Provincia de Xirona

Xirona[1][2][3] (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é unha provincia española situada na zona nordés de Cataluña. Limita coas provincias de Barcelona polo sur e oeste; Lleida polo oeste; con Francia e Andorra polo norte e co mar Mediterráneo polo leste.

Un concello da provincia, Llívia, é un enclave separado do resto da provincia, estando rodeado por territorio administrativamente francés.

A provincia contaba con 687.331 habitantes (INE 2006). A súa capital é a cidade de Xirona (en catalán Girona), onde vive algo máis da oitava parte da poboación total.

Provincia de Xirona
Província de Girona
Flag of Girona province (unofficial)
Escut de la provincia de Girona
Provincia Girona
Capital Xirona
Área 5.910 km²
Poboación 752.026 hab. (2010)
Densidade 126,53 hab./km²
Concellos 221
Xentilicio Xeronés/a ou xerundense

Comarcas

As comarcas da provincia de Xirona son as seguintes:

Ademais, tamén se inclúen nesta provincia os concellos de Viladrau, Espinelves e Vidrà, que pertencen á comarca de Osona.

Concellos máis poboados

Os municipios máis populosos son:

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xerundense.
  2. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1296. ISBN 9788482887524.
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Agullana

Agullana é un concello catalá situado na comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. Segundo o INE, no 2013, o concello tiña 853 habitantes.

Aiguaviva

Aiguaviva é un concello catalá sitúada na Comarca do Xironès, na provincia de Xirona. Forma parte da área urbana de Xirona.

Tamén denomínase Aiguaviva del Gironès para diferenciarse con Aiguaviva de Bergantes, na provincia de Teruel.

Alp

Alp é un concello catalá, na comarca de Baixa Cerdanya, na provincia de Xirona. Segundo o INE, no ano 2012, tiña unha poboación de 1745 habitantes.

Nel atópanse as estacións de esquí de La Molina e Masella.

Amer

Amer é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña. Está situada no norte da comarca catalá da Selva e no límite coas da Garrotxa e o Xironés.

Argelaguer

Argelaguer é un concello da provincia de Xirona, Cataluña. Situado na comarca da Garrotxa. atópase á esquerda do río Fluvià.

Bellcaire d'Empordà

Bellcaire d'Empordà é un municipio catalán da provincia de Xirona. Forma parte da comarca do Baix Empordà.

Cadaqués

Cadaqués é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, que forma parte da comarca do Alt Empordà. É a localidade máis oriental da península Ibérica, ocupando a maior parte da costa de levante da península do cabo de Creus.

Tiña en 2015 unha poboación de 2.840 habitantes.

Os principais lugares de interese son a Torre de sa Fusta des Baluard (actual Casa da Vila), as ruínas do castelo de Sant Jaume, a Casa-Museo Salvador Dalí de Portlligat, o Museo de Cadaqués e a Galería Cadaqués.

Camprodon

Camprodon é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, que forma parte da comarca do Ripollès. Atópase no val de Camprodon, na zona oriental dos Pireneos.

Tiña en 2015 unha poboación de 2.299 habitantes agrupados en varios núcleos de poboación: Beget, Bestracà, Bolòs, Camprodon, Cavallera, Colònia Estebanell, Creixenturri, Freixenet, El Riberal, Rocabruna e Salarsa.

Esponellà

Esponellà é un concello catalán situado na provincia de Xirona, na comarca da Pla de l'Estany. A súa poboación era de 441 habitantes en 2007. Ocupa unha superficie de 16 km², o que lle confería en 2007 unha densidade de poboación de 27,56 hab/km².

La Jonquera

La Jonquera é un municipio do norte de Cataluña, pertencente á comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. O concello é fronteirizo con Francia.

Llançà

Llançà é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, que forma parte da comarca do Alt Empordà. Atópase no norte da Costa Brava, entre Colera e El Port de la Selva, ao norte do cabo de Creus.

Tiña en 2015 unha poboación de 4.985 habitantes agrupados nos núcleos de Llançà, El Port e Valleta.

Olot

Olot é un municipio da provincia de Xirona, en Cataluña.

Palafrugell

Palafrugell é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Empordà. Está situado aos pés das Gavarres, na parte central e máis característica da Costa Brava.

Tiña en 2015 unha poboación de 22.733 habitantes, agrupados en varios núcleos de poboación: El Bruguerol, Calella de Palafrugell, Ermedàs, Llafranc, Llofriu, Palafrugell, Santa Margarida, Tamariu e la Vessana.

Ten algunhas calas moi representativas da Costa Brava e dispón dunha tradición gastronómica extensa e dunha riqueza cultural personificada no escritor Josep Pla.

Palamós

Palamós é un municipio da Costa Brava pertencente á provincia de Xirona e á comarca do Baix Empordà (Cataluña, España) considerado como unha vila. O seu porto comercial é o terceiro de Cataluña tras o de Barcelona e Tarragona.

Peralada

Peralada é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña. Pertence á comarca do Alt Empordà.

Tiña en 2015 unha poboación de 1.841 habitantes. Ademais da capital municipal, inclúe tamén o núcleo de Vilanova de la Muga, agregado en 1975.

Entre os seus monumentos destacan o castelo de Peralada, as igrexas de Sant Martí e Santa Eulàlia, o claustro de Sant Domènec e o convento do Carme. No castelo celébrase no verán o Festival Castell de Peralada, festival internacional de música clásica.

Porqueres

Porqueres é un municipio catalán situado na provincia de Xirona, na comarca da Pla de l'Estany. A súaa poboación era de 4.208 habitantes en 2007, sobre unha superficie de 33,6 km², o que lle confería unha densidade de 125,24 hab/km². Dista 182 km da cidade de Xirona, capital provincial.

Provincia de Barcelona

A Provincia de Barcelona é unha provincia situado no nordés de España, que compón unha das catro divisións administrativas da comunidade autónoma de Cataluña. Limita ó nordeste coa provincia de Xirona, ó oeste coa provincia de Lleida, ó suroeste coa provincia de Tarragona e ó sur e suroeste co mar Mediterráneo.

Ripoll

Ripoll é un concello de Cataluña, España. Pertencente á provincia de Xirona, é a capital da comarca do Ripollès, situada na confluencia dos ríos Ter e do seu afluente Freser, no Prepireneo catalán.

Sarrià de Ter

Sarrià de Ter é un concello catalán da provincia de Xirona que se atopa na comarca do Gironès. Forma parte da trama urbana da cidade de Xirona. Tiña unha poboación de 5.052 habitantes en 2017.

Cataluña Cataluña  · Concellos da provincia de Xirona

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.