Provincias de España

A provincia é unha división territorial de España, de acordo coa Constitución española. Actualmente, en España hai 50 provincias, que, xunto coas cidades autónomas de Ceuta e Melilla e algunhas posesións insulares menores -que non están suxeitas á división provincial por depender directamente da administración central-, comprenden a totalidade do territorio español.

Provincias de España galego
Mapa provincial de España

Historia

Precedentes: os primeiros proxectos de división provincial

Regnorum Hispaniae et Portugalliae
Spain - Territorial division of 1822
Mapa da división de 1822 en provincias e rexións de España.

O reformismo borbónico introduciu algúns cambios na organización político-territorial de España, como a creación das audiencias e intendencias. Con todo, seguían prevalecendo en gran parte as divisións herdadas dos Habsburgo, con territorios de extensión desigual e varios enclaves dunhas provincias noutras. Para remediar este estado de cousas, os ilustrados propuxeron unha división racional do Reino. O primeiro proxecto serio foi o elaborado entre 1799 e 1805 polo superintendente de Facenda Miguel Cayetano Soler. Con todo, as convulsións políticas dos anos en que se realizou o proxecto non permitiron a súa realización, que foi retomado polas Cortes de Cádiz pouco despois.

Durante a ocupación francesa, José Bonaparte, polo Real Decreto do 17 de abril de 1810, creou unha nova organización administrativa e territorial, calcada do modelo de departamentos franceses: consistía na división do país nunha serie de prefecturas e subprefecturas que eliminaban as divisións administrativas do Antigo Réxime. Con todo, esta nova división apenas foi operativa pois este goberno tan só controlaba unha pequena parte do territorio español e, por outra banda, Napoleón planeaba a incorporación a Francia das terras ao norte do Ebro.

Pola súa banda, as Cortes de Cádiz retomaban en 1812 os proxectos dos ilustrados: decretaron a supresión dos antigos reinos, provincias e intendencias en que se dividía España, e realizaron unha división do país en provincias, regularizada e racionalizada. Con todo, o proxecto non puido chegar a aplicarse, pois a volta a España do absolutismo da man de Fernando VII deixou sen efectos esta división provincial, ao abolir en 1814 a Constitución de Cádiz, volvéndose ao esquema político-administrativo do Antigo Réxime. Durante o Trienio liberal (1820-1823) estableceríase de novo a división provincial ensaiada polas Cortes de Cádiz, pero sería de novo suprimida por Fernando VII ao recuperar o poder absoluto. A organización provincial definitiva sería adoptada tras a morte deste en 1833, ao asumir a Rexencia a súa esposa María Cristina de Borbón con apoio dos liberais.

División provincial de 1833

Densidades de población en España (1857)
Densidades de poboación das provincias españolas en 1857.
Densidades de población en España (2007)
Densidades de poboación das provincias españolas en 2007.
Variación de la población española entre 1900 y 2000
Crecemento demográfico das provincias españolas durante o século XX.
Variación de la población española entre 1981 y 2005
Crecemento demográfico das provincias españolas entre 1981 e 2005.
Artigo principal: División territorial de España en 1833.

A división provincial actual foi ideada en 1833 por Javier de Burgos sobre os límites dos antigos reinos hispánicos, baseándose nos ideais igualitarios e centralizadores do Novo Réxime xurdido da Revolución francesa. Estableceuse oficialmente como división provincial de España mediante Real Decreto de 30 de novembro. Esta división segue basicamente vixente, salvo pequenos reaxustes territoriais maioritariamente ocorridos nos anos inmediatamente posteriores e coa excepción do decreto-lei promulgado polo directorio de Miguel Primo de Rivera o 21 de setembro de 1927 polo que se dividen as illas Canarias nas dúas provincias actuais.

