Provincia de Zamora

A provincia de Zamora é unha provincia española integrada actualmente na Comunidade Autónoma de Castela e León e cuxo territorio pertenceu antigamente ao Reino de León.

O territorio da provincia de Zamora abarca 10.559 km² e conta con 198.028 habitantes (2005). Trátase dunha poboación fortemente envellecida e en clara regresión demográfica. Os seus principais núcleos de poboación son Zamora (capital da provincia), Benavente e Toro. Outras localidades, cabezas de partido xudicial xunto coas anteriores, son: Villalpando, Pobra de Seabra e Alcañices.

Provincia de Zamora
Bandera de Zamora
Escudo de la provincia de Zamora
Provincia Zamora
Capital Zamora
Área 10.561 km²
Poboación 194.214 hab. (2010)
Densidade 18,39 hab./km²
Concellos 248
Xentilicio Zamorano/a

Orixe da provincia

A provincia nace como tal co establecemento da División territorial de España en 1833, sendo adscrita á rexión do Reino de León. Parte dos seus territorios antes formaban parte de outras provincias como a de Valladolid e a extinta provincia de Toro.

Comarcas

As comarcas da provincia son:

Mancomunidades

Os municipios da provincia están agrupados nas seguintes mancomunidades:

  • Mancomunidade de Alta Seabra
  • Mancomunidad Sayagua
  • Mancomunidad Intermunicipal del Raso de Villalpando
  • Mancomunidad de la Tierra de Campos
  • Mancomunidad del Norte-Duero
  • Mancomunidad de la Tierra de Campos-Pan-Lampreana
  • Mancomunidad del Valle del Tera
  • Mancomunidad del Valle del Esla
  • Mancomunidad de Valverde
  • Mancomunidad de la Tierra del Vino
  • Mancomunidad de Sanabria-Carballeda
  • Mancomunidad de Órbigo-Eria
  • Mancomunidad Tierra del Pan
  • Mancomunidad de La Guareña
  • Mancomunidad de las Tierras de Aliste
  • Mancomunidad de la Tierra de Tábara
  • Mancomunidad de Benavente y Comarca
  • Mancomunidad del Lago de Sanabria

Fronteiras

A provincia limita coas seguintes provincias: ao norte e sur coas provincias de León e Salamanca respectivamente , ao Leste coa Valladolid, e ao oeste coa galega Ourense e tamén co distrito portugués de Braganza.

Características

Comprendida na submeseta norte, o seu territorio presenta numerosos contrastes. Destaca unha zona montañosa ao norte, parte dos Montes de León, con alturas que chegan aos 2.127 m (Pena Trevinca). Na zona occidental da provincia, a Serra de La Culebra rexistra alturas de ata 1.243m (Pena Mira) e acolle no seu seo a Reserva Nacional de Caza do seu mesmo nome, con importantes poboacións de lobo ibérico (as máis significativas da península), cervos e xabaríns, entre outros. Ao SO da provincia o río Douro discorre encaxonado nunha garganta denominada Las Arribes del Duero con desniveis de ata 200 m, constituíndo unha fronteira natural con Portugal. A zona centro, leste e sur presenta a típica chaira meseteña.

Hidrografía e recursos do subsolo

A hidrografía provincial está fortemente marcada polo Douro, que a atravesa de E a O, e os seus afluentes: Valderaduey, Esla, Órbigo, Teira, Cea, Aliste, (estes 4 últimos afluentes do Esla), Guareña, Tormes. A excepción constitúea o río Bibei, afluente do Sil, que discorre pola zona máis noroccidental da provincia. As augas do Douro, do Teira, do Esla, do Bibei e do Tormes foron embalsadas ao longo do seu curso pola provincia para aprovechamiento hidroeléctrico, sendo os encoros de maior capacidade o de Almendra no Tormes e o de Ricobayo no Esla. De particular interese son o Lago de Sanabria, o maior da península de orixe glaciar e as Lagoas de Villafáfila, de carácter estepario, con importantes concentracións de aves en determinadas épocas do ano. Existen augas mineiro-medicinais nos pobos de Almeida, Ribadelago (Bouzas) e Calabor.

Lingüística

O idioma predominante é o castelán, mais tamén se conserva o leonés en zonas como Sanabria[1], Benavente[2], Aliste,[3], Sayago[4]. O seu arraigo é maior canto máis ao noroeste e máis disperso canto máis ao sur e leste [5] Nos vales do Tuela e o Bibei fálase galego (concellos de Porto, Hermisende, Pías, Lubián), onde ten cotas de emprego superiores ao 95%[6][7].

Notas

  1. Frías Conde, F.X. El sanabrés. Anuario do Instituto de Estudos Zamoranos "Florián Ocampo". Deputación de Zamora, 1999
  2. Ynduráin, Francisco. Notas sobre el habla de Benavente (Zamora).
  3. Curto López, Mª Rosa. Nuevas aportaciones dialectales al habla de la Tierra de Aliste. Universidade de Valladolid, 1973.
  4. Stern, Charlotte. Sayago and Sayagués in Spanish History and Ltierature. Hispanic Review, XXIX, University of Pennsylvania, 1961.
  5. Morala Rodríguez, José Ramón. Originales y copias: El proceso de castelanización en el área leonesa. Actas do V Congreso Internacional de Historia da Lingua Española, Valencia 31 de xaneiro -4 de febreiro 2000 / coord. por María Teresa Echenique Elizondo, Juan P. Sánchez Méndez, 2002.
  6. E-PrintsUCM - O galego exterior ás fronteiras administrativas (en castelán)
  7. Textos do galego exterior

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Almeida de Sayago

Almeida de Sayago é un municipio de España na provincia de Zamora, comunidade autónoma de Castela e León, de área 63,64 km² con poboación de 591 habitantes (2007) e densidade de 9,29 hab./km².

Argañín

Argañín é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Esténdese por unha área de 12.63 km² onde no ano 2007 vivían 84 habitantes.

Benavente, Zamora

Benavente é unha cidade, dotada de municipio de 45 km², situada na provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. En 2007 tiña 18.744 habitantes, cunha densidade de 416,5 hab/km². Dista 65 km de Zamora, a capital provincial, e 112 km de Valladolid, a capital da autonomía.

Benegiles

Benegiles é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, España. Ocupa unha área de 23,59 km², cunha poboación de 399 habitantes (2007) e unha densidade de 16,91 hab/km².

Fermoselle

Fermoselle é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Esténdese por unha área de 69.34 km² onde no ano 2007 vivían 1.482 habitantes.

Fernando III de Castela

Fernando III de Castela, alcumado o Santo, nado en Peleas de Arriba (provincia de Zamora) en 1199 ou o 24 de xuño de 1201 e finado en Sevilla o 30 de maio de 1252, foi rei de Castela e Toledo desde 1217, rei de Galiza e de León desde 1230, e Conde de Aumale por casamento desde 1235, até a súa morte.

Uniu definitivamente os reinos de León e Castela e consolidou a Reconquista, deixando por conquistar apenas o reino tributario de Granada. Foi canonizado en 1671, sendo coñecido tamén como San Fernando.

Galende

Galende é un concello español da comarca de Seabra ao noroeste da provincia de Zamora, pertencente á Comunidade Autónoma de Castela e León.

Dista 118 km da capital da provincia, a 24 km, aproximadamente, de terras portuguesas pertencentes ao distrito de Braganza.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Lubián, Zamora

Lubián é un concello da provincia de Zamora, situado na zona das Portelas, na comarca da Seabra. Está encadrado na denominada Alta Seabra e atópase situado xunto á provincia de Ourense, limítrofe á comarca de Viana, e próximo á fronteira con Portugal, á altura da rexión histórica de Tras os Montes. No seu termo municipal atópanse as localidades de Aciveiros, Chaos, As Hedradas, Edroso, Lubián e Padornelo. Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Pedralba de la Pradería

Pedralba de la Pradería é un concello español das Portelas na comarca de Seabra, ó noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León. Está formado polas localidades de Calabor, Lobeznos, Pedralba de la Pradería, Rihonor de Castilla e Santa Cruz de Abranes. Calabor é a única entidade galegofalante do concello.

Pobra de Seabra

Pobra de Seabra (en castelán: Puebla de Sanabria, en leonés: La Puebla ou La Viella) é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, capital da comarca de Seabra.

Esténdese por unha área de 81 km² onde no ano 2017 vivían 1.432 habitantes. Encóntrase a 111 km da capital, Zamora. As localidades que forman o concello de Pobra de Seabra son: A Pobra de Seabra, Robledo (El Robréu en leonés), Ungilde (Unxilde) e Castellanos.

Provincia de Salamanca

Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal.

A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos.

Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

Roales

Roales é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Esténdese por unha área de 10.89 km² onde no ano 2007 vivían 523 habitantes. Encóntrase a tan só 7 km da capital, Zamora.

Santa Cristina de la Polvorosa

Santa Cristina de la Polvorosa é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. En 2009 tiña 1205 habitantes.

Serra Segundeira

A serra Segundeira é unha serra galega localizada en gran parte na provincia de Zamora mais tamén na zona do Alto do Torno, situado 1.944 metros de altitude, no límite coa Serra do Eixo. Así mesmo, ao sur, está o Pico de Aguallal, con 1.644 m.s.n.m., no concello da Mezquita. Está conformada por granitos e gneis "ollo de sapo".

Toro, Zamora

Toro (en galego antigo: Touro) é un municipio da provincia de Zamora na comunidade de Castela e León.

Villafáfila

Villafáfila é un concello e localidade española da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. Atópase na comarca natural Tierra de Campos, integrado na reserva natural de Lagoas de Villafáfila. Á súa vez, este espazo natural conta coa protección específica que outorga a súa declaración como reserva de caza, zona LIC e Ramsar. O contido e calidade do sal destas lagoas determinou a súa explotación dende época prehistórica.

Villalpando

Villalpando é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León; dentro da comarca de Terra de Campos. Esténdese por unha área de 127 km² onde no ano 2007 vivían 1.651 habitantes. Está situado a tan só 49 km da capital da provincia, Zamora.

Zamora

Zamora é unha cidade situada en Castela e León, capital da provincia de Zamora. En 2017 tiña 62 389 habitantes. Está atravesada polo río Douro, que continúa cara a Portugal.

Artisticamente ten numerosas igrexas de estilo románico, destacando a súa catedral, do mesmo estilo. Esta cidade tivo a súa etapa de maior importancia política durante a Reconquista.

Castela e León Castela e León  · Concellos da provincia de Zamora

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.