Provincia de Zaragoza

A provincia de Zaragoza (en aragonés: Zaragoza, en catalán: Saragossa) está situada no norte de España e no centro da comunidade autónoma de Aragón. Abarca unha superficie de 17.274 km². Limita coas provincia de Huesca ao nordés, coas de Lleida e Tarragona ao leste, Teruel e Guadalaxara ao sur, Soria e A Rioxa ao oeste e Navarra ao noroeste.

A cidade de Zaragoza é ao mesmo tempo capital da provincia homónima e da Comunidade Autónoma de Aragón.

En 2005 a poboación era de 912.072 habitantes e a densidad de poboación de 52,96 habitantes/km².

Provincia de Zaragoza
Flag of Zaragoza province (with coat of arms)
Escudo d'a probinzia de Zaragoza
Provincia Zaragoza
Capital Zaragoza
Área 17.274 km²
Poboación 973.252 hab. (2010)
Densidade 56,34 hab./km²
Concellos 293
Xentilicio Zaragozano/a

Principais municipios por poboación

Nome Poboación

(2006)

Comarca
Zaragoza 649.181 Zaragoza
Calatayud 20.001 Comunidade de Calatayud
Ejea de los Caballeros 16.785 Cinco Villas
Utebo 14.920 Zaragoza
Tarazona 11.027 Tarazona e o Moncayo
Caspe 8.486 Bajo Aragón-Caspe
Tauste 7.503 Cinco Villas
La Almunia de Doña Godina 7.023 Valdejalón
Zuera 6.424 Zaragoza
Alagón 6.293 Ribera Alta del Ebro

Artigos relacionados

Alagón

Alagón é un concello da provincia de Zaragoza, de 24 km² e unha poboación de 6.547 habitantes (2007).

Alagón é a capital da comarca da Ribera Alta del Ebro e forma parte da área metropolitana de Zaragoza, da que tan só dista 24 km.

Os ríos principais do municipio son o Ebro e os seu afluente o Alagón.

Alfajarín

Alfajarín é un concello español da provincia de Zaragoza, en Aragón. Está situado a 28 km da capital provincial e forma parte da comarca de Zaragoza.

No seu termo municipal atópanse as localidades de Alfajarín, El Condado e Los Huertos. En 2014 tiña unha poboación de 2.250 habitantes.

Parte da súa superficie está ocupada pola Reserva natural dirixida dos Sotos e Galachos do Ebro.

Ambel, Zaragoza

Ambel é un concello español do oeste da provincia de Zaragoza, situado na comarca do Campo de Borja. A súa poboación era de 334 habitantes en 2004 (INE), e unha densidade de 5,54 hab./km². A distancia da cabeceira municipal á cidade de Zaragoza é de 72 km.

Artieda

Artieda é un concello na comarca da Chacetania, na provincia de Zaragoza, comunidade de Aragón. Esténdese por unha área de 14 km² onde no ano 2007 vivían 102 habitantes. Encóntrase a 652 metros sobre o nivel do mar.

Belchite

Belchite (en aragonés Belchit) é un concello aragonés da provincia de Zaragoza, situado a 49 km da capital. Ten unha poboación de 1.692 habitantes e 273,58 km². Coñécese por ser escenario dunha das batallas simbólicas da Guerra civil española, a Batalla de Belchite. Como consecuencia dos enfrontamentos, a vila foi completamente destruída. En lugar da súa reconstrución, o réxime de Francisco Franco optou por crear unha vila nova ao carón (hoxe coñecido como Belchite nuevo), deixando intactas as ruínas do anterior como recordo da guerra civil e do que se consideraron excesos do bando vencido. O conxunto, hoxe en día abandonado e en parte pechado ao paso de persoas coñécese como Pueblo Viejo de Belchite.

Biota

Biota é un concello español da provincia de Zaragoza, en Aragón, situado na comarca das Cinco Villas. A poboación é de 1143 habitantes. O seu termo municipal ocupa unha área de 118,4 km².

A capital municipal dista 103 km de Zaragoza. A localidade de Malpica de Arba pertence ao seu concello.

Borja, Zaragoza

Borja é unha cidade e un concello español da comarca do Campo de Borja, localizado no oeste da provincia de Zaragoza, na comunidade autónoma de Aragón. Está localizada a uns 62 km da cidade de Zaragoza. O concello esténdese por unha área de 154 km2, e tiña en 2008 unha poboación de 4.868 habitantes.

Do seu patrimonio histórico destacan os edificios do Pazo do Concello, a Igrexa de Santa María, a de San Miguel e mais o convento da Concepción.

Calatayud

Calatayud é un concello e unha cidade española, da comunidade autónoma de Aragón e da provincia de Zaragoza, capital da comarca do mesmo nome, a Comunidad de Calatayud. A poboación do municipio era de 21.040 habitantes no ano 2007, nunha superficie de 154,20 km². Dista 86 km da cidade de Zaragoza.

Caspe

Caspe (Casp en catalán e aragonés) é unha cidade histórica de Aragón, situada na parte oriental da provincia de Zaragoza a 100 km de distancia da capital. É a cabeceira da comarca do Bajo Aragón-Caspe. Actualmente ten uns 8.500 habitantes, poboación case estábel ao longo do século XX.

Maluenda

Maluenda é un concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca da Comunidade de Calatayud. A súa poboación era de 1.075 habitantes en 2007. A localidade de Maluenda dista 80 km da capital provincial, Zaragoza.

Mara, Zaragoza

Mara é un concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca da Comunidade de Calatayud. A súa poboación era de 207 habitantes en 2007.

Mianos

Mianos (en aragonés: Mians) é un concello na comarca da Xacetania, provincia de Zaragoza, comunidade de Aragón. Esténdese por unha área de 14.82 km² onde no ano 2007 vivían 53 habitantes. Encóntrase a 670 metros sobre o nivel do mar.

Paniza

Paniza é un concello da provincia de Zaragoza, situado na comarca do Campo de Cariñena. A súa poboación era de 729 habitantes en 2004,

Paracuellos de Jiloca

Paracuellos de Jiloca é un municipio aragonés localizado a algo menos de 5 quilómetros de Calatayud, na provincia de Zaragoza. Trátase dunha zona montañosa con abundancia de bosque e na que predomina a agricultura.

Pedrola

Pedrola é un municipio de España, na comarca da Ribera Alta del Ebro, provincia de Zaragoza, Comunidade Autónoma de Aragón. Forma parte do partido xudicial de Zaragoza.

Salvatierra de Esca

Salvatierra de Esca (en aragonés: Salvatierra d'Esca) é un concello na comarca da Xacetania, provincia de Zaragoza, comunidade de Aragón. Esténdese por unha área de 81.2 km² onde no ano 2007 vivían 249 habitantes. Encóntrase a 586 metros sobre o nivel do mar.

Tarazona

Tarazona é un concello español da comunidade autónoma de Aragón, situado na provincia de Zaragoza e cabeza da comarca de Tarazona e o Moncayo. Tamén é sede dun bispado. A súa poboación, en 2005, era de 10.875 habitantes

Áchase no val medio do río Queiles, a unha distancia de 86 km da capital autonómica, Zaragoza, a 20 km do monte Moncayo e o seu parque natural e a 15 km do mosteiro de Veruela. Pese a non estar situada nun dos principais eixos de comunicación, a industria exerce un papel moi importante na súa economía.

Trasmoz

Trasmoz é un concello da Provincia de Zaragoza (España), situado na Comarca de Tarazona e o Moncayo.

Zaragoza

Zaragoza é un concello e cidade española, capital da comunidade autónoma de Aragón, ademais da provincia de Zaragoza e da comarca homónima. Está situada a beiras dos ríos Ebro, Huerva e Gállego e da Canle Imperial de Aragón, no centro dun amplo val. A súa privilexiada situación xeográfica convértea nun importante nó loxístico e de comunicacións; atópase a uns 300 km de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao e Tolosa.

Cunha poboación de 679.624 habitantes (INE 2012), é a quinta cidade española máis poboada, concentrando máis do 50% da poboación de Aragón.

O seu nome actual procede do seu antigo topónimo romano, Caesaraugusta, que recibiu na honra ao emperador César Augusto no 14 a.C. A súa denominación romana foi evolucionando a través do árabe Saraqusta.

Entre o 14 de xuño e o 14 de setembro de 2008, ano do bicentenario dos Sitios de Zaragoza e centenario da exposición Hispano-Francesa de 1908, Zaragoza acolleu a exposición internacional Expo Zaragoza 2008 dedicada á auga e o desenvolvemento sustentable. En 2010, Zaragoza foi a sexta cidade española con máis turismo.

Aragón Aragón  · Concellos da provincia de Zaragoza

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.