Provincia de Valencia

A provincia de Valencia (en valenciano: València) é unha provincia da Comunidade Valenciana. A capital provincial é a cidade homónima de València. Ocupa unha superficie de 10.563 km², na que habitaban 2.463.592 persoas (INE 2006).

No 2005, o 70,14 % dos habitantes da provincia (1.694.970) vivían na área metropolitana da capital. Outros municipios destacados son Xiva, Cheste, Gandia, Paterna, Sagunt, Alzira, Xàtiva, Requena e Utiel.

Situada no Oriente da Península Ibérica, ocupa a posición central da súa comunidade, e limita co mar Mediterráneo polo leste; coas provincias de Castelló e Teruel polo norte; Cuenca e Albacete polo oeste e Alacant polo sur.

A provincia conta cun enclave separado, entre as provincias de Cuenca e Teruel, o Rincón de Ademuz.

Correspóndenlle 16 escanos no Congreso dos Deputados e 36 nas Cortes Valencianas.

Provincia de Valencia
Província de València
Provincia Valencia
Capital Valencia
Área 10.763 km²
Poboación 2.575.362 hab. (2009)
Densidade 239,28 hab./km²
Concellos 266
Xentilicio valenciano/a

Riscos físicos

De interior montañoso, a provincia de Valencia presenta unha relativamente extensa chaira litoral, formada por terreos de aluvión, que serve de asento á fértil horta valenciana. O litoral é baixo, areoso e de augas pouco profundas, sen outro accidente salientábel que o do cabo de Cullera, englobando na súa totalidade o Golfo de Valencia, que se estende desde o cabo da Nao ao de Oropesa.

Os dous ríos principais que atravesan o seu territorio son o Turia (que desauga nas proximidades da cidade de Valencia, tras ter sido desviado a súa canle) e o Xúcar (que desemboca en Cullera), entre os cales desenvólvese unha lagoa litoral que recibe o nome de Albufera de Valencia. Outros ríos destacábeis son o Palancia, que desemboca cerca de Sagunt, e máis o Serpis, que desemboca en Gandia.

Comarcas

Está dividida nas seguintes comarcas:

Algemesí

Algemesí é un concello da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Ribera Alta.

Alzira

Alzira (en valenciano e oficialmente Alzira) é unha cidade da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca da Ribera Alta e capital da mesma, ten 44.440 habitantes (INE 2008) cun área de influencia que excede os 250.000.

Burjassot

Burjassot é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia, situado na zona oeste da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 37.402 habitantes (INE 2008).

Bétera

Bétera é un concello do leste da península Ibérica, pertencente á provincia de Valencia e á comarca de Campo de Turia, na Comunidade Valenciana. Segundo os datos de 2009, conta cunha poboación de 20.740 habitantes, sendo o segundo concello máis poboado da comarca.

Está situada na vertente sur da Serra Calderona, a 15 km de Valencia e a 23 km do mar Mediterráneo, na zona limítrofe coa horta valenciana. Ten unha superficie con lixeiras ondulaciones, alcanzando os 156 msnm no seu punto máis alto, destacando o barranco de Carraixet que o atravesa de noroeste a sueste.

Calisto III, papa

Calisto III, nado co nome de Alonso de Borja i Llanço en Torreta de Canals (actual barrio de Canals), no Reino de Valencia, o 31 de decembro de 1378 e finado en Roma o 6 de agosto de 1458, foi o papa n.º 209 da Igrexa católica, desde 1455 a 1458.

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Bos pascens ('o boi que pace'), facendo referencia ao escudo de armas da súa familia, os Borgia, no que aparece un boi dourado pacendo.

Carcaixent

Carcaixent é un concello da Comunidade Valenciana localizado na provincia de Valencia, concretamente na comarca da Ribera Alta. Ten unha poboación de 21.973 habitantes (INE 2008). A conurbación que forma na actualidade cos concellos de Alzira e Algemesí constitúe, cos seus 95.000 habitantes, o segundo núcleo de poboación da provincia de Valencia, tras a capital e a súa área metropolitana.

Carrícola

Carrícola é un concello da provincia de Valencia, na Comunidade Valenciana, España.

Castellonet de la Conquesta

Castellonet de la Conquesta é un concello da comarca da Safor, provincia de Valencia (País Valenciano). Ten 5.40 km² e 173 habitantes. Localízase no val de Vernissa. A igrexa parroquial, dedicada a san Xaime e de 1729, é de estilo neoclásico. A corporación municipal componse de 4 concelleiros do PP e 1 do PSPV.

