Provincia de Toledo

A provincia de Toledo é unha provincia española, sita na parte occidental de Castela-A Mancha. A súa capital é a cidade de Toledo. Limita coas provincias de Madrid, Cuenca, Cidade Real, Badaxoz, Cáceres, e Ávila. O xentilicio que designa os seus habitantes é toledano.

A provincia conta cunha poboación de 615.618 habitantes (INE 2006), repartidos en 204 concellos, dos cales Talavera de la Reina é o máis poboado con 83.756 hab., o segundo municipio é Toledo (77.601 hab.), mentres que o menos populoso é Illán de Vacas, que, con 6 habitantes, tamén é o de menor poboación de España. A superficie provincial atinxe 15.370 km², sendo a 8ª máis extensa de España. A provincia comparte o Parque Nacional de Cabañeros coa de Cidade Real.

O río Texo é o máis importante da provincia e crúzaa de leste a oeste; pasa polas cidades de Talavera de la Reina e Toledo.

Provincia de Toledo
Bandera de la provincia de Toledo
Escudo de la provincia de Toledo
Provincia Toledo
Capital Toledo
Área 15.370 km²
Poboación 697.959 hab. (2010)
Densidade 45,44 hab./km²
Concellos 204
Xentilicio Toledano/a

Comarcas

  • Comarca de Torrijos
  • La Campana de Oropesa
  • La Jara
  • La Sagra
  • Los Montes de Toledo
  • Serra de San Vicente
  • Comarca de Toledo
  • Mesa de Ocaña
  • A Mancha

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Abel Resino

Abel Resino Gómez, nado en Velada (Toledo) o 2 de febreiro de 1960, é un ex futbolista español e actual adestrador do Granada Club de Fútbol.

Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española. Foi adestrador do Celta de Vigo.

Afonso Sanchez

Afonso Sanchez, nado en Cerva (Vila Real) o 24 de maio de 1289 e finado en Escalona (provincia de Toledo) o 2 de novembro de 1329, foi un infante e trobador portugués, fillo bastardo do rei don Dinís.

Illescas

Illescas é un municipio de Castela-A Mancha, pertencente á provincia de Toledo. En 2008 tiña 19.167 habitantes, nunha superficie de 57 km², sendo a densidade para o mesmo ano de 277,7 hab/km².

Illán de Vacas

Illán de Vacas é un concello da provincia de Toledo, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Segundo o censo municipal en 2017 tiña 5 habitantes, o que o converte nun dos concello menos poboados de toda España.

La Puebla de Montalbán

La Puebla de Montalbán é un concello da provincia de Toledo, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Esténdese por unha área de 141,16 km² onde no ano 2007 vivían 8.004 habitantes. Encóntrase a 35 km da capital, Toledo.

Lagartera

Lagartera é un concello de Castela-A Mancha, ao oeste da provincia de Toledo, agrícola e gandeiro, situado ao norte do río Texo, que pertence á comarca da Campana de Oropesa. O seu xentilicio é lagarterana ou lagarterano.

Malpica de Tajo

Malpica de Tajo é un concello da provincia de Toledo, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Esténdese por unha área de 80 km² onde no ano 2007 vivían 2.073 habitantes. Encóntrase a 51 km da capital, Toledo.

Ocaña, Toledo

Ocaña é un concello español da provincia de Toledo (Castela-A Mancha). A súa poboación é de 11.147 habitantes (INE 2012).

Provincia de Cidade Real

A provincia de Cidade Real (en castelán: Ciudad Real) é unha provincia española, situada en Castela-A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superficie de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo norte coa provincia de Toledo, polo nordeste coa provincia de Cuenca, polo leste coa provincia de Albacete, polo sur coas provincias de Córdoba e Xaén (Andalucía), e polo oeste coa de Badaxoz (Estremadura).

Provincia de Cuenca

A provincia de Cuenca é unha provincia española situada na parte oriental de Castela-A Mancha. No ano 2006 estaban censadas na provincia 208.616 persoas, nunha área de 17.061 km², repartida entre 238 municipios. Unha cuarta parte da poboación residía na capital.

Limita ao sur coas provincias de Albacete e Cidade Real, ao norte coa provincia de Guadalaxara e máis a Comunidade Autónoma de Aragón, ao leste coa Comunidade Valenciana, e ao oeste coa provincia de Toledo e a Comunidade de Madrid.

Rafael Yunta

Rafael Yunta Navarro, nado en Ocaña (Toledo) o 4 de abril de 1920 e finado en León o 18 de xullo de 2011, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista.

Seseña

Seseña é un concello español da provincia de Toledo, en Castela-A Mancha. É limítrofe coa Comunidade de Madrid e atópase a 36 km do centro de Madrid. Pertence á histórica comarca de La Sagra.

Tiña en 2015 unha poboación de 21.558 habitantes, repartidos en cinco núcleos de poboación: Seseña Viejo, La Estación, Seseña Nuevo (a 4 km do núcleo principal), Vallegrande e El Quiñón.

Talavera de la Reina

Talavera de la Reina é unha cidade do interior de España, a segunda de Castela-A Mancha en poboación, por detrás de Albacete. Está situada no noroeste da provincia de Toledo, provincia da que é a cidade máis poboada. É a capital, económica e de servizos, dunha ampla comarca que abarca o occidente de Toledo, o sur de Ávila e o nordeste de Estremadura.

Toledo

Toledo é unha cidade que se atopa na España central, e é a capital da provincia de Toledo e da comunidade autónoma de Castela-A Mancha.

Toledo é coñecida como «A cidade Imperial» por ser a sede principal da corte de Carlos I e tamén como «a cidade das tres culturas», por ter sido habitada durante séculos por cristiáns, xudeus e musulmáns.

A cidade está situada na marxe dereita do Texo, nun outeiro de cen metros de altura sobre o río, o cal cínguea pola súa base, formando un pronunciado meandro coñecido como Torno do Texo. Ten unha configuración dispersa con barrios moi separados do núcleo principal: o de Azucaica, na beira dereita do río e que ten a súa orixe nunha antiga pedanía da cidade, dista uns 7 km do centro da cidade, mentres que o de Santa María de Benquerencia, situado practicamente enfronte do anterior na marxe esquerda do Texo, sitúa o seu centro a uns 8 km do da cidade.

Yeles

Yeles é un concello español da provincia de Toledo en Castela-A Mancha. Linda coas poboacións de Torrejón de Velasco da provincia de Madrid e Esquivias, Numancia de la Sagra e Illescas da provincia de Toledo.

Yuncler

Yuncler é un concello da provincia de Toledo na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Atópase no quilómetro 46,6 da A-42 (Autovía Madrid-Toledo), en plena comarca da Sagra, a uns 534 msnm, ten unha extensión de 18 km², e áchase a 42 km de Madrid e a 25 km de Toledo. Limita polo sur con Villaluenga de la Sagra; polo norte, con Yuncos e Cedillo; polo nordeste, con Numancia de la Sagra; polo leste, con Pantoja e polo oeste, con Cedillo novamente.

A súa economía é fundamentalmente agrícola, aínda que no pasado houbo participación en empresas cerámicas.

Yunclillos

Yunclillos é unha poboación española da provincia de Toledo en Castela-A Mancha. Linda coas poboacións de Recas, Villaluenga de la Sagra, Cabañas de la Sagra, Olías del Rey e Bargas, todas de Toledo.

Yuncos

Yuncos é unha poboación española da provincia de Toledo en Castela-A Mancha.

Castela-A Mancha Castela-A Mancha  · Concellos da provincia de Toledo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.