filósofo grego, coñecido polos seus escritos sobre a cultura e historia de Grecia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.