Provincia de Teruel

Teruel (en aragonés: Teruel, en catalán: Terol) é unha provincia española, parte integrante da Comunidade Autónoma de Aragón. A súa capital é a cidade de Teruel. En 2003 tiña 137.342 hab., dos que a cuarta parte viven na capital.

Provincia de Teruel
Teruel (provincia)
Escudo de la Provincia de Teruel
Provincia Teruel
Capital Teruel
Área 14.804 km²
Poboación 145.277 hab. (2010)
Densidade 9,91 hab./km²
Concellos 236
Xentilicio Turolense

Xeografía

Ten unha superficie de 14.809 km². É a provincia de España con menor densidade de poboación, con 9,27 hab/km². Comprende 236 concellos, dos cales a metade son aldeas de menos de 200 habitantes. Limita ao norte con Zaragoza, e, no sentido das agullas do reloxo, con Tarragona, Castelló, València, Cuenca e Guadalaxara.

De xeografía montañosa, o seu clima é un dos máis duros de Europa pola súa sequidade, que produce diferenzas termais de ata 20 graos en poucas horas durante algunhas épocas do ano.

A economía baséase principalmente no cultivo de cereais e no turismo. As precarias infraestruturas de comunicacións das que dispón non lle permiten un satisfactorio desenvolvemento industrial.

Comarcas

Principais municipios por poboación

Orden Nome Poboación
(2008)
Comarca
1 Teruel 35.037 Comunidad de Teruel
2 Alcañiz 16.233 Bajo Aragón
3 Andorra 8.290 Andorra-Sierra de Arcos
4 Calamocha 4.752 Jiloca
5 Calanda 3.825 Bajo Aragón
6 Alcorisa 3.692 Bajo Aragón
7 Utrillas 3.353 Cuencas Mineras
8 Cella 3.122 Comunidad de Teruel
9 Monreal del Campo 2.766 Jiloca
10 Albalate del Arzobispo 2.233 Bajo Martín
11 Valderrobles 2.242 Matarraña
12 Híjar 1.928 Bajo Martín
13 Mora de Rubielos 1.699 Gúdar-Javalambre
14 Montalbán 1.477 Cuencas Mineras
15 Mas de las Matas 1.445 Bajo Aragón

Principais concellos por extensión

Orden Nome Extensión
km²
Comarca
1 Alcañiz 472,1 Bajo Aragón
2 Albarracín 452,7 Sierra de Albarracín
3 Teruel 440,4 Comunidad de Teruel
4 Calamocha 316,6 Jiloca
5 La Puebla de Valverde 282,8 Gúdar-Javalambre
6 Mosqueruela 265,0 Gúdar-Javalambre
7 Castellote 233,2 Maestrazgo
8 Albalate del Arzobispo 205,7 Bajo Martín
9 Aliaga 196,8 Cuencas Mineras
10 Manzanera 168,7 Gúdar-Javalambre

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aguatón

Aguatón é un concello da provincia de Teruel. Conta con 22 habitantes (2003) e ten unha extensión de 22,35 quilómetros cadrados.

Aiguaviva

Aiguaviva é un concello catalá sitúada na Comarca do Xironès, na provincia de Xirona. Forma parte da área urbana de Xirona.

Tamén denomínase Aiguaviva del Gironès para diferenciarse con Aiguaviva de Bergantes, na provincia de Teruel.

Albarracín

Albarracín é un concello aragonés da provincia de Teruel, situada na comarca da Sierra de Albarracín. En 2006 tiña 1.076 habitantes, repartidos nunha área de 456,50 km².

En 1961, a cidade foi declarada Monumento Nacional.

Alcañiz

Alcañiz é unha cidade e municipio español da comarca do Bajo Aragón, provincia de Teruel, en Aragón.