Cheste

Cheste (en valenciano: Xest) é un concello da provincia de Valencia, na Comunidade Valenciana. Pertence á comarca da Foia de Bunyol e tiña en 2014 unha poboación de 8.518 habitantes.

A súa actividade fundamental e tradicionalmente é agrícola centrada especialmente no cultivo da vide.

No seu termo municipal atópase o Circuíto Ricardo Tormo, sede do Gran Premio de Motociclismo da Comunidade Valenciana e pista de probas de Fórmula 1.

Cofrentes

Cofrentes é un concello español da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia. Atópase na comarca do Valle de Cofrentes. Tiña en 2015 unha poboación de 1.097 habitantes.

Atópase na confluencia dos ríos Xúcar e Cabriel, na zona montañosa do oeste da provincia de Valencia, no límite coa provincia de Albacete.

A súa economía baséase na agricultura e gandería, aínda que cunha evolución cara ao turismo, grazas á existencia do Balneario Hervideros de Cofrentes, o máis importante da Comunidade Valenciana. A actividade económica desta poboación xira tamén arredor da central nuclear de Cofrentes.

La Pobla de Farnals

La Pobla de Farnals, coñecido popularmente como la Creu, é un concello da provincia de Valencia, no País Valenciano. Pertence á comarca da Horta Nord e tiña en 2014 unha poboación de 7.790 habitantes.

Limita cos municipios de El Puig de Santa Maria polo norte, Rafelbunyol polo oeste, Massamagrell polo sur e co mar Mediterráneo polo leste. Está situado a 13 km da cidade de Valencia.

No municipio hai dúas localidades: La Pobla de Farnals e La Platja de la Pobla.

La Pobla de Vallbona

La Pobla de Vallbona é un concello da Comunidade Valenciana que está situado na zona do Camp de Túria, pertencente á Provincia de Valencia.

No ano 2009 contaba cunha poboación de 20.431 habitantes, e cunha densidade de 617,25 hab./km².

Llíria

Llíria é un concello do leste de España, pertencente á provincia de Valencia, na Comunidade Valenciana. Forma parte da comarca do Camp de Túria. Segundo os datos do INE de 2009, conta con 22.706 habitantes, en 228 km² de superficie.

O termo municipal esténdese desde as montañas de Alcublas e Marines, ata o val do río Turia.

Na economía do concello ten grande importancia a agricultura, moi apta debido ó tipo de terreo e ó clima mediterráneo.

Manises

Manises é un municipio da Comunidade Valenciana. Situado na provincia de Valencia, na comarca da Horta Oest. Ten 30.478 habitantes (INE 2008) e é famoso pola súa cerámica e por albergar no seu término municipal ao aeroporto de Valencia.

Montserrat, Valencia

Montserrat, tamén coñecido coma Montserrat d'Alcalà, é un municipio da Comunidade Valenciana, pertencente á comarca da Ribera Alta, na provincia de Valencia. Tiña en 2014 unha poboación de 7.202 habitantes.

Dentro do programa de festas de San Roque, en agosto, atópase a Semana Internacional de Música de Cámara, onde todos os anos actúan prestixiosos músicos de todo o mundo de música clásica.

Ontinyent

Ontinyent é un concello da Comunidade Valenciana situado ao suroeste da provincia de Valencia, na comarca do Vall d'Albaida. Ten 37.518 habitantes (INE 2008).

Quatretonda

Quatretonda é un concello da Comunidade Valenciana pertencente á comarca do Vall d'Albaida. Conta con 2.472 habitantes (INE 2011).

Rafelcofer

Rafelcofer é un concello da comarca da Safor, provincia de Valencia na Comunidade Valenciana. Ten 2.1 km² e 1.505 habitantes. Localízase na Horta de Gandia. A igrexa parroquial, dedicada a san Antoni e do século XIX, é de estilo neoclásico. A corporación municipal componse de 6 concelleiros do PSPV, 2 do PP e 1 do Bloc.

Xirivella

Xirivella (en valenciano e oficialmente Xirivella) é un concello da Comunidade Valenciana. Pertence á provincia de Valencia e está situado na área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Oest. Ten 30.633 habitantes (INE 2008).

Comunidade Valenciana Comunidade Valenciana  · Concellos da provincia de Valencia

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.