Provincia do Chaco

A provincia do Chaco[1] (El Chaco) é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1 053 466 habitantes (2010) e a súa capital é Resistencia.

A súa economía baséase no sector primario, onde destacan os cultivos de algodón, soia, a produción de gando vacún, e a extracción de madeira.

Conta cunha das maiores poboacións aborixes integrada por mataco - guaycurús (wichís, tamén chamados matacos, qom coñecidos como tobas, e mocovís), como tamén por numerosos descendentes de inmigrantes da Europa Central e Oriental; checos, eslovacos, búlgaros, croatas, montenegrinos e italianos.

No 2010, Chaco pasou a ser a segunda Provincia arxentina en adoptar máis dun idioma oficial, ao declarar os idiomas qom (lingua nativa da etnia toba), moqoit (lingua nativa da etnia mocoví) e wichi (lingua nativa da etnia wichi) como idiomas oficiais alternativos da Provincia. Así, Chaco sumaríase á súa veciña Provincia de Corrientes como as únicas da República Arxentina en posuír máis dun idioma oficial (á parte do español oficial da Arxentina).

Provincia do Chaco
Provincia del Chaco
Bandera de la Provincia del Chaco Escudo de la Provincia del Chaco
Himno Canta tu canto Chaco
Capital
poboación (ano)
Resistencia
275.962 habitantes (2001)
Provincia del Chaco (Argentina)
Gobernador Jorge Capitanich
Superficie 99.633 km²
Poboación
Densidade
1.053.466 hab.(2010)
10,57 hab./km²
Xentilicio Chaqueño

Notas e referencias

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 120. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Chaco

Chaco pode facer referencia a:

Gran Chaco, rexión xeográfica de América do Sur;

Chaco Boreal, subrrexión do Gran Chaco situada ao norte do río Pilcomayo;

Chaco Central, subrrexión do Gran Chaco situada entre os ríos Bermejo e Pilcomayo;

Chaco Austral, subrrexión do Gran Chaco situada ao sur do río Bermejo;

Provincia del Chaco, en Arxentina;

Territorio Nacional del Chaco, territorio nacional arxentino (1884-1951) que cubría a actual provincia do Chaco;

Gobernación do Chaco, territorio nacional arxentino (1872-1884) que cubría as actuais provincias do Chaco e Formosa;

Chaco paraguaio ou Región Occidental; gran rexión que cobre todo o occidente do Paraguai;

Provincia del Gran Chaco, no departamento de Tarija (Bolivia);

Canón do Chaco, gran val fluvial en Novo México (Estados Unidos), núcleo da cultura anasazi;Ademais, pode facer referencia a:

A Guerra do Chaco, conflito armado entre Paraguai e Bolivia que durou desde o 9 de setembro de 1932 até o 12 de xuño de 1935, polo control do Chaco Boreal;

O chaco ou checo, instrumento de percusión afroperuano.

Escudo da Arxentina

O escudo de armas da Arxentina é un dos símbolos nacionais do país e foi establecido na súa forma actual en 1944, aínda que ten as súas orixes no selo da Asemblea Xeral Constituínte de 1813.

Guerra sucia na Arxentina

A expresión guerra sucia na Arxentina adoita designar o réxime de violencia indiscriminada, persecucións, represión ilegal, tortura sistematizada, desaparición forzada de persoas, manipulación da información e terrorismo de Estado que caracterizou a ditadura militar da Arxentina, autodenominada Proceso de Reorganización Nacional, que gobernou o país entre os anos 1976 e 1983.

A denominación alude ao carácter informal e non regulamentado do enfrontamento entre o poder militar —desligado da autoridade civil— contra a mesma poboación civil e as organizacións guerrilleiras, que non obtivo en ningún momento a consideración explícita de guerra civil. O uso sistemático da violencia e a súa extensión contra obxectivos civís no marco da toma do poder político e burocrático polas Forzas Armadas, determinou a inmediata suspensión dos dereitos e garantías constitucionais e propiciou a aplicación de tácticas e procedementos bélicos irregulares a toda a poboación. Porén, esta denominación foi e aínda é moi discutida por algunhas organizacións políticas e de dereitos humanos, que obxectan a cualificación de "guerra" xa que esta foi a definición do conflito esgrimida orixinariamente pola ditadura militar para xustificar a represión indiscriminada, aducindo que "as mortes son inevitábeis nunha guerra".

Juan José Cabral

Juan José Cabral, "Chelo", finado o 15 de maio de 1969 en Corrientes, foi un estudante reformista de medicina arxentino asasinado pola policía en Corrientes o 15 de maio de 1969, durante a protesta estudantil coñecida co nome de Correntinazo, antecedente directo do Rosariazo e o primeiro Cordobazo.

Desde entón, organizacións estudantís, políticas e sociais das máis diversas tendencias invocan o seu nome como símbolo do activismo social.

Las Palmas

O topónimo castelán Las Palmas pode referirse a:

As Palmas de Gran Canaria, cidade das Illas Canarias;

Provincia das Palmas, da que é capital dita cidade;

Las Palmas, cidade arxentina da provincia do Chaco;

Las Palmas, localidade e comuna arxentina da provincia de Córdoba.

Complexo Las Palmas, cultura precolombiana (relacionada cos pericúes) que existiu no sur da península de California.

Miraflores

O topónimo Miraflores pode referirse a:

En GaliciaMiraflores, lugar da parroquia de Anos, no concello de Cabana de Bergantiños;

Miraflores, lugar da parroquia de Muros, no concello de Muros;

Miraflores, lugar da parroquia do Obre, no concello de Noia;

Miraflores, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Oleiros;

Miraflores, lugar da parroquia de Cores, no concello de Ponteceso;

Miraflores, lugar da parroquia de Padriñán, no concello de Sanxenxo;

Miraflores, lugar da parroquia de Bembrive, no concello de Vigo.

O pazo de Miraflores no concello de Oleiros;

O IES Miraflores, instituto de educación secundaria situado en Oleiros.En ArxentinaMiraflores, localidade da provincia de Catamarca;

Miraflores, localidade da provincia do Chaco;

Miraflores, localidade da provincia de Jujuy;

Miraflores, localidade da provincia da Rioxa;

Miraflores, antigo forte colonial fundado polos españois na provincia de Salta.En ColombiaMiraflores, municipio do departamento de Guaviare;

Miraflores, municipio do departamento de Boyacá.En EspañaMiraflores de la Sierra, localidade da Comunidade de Madrid.

Urbanización Ensenada de Miraflores, pedanía de San Roque.

Cortijo de Miraflores, en Marbella.

Miraflores, Miraflores del Palo e Miraflores de los Ángeles, barrios da cidade de Málaga.

Cartuxa de Miraflores, mosteiro cartuxo na provincia de Burgos.

Palacio de Miraflores, na localidade asturiana de Noreña.

Palacio del marqués de Miraflores, en Madrid.

Parque Miraflores, urbanización de Fuenlabrada.En PanamáMiraflores, sitio das comportas de Miraflores, na canle de Panamá.No PerúMiraflores, distrito de Lima;

Miraflores, distrito de Arequipa;

Miraflores, urbanización de Trujillo.Na República DominicanaMiraflores, sector do Distrito Nacional na República Dominicana.En VenezuelaPalacio de Miraflores, sede do Goberno de Venezuela.

Provincia de Corrientes

A provincia de Corrientes (en guaraní, Taragüí Tetãminié) é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 992.595 habitantes (2010) e a súa capital é Corrientes.

Limita polo norte coa República do Paraguai; polo leste coa provincia de Misiones, a República Federativa do Brasil e a República Oriental do Uruguai; polo sur coa provincia de Entre Ríos, e polo oeste coas provincias de Santa Fe e Chaco.

O goberno correntino declarou no 2004 o guaraní correntino como "idioma oficial alternativo" da provincia, xunto co castelán. Até 2010 foi a única provincia con ese status, ao sumárselle a provincia do Chaco.

Provincia de Formosa

A provincia de Formosa é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 527.895 habitantes (2010) e a súa capital é Formosa.

Situada na Rexión do Norte Grande Arxentino, limita polo oeste coa provincia de Salta, polo sur co Chaco e polo leste e polo norte con Paraguai.

Esténdese entre os paralelos 22° e 27° de latitude sur e os meridianos 57° e 63° de lonxitude oeste de Greenwich. É atravesada, na súa zona norte, polo trópico de Capricornio que a sitúa na rexión tropical do país. Ocupa gran parte do Chaco Central, coñecido até principios de século XX tamén co nome de "Llanos del Manso".

É a provincia arxentina máis pobre, a de menor desenvolvemento humano e a segunda de menor PRB per cápita do país, ao superar a veciña provincia do Chaco.

O 17 % da poboación provincial é indixente, mentres que o 42 % da poboación vive baixo o limiar de pobreza.

Segundo o INDEC, en 2010 a cidade de Formosa tivo o segundo índice de desemprego máis baixo do país cun 2,2 %.

Provincia de Santa Fe

A provincia de Santa Fe é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 3.200.736 habitantes (2010) e a súa capital é Santa Fe.

Situada na Rexión Centro, limita polo norte coa Provincia do Chaco, polo leste coas de Corrientes e Entre Ríos, polo sur coa Provincia de Buenos Aires e polo oeste cas de Santiago del Estero e Córdoba.

Provincia de Santiago del Estero

A provincia de Santiago del Estero é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 896.461 habitantes (2010) e a súa capital é Santiago del Estero.

Situada na Rexión do Norte Grande, limita polo noroeste coa Provincia de Salta, polo norte e nordeste coa Provincia do Chaco, polo sueste coa Provincia de Santa Fe, polo sur coa Provincia de Córdoba e polo oeste coa Provincia de Catamarca e Tucumán. É, detrás de Formosa, a segunda provincia con menor desenvolvemento humano e a terceira de menor PBX por cápita do país.

Resistencia, Chaco

Resistencia é unha cidade da Arxentina, capital e cidade máis poboada da Provincia do Chaco, ademais do seu principal centro cultural e económico. Abarca a área metropolitana, coñecida como Gran Resistencia, que en 2001 alcanzaba os 350 mil habitantes.

Está situada ao sueste da provincia e na parte nordeste do departamento San Fernando, do cal é capital. A proximidade coa cidade de Corrientes permite a integración de ambas cidades en forma de conurbano, o que as converte nun importante centro metropolitano do Nordeste arxentino (NEA). Na rexión NEA destaca como un nó de comunicacións.

A nivel nacional é recoñecida como Capital Nacional das Esculturas, pola presenza de numerosas obras escultóricas nas rúas da cidade que a converten nun museo a ceo aberto.

A municipalidade de Resistencia é o órgano encargado de rexer a urbe e as zonas rurais da mesma. Esta extensión avanza polo departamento San Fernando cara ao norte e sur da cidade, quedando algunhas poboacións da ruta Provincial Nº 13 baixo a xurisdición da mesma. A principal actividade económica é a administración pública, o comercio e os call center.

Xeograficamente é atravesada polo río Negro, e conta cunha gran cantidade de lagoas; o seu clima é semitropical semiestépico.

Foi fundada en 1878 sobre a base dun asentamento forestal, ao que se sumou un continxente de inmigrantes friulianos que formaron a primeira colonia agrícola do Chaco, e que permitiría logo a colonización do resto do territorio.

Provincias
Cidade autónoma

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.