Provincia de Tui

A provincia de Tui foi unha das sete (primeiro cinco) en que estivo dividida Galiza na Idade Moderna, ata a nova división provincial de 1833, en que pasou a ser integrada na nova provincia de Pontevedra, onde actualmente conforma o seu territorio máis meridional. Foi das dúas últimas en ser creadas, aparecendo arredor de 1550. A súa capital era a cidade episcopal Tui.

Historia

Límites

Tiña unha extensión de 1.656 km². Limitaba ao norte coa antiga provincia de Santiago a través do río Verdugo e de aí ao extremo norte da serra do Suído (Marco da Corcheta); ao sur limitaba con Portugal a través do río Miño; ao leste lindaba coa de Provincia de Ourense á altura da confluencia do pequeno regato Barxas co Miño, na beira dereita deste último, e cos cumes dos montes de Barcia do Seixo, até o citado Marco da Corcheta. Ao oeste o límite era o Océano Atlántico.

Os límites non coincidían coa diocese de Tui, que abranguía localidades ourensás e portuguesas.

Cidades

As localidades máis importantes foron, en principio, Tui, que era e é sé episcopal, A Guarda,Baiona e Redondela; desde o século XVIII comeza a destacar Vigo.

Subdivisións

A provincia estaba dividida en xurisdicións (Tui, Vigo, Fragoso, Tomiño, Gondomar, Tebra, Baiona e Miñor, Redondela e Reboreda, Valadares, Salvaterra, Crecente, Arbo, Achas etc) e algúns coutos (Goián, Picoña, Entenza, Parderrubias, Saxamonde, Zamáns etc).

Valor administrativo

Como nos demais casos das antigas provincias, non tiñan as funcións administrativas que lles foran adxudicadas desde o período liberal. Un valor era fiscal, para repartir os impostos, que se pagarían a través da cabeza da provincia. Un segundo era representativo, pois os deputados para a Xunta de Galicia, repartíanse segundo esas mesmas cabezas provinciais.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

17 de febreiro

O 17 de febreiro é o 48º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 317 días para finalizar o ano, 318 nos anos bisestos.

Antonio Arias Teixeiro (1772)

Antonio Arias Teixeiro, nado en Pontevedra en 1772 e finado en data descoñecida, foi un escritor e político galego.

As Neves

As Neves é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nevense.

Bernardo González del Valle

Bernardo González del Valle, coñecido como Cachamuíña, nado na aldea de Cachamuíña (O Pereiro de Aguiar) o 23 de marzo de 1771, e finado o 6 de setembro de 1848, foi un militar galego, coñecido polo seu papel na reconquista de Vigo en 1809 na Guerra da Independencia Española.

Buenaventura Marcó del Pont

Buenaventura Marcó del Pont Bori, nado en Calella (Barcelona) en 1738 e finado en Vigo en setembro de 1818, foi un comerciante catalán afincado en Vigo.

Camposancos, A Guarda

Santa Isabel de Camposancos, ou A Visitación de Santa María de Camposancos, é unha parroquia que se localiza no concello da Guarda. É unha das 9 entidades locais menores de Galicia. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1.088 habitantes (567 mulleres e 521 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento continuado en relación aos anos 2004, cando tiña 987 habitantes, e 1999, con 913. Está situada á beira do río Miño, case na súa desembocadura no océano Atlántico. Pertence á diocese de Tui-Vigo, na que está incluída o arciprestado da Guarda-Tebra.

Década de 1650

A década de 1650 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1650 e remata o 31 de decembro de 1659.

Goián, Tomiño

San Cristovo de Goián é unha parroquia do concello de Tomiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.069 habitantes (1.054 mulleres e 1.015 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.560 habitantes. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Mondariz-Balneario

Mondariz-Balneario é un concello da provincia de Pontevedra, pertence á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 682 habitantes (346 homes e 336 mulleres). Cunha superficie de 2,3 km² é o concello máis pequeno de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mondaricense».

O Porriño

O Porriño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo, en concreto ao Val da Louriña. Segundo o IGE en 2018 tiña 19.740 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porriñés».

Ponteareas

Ponteareas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2014 tiña 23.115 habitantes.

Provincia de Mondoñedo

A antiga provincia de Mondoñedo foi unha das sete en que estaba dividida Galiza durante a Idade Moderna, desaparecendo a partir de 1833 (edicto de 30 de novembro de 1833) coa nova división provincial que crea o novo Estado liberal, e que partiu o territorio galego nas catro provincias actuais. Mondoñedo pasaría a ser absorbida dentro da nova provincia de Lugo. Aínda que non hai unha data clara de aparición desta provincia, xunto coa Tui, son as últimas en xurdir na documentación, arredor de 1550.

Terremoto de Lisboa de 1755

O terremoto de Lisboa de 1755 tivo lugar o 1 de novembro de 1755, ás 9:20. Foi un dos terremotos máis destrutivos e mortais da historia, causando a morte de entre 60.000 e 100.000 persoas.

O sismo foi seguido por un tsunami e un incendio, causando a destrución case total de Lisboa. O terremoto acentuou as tensións políticas en Portugal e interrompeu abruptamente as ambicións coloniais de Portugal durante o século XVIII.

O acontecemento foi discutido extensamente polos filósofos ilustrados europeos, inspirando progresos importantes na teodicea e a filosofía do sublime. Ademais, ao ser o primeiro terremoto cuxos efectos sobre unha área grande foron estudados cientificamente, sinalou o nacemento da sismoloxía moderna. Os xeólogos estiman hoxe que a magnitude do terremoto de Lisboa sería dun 9 na escala de Richter, co seu epicentro no océano Atlántico a uns 200 km ao oeste-suroeste do Cabo de San Vicente.

Tui

Tui é un concello galego da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño da que é capital. Tui foi a capital dunha das sete provincias de Galicia até 1833, da provincia de Tui. Segundo o IGE a súa poboación en 2016 era de 16.966 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tudense.

Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade portuguesa de Valença do Minho unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.