Provincias da República Popular da China

As provincias (en chinés: , Shěng), anteriormente divisións administrativas de nivel provincial (en chinés: 省级行政区, Shěng Jí Xíngzhèngqū) ou divisións administrativas de primeiro nivel (en chinés: 一级行政区, Yī Jí Xíngzhèngqū), son as divisións territoriais de máis alto nivel na República Popular da China. Ten 34 divisións, clasificadas en 23 provincias (incluíndo a Provincia de Taiwán, que é reclamada pero non controlada pola República Popular da China[1]), catro concellos, cinco rexións autónomas, e dúas rexións administrativas especiais.

A República Popular da China reclama a soberanía sobre o territorio administrado pola República da China, considerándoa como a provincia de Taiwán. A República Popular tamén administra algunhas illas que forman parte de Fujian, Taiwán. Orixinalmente formaban parte da provincia unificada de Fujian, que dende a fin da Guerra civil chinesa en 1949 foi dividida entre os dous países.

China provinces
División provincial da China.

Provincias

GB Provincia Chinés (S) Pinyin Abreviatura Capital de provincia (省会/shěnghuì) Chinés Pinyin Área (km²)
AH Anhui 安徽 Ānhuī 皖 wǎn Hefei 合肥 Héféi 139.700
FJ Fujian 福建 Fújiàn 闽 mǐn Fuzhou 福州 Fúzhōu 121.300
GS Gansu 甘肃 Gānsù 甘 gān or 陇 lǒng Lanzhou 兰州 Lánzhōu 102.600
GD Guangdong 广东 Guǎngdōng 粤 yuè Guangzhou 广州 Guǎngzhōu 180.000
GZ Guizhou 贵州 Guìzhōu 黔 qián or 贵 guì Guiyang 贵阳 Guìyáng 176.000
HI Hainan 海南 Hǎinán 琼 qióng Haikou 海口 Hǎikǒu 34.000
HE Hebei 河北 Héběi 冀 jì Shijiazhuang 石家庄 Shíjiāzhuāng 187.700
HL Heilongjiang 黑龙江 Hēilóngjiāng 黑 hēi Harbin 哈尔滨 Hā'ěrbīn 454.000
HA Henan 河南 Hénán 豫 yù Zhengzhou 郑州 Zhèngzhōu 167.000
HB Hubei 湖北 Húběi 鄂 è Wuhan 武汉 Wǔhàn 185.900
HN Hunan 湖南 Húnán 湘 xiāng Changsha 长沙 Chángshā 210.000
JS Jiangsu 江苏 Jiāngsū 苏 sū Nanjing 南京 Nánjīng 102.600
JX Jiangxi 江西 Jiāngxī 赣 gàn Nanchang 南昌 Nánchāng 167.000
JL Jilin 吉林 Jílín 吉 jí Changchun 长春 Chángchūn 187.400
LN Liaoning 辽宁 Liáoníng 辽 liáo Shenyang 沈阳 Shěnyáng 145.900
QH Qinghai 青海 Qīnghǎi 青 qīng Xining 西宁 Xīníng 721.200
SN Shaanxi 陕西 Shǎnxī 陕 shǎn or 秦 qín Xi'an 西安 Xī'ān 205.600
SD Shandong 山东 Shāndōng 鲁 lǔ Jinan 济南 Jǐnán 153.800
SX Shanxi 山西 Shānxī 晋 jìn Taiyuan 太原 Tàiyuán 205.600
SC Sichuan 四川 Sìchuān 川 chuān or 蜀 shǔ Chengdu 成都 Chéngdū 485.000
YN Yunnan 云南 Yúnnán 滇 diān or 云 yún Kunming 昆明 Kūnmíng 394.000
ZJ Zhejiang 浙江 Zhèjiāng 浙 zhè Hangzhou 杭州 Hángzhōu 102.000

Notas

  1. Administrative divisions of China

Véxase tamén

Ligazóns externas

Pobo tibetano

Os tibetanos (en tibetano: བོད་པ་) son un grupo étnico nativo do Tíbet. O seu número é dun 7,8 millóns de persoas. A maior poboación vive Rexión Autónoma do Tíbet, e noutras provincias da República Popular da China, como Qinghai, Sichuan, Yunnan e Gansu. Fóra da China, existen importantes minorías na India, no Nepal e en Bután.

Os tibetanos falan varias linguas tibéticas, das cales, moitas variedades son mutuamente inintelixibles. Pertencen á familia de linguas tibetobirmanas. A explicación tradicional e mitolóxica da orixe do pobo tibetano é que son descendentes do humano Pha Trelgen Changchup Sempa e da ogresa das rochas Ma Drag Sinmo. Crese que moitos dos falantes tibetobirmanos do suroeste da China, incluíndo os tibetanos, son descendetes directos dos antigos Qiang. A maioría dos tibetanos practica o budismo tibetano, malia que algúns practican á relixión bön e existe unha pequena minoría musulmá. O budismo tibetano influíu en moitos aspectos culturais do pobo, como a arte tibetana, o drama e a arquitectura.

Rexións autónomas da República Popular da China

Unha rexión autónoma (en chinés: 自治区, pinyin: zìzhìqū) é unha división administrativa da China de primeiro nivel. Ó igual que as provincias chinesas, unha rexión autónoma ten o seu propio goberno local, pero unha rexión autónoa ten máis dereitos lexislativos. Unha rexión autónoma é unha entidade que ten unha alta poboación dun grupo étnico minoritario en particular.

A rexión da Mongolia Interior foi estabelecida en 1947; Xinjiang fíxose autónoma en 1955; Guangxi e Ningxia en 1958, e o Tíbet en 1965. A designación de estabelecer Guangxi e Ningxia como áreas autónomas dos pobos zhuang e hui, respectivamente, foi moi protestada polos han, que representan dous terzos da poboación en cada rexión. Malia que os mongois supolían aínda menos porcentaxe de poboación en Mongolia Interior, a Guerra civil chinesa deu pouca oportunidade para protestar.

Provincias
Rexións autónomas
Municipios
Rexións administrativas especiais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.