Formado polo núcleo urbano de Alcañiz e as pedanías de Valmuel e Puigmoreno. Como dato demográfico, no ano 2008 posuía máis de 16.000

habitantes e é, xunto con Andorra e a capital da provincia, un dos poucos municipios que conta cun incremento de poboación notable, en contraposición ao despoboamento que sofre a provincia. É así mesmo a capital e sede da actual comarca oficial do Bajo Aragón, así como capital tradicional do territorio, máis amplo, que forma o Bajo Aragón Histórico.

Anadón

Anadón é un concello da provincia de Teruel, España. Está situado na comarca de Cuencas Mineras. Conta con 18 habitantes (2003) e ten unha extensión de 24.9 km².

O nome pode provir do ánodo, mais dende 1129 rexístrase o nome Anadón como antropónimo no val do Ebro.

Andorra, Teruel

Andorra é un concello da provincia de Teruel, na comunidade de Aragón (España). É a capital da comarca de Andorra-Sierra de Arcos. Ten unha poboación de 8.290 habitantes (2008).

Azaila

Azaila (Zaila en aragonés) é un concello da provincia de Teruel, situado na comarca de Martín Bajo. A súa poboación era de 192 habitantes (1996). Dista 170 km da capital provincial.

Calanda

Calanda é un concello da provincia de Teruel (Aragón, España). Está situado na bisbarra do Bajo Aragón.

Cubla

Cubla é un concello da provincia de Teruel, situado na comunidade de Teruel .Ten unha superficie de 48.6 km² e segundo o INE posúe 45 habitantes (2005). Atópase nas abas da serra de Xalambre. O seu nome, segundo Agustín Ventura Conejero vén do latín Cupula, como Alcublas, na Comunidade Valenciana.

El Vallecillo

El Vallecillo é un concello español da provincia de Teruel (Aragón). A súa poboación é de 61 habitantes (INE 2011).

Formiche Alto

Formiche Alto é un concello da provincia de Teruel, na comunidade autónoma de Aragón.

Galve

Galve (en aragonés, Galb) é un concello da provincia de Teruel, España, situado na comarca da Comunidade de Teruel. A súa poboación era de apenas 141 habitantes en 2006. Ocupa unha superficie de 61,90 km².

Maicas

Maicas é un concello aragonés pertencente á provincia de Teruel e situado na comarca de Cuencas Mineras. Ten unha área de 24,66 km² cunha poboación de 39 habitantes (INE 2004).

Mirambel

Mirambel é un concello español da provincia de Teruel, Aragón, situado na comarca do Maestrazgo. A súa poboación era de 137 habitantes en 2004. Dista 113 km da cidade de Teruel.

Monforte de Moyuela

Monforte de Moyuela é un concello español de Aragón encravado no límite norte da provincia de Teruel, na comarca do Jiloca, a 121 km da capital da provincia. Ten unha superficie de 47,74 km², cunha poboación de 63 habitantes (INE 2014) e unha densidade de 1,32 hab/km².

Monforte encóntrase situado ao pé da serra de Oriche, no Sistema Ibérico, a unha altitude de 1.008 msnm e na marxe dereita do río Nogueta (ou río Santa María).

Tormón

Tormón é un municipio da provincia de Teruel, España, situado na comarca de Comunidade de Teruel. A súa poboación é de 39 habitantes (2004), nunha superficie de 29.31 km².

Torre los Negros

Torre los Negros é un concello da provincia de Teruel, na comunidade autónoma de Aragón, na comarca do Jiloca.

Valacloche

Valacloche (Balacroch en aragonés) é un concello da provincia de Teruel, situado na comarca de Comunidade de Teruel. Atópase a 986 metros de altitude nun val xunto ao río Camarena, nas abas da serra de Xavalambre. Ten unha extensión de 14,9 km² e conta con 24 habitantes (INE 2005). Está a 21 km de Teruel.

Valbona

Valbona (en aragonés: Balbona) é un concello da comarca de na comarca de Gúdar-Chabalambre, na provincia de Teruel, Aragón. A súa poboación é de 197 habitantes, nunha superficie de 40,81 km², cunha densidade de poboación de 5,19 hab/km².

Aragón Aragón  · Concellos da provincia de Teruel

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.