Provincia de Sevilla

A provincia de Sevilla é unha das oito provincias de Andalucía. Limita coas provincias de Málaga, de Cádiz, de Huelva, de Córdoba, e con Extremadura. A súa capital é a cidade homónima de Sevilla.

Ten unha poboación de 1.811.177 habitantes (2005), repartidos en 105 concellos. Ocupa unha área de 14.001 km².

Provincia de Sevilla
Flag of Diputacion de Sevilla Spain
Coat of Arms of Seville Province
Provincia Sevilla
Capital Sevilla
Área 14.042 km²
Poboación 1.927.109 hab. (2011)
Densidade 137,24 hab./km²
Concellos 105
Xentilicio Sevillano/a

Xeografía física

Situada na depresión Bética, que ten como eixo o río Guadalquivir, o cal atravesa o territorio de Norte a Suroeste, formando, xa preto da súa desembocadura, unha ampla chaira, flanqueada por socalcos. O Norte da provincia está delimitado por unha serie de serras pertencentes a Serra Morena. Ademais do Guadalquivir, algúns dos seus afluentes máis importantes son o Genil, o Guadaira e o Viar.

O clima é mediterráneo con influencia oceánica, con temperaturas cálidas, de invernos moi suaves e veráns moi calorosos, no que as temperaturas máximas superan a miúdo os 40 °C.

Comarcas

  • El Aljarafe,
  • La Campiña,
  • Estepa,
  • La Marisma,
  • Sierra Norte,
  • Sierra Sur,
  • La Vega.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Alcalá de Guadaíra

Alcalá de Guadaíra é un concello da provincia de Sevilla en Andalucía, España. No ano 2008 conta con 68.452 habitantes. A súa extensión superficial é de 287 km² e ten unha densidade de 240,51 hab/km². Os seus coordenadas xeográficas son 37º 20' N, 5º 51' Ou. Atópase situada a unha altitude de 46 metros e a 16 quilómetros da capital de provincia, Sevilla.

É a principal poboación da comarca de Los Alcores e terceira cidade da provincia, tras a propia capital e a veciña Dos Hermanas.

Conta cun patrimonio histórico de incalculable valor, onde destaca o Castelo de Alcalá, que é a maior fortaleza almohade de Europa, e unha contorna natural privilexiado que inspirou a numerosos pintores e escritores.

Alcalá del Río

Alcalá del Río é unha vila da provincia de Sevilla, Andalucía, España.

Alcolea del Río

Alcolea del Río é unha localidade da provincia de Sevilla, Andalucía, España.

Aznalcázar

Aznalcázar é unha localidade da provincia de Sevilla, en Andalucía.

Bollullos de la Mitación

Bollullos de la Mitación é unha localidade da provincia de Sevilla, Andalucía, España.

Carmona, Sevilla

Carmona é un concello andaluz da provincia de Sevilla. Pertence á Campiña de Carmona. No ano 2008 tiña 27.950 habitantes.

A súa extensión é de 924 km² e ten unha densidade de 30,24 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 235 msnm e a 30 km da capital de provincia, Sevilla. Carmona localízase en Los Alcores, unha gran parte elevada por un cerro do resto da paisaxe coñecida como La Vega. Por ela pasa a A-462 que une esta localidade con Brenes. Así como a A-398 para chegar a El Viso del Alcor.

Coria del Río

Coria del Río é unha localidade da provincia de Sevilla, Andalucía, España. No ano 2008 contaba con 27.528 habitantes. A súa extensión superficial é de 64 km² e ten unha densidade de 444,07 hab/km². Os seus coordenadas xeográficas son 37º 17' N, 6º 03' O. Atópase situada a unha altitude de 5 metros(sobre o nivel do mar) e a 11 quilómetros da capital de provincia, Sevilla.

Dos Hermanas

Dos Hermanas é unha cidade e concello español da provincia de Sevilla, en Andalucía, situada na área metropolitana de Sevilla. Xeograficamente atópase na depresión do río Guadalquivir.

O 1 de xaneiro de 2015 tiña 131.317 habitantes censados. A súa extensión superficial é de 160 km² e ten unha densidade de 815 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 17' N, 5º 55' O. Atópase situada a unha altitude de 42 metros e a 10 quilómetros da capital de provincia, Sevilla.

El Garrobo

El Garrobo é unha localidade da provincia de Sevilla, Andalucía, España.

El Pedroso

El Pedroso é unha localidade da provincia de Sevilla, Andalucía, España.

