Provincia de Soria

A provincia de Soria é unha provincia española da comunidade autónoma de Castela e León. É unha provincia periférica desta comunidade, situada no centro-norte de España. A súa capital é Soria.

Provincia de Soria
Flag Soria province
Escudo de la provicia de Soria
Provincia Soria
Capital Soria
Área 10.303 km²
Poboación 95.101 hab. (2010)
Densidade 9,23 hab./km²
Concellos 183
Xentilicio Soriano/a

Límites

Limita ao norte coa Rioxa, ao noroeste coa provincia de Burgos, ao sueste coa provincia de Segovia, estas dúas de Castela e León, ao sur coa provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha e ao leste coa provincia de Zaragoza, na comunidade autónoma de Aragón.

Esta provincia está dividida en 183 municipios, que se encadran nas seguintes comarcas:

  • Campo de Gómara
  • Comarca del Moncayo (Ágreda - Ólvega)
  • Comarca de Almazán
  • Comarca de la Ribera del Duero (San Esteban - Burgo de Osma)
  • Comarca de Pinares
  • Tierras Altas
  • Comarca de El Valle

Xeografía

O maior río que pasa pola provincia de Soria é o Douro, que de feito é un dos maiores de España. Dito río nace nesta provincia, nos Picos de Urbión. O resto dos ríos desta comunidade son afluentes do Douro e do Ebro.

Distínguense nesta provincia dúas comarcas xeográficas: comarcas: Tierra de Ágreda, que linda ao leste con Aragón, zona de hortas e bosques; e a Meseta Soriana, terra cerealística e remolacheira, na varxa do Douro. Tamén distínguese a zona norte, zona agreste rica en ignitas.

Demografía

Esta provincia tiña en 2002 91 487 habitantes, que reparten nunha superficie de 10 287 km², resultando unha das máis baixas densidades de poboación de Europa, e detrás mesmo da provincia de Teruel, a máis baixa de España: 9 habitantes por km².

A poboación está, ademais, repartida moi desigualmente: na capital de provincia vive o 40% da poboación, mentres que a maioría dos concellos non chega a ter 1000 veciños, e a metade ni sequera teñen 100 veciños.

Esta provincia posúe un plan de desenvolvemento propio, o PAES, plan aprobado polo consello de ministros do 6 de maio de 2005, que intenta sacar do atraso con respecto ao Estado a esta provincia.

Abejar

Abejar é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 367 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 23,43 km².

Aldealafuente

Aldealafuente é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 98 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 45,72 km².

Almaluez

Almaluez é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 181 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 159,11 km².

Candilichera

Candilichera é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 136 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 44,83 km².

Carabantes

Carabantes é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 23 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 1,41 km².

Casarejos

Casarejos é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 203 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 28,08 km².

Castilruiz

Castilruiz é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 212 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 38,81 km².

Ciria

Ciria é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 99 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 46,18 km².

Coscurita

Coscurita é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 103 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 54,96 km².

Dévanos

Dévanos é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 96 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 16,36 km².

Espejón

Espejón é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 198 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 21,97 km².

Fuentecantos

Fuentecantos é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 61 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 8,82 km².

Medinaceli

Medinaceli é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 810 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 205,37 km².

Pozalmuro

Pozalmuro é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 73 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 36,80 km².

Rello

Rello é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 22 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 24,39 km².

Rollamienta

Rollamienta é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 40 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 2,15 km².

Soria

Soria é unha cidade e concello español da provincia de Soria (da que é capital), en Castela e León. Sitúase á beira do río Douro e é a segunda capital de provincia española menos poboada. Ten unha poboación de 40.147 habitantes (INE 2012) e unha densidade de poboación de 147,72 hab./km². Como monumentos máis salientables da cidade están a Concatedral de San Pedro, en estilo plateresco e a Igrexa de Santo Domingo.

Suellacabras

Suellacabras é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 28 habitantes (INE 2013) e ocupa unha superficie de 39,19 km².

Vinuesa

Vinuesa é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 975 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 143,06 km².

Castela e León Castela e León  · Concellos da provincia de Soria
40.000+
1.000+
Menos de 1.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.