Provincias dos Países Baixos

Unha Provincia Neerlandesa representa a capa administrativa entre o goberno estatal e os concellos, con responsabilidades en asuntos de importancia rexional ou subnacional. O goberno de cada provincia conta de tres partes principais: o Provinciale Staten que é o parlamento provincial elixido cada catro anos, os membros electos de esta institución máis tarde elixen o Gedeputeerde Staten, que é o consello coa maioría das tarefas excutivas, presidido polo Commissarios van de Koningin (Comisario do Reino), nomeado pola Coroa.

Map provinces Netherlands-en
Provincias dos Países Baixos e principais cidades.

División

Hoxe en día os Países Baixos están divididos en doce provincias (provincies en neerlandés).

As doce provincias están listadas a continuación:

Band. Provincia Capital Cidade máis populosa Área (km2) Poboación[2] Densidade
(por km2)
North Brabant-Flag.svg
Brabante do Norte Den Bosch Eindhoven 5.099 2.434.744 477
Flag of Zeeland.svg
Zelandia Middelburg Middelburg 2.934 380.897 130
Flag of Drenthe.svg
Drenthe Assen Assen 2.680 489.695 183
Flag of Flevoland.svg
Flevoland Lelystad Almere 2.412 383.496 159
Frisian flag.svg
Frisia Leeuwarden Leeuwarden 5.749 645.101 112
Flag of Groningen.svg
Groninga Groninga Groninga 2.960 574.481 194
Flag of Gelderland.svg
Gueldria Arnhem Nimega 5.137 1.990.871 388
Flag Zuid-Holland.svg
Holanda Meridional A Haia Rotterdam 3.419 3.477.876 1017
Flag of North Holland.svg
Holanda Setentrional Haarlem Ámsterdam 4.092 2.647.149 647
Flag of Limburg (Netherlands).svg
Limburgo Maastricht Maastricht 2.209 1.140.813 516
Flag of Overijssel.svg
Overijssel Zwolle Enschede 3.421 1.125.108 329
Utrecht (province)-Flag.svg
Utrecht Utrecht Utrecht 1.449 1.210.761 836

Historia

Case tódalas provincias neerlandesas teñen a súa orixe no estado medieval, ben coma condado ou ben coma un ducado, ao igual que en Bélxica. A súa situación trocou o seu status e chegaron estar baixo unha soa administración central, relegando os estados a provincias, dezasete en total. A partir destes Países Baixos unificados, no século XVII sete provincias do norte formaron a República das Sete Provincias Unidas, é dicir Holanda, Zelandia, Gueldria, Utrecht, Frisia, Overijssel e Groninga. As terras da república tamén incluían a Drenthe (unha das dezasete, mais sen o mesmo status autónomo que as outras), e partes do Brabante, Limburgo e Flandres, que eran considerados coma "terras conquistadas" e eran gobernadas directamente polo Staten-Generaal, o parlamento, polo que eran chamadas Terras da Xeneralidade, e foron chamados Staats-Brabant, Staats-Limburg e Staats-Vlaanderen, que significa "do Estado". Cada un destes "Países Baixos" tiña un certo grao de autonomía e cooperaban entre si sobre todo en defensa e no plano internacional en xeral, mais mantendo os seus propios asuntos noutros lugares.

O 1 de xaneiro de 1796, durante a República Bátava, Drenthe e Staats-Brabant convertéronse na oitava e novena provincias dos Países Baixos, está última coñecida como Bataafs Bravant, Brabante Bátavo, trocando o seu nome a Brabante do Norte en 1815 cando pasaron a formar parte do Reino Unido dos Países Baixos, que tamén contiña o entón Brabante do Sur, unha provincia belga. En 1839, coa independencia de Bélxica, a provincia orixinal Limburgo foi divida en dúas terras entre os dous países, así que hoxe en día cada un ten unha provincia chamada Limburgo. Un ano despois, Holanda, a máis grande e poboada provincia neerlandesa dividiuse en dúas, para chegar a un total de once. O doceavo membro foi Flevoland, unha provincia que é practicamente todo terra recuperada ao mar, estabelecida o 1 de xaneiro de 1986.