Herrera

Herrera é unha localidade da provincia de Sevilla, Andalucía, España. No ano 2006 contaba con 6.342 habitantes. A súa extensión superficial é de 53 km² e ten unha densidade de 119,66 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 37º 22' N, 4º 50' W. Atópase situada a unha altitude de 254 metros e a 120 quilómetros da capital de provincia, Sevilla.

La Luisiana

La Luisiana é unha localidade da provincia de Sevilla, Andalucía, España.

La Puebla del Río

La Puebla del Río é un concello andaluz pertencente á provincia de Sevilla. No ano 2007 contaba con 11.851 habitantes. A súa extensión superficial é de 377 km² e ten unha densidade de 31,43 hab/km².

Las Cabezas de San Juan

Las Cabezas de San Juan é unha localidade da provincia de Sevilla, Andalucía, España.

Lora del Río

Lora del Río é un concello da provincia de Sevilla na comunidade de Andalucía. No ano 2009 vivían 19.352 habitantes.

Mairena del Alcor

Mairena del Alcor é un concello español da provincia de Sevilla, en Andalucía. Atópase na Campiña de Carmona.

Tiña unha poboación de 22.447 habitantes en 2014.

Santiponce

Santiponce é unha localidade da provincia de Sevilla, tamén coñecida como Sevilla la Vieja.

No ano 2005 contaba con 7.558 habitantes. A súa extensión é de 9 km² e ten unha densidade de 839,8 hab/km². As súas cordeadas xeográficas son 37º 26' N, 6º 02' O. Atópase situada a unha altitude de 20 metros e a 7 quilómetros da capital da provincia, Sevilla.

Baixo ela e ó seu redor atópanse os restos da antiga Itálica e o fermoso mosteiro de San Isidoro del Campo, lugar no que no século XVI configurouse unha (e a mais famosa) das poucas comunidades protestantes da Península Ibérica, comunidade perseguida e executada en auto de fe en Sevilla no 1559. Entre os membros desta comunidade cómpre destacar a Casiodoro de Reina, autor da primeira edición da Biblia do Oso, publicada en Basilea no devandito ano.

Sevilla

Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima.

Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005). É o principal centro artístico, cultural, financeiro, económico e social do sur de España e un dos máis importantes do sur de Europa. É ademais un importante centro industrial de novas tecnoloxías e aeronáutica (factoría de EADS-CASA establecida no aeroporto). Sevilla e os seus núcleos de poboación satélites non constitúen unha verdadeira área metropolitana senón unha aglomeración urbana, pois carece dun órgano de coordinación no que estean representados tódolos organismos con competencias metropolitanas, tales como os concellos. Aínda que hai órganos mancomunados que se encargan da xestión metropolitana de certas actividades sectoriais (augas, residuos etcétera), non pode por tanto falarse de área metropolitana no seu sentido máis estrito.

De indubidable interese turístico, grazas a numerosos monumentos, prazas, xardíns, igrexas etcétera. Conserva o meirande casco histórico-artístico de Europa. De entre os seus monumentos máis famosos, a Giralda (antigo alminar da mesquita maior, hoxe campanario da Catedral) e a Torre del Oro son os dous máis coñecidos.

Dos seus barrios, Triana, La Macarena, Santa Cruz, Los Remedios, Heliópolis e Nervión son os máis famosos. A Giralda, a Catedral, o Alcázar, o Arquivo de Indias e a súa contorna foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1987.

A tan só 20 m sobre o nivel do mar, entre Vega e a Campiña do río Guadalquivir, e á beira deste, conforma unha aglomeración urbana que se estende cara ó Aljarafe, As Marismas, o Parque Nacional de Doñana, a Serra Norte e a Serra Sur.

Utrera

Utrera é un municipio español da provincia de Sevilla, na comunidade autónoma de Andalucía.

Pertence á comarca de La Campiña e é cabeza de partido xudicial, ao que tamén pertencen os municipios de El Coronil, Los Molares, Los Palacios y Villafranca e El Palmar de Troya.

É considerada un dos berces históricos do flamenco, tamén o berce do touro bravo, no seu amplísimo termo municipal existen varias ganderías famosas. Tamén destaca a súa cría de cabalos.

Segundo o Instituto Nacional de Estadística, tiña en 2018 unha poboación de 52.617 habitantes.

Andalucía Andalucía  · Concellos da provincia de Sevilla

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.