O número de provincias aumentou cando se recoñeceu como tales aos territorios que integraban a antiga África Occidental Española. En 1958 uníronse os territorios de Río de Oro e Saguia el Hamra, creándose a provincia do Sáhara Español, hoxe Sáhara Occidental. A capital da provincia era O Aaiún e utilizábase a matrícula SH. A administración da provincia foi compartida cos países veciños de Marrocos e Mauritania en 1975 polo Acordo tripartito de Madrid pero non a soberanía, a cal -segundo o Dereito Internacional- seguiría aínda en mans de España. Tamén foi provincia española outro territorio da África Occidental Española, o de Santa Cruz de la Mar Pequeña logo denominado Ifni, capital Sidi Ifni, ocupado por España no século XV, e ao que se concedeu o status de provincia en 1958, entregándose ao país veciño de Marrocos en 1969. E tamén foron dúas provincias ultramarinas desde 1959 a antiga rexión da Guinea Española. Por unha banda, a illa de Fernando Poo (actual Bioko, capital Santa Isabel, actual Malabo, e por outro a provincia de Río Muni, na zona continental, capital Bata, da que tamén dependía o veciño arquipélago de Elobey, Annobón e Corisco. En 1963 ambas as provincias unificáronse nunha, a da Guinea Española, co seu propio Estatuto de Autogoberno (Lei de autonomía da Guinea Ecuatorial de 1963), accedendo á independencia en 1968 como República da Guinea Ecuatorial.

As provincias no actual marco constitucional

A vixente Constitución española recolle a división provincial do Estado, ao establecer que este se organiza territorialmente en municipios, en provincias e nas Comunidades Autónomas que se constitúan. Todas estas entidades gozan de autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses».

Así mesmo, o artigo 141.1 da Constitución española define a provincia como a «entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de municipios e división territorial para o cumprimento das actividades do Estado».

A Constitución tamén utiliza ás provincias como base para o base do establecemento das Comunidades Autónomas. Por exemplo, o artigo 143 establece que «...as provincias limítrofes con características históricas, culturais e económicas comúns, os territorios insulares e as provincias con entidade rexional histórica poderán acceder ao seu autogoberno e constituírse en Comunidades Autónomas». Deste xeito, en España existen Comunidades Autónomas pluriprovinciais (é dicir, que comprenden varias provincias) e uniprovinciais (é dicir, que comprenden unha soa provincia).

Así mesmo, a provincia é tomada como circunscrición a efectos das eleccións xerais ao Congreso dos Deputados e o Senado.

Organización administrativa

Con carácter ordinario, o goberno e a administración autónoma de cada provincia corresponden á súa Deputación Provincial.

Con todo, existen diversos réximes distintos do ordinario:

  • As Comunidades Autónomas uniprovinciais e a Foral de Navarra asumen as competencias, medios e recursos que corresponden no réxime ordinario ás Deputacións Provinciais.
  • As Comunidades Autónomas insulares (Canarias e Baleares) gozan de Cabidos ou Consellos insulares.
  • No País Vasco, as Deputacións Forais dos territorios históricos (é dicir, as entidades nas que, á súa vez, divídese territorialmente a Comunidade Autónoma do País Vasco) asumen as competencias das Deputacións Provinciais, así como as demais que lles corresponde como órganos forais en virtude do Estatuto de Autonomía para o País Vasco.

Aspectos estatísticos

Desde 2003 e para fins estatísticos, baseadas nas normativas europeas e fixadas pola Eurostat, atópanse as unidades NUTS en vigor na Unión Europea. As 50 provincias españolas e as dúas cidades autónomas (Ceuta e Melilla) atópanse clasificadas nos niveis NUTS-3.

Lista das provincias

Lista alfabética das provincias, a súa capital, comunidade autónoma á que pertence e a lista dos concellos.