Os Departamentos do Período Francés

Durante a República Bátava os Países Baixos foron completamente reorganizados en oito novos departamentos ente 1798 e 1801, a maioría nomeados co nome de ríos, inspirados polo exemplo de Francia, nunha tentativa de acabar co antigo status autónomo provincial.

Departamentos Bátavos
Nome galego Nome neerlandés Capital Contidas nos territorio de
Departamento do Ems Departement van de Eems Leeuwarden Norte de Frisia, Groninga
Departamento do Vello IJssel Departement van de Oude IJssel Zwolle Sur de Frisia, Drenthe, Overijssel, Norte de Gueldria
Department do Rin Departement van de Rijn Arnhem Gueldria Central, Utrecht Leste
Departamento do Amstel Departement van de Amstel Ámsterdam Área arredor de Ámsterdan
Departamento de Texel Departement van Texel Alkmaar Holanda Setentrional menos Ámsterdan, noroeste de Utrecht
Departmento do Delft Departement van de Delft Delft Holanda Meridional até o Mosa, suroeste de Utrecht
Departmento do Dommel Departement van de Dommel 's-Hertogenbosch Parte leste do Brabante Bátavo, sur de Gueldria
Departmento do Escalda e Mosa Departement van de Schelde en Maas Middelburg Zelandia, Holanda Meriodional do Mosa e a parte oeste do Brabante Bátavo

Despois de só tres anos, a raíz dun golpe de Estado, as fronteiras das antigas provincias foron restauradas, aínda que non os seus status de autonomía. Foron tamén chamadas "departamentos" e engadiuse e Drenthe foi engadido en Overijssel. En 1806 o Reino dos Países Baixos substituíu á república para promover os intereses franceses. Foi durante esta administración que Holanda se divide en dous, co departamento de Amstelland ao norte e o de Maasland ao sur. Frisia Oriental, entón como agora en Alemaña, foi engadida ao reino coma departamento en 1807 e Drenthe separouse de novo, facendo en total once departamentos.

Netherlands during French administration 1810-1814
Mapa das subdivisións dos Países Baixos durante a Administración Francesa. Nótese que Frisia Oriental non está incluída neste mapa.

Cando finalmente os Países Baixos se fixeron plenamente parte de Francia en 1810, os departamentos do reino e ás súas fronteiras mantivéronse en grande medida, con algunhas unidas. Porén, foron case todas nomeadas de novo, prncipalmente polos ríos de novo, pero con nomes diferentes á época bátava.

Departamentos franceses nos Países Baixos
Nome galego Nome francés Nome neerlandés Provincias modernas
Departamento do Zuiderzee Département du Zuyderzée Departement van de Zuiderzee Holanda Setentrional e Utrecht
Departamento da Foz do Mosa Département des Bouches-de-la-Meuse Departement van de Monden van de Maas Holanda Meridional
Departamento da Foz do Escalda Département des Bouches-de-l'Escaut Departement van de Monden van de Schelde Zelandia
Departamento dos Dous Nethen Département des Deux-Nèthes Departement van de Twee Nethen Oeste do Brabante Norte e Antuerpen
Departamento da Foz do Rin Département des Bouches-du-Rhin Departement van de Monden van de Rijn Leste do Brabante Norte e sur de Gueldria
Departamento do IJssel Superior Département de l'Yssel-Supérieur Departement van de Boven IJssel Norte de Gueldria
Departamento da Foz do IJssel Département des Bouches-de-l'Yssel Departement van de Monden van de IJssel Overijssel
Departamento de Frisia Département de la Frise Departement Friesland Frisia
Departamento do Ems Occidental Département de l'Ems-Occidental Departement van de Wester Eems Groninga e Drenthe
Departamento do Ems Oriental Département de l'Ems-Oriental Departement van de Ooster Eems Frisia Oriental

Coa derrota e retirada dos franceses en 1813, as antiguas provincias e os seus nomes volvéronse a estabelecer, Holanda xuntouse de novo e a Frisia Oriental separouse. As dezasete provincias do Reino Unido dos Países Baixos foron en parte baseados nos antigos departamentos franceses e as súas fronteiras, en particular do que máis tarde se convertería en Bélxica.

Notas

  1. "Regionale Kerncijfers Nederland" (en Dutch). Statistics Netherlands. 2007. Consultado o 2007-10-13.
  2. "Bevolking per regio naar leeftijd, geslacht en burgerlijke staat" (en Dutch). Statistics Netherlands. 2007. Consultado o 2007-10-13.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Brabante do Norte

Brabante do Norte (en neerlandés, Noord-Brabant) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisionado ou comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Den Bosch ('s-Hertogenbosch) e as cidades máis grandes son Eindhoven, Tilburg e Breda, as dúas cunha poboación de ao redor de 200.000 habitantes. Limita coas provincias de Zelandia, Holanda Meridional, Güeldres e Limburgo e as provincias belgas de Antuerpen e Limburgo.

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo, Carlos V de Flandres, Carlos I de Habsburgo ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.

Drenthe

Drenthe (en neerlandés [ˈdrɛn.tə] (AFI)) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais, está gobernada por un comisionado ou comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Assen. Limita coas provincias de Groninga, Frisia e Overijssel e o Estado federado alemán de Baixa Saxonia.

En Drenthe hai grandes brezais e tamén dolmens.

Filipe II de España

Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.

Desde a súa morte foi presentado polos seus defensores como arquetipo de virtudes, e como un monstro fanático e despótico polos seus inimigos. Esta dicotomía entre a Lenda Negra e a Lenda Branca ou Rosa foi favorecida por el mesmo, xa que se negou a que se publicaran biografías súas en vida, e ordenou a destrución da súa correspondencia.[Cómpre referencia]Aínda hoxe en día, a historiografía anglosaxoa e protestante presenta a Filipe II como un ser fanático, despótico, criminal, imperialista e xenocida. As súas vitorias foron minimizadas até o anecdótico (salvo uns poucos exemplos, como a Batalla de Lepanto) e as súas derrotas magnificadas en exceso, a pesar de que non supuxeron grandes cambios políticos ou militares, como a perda dunha parte da Grande y Felicísima Armada (a Armada Invencible) debido a un forte temporal que ademais os historiadores anglosaxóns "transformaron" nunha vitoria inglesa.[Cómpre referencia]Durante o seu goberno, o Imperio español dirixiu a exploración global e a extensión colonial a través do Atlántico e do Océano Pacífico, converténdose durante moito tempo no principal país e potencia europea e de todo o mundo. O seu imperio converteuse no primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abarcaba posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorrera no Imperio romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra as unhas coas outras.

Filipe IV de España

Filipe IV de España, tamén coñecido como Filipe IV de Habsburgo, nado en Valladolid o 8 de abril de 1605 e finado en Madrid o 17 de setembro de 1665, denominado O Grande ou O Rei Planeta, foi rei de España desde o 31 de marzo de 1621 até o seu falecemento; así mesmo foi rei de Portugal, como Filipe III até o 1 de decembro de 1640. O seu reinado de 44 anos e 170 días foi o máis longo da casa dos Austria e o terceiro da historia española, sendo superado só por Filipe V e Afonso XIII, aínda que os primeiros dezaseis anos do reinado deste último foron baixo rexencia.

Durante a primeira etapa do seu reinado compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares, quen realizou unha enérxica política exterior que buscaba manter a hexemonía española en Europa. Trala caída de Olivares, encargouse persoalmente dos asuntos de goberno, axudado por cortesáns moi influentes, como Luis Méndez de Haro, sobriño de Olivares, e o duque de Medina das Torres.

Os exitosos primeiros anos do seu reinado auguraron a restauración da preeminencia universal dos Habsburgo, pero a guerra constante da Europa protestante e a católica Francia contra España conduciron ao declive e ruína da Monarquía Hispánica, que tivo de ceder a hexemonía en Europa á puxante Francia de Luís XIV, así como recoñecer a independencia de Portugal e das Provincias Unidas.

Flevoland

Flevoland é unha provincia do centro dos Países Baixos. Estabelecida o 1 de xaneiro de 1986 con Lelystad como capital, é a máis nova das 12 provincias neerlandesas. A súa poboación era de 383.496 habitantes en 2008, cunha superficie de 2412,3 km², dos cales un 41% corresponde a auga.

Situada ao sueste do IJsselmeer, está formada por terras gañadas ao mar (pólderes), concretamente o antigo Zuiderzee. A pesar de estar inicialmente planificada como unha zona eminentemente agrícola, a súa parte occidental considérase agora unha zona de futura expansión urbana: ha de permitir o crecemento do Randstad.

Frisia, Países Baixos

Para a rexión histórica homónima véxase: FrisiaFrisia (en neerlandés, Friesland e en frisón e oficialmente, Fryslân) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal presidida por un comisario designado polo goberno. As linguas oficiais son o neerlandés e o frisón. Con todo, algúns frisóns falan dialectos do baixo saxón. A capital é Leeuwarden (en frisón, Ljouwert). Limita coas provincias de Groninga, Drenthe e Flevoland e co mar de Wadden. Forman parte desta provincia as illas de Vlieland, Terschelling, Ameland e Schiermonnikoog, que limitan así mesmo co mar do Norte.

Güeldres

Güeldres (en baixo saxón Gelderlaand e en neerlandés Gelderland, antigamente Gelre) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Arnhem. Limita coas provincias de Overijssel, Utrecht, Holanda Meridional, Brabante do Norte, Limburgo e o Estado federado alemán de Renania do Norte-Westfalia.

Güeldres está divida en tres partes: Veluwe, Achterhoek e Betuwe, e está conectada con Flevoland mediante pontes e diques.

En 1944, durante a segunda guerra mundial, tivo lugar en Güeldres a Operación Market Garden. Combateuse nas pontes do río Waal, entre Arnhem e Nimega.

Holanda Meridional

Holanda Meridional é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Igual que as demais provincias, está gobernada por un comisionado designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal.

As cidades máis importantes de Holanda meridional son Rotterdam, A Haia, Zoetermeer, Dordrecht e Leiden.

Holanda Setentrional

Holanda do Norte (neerlandés: Noord-Holland) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Está situada no noroeste do país e súa capital provincial é de Haarlem. A cidade máis importante da rexión, e capital do país, é Ámsterdan.

Limburgo, Países Baixos

Limburgo (Limburg en neerlandés e limburgués, Limbourg en francés) é unha provincia situada no sueste dos Países Baixos, con fronteira coas provincias de Güeldres e o Brabante do Norte, con Bélxica ó oeste, e co estado alemán de Renania do Norte-Westfalia ó leste. Ten unha extensión de 2.153 km² e 1 120 006 habitantes (decembro de 2013). A súa capital e cidade máis poboada é Maastricht.

Ten o seu propio idioma, o limburgués, recoñecido oficialmente como lingua rexional dende 1997.

Overijssel

Overijssel é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias está gobernada por un comisionado designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A provincia está subdividida nas rexións:

Twente

Salland

Kop van Overijssel

Países Baixos

Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma usual de se referir a todo o país, en holandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.

O país é un dos máis densamente poboados do mundo, e tamén está entre os de altitude media máis baixa (un cuarto do seu territorio está baixo o nivel do mar, a quen foi gañado mediante a construción de diques). Os neerlandeses son coñecidos polos seus diques, os seus tulipáns, os seus muíños e a súa tolerancia social. As políticas liberais que rexen a súa actuación son frecuentemente mencionadas e usadas como exemplos nos demais países.

Politicamente o reino dos Países Baixos é unha monarquía constitucional e membro da Unión Europea. Ámsterdan é a capital constitucional e onde está a residencia oficial da raíña. A se do goberno e a residencia habitual da raíña, as embaixadas e o Tribunal Internacional de Xustiza teñen a súa sede na Haia.

Peter Paul Rubens

Peter Paul Rubens, nado o 28 de xuño de 1577 en Siegen, Sacro Imperio Romano Xermánico, actual Alemaña e finado o 30 de maio de 1640 en Antuerpen, Flandres (Países Baixos españois), actual Bélxica, foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do século XVII; as súas obras zumegan un estilo barroco exuberante que enfatiza o movemento, a cor e a sensualidade. As súas principais influencias procedían da arte da Antiga Grecia, a Antiga Roma e a pintura renacentista, en especial Leonardo da Vinci, Tiziano e Miguel Anxo, do que admiraba a súa representación da anatomía. Tratou unha ampla variedade de temas pictóricos: relixiosos, históricos, de mitoloxía clásica, escenas de caza, paisaxes, retratos, así como debuxos, ilustracións para libros e deseños para tapices. Consérvanse arredor de mil cincocentos cadros seus. Unha produción tan elevada foi posible grazas, en parte, ós membros do seu taller que, ó parecer, traballaban en cadea. Foron discípulos ou axudantes seus, entre outros, Jacob Jordaens, Gaspar de Crayer, Theodor van Thulden, Erasmus Quellinus o Novo, Cornelis de Vos e Anton van Dyck, que traballaron completando varios encargos para a Corte Española en Madrid. Por outra banda, consérvanse case nove mil debuxos da súa propia man.Foi o pintor favorito do rei Filipe IV de España, o seu principal cliente, que lle encargou ducias de obras para decorar os seus palacios madrileños e foi o maior comprador na almoeda dos bens do artista que se realizou tralo seu pasamento. O Rei Planeta é por iso a principal causa de que a maior colección das súas pinturas que existe hoxe en día sexa a do Museo do Prado, cuns noventa cadros (a cifra concreta varía segundo as fontes posto que a autoría dalgunhas das obras están en discusión), a gran maioría procedentes da Colección Real. Tamén teñen unha importante representación da súa arte o Museo Real de Belas Artes de Antuerpen (Koninklijk Museum voor Schone Kunsten Antwerpen), a National Gallery de Londres, a Alte Pinakothek (Pinacoteca Antiga) de Múnic e o Kunsthistorisches Museum (Museo de Historia da Arte) de Viena.

Posuía unha ampla formación humanista e tivo sempre un fondo interese pola Antigüidade clásica. "Estou certo de que para acadar a maior perfección na pintura é preciso comprender os antigos", afirmaba. Dominaba diversas linguas, incluído o latín, e chegou a exercer como diplomático entre distintas cortes europeas. Foi ademais ennobrecido tanto por Filipe IV de España como por Carlos I de Inglaterra. O tamén pintor Eugène Delacroix, grande admirador seu, calificouno como o "Homero da pintura", alcume co que é citado en ocasións.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Provincia de Groninga

Groninga (en neerlandés, Groningen, e en baixo saxón, Grunnen) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é a cidade de Groninga. Limita coas provincias de Drenthe e Frisia, o Estado federado alemán de Baixa Saxonia e o mar de Wadden.

As fontes de ingresos predominantes son a agricultura e a extracción de gas natural, principalmente na vila de Slochteren. A extracción ás veces causa pequenos tremores de terra. E tamén coñecida como Stad en Ommelanden, que siginifica "cidade e terras circundantes". Algúns groningueses falan dialectos do baixo saxón.

Provincia de Utrecht

Para a cidade homónima, véxase Utrecht.Utrecht é a provincia máis pequena do actual Reino dos Países Baixos. O seu capital é a cidade homónima. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisionado ou comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. Limita coas provincias de Holanda Meridional, Holanda Setentrional e Gueldria.

Zelandia

Zelandia (en neerlandés: Zeeland, [ˈzeːlɑnt] (AFI), escoitar; en zelandés: Zeêland) é unha provincia do suroeste dos Países Baixos, fronteiriza con Bélxica. A provincia está formada por unha serie de illas, de aí o seu nome, a Terra do Mar. A súa capital é Middelburg.

Ten 380.897 habitantes (2008) en 2.934 km², dos que case 1.140 km² son auga, ademais gran parte de Zelandia atópase baixo o nivel do mar. A última grande inundación rexistrada foi en 1953, na que morreron 1.835 persoas, a maioría desta provincia. Unha das actividades económicas máis importantes da rexión é o turismo, xa que as súas soleadas praias convértena nun popular destino de vacacións no verán, no que a maioría de turistas proveñen da Alemaña, chegando nalgunhas zonas a duplicar ou cuadriplicar a súa poboación nesta estación.

O escudo de Zelandia mostra un león emerxendo da auga co texto Luctor et Emergo (en latín Loito e Xurdo). A parte sur da provincia coñécese como Flandres Zelandés (Zeeuwsch-Vlaanderen).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.