Provincia de Valladolid

A provincia de Valladolid está situada na Comunidade Autónoma de Castela e León, con capital na cidade homónima. Ten unha poboación de 513.712 habitantes (2005), repartidos entre 255 concellos, que abranxen unha superfície de 8.202 km². Limita ao norte co provincia de Palencia, polo leste con Burgos, polo sueste con Segovia, polo suroeste con Salamanca, polo oeste con Zamora, e polo noroeste con León.

A provincia de Valladolid posúe un pequeno enclave, Roales, entre a linde das provincias de León e Zamora.

Provincia de Valladolid
Bandera de la provincia de Valladolid
Va-dip
Provincia Valladolid
Capital Valladolid
Área 8.110 km²
Poboación 533.640 hab. (2010)
Densidade 65,80 hab./km²
Concellos 225
Xentilicio Vallisoletano/a

Xeografía

Sita na Meseta Norte, a provincia caracterízase polo seu terreo chairo, con elevacións de escasa importancia, O seu clima é de tipo mediterráneo continentalizado, con invernos secos e fríos, e veranos calorosos. O nivel das precipitacións é de tipo mediterráneo.

A rede hidrográfica está dominada polo río Douro e os seus afluentes.

Comarcas de Valladolid

Na provincia de Valladolid existen 8 comarcas históricas:

Becilla de Valderaduey

Becilla de Valderaduey é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Pertence á comarca histórica da Terra de Campos.

Castronuño

Castronuño é un municipio de España, ao suroeste da provincia de Valladolid, comunidade autónoma de Castela e León e comarca da Tierra del Vino, na marxe esquerda do río Douro..

Cubillas de Santa Marta

Cubillas de Santa Marta é un concello e localidade español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Está situado a 25 km de Valladolid e a outros 25 da cidade de Palencia. Pertence a Denominación de Orixe Cigales.

Estación de Medina del Campo

A estación de Medina del Campo é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Medina del Campo, na provincia de Valladolid. É un dos principais nós ferroviarios da rede ao confluír nela ata tres liñas férreas. Conta con amplos servizos de media e longa distancia. Cumpre tamén funcións loxísticas.

Estación de Valladolid-Campo Grande

A estación de Valladolid-Campo Grande, tamén coñecida como estación do Norte, é a principal estación de ferrocarril da cidade de Valladolid. Encóntrase fronte á prolongación da Acera de Recoletos, preto da Plaza de Colón e do Parque do Campo Grande. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

En 2010 recibiu 2.235.103 pasaxeiros.

Eusebio Sacristán

Eusebio Sacristán Mena, nado en La Seca (Valladolid) o 13 de abril de 1964, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista e actualmente adestra a Real Sociedad.

Laguna de Duero

Laguna de Duero é un concello e cidade de España, na provincia de Valladolid, comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 29,25 km² cunha poboación de 21.483 habitantes e unha densidade de 734,46 hab/km². É a segunda cidade da provincia en poboación tras Valladolid e lixeiramente por encima de Medina del Campo.

Actualmente é unha localidade industrial, situada a 7 quilómetros de distancia da capital e é unha cidade dormitorio. Ten varios núcleos de poboación entre os que destacan Torrelago e El Villar. Conta con tres Polígonos industriais entre os que destacan o pol. ind. "Las Lobas" e o pol. ind. "Los Barredos".

Rodeada de bosques de piñeiros, bañada polo río Douro, cunha situación privilexiada que noutros tempos propiciou a abundancia de fontes e mananciais, actualmente estes atópanse en desuso ou desaparecidos. A máis representativa é a Fonte de San Pedro Regalado en El Abrojo.

Medina de Rioseco

Medina de Rioseco é un municipio de España, na provincia de Valladolid, comunidade autónoma de Castela e León. Ten unha superficie de 115,43 km² cunha poboación de 5.008 habitantes e unha densidade de 43,39 hab/km². É un municipio da comarca de Tierra de Campos.

Medina del Campo

Medina del Campo é unha vila española de orixe prerromana situada na comunidade Autónoma de Castela e León, na provincia de Valladolid.

Sitúase no suroeste da provincia de Valladolid, de cuxa capital dista 46,6 km. Medina del Campo atópase a 727 msnm, a beiras do río Zapardiel. O seu termo municipal esténdese sobre 153 km², onde se destacan outros tres núcleos urbanos: Gomeznarro, Rodilana e unha parte da urbanización das Salinas, que é compartida con outro municipio.

En 2007 Medina del Campo contaba con 21.256 habitantes censados, sendo o terceiro municipio da provincia en poboación, tras Valladolid e Laguna de Duero.

Olmedo

Olmedo é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Situado no sur da provincia, forma parte da comarca tradicional de Tierra de Pinares.

Peñafiel

Peñafiel é un municipio da provincia de Valladolid, Castela e León.

Quintanilla de Onésimo

Quintanilla de Onésimo, anteriormente chamada Quintanilla de Abajo, é un concello de Castela e León, pertencente á provincia de Valladolid. Ten unha superficie de 55,20 km² e unha poboación de 1139 habitantes, cunha densidade de 20,63 hab/km².

Recibiu durante o franquismo o nome de Quintanilla "de Onésimo" por ser o lugar de nacemento de Onésimo Redondo, o fundador do partido de ultradereita Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista.

Santovenia de Pisuerga

Santovenia de Pisuerga é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Pertence á comarca da Campiña del Pisuerga. O concello limita ao suroeste co de Valladolid.

Simancas

Simancas é un concello da comarca da Campiña del Pisuerga, na provincia castelá de Valladolid. A súa poboación en 2016 era de 5.254 habitantes (2.662 homes e 2.592 mulleres).

Tordesillas

Tordesillas é un municipio da provincia de Valladolid, situado 30 km ao suroeste da capital de Castela e León, Valladolid. Está situado a 704 metros de altura sobre o nivel do mar e ten 8.512 habitantes (INE 2008).

Urueña

Urueña é un concello español da provincia de Valladolid na comunidade de Castela e León. Foi declarada Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975. En 2007 foi declarada Vila do Libro, distintivo que só teñen outras 14 localidades de Europa, Estados Unidos e Asia.

Valladolid

Valladolid é unha cidade española situada no cuadrante noroeste da península ibérica, no centro de Castela e León, na confluencia dos ríos Pisuerga e Esgueva. É a capital da provincia de Valladolid e sede das Cortes e da Xunta de Castela e León. Así mesmo foi sede da corte castelá e posteriormente, entre 1601 e 1606, capital do Imperio Español. Actualmente é a décimo terceira cidade máis grande de España.

Villanubla

Villanubla é un municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, próximo á capital provincial. No seu termo municipal encóntrase o Aeroporto de Valladolid.

Villaverde de Medina

Villaverde de Medina é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Atópase no sur da provincia e tiña unha poboación de 517 habitantes en 2017.

Entre os seus monumentos destaca a igrexa de Santa María del Castillo, que data dos séculos XVI e XVII e está declarada Ben de Interese Cultural dende 1995.

Castela e León Castela e León  · Concellos da provincia de Valladolid

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.