Provincia de Vigo

A provincia de Vigo foi unha provincia galega que tivo vixencia en dous períodos do século XIX.

Selo do goberno político da Provincia de Vigo.

Precedentes

Prefecturas Napoleonicas 1810
Proxecto de división de España en prefecturas, incluíndo a de Miño Baixo.

En 1810, o goberno de Xosé Bonaparte intentou ordenar o territorio español, dividíndoo en 38 prefecturas, ao estilo das establecidas en Francia, e 111 subprefecturas, segundo o proxecto do clérigo Llorente.[1] As prefecturas, coma na Francia actual, recibirían nomes relativos a accidentes xeográficos, fundamentalmente ríos e cabos. Esta división nunca chegou a entrar en vigor.

En Galiza facía unha división, onde aparece a capitalidade da cidade de Vigo nunha prefectura supostamente chamada Miño Baixo. As outras prefecturas galegas serían: Tambre, capital A Coruña; Miño Alto, capital Lugo; e Sil capital Ourense. As de Miño Baixo e Tambre coincidían coas actuais provincias de Pontevedra e da Coruña respectivamente. A de Sil comprendía o sur da actual Provincia de Lugo.[2]

1822-1823

Na división territorial de 1822, realizada no trienio liberal no mes de xaneiro, establécese que en Galiza hai catro provincias, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo,[3] ademais da provincia de Vilafranca do Bierzo, á que pertencía a Comarca de Valdeorras, que estaba situada na rexión de León. Vigo foi capital da provincia entre o 13 de xullo de 1821 e o ano 1823.[4]

Esta división deu lugar a problemas polos límites e capitalidades, e en 1823 co retorno do Antigo Réxime, quedou sen validez.

En 1833 co decreto de Javier de Burgos establecíase a actual división de provincias, onde Pontevedra tomaba a capitalidade.

1836-1840

Trala división de Juan de Burgos, a cidade de Vigo reclamou a capitalidade, e foille concedida por unha Real Orde do 26 de maio de 1836, que non foi cumprida.[5]

En setembro de 1840 tivo lugar un levantamento liberal na cidade de Vigo e proclamouse capital.[6] Dende o 21 de outubro dese ano publicouse o Boletín Oficial de la provincia de Vigo, do que saíron nove números.[5] Un Real Decreto do 6 de novembro do goberno de Espartero decidiu que mentres non se resolvese outra cousa, a capitalidade da provincia seguise en Pontevedra.[4][5]

Notas

  1. Cebreiro Núñez, José Ignacio. "Las prefecturas de José Bonaparte".
  2. "Prefecturas de 1810". Organización territorial española. 17 de maio de 2007. Consultado o 21 de outubro de 2015.
  3. "División territorial de 1822". Organización territorial española. 18 de maio de 2007. Consultado o 21 de outubro de 2015.
  4. 4,0 4,1 de Santiago y Gómez, José. Historia de Vigo y su comarca. Consultado o 21 de outubro de 2015.
  5. 5,0 5,1 5,2 Carré Aldao, Eugenio. "La imprenta y el periodismo en Vigo". Boletín da Real Academia Galega (129). Consultado o 21 de outubro de 2015.
  6. "Vigo asalta y toma Pontevedra". Del Berbés hacia arriba. Historias de Vigo. Consultado o 21 de outubro de 2015.

Véxase tamén

Bibliografía

O Grove

O Grove é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2018 tiña 10 700 habitantes, mantendo un lento declive desde o 2010, cando alcanzou a cifra de 11.297 habitantes. Forma unha península situada na beira sur da ría de Arousa. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «grovense», «groveiro» ou popularmente «meco».

Ponte Caldelas

Ponte Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. No ano 2016 tiña 5.573 habitantes, segundo datos do IGE. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontecaldelán.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Provincia de Tui

A provincia de Tui foi unha das sete (primeiro cinco) en que estivo dividida Galiza na Idade Moderna, ata a nova división provincial de 1833, en que pasou a ser integrada na nova provincia de Pontevedra, onde actualmente conforma o seu territorio máis meridional. Foi das dúas últimas en ser creadas, aparecendo arredor de 1550. A súa capital era a cidade episcopal Tui.

Ramón Romay

Ramón Lorenzo Romay Jiménez de Cisneros, nado en Betanzos o 9 de agosto de 1764 e finado en Madrid o 23 de maio de 1849, foi un mariño galego.

Sanxenxo

Sanxenxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2018 contaba con 17.212 habitantes (8.487 mulleres e 8.725 homes), cifra que segundo o concello se multiplica por seis en época estival. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é sanxenxino ou sanxenxeiro e, popularmente, lilaino, -a .

Semanario Patriótico de Vigo

Semanario Patriótico de Vigo foi un periódico editado en Vigo en 1823.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.