Provincia Capital Comunidade autónoma Concellos
Bandera provincia Albacete.svg Albacete Albacete-Bandera.svg Albacete Castela-A Mancha Castela-A Mancha Lista
Alicante (provincia).svg Alacant Flag of Alicante.svg Alacant Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana Lista
Flag Almería Province.svg Almería border‎ Almería Andalucía Andalucía Lista
Álava.svg Áraba Flag of Vitoria.svg Vitoria País Vasco País Vasco Lista
Flag of Asturias.svg Asturias Uvieu flag.svg Oviedo Principado de Asturias Asturias Lista
Bandera de la provincia de Ávila.svg Ávila Bandera de Ávila.svg Ávila Castela e León Castela e León Lista
Provincia de Badajoz - Bandera.svg Badaxoz Provincia de Badajoz - Bandera.svg Badaxoz Estremadura Estremadura Lista
Flag of Barcelona province(official).svg Barcelona Flag of Barcelona.svg Barcelona Cataluña Cataluña Lista
Bizkaikobanderea.svg Biscaia Flag of Bilbao.svg Bilbao País Vasco País Vasco Lista
Flag Burgos Province.svg Burgos Burgos-Bandera.jpg Burgos Castela e León Castela e León Lista
Bandera de Cáceres.svg Cáceres Bandera de Cáceres.svg Cáceres Estremadura Estremadura Lista
Bandera cadiz 01.jpg Cádiz Bandera cadiz 01.jpg Cádiz Andalucía Andalucía Lista
Flag of Cantabria.svg Cantabria Santander.svg Santander Cantabria Cantabria Lista
Castelló Bandera de Castelló de la Plana-2.svg Castelló de la Plana Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana Lista
Flag Ciudad Real Province.svg Cidade Real Flag of Ciudad Real.jpg Cidade Real Castela-A Mancha Castela-A Mancha Lista
Provincia de Córdoba - Bandera.svg Córdoba Flag of Córdoba, Spain.svg Córdoba Andalucía Andalucía Lista
A Coruña A Coruña Galicia Galicia Lista
Bandera de Cuenca.png Cuenca Bandera de Cuenca.png Cuenca Castela-A Mancha Castela-A Mancha Lista
Bandera de la provincia de Granada (España).svg Granada Bandera de Granada.png Granada Andalucía Andalucía Lista
Flag Guadalajara Province.svg Guadalaxara Bandera ciudad Guadalajara, Guadalajara, Castilla-La Mancha, España (original).png Guadalaxara Castela-A Mancha Castela-A Mancha Lista
Gipuzkoa flag.svg Guipúscoa Bandera de San Sebastián.svg Donostia País Vasco País Vasco Lista
Flag of Province of Huelva with coat of arms.png Huelva Flag of the City of Huelva (official).PNG Huelva Andalucía Andalucía Lista
Flag of Huesca (province).svg Huesca Flag of Huesca.svg Huesca Aragón Aragón Lista
Flag of the Balearic Islands.svg Illas Baleares Palma Palma Illas Baleares Illas Baleares Lista
Bandera de León.svg León Bandera de León (ciudad).svg León Castela e León Castela e León Lista
Bandera de la provincia de Lérida.svg Lleida Flag of Lleida.svg Lleida Cataluña Cataluña Lista
Flag of Lugo province.svg Lugo Flag of the City of Lugo, Spain (official).PNG Lugo Galicia Galicia Lista
Flag of the Community of Madrid.svg Madrid Bandera de Madrid.svg Madrid Madrid Comunidade de Madrid Lista
Flag Málaga Province.svg Málaga Flag of Málaga, Spain.svg Málaga Andalucía Andalucía Lista
Flag of the Region of Murcia.svg Murcia Bandera de Murcia.svg Murcia Murcia Rexión de Murcia Lista
Bandera de Navarra.svg Navarra Bandera Pamplona.svg Pamplona Navarra Navarra Lista
Provincia de Ourense - Bandera.svg Ourense Bandera de Ourense.svg Ourense Galicia Galicia Lista
Bandera de la provincia de Palencia.svg Palencia Palencia.PNG Palencia Castela e León Castela e León Lista
Provincia de Las Palmas - Bandera.svg As Palmas As Palmas de Gran Canaria Illas Canarias Illas Canarias Lista
Flag Pontevedra Province.svg Pontevedra Bandera de Pontevedra.svg Pontevedra Galicia Galicia Lista
Flag of La Rioja (with coat of arms).svg A Rioxa Bandera de Logroño.png Logroño A Rioxa A Rioxa Lista
Bandera de Salamanca.svg Salamanca Bandera de Salamanca.svg Salamanca Castela e León Castela e León Lista
Flag Segovia province.svg Segovia Bandera de Segovia.svg Segovia Castela e León Castela e León Lista
Bandera-diputacion-sevilla.jpg Sevilla Flag of Sevilla, Spain.svg Sevilla Andalucía Andalucía Lista
Flag Soria province.svg Soria Bandera de Soria.svg Soria Castela e León Castela e León Lista
Bandera actual de la provincia de Tarragona.svg Tarragona Bandera de Tarragona.svg Tarragona Cataluña Cataluña Lista
Provincia de Santa Cruz de Tenerife - Bandera.svg Santa Cruz de Tenerife Banderastacruztfe.png Santa Cruz de Tenerife Illas Canarias Illas Canarias Lista
Teruel (provincia).svg Teruel Bandera de Teruel.svg Teruel Aragón Aragón Lista
Bandera antigua de la provincia de Toledo.svg Toledo Bandera de Toledo.svg Toledo Castela-A Mancha Castela-A Mancha Lista
Valencia Flag of the Land of Valencia (official).svg Valencia Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana Lista
Bandera de la provincia de Valladolid.svg Valladolid Bandera valladolid.svg Valladolid Castela e León Castela e León Lista
Bandera de la provincia de Jaén.svg Xaén Bandera de Jaén.svg Xaén Andalucía Andalucía Lista
Bandera antiga de la provincia de Girona.svg Xirona Bandera de Gerona.png Xirona Cataluña Cataluña Lista
Bandera de Zamora.svg Zamora Bandera de Zamora.svg Zamora Castela e León Castela e León Lista
Flag of Zaragoza province (with coat of arms).svg Zaragoza Bandera de Zaragoza.svg Zaragoza Aragón Aragón Lista

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Biscaia

Biscaia (en éuscaro e oficialmente: Bizkaia; en castelán: Vizcaya) é unha provincia de Euskadi, ademais de ser unha das sete provincias do histórico País Vasco. Dá nome ao Golfo de Biscaia e situase ao norte da Península Ibérica, limitando ao norte co Mar Cantábrico, ao sueste coa provincia de Burgos, ao sur con Áraba, ao leste coa Guipúscoa e ao oeste coa de Cantabria. A súa capital é Bilbao.

A provincia esténdese por unha superficie de 2217 km², e no ano 2006 contaba cunha poboación de 1 139 863 habitantes, polo que ofrecía unha elevada densidade de cerca de 514 hab/km².

Guipúscoa

Guipúscoa (en éuscaro e oficialmente: Gipuzkoa; en castelán: Guipúzcoa) é unha provincia do País Vasco (España), ademais de ser unha das sete provincias (herrialdes) do País Vasco tradicional. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao oeste con Biscaia, ao sur con Áraba e ao leste con Navarra e Iparralde (País Vasco francés), parte do departamento dos Pireneos Atlánticos. A súa capital é Donostia.

Guipúscoa é a provincia de menor superficie entre todas as de España, cunha área de 1.909 km². A súa poboación no ano 2007 alcanzaba 694.944 habitantes, o que a converte nunha das máis densamente poboadas de España (360,7 hab/km²).

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Provincia de Barcelona

A Provincia de Barcelona é unha provincia situado no nordés de España, que compón unha das catro divisións administrativas da comunidade autónoma de Cataluña. Limita ó nordeste coa provincia de Xirona, ó oeste coa provincia de Lleida, ó suroeste coa provincia de Tarragona e ó sur e suroeste co mar Mediterráneo.

Provincia de Castelló

A provincia de Castelló (en valenciano: Castelló; en castelán: Castellón) é unha provincia do norte da Comunidade Valenciana, con capital en Castelló de la Plana. Limita polo norte con Cataluña, ao noroeste e oeste con Aragón, e polo leste co mar Mediterráneo. Castelló de la Plana é a única localidade que supera os 50.000 habitantes pois conta con 160.714 habitantes. Despois a segue Vila-real con 44.685 habitantes.

Provincia de Cáceres

Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha provincia de España, na parte norte da comunidade autónoma de Estremadura. Limita coas provincias de Salamanca, Ávila, Toledo, e Badaxoz, e con Portugal.

A súa capital é a cidade de Cáceres.

A provincia de Cáceres ten unha poboación de 412.580 hab. (Padrón INE 2005) dos cales o 21,5% vive na capital.

Provincia de Cádiz

A provincia de Cádiz está situada ao sur de España, na comunidade autónoma de Andalucía. Posúe un dos climas máis benignos da Península Ibérica durante boa parte do ano.

Provincia de Córdoba, España

Córdoba é unha provincia española pertencente a Andalucía, sita na súa parte occidental. A súa capital é a homónima cidade de Córdoba. En 2005 tiña 784.376 habitantes. O 40 % da poboación vive na capital, sendo a densidade demográfica de 57,16 hab./km².

Provincia de León

León (en leonés: Llión) é unha provincia española pertencente á comunidade autónoma de Castela e León. Está situada no Noroeste da Península Ibérica e a súa capital é a cidade homónima de León. Limita ao norte co Principado de Asturias e Cantabria, ao oeste con Galiza (coas provincias de Ourense e de Lugo), ao sur coas provincias de Zamora e de Valladolid, e ao leste coa provincia de Palencia.

Ten unha superficie de 15.581 km². Posuía unha poboación de 495.902 habitantes (INE 2005). A súa densidade era de 31,82 hab/km².

Lugar de paso entre importantes zonas da Península Ibérica, percorren a provincia leonesa dúas grandes rutas históricas: de Sur a Norte a Vía da Prata, e de Leste a Oeste o Camiño de Santiago.

Ademais do español, nalgunhas zonas de León fálanse outras linguas:

Leonés, lingua romance, derivada do latín, e unha das máis antigamente documentadas na Península Ibérica, e que está recoñecida polo estatuto castelán e leonés aínda que non goza de oficialidade e continúa a ser falada na provincia, especialmente en zonas setentrionais da provincia, con especial vividez na comarca de Laciana, no Bierzo e na Cabreira.

Galego, falado no Bierzo. Este idioma románico está recoñecido oficialmente no Estatuto de Autonomía de Castela e León pero sen status de oficialidade, en cuxo artigo 4º indícase que "gozarán de respecto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen". A pesar disto a aplicación práctica necesitou da defensa popular para facelo efectivo.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Provincia de Segovia

A provincia de Segovia está situada en Castela e León, a capital da mesma é a cidade homónima. Conta con 155.015 habitantes. Linda con seis provincias de Castela e León (de Este a Oeste, a saber: Soria, Burgos, Valladolid, e máis Ávila); polo sueste limita coa Comunidade de Madrid.

Os seus principais núcleos de poboación son: Segovia, Cuéllar, San Ildefonso, San Rafael, El Espinar, Sepúlveda e Ayllón. É unha provincia moi deshabitada, cunha densidade demográfica moi baixa. A súa economía na actualidade baséase nos sectores de servizos e primario (gandaría porcina).

O seu clima é continental, con longos invernos, secos e fríos, e veráns calorosos, pero curtos. Conta con importantes recursos culturais. As súas comunicacións son aceitábeles, estando en construción actualmente a liña do AVE que unirá Madrid con Valladolid a través de Segovia.

Provincia de Sevilla

A provincia de Sevilla é unha das oito provincias de Andalucía. Limita coas provincias de Málaga, de Cádiz, de Huelva, de Córdoba, e con Extremadura. A súa capital é a cidade homónima de Sevilla.

Ten unha poboación de 1.811.177 habitantes (2005), repartidos en 105 concellos. Ocupa unha área de 14.001 km².

Provincia de Soria

A provincia de Soria é unha provincia española da comunidade autónoma de Castela e León. É unha provincia periférica desta comunidade, situada no centro-norte de España. A súa capital é Soria.

Provincia de Tarragona

A provincia de Tarragona é a provincia máis meridional das catro con que conta a Comunidade Autónoma de Cataluña. A súa capital é a cidade homónima de Tarragona. Ten unha superficie de 6.283,8 km² e a súa poboación era de 704.907 habitantes (2005), dos cales case o 20 % vivían na capital provincial.

As cidades de Tarragona (121.076 habs.), e Reus (94.407 habs.), son as únicas da provincia que superan os 50.000 habitantes.

Provincia de Valencia

A provincia de Valencia (en valenciano: València) é unha provincia da Comunidade Valenciana. A capital provincial é a cidade homónima de València. Ocupa unha superficie de 10.563 km², na que habitaban 2.463.592 persoas (INE 2006).

No 2005, o 70,14 % dos habitantes da provincia (1.694.970) vivían na área metropolitana da capital. Outros municipios destacados son Xiva, Cheste, Gandia, Paterna, Sagunt, Alzira, Xàtiva, Requena e Utiel.

Situada no Oriente da Península Ibérica, ocupa a posición central da súa comunidade, e limita co mar Mediterráneo polo leste; coas provincias de Castelló e Teruel polo norte; Cuenca e Albacete polo oeste e Alacant polo sur.

A provincia conta cun enclave separado, entre as provincias de Cuenca e Teruel, o Rincón de Ademuz.

Correspóndenlle 16 escanos no Congreso dos Deputados e 36 nas Cortes Valencianas.

Provincia de Valladolid

A provincia de Valladolid está situada na Comunidade Autónoma de Castela e León, con capital na cidade homónima. Ten unha poboación de 513.712 habitantes (2005), repartidos entre 255 concellos, que abranxen unha superfície de 8.202 km². Limita ao norte co provincia de Palencia, polo leste con Burgos, polo sueste con Segovia, polo suroeste con Salamanca, polo oeste con Zamora, e polo noroeste con León.

A provincia de Valladolid posúe un pequeno enclave, Roales, entre a linde das provincias de León e Zamora.

Provincia de Xirona

Xirona (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é unha provincia española situada na zona nordés de Cataluña. Limita coas provincias de Barcelona polo sur e oeste; Lleida polo oeste; con Francia e Andorra polo norte e co mar Mediterráneo polo leste.

Un concello da provincia, Llívia, é un enclave separado do resto da provincia, estando rodeado por territorio administrativamente francés.

A provincia contaba con 687.331 habitantes (INE 2006). A súa capital é a cidade de Xirona (en catalán Girona), onde vive algo máis da oitava parte da poboación total.

Provincia de Zamora

A provincia de Zamora é unha provincia española integrada actualmente na Comunidade Autónoma de Castela e León e cuxo territorio pertenceu antigamente ao Reino de León.

O territorio da provincia de Zamora abarca 10.559 km² e conta con 198.028 habitantes (2005). Trátase dunha poboación fortemente envellecida e en clara regresión demográfica. Os seus principais núcleos de poboación son Zamora (capital da provincia), Benavente e Toro. Outras localidades, cabezas de partido xudicial xunto coas anteriores, son: Villalpando, Pobra de Seabra e Alcañices